Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 6 Total: 28
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Anatomía Patolóxica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aprender a valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
Coñecer as características dos tecidos nas diferentes situacións de lesión, adaptación e morte celular.
Coñecer os mecanismos básicos da inflamación aguda e crónica e as súas manifestacións morfolóxicas.
Descrición das alteracións do crecemento celular.
Coñecer o valor da anatomía patolóxica no diagnóstico, manexo e prognóstico de procesos inflamatorios e neoplásicos de cavidade oral, cabeza e colo.
Coñecer as bases anatomopatolóxicas de enfermidades xerais que teñen repercusión no manexo do paciente odontolóxico.
Saber como obter e procesar unha mostra biolóxica para o seu estudo mediante os diferentes procedementos diagnósticos.
TEMA 1. - FUNDAMENTOS DA ANATOMIA PATOLOXICA. PATOLOXIA CELULAR.
. Introdución á Anatomía Patolóxica. Métodos de estudo e investigación en Anatomía Patolóxica.
. Lesión e morte celular.
. Adaptación celular.
TEMA 2. - TRASTORNOS CIRCULATORIOS
. Trombose e embolia.
. Infarto.
. Shock.
TEMA 3. - INFLAMACION E REPARACION
. Inflamación aguda.
. Inflamación crónica.
. Reparación e rexeneración tisular.
TEMA 4. - TRASTORNOS INMUNITARIOS
. Mecanismos de lesión tisular inmunitaria.
. Enfermidades autoinmunes.
. Inmunodeficiencias.
TEMA 5. - NEOPLASIAS
. Neoplasia: características biolóxicas e morfolóxicas.
. Características moleculares. Carcinoxénese e progresión tumoral.
. Anatomía patolóxica xeral das neoplasias.
TEMA 6. - PATOLOXÍA CARDIOVASCULAR E LINFOIDE
. Endocardite e vasculite.
. Linfomas e leucemias.
TEMA 7. - ANATOMIA PATOLOXICA DOS TECIDOS BRANDOS DA CAVIDADE ORAL
. Infeccións da mucosa oral.
. Lesións inflamatorias non infecciosas da mucosa oral.
. Neoplasias e lesións preneoplásicas da mucosa oral.
. Neoplasias dos tecidos brandos da cavidade oral (tumores mesenquimais).
TEMA 8. - ANATOMIA PATOLOXICA DOS DENTES, O PERIODONTO E OS MAXILARES
. Lesións inflamatorias e quistes.
. Tumores dos maxilares.
TEMA 9. - ANATOMIA PATOLOXICA DAS GLANDULAS SALIVAIS
. Lesións inflamatorias.
. Tumores.
CLASES PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1. - Lesión, morte e adaptación celular
PRÁCTICA 2. - Trastornos circulatorios
PRÁCTICA 3. - Inflamación e reparación
PRÁCTICA 4. - Benignidade e malignidade tumoral
PRÁCTICA 5. - Lesións inflamatorias e tumorais da cavidade oral
PRÁCTICA 6. - Lesións inflamatorias e tumorais das glándulas salivais
Textos:
Kumar V, Abbas AK, Aster JC, Deyrup. Robbins. Patología Esencial. 2021.
Robbins y Cotran. Patología estructural y funcional. 10ª Ed. 2021.
Kumar V, Abbas AK, Aster JC. Robbins. Patología Humana. 10ª Ed. 2018.
Cawson RA, Odell E, Porter SR. Essentials of oral pathology and oral medicine. 8 th edition. Churchill
Livingstone, 2008.
Atlas:
O'Dowd, Bell, Wright. Wheater. Anatomía patológica: Texto, atlas y revisión de histopatología, 6ª ed. 2020.
Klatt. Robbins y Cotran. Atlas de anatomía patológica, 4ª ed. 2022
Con01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha
correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
• Embrioloxía, anatomía, histología e fisioloxía do corpo humano.
• Xenética, Bioquímica, Bioloxía celular e molecular.
• Microbiología e inmunología
Con02. Coñecer a morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histología e fisioloxía específicos.
Con03. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos
e a información nova.
Con07. Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
Con07. Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
Con08. Recoñecer a normalidade e a patoloxía bucal, así como a avaliación dos datos semiológicos.
Con13. Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria,
xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
Con18. Coñecer os efectos do tabaco na saúde oral e participar nas medidas que axuden ao paciente que desexa cesar o hábito tabáquico. Igualmente, coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais e conductuales coa saúde oral e xeral.
Con19. Coñecer os procedementos encamiñados a efectuar o diagnostico de saúde oral na comunidade e saber interpretar os resultados.
Con20. Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
Con24. Coñecer o papel do dentista dentro das profesións sanitarias e traballar con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo odontolóxico.
Con27 Coñecer os procesos xerais de enfermar, curar e reparar, entre os que se inclúen a infección, a inflamación, a hemorraxia e a coagulación, a cicatrización, os traumatismos e as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e as desordes xenéticas.
Con28 CEM III.02 Coñecer as características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que afectan os sistemas orgánicos.
Con29 CEM III.03 Coñecer as manifestacións orais das enfermidades sistémicas.
Competencias
Competencias Instrumentais:
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Competencias interpersoais:
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp12. Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp13. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Competencias sistémicas:
Comp17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp27. Preocupación pola calidade.
Comp28. Motivación de logro.
Competencias de Traballo Fin de Grao:
Comp29. Presentación e Defensa #ante o Tribunal universitario dun proxecto fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.
Habilidades ou destrezas
H/D05. Saber aplicar os principios do control da ansiedade e de #o #estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes e
sobre outros membros do equipo odontolóxico.
H/D07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación
pola calidade.
H/D08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D09. Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para
a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha
correcta asistencia buco-dentaria.
H/D12. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular,
celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
H/D14. Coñecer dos procesos xerais da enfermidade, entre os que se inclúen a infección, a inflamación,
as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e as desordes
xenéticas.
H/D15. Estar familiarizado coas características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que
afectan os sistemas orgánicos, especificamente aquelas que teñen repercusión bucal.
Docencia expositiva:
Tipo lección maxistral, de 50 minutos de duración, con explicación do tema por parte do profesor con apoio iconográfico (imaxes e esquemas en diapositivas ou presentacións dixitais). Facilítase un esquema da presentación para facilitar a toma de notas por parte dos alumnos e para usar como guía á hora do estudo nos textos correspondentes. A distribución deste e outros materiais docentes farase a través do campus virtual.
Docencia interactiva:
A docencia interactiva levarase a cabo na aula de prácticas e consistirá no estudo personalizado e discusión co profesor de seccións histolóxicas procedentes de casos reais, seleccionados pola súa utilidade docente. Habitualmente, trátase de exemplos típicos das lesións comentadas nas clases teóricas. Nela encóntranse dispoñibles 42 microscopios binoculares e coleccións de preparacións representativas dos temas previamente indicados. Existe, ademais, un sistema de proxección de vídeo adaptado a un dos microscopios, permite tanto que realizar a descrición das lesións de forma máis dinámica coma resolver dúbidas ou problemas xerais dos alumnos durante a observación persoal ao microscopio.
Titorías:
Colaboran na solución individualizada de problemas que xurdan durante o proceso de aprendizaxe. Poden empregarse para a resolución de dúbidas ou para a presentación de traballos.
Método de avaliación:
- ata o 90% da nota: Proba final obxectiva tipo test con penalización dos erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
- mínimo dun 10%: Avaliación continua ao longo do curso, para o que se require a asistencia regular ás horas de docencia expositiva e ás prácticas. Incluirá a realización de diferentes actividades ou probas presenciais ou virtuais.
Estudo individual: 32 h.
Revisión de material de apoio: 7 h.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6,5 h.
Total horas traballo non presencial: 45,5 h.
Débese asistir regularmente ás clases teóricas e prácticas, de por si obrigatorio, independentemente de que se realice control de asistencia. As clases maxistrais serven de guion á hora de estudar a materia e facilitan a aproximación a unha materia ata ese momento descoñecida. As clases prácticas familiarizan o estudante coa morfoloxía dos procesos que se describiron previamente nas clase maxistrais e é moito máis doado facelo a través do microscopio e coa axuda do profesor que coa simple axuda dos atlas. Estes resultan, sen embargo, útiles para o repaso dos coñecementos adquiridos previamente.
No que se refire ao material para o estudo, ademais da bibliografía recomendada e o material dispoñible no campus virtual (esquemas das clases, preguntas de autoavaliación, etc.) existen recursos de libre acceso en internet con abundante material iconográfico, tan importante para a comprensión desta materia. Por exemplo:
• https://webpath.med.utah.edu/
• https://www.webpathology.com/
• https://www.pathpedia.com/Education/eAtlas/Histopathology.aspx
• http://www.pathologyatlas.ro/
• https://atlases.muni.cz/atlases/stud/atl_en/sect_main.html
Por outra banda, lembrar que o estudo debe facerse con regularidade dende o inicio do curso, en lugar de concentralo nas últimas semanas.
Tamén queremos recordar a posibilidade de asistir a titorías individuais. Igualmente pódense facer consultas puntuais personalizadas ou públicas a través do campus virtual da USC, sistema moi recomendable para solucionar dúbidas que xorden no momento do estudo.
No caso de suspender a materia na primeira convocatoria é necesario examinarse de todo o seu contido novamente. Non é necesaria a repetición das prácticas na convocatoria da segunda oportunidade, aínda que é aconsellable a das titorías, que deberán axustarse ás posibilidades do profesor. Para formular o estudo de novo é importante coñecer en que aspectos se fracasou co fin de realizar un esforzo especial neles. Con respecto á avaliación continua, manterase a valoración obtida na primeira convocatoria cando fose positiva; en caso contrario, daráselle ao alumno a oportunidade de facer unha ou varias actividades/probas similares ás da primeira oportunidade. O exame teórico terá as mesmas características que o realizado na convocatoria anterior.
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Teléfono
- 881812364
- Correo electrónico
- maximo.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Suarez Peñaranda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- jm.suarez.penaranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Cameselle Teijeiro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- josemanuel.cameselle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
Martes | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
16.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |