Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 3 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A adquisición das competencias nas áreas Oncoloxía e de Hematoloxía. Na área de Oncoloxía, incluirase o coñecemento dos fundamentos da Oncoloxía Xeral e Oncoloxía Especial, incluíndo os coidados do paciente oncolóxico e o tratamento dos tumores máis frecuentes. En canto ás enfermidades hematopoiéticas o obxectivo será lograr o coñecemento tanto da patoloxía oncohematolóxica coma dos fundamentos da hemostase e trombose, patoloxía eritroide, insuficiencias medulares e inmunohematoloxía.
Os seminarios de Hematoloxía permitirán non só o coñecemento teórico/práctico do Laboratorio Hematolóxico e do Banco de Sangue, senón que ao igual que no caso dos de Oncoloxía, se centrarán na valoración diagnóstica e terapéutica dalgunha das patoloxías máis frecuentes.
Oncoloxía e OncoHematoloxia
E1. Introdución á Oncoloxía
E2. Factores de risco e consello xenético
E3. Diagnóstico e estadificación
E4. Tratamento sistémico do cancro: quimioterapia
E5. Tratamento sistémico do cancro: hormonoterapia e novas dianas terapéuticas
E6. Síndromes paraneoplásicos e tumores de orixe descoñecida
E7. Urxencias oncolóxicas
E8. Coidados do paciente oncolóxico: infección no paciente con cancro
E9. Coidados do paciente oncolóxico: control da dor
E10. Coidados do paciente oncolóxico: control doutros síntomas e soporte
E11. Tratamento sistémico do cancro de mama
E12. Tratamento sistémico do cancro de pulmón
E13. Tratamento sistémico do cancro de colon e recto
E14. Introdución ás neoplasias mieloides. A hematopoese clonal. As síndromes mielodisplásicos.
E15. Síndromes mieloproliferativos crónicos I. Clasificación. Leucemia mieloide crónica. Mastocitose. Neoplasias mieloproliferativas/mielodisplásicas. Eosinofilias reactivas e neoplásicas.
E16. Síndromes mieloproliferativos crónicos II. Policitemia vera e poliglobulias. Trombocitemia esencial e trombocitose. Mielofibrose primaria.
E17. Leucemias agudas. Clasificación e estudo. Leucemia linfoblástica aguda e Linfoma linfoblástico
E18. Leucemias mieloblásticas agudas. As neoplasias mieloides de liña germinal.
E19. Síndromes linfoproliferativos crónicos: Leucemia linfocítica crónica. Leucemia prolinfocítica. Tricoleucemia. Macroglobulinemia de Waldenström. Outros.
E20. Linfomas. Estudo dunha adenopatía. Clasificación. Estudo de extensión. Introdución ao tratamento.
E21. Linfomas B máis frecuentes
E22. Linfomas T máis frecuentes. O Linfoma de Hodgkin
E23. Gammapatías monoclonais. Mieloma múltiple. Amiloidose. Síndrome de POEMS. Outras gammapatías.
Alteracións da Hemostasia
E24. Introdución ás enfermidades da hemostasia. Clasificación. Estudo clínico e de laboratorio.
E25. Trombopenias. Trombopatías. Púrpuras vasculares
E26. Coagulopatías conxénitas. Enfermidade de von Willebrand.
E27. Coagulopatías conxénitas. Hemofilias
E28. Coagulopatías adquiridas
E29. Trombose e hipercoagulabilidade. Trombofilias primaria e secundaria
Anemias e insuficiencias medulares
E30. Anemias: concepto, clasificación. Estudo clínico e de laboratorio. A anemia posthemorráxica
E31. Anemias ferropénicas. Anemia das enfermidades crónicas. Sobrecarga férrica
E32. Anemias megaloblásticas
E33. Anemia hemolítica conxénita: alteracións da membrana, enzimáticas e hemoglobinopatías
E34. Anemias inmunohemolíticas. Anemias hemolíticas adquiridas non inmunes
E35. Insuficiencia da medula ósea cuantitativa. Aplasia medular. Insuficiencias selectivas.
Seminarios
S1. Interpretación dun hemograma e dun estudo básico da coagulación
S2. Indicación da transfusión de hemoderivados
S3. Formulación diagnóstico e terapéutico en cancros frecuentes
Básica:
- Merck Manual. Professional version. 2023. Disponible en: https://www.merckmanuals.com/professional
- Hematología. Manual básico razonado. Jesús San Miguel.
- Pregrado de Hematología. José Mª Moraleda Jiménez.
Complementaria:
- Harrison's Principles of Internal Medicine.
- Medicina Interna. Farreras - Rozman.
- Goldman's Cecil Medicine.
- Hematology. Basic principles and practice. Hoffman.
- Wintrobe's Clinical Hematology.
- Hematology. Williams.
- Cancer: Principles & Practice of Oncology. DeVita V.
- Oncología clínica. Juan J. Cruz Hernández.
O alumno deberá adquirir as habilidades necesarias para recoñecer, diagnosticar e levar a cabo unha formulación terapeútica de pacientes coas principais patoloxías Hematolóxicas e Oncolóxicas.
Saber facer con competencia:
1. Historia clínica orientada á patoloxía do sistema hematopoiético.
2. Historia clínica orientada á patoloxía oncolóxica.
3. Recoñecer mediante exploración física anomalías en: coloración mucosa, adenopatías e visceromegalias.
4. Indicar e interpretar: hemograma, proteinograma. Metabolismo do ferro. Probas básicas de coagulación.
5. Indicar e interpretar os marcadores tumorais.
A docencia impartirase mediante clases expositivas, seminarios e actividades interactivas impartidas por profesores das áreas de medicina. Favorecerase a participación dos alumnos coa preparación de clases teóricas e seminarios. Nas clases interactivas promoverase a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en grupo. Realizarase un seguimiento da participación e actitude do alumno nas actividades programadas durante o curso.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é requisito indispensable para superar a asignatura. Valorarase a actitude do alumno e a realización e contido das actividades programadas durante o curso. Esta avaliación continua poderá supoñer un 10% da nota final, previo aprobado da proba escrita.
A adquisición final de coñecementos será avaliada mediante unha proba escrita (excepcionalmente, oral), que será preciso superar para aprobar a materia. Esta pobra basarase nos contidos expostos nas clases expositivas, interactivas, e seminarios. A devandita proba escrita poderá requerir redacción, será "tipo test" ou unha combinación de ambas modalidades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia en seminarios, por cada hora considérase necesaria ao redor dunha hora para a preparación e revisión da clase.
A asistencia ás clases expositivas e seminarios é fundamental para o seguimento e superación da materia. Recoméndase a lectura da bibliografía proposta para cada tema. Así mesmo, o alumnado deberá participar na preparación traballos determinados polo profesorado da materia.
Favorecerase a participación dos alumnos coa preparación de clases teóricas e seminarios. Nas clases interactivas se promoverá a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en grupo.
Antonio Domingo Pose Reino
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- antonio.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luis Angel Leon Mateos
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- luisangel.leon.mateos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Rafael Lopez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- rafael.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Alonso Vence
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- nataliaalonso.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Manuel Mateo Perez Encinas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- manuelmateo.perez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Bernardo Sopeña Perez-Argüelles
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- bernardo.sopena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
Mércores | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Xoves | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
Venres | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
11.05.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
11.05.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
11.05.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
11.05.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
11.05.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
11.05.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
10.06.2026 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
10.06.2026 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
10.06.2026 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
10.06.2026 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |