Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 40 Clase Interactiva: 14 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é achegar o coñecemento e as competencias necesarias para:
- entender o papel e a importancia da Farmacoloxía na profesión odontolóxica,
- manexar e comprender os conceptos e principios xerais da Farmacoloxía,
- coñecer os grupos farmacolóxicos máis relevantes en Odontoloxía, adquirindo un coñecemento razoable do seu perfil farmacolóxico, mecanismo de acción, reaccións adversas, interaccións farmacolóxicas e as súas posibles implicacións odontolóxicas.
Programa de clases expositivas:
SECCIÓN I. PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS DE FARMACOLOXÍA
Tema 1.- Introdución á Farmacoloxía: concepto de farmacoloxía, fármaco e medicamento. Partes da Farmacoloxía. Fontes de información sobre medicamentos.
Tema 2.-. Mecanismos de acción dos fármacos. Dianas farmacolóxicas: tipos e localización. Interacción fármaco-receptor. Agonistas e antagonistas.
Tema 3.- Farmacocinética: concepto. Procesos xerais do paso de fármacos a través de membranas. Absorción de fármacos. Vías de administración e formas farmacéuticas. Eliminación presistémica. Biodispoñibilidade e bioequivalencia.
Tema 4.- Distribución de fármacos no organismo. Concepto de distribución. Factores que modulan a distribución de fármacos. Unión a proteínas plasmáticas e concepto de volume aparente de distribución. Compartimentos farmacocinéticos. A cavidade oral como compartimento.
Tema 5.- Metabolismo de fármacos: vías metabólicas e factores que inflúen. Excreción de fármacos: principais vías e mecanismos de excreción. A cavidade oral e a excreción de fármacos. Cinéticas de eliminación. Parámetros farmacocinéticos elementais.
Tema 6.- Reaccións adversas a medicamentos. Índice terapéutico. Tipos de reaccións adversas e mecanismos de produción. Detección de reaccións adversas. Farmacovixilancia.
Tema 7.- Interaccións farmacolóxicas. Factores que inflúen na aparición de interaccións e mecanismos de produción. Interaccións farmacolóxicas de interese en Odontoloxía.
SECCIÓN II. FARMACOLOXÍA DA NEUROTRANSMISIÓN
Tema 8.- Concepto de neurotransmisión. Principais neurotransmisores no sistema nervioso central e periférico. Modulación farmacolóxica da neurotransmisión. Fármacos adrenérxicos: agonistas adrenérxicos, simpaticomiméticos de acción indirecta e antagonistas adrenérxicos. Concepto e clasificación segundo o seu mecanismo de acción. Accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Implicacións en odontoloxía.
Tema 9. - Fármacos colinérxicos e anticolinérxicos: agonistas, antagonistas e bloqueantes neuromusculares. Concepto e clasificación segundo o seu mecanismo de acción. Accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Implicacións en Odontoloxía.
Tema 10.- Farmacoloxía dos autacoides. Histamina e fármacos antihistamínicos. Mediadores lipídicos: eicosanoides. Mediadores peptídicos.
SECCIÓN III. GRUPOS FARMACOLÓXICOS DE USO COMÚN EN ODONTOLOXÍA
Tema 11.- Anestésicos locais: concepto, estrutura e clasificación. Accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Asociación de anestésicos locais e vasoconstrictores. Anestesia local en Odontoloxía.
Tema 12.- Anestésicos xerais: clasificación. Accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Anestesia xeral en Odontoloxía.
Tema 13.- Antiinflamatorios non esteroideos (AINE): clasificación. Mecanismos de acción. Accións farmacolóxicas, reaccións adversas e interaccións. Propiedades comúns e características diferenciais. Indicacións terapéuticas en Odontoloxía.
Tema 14.- Analxésicos opioides: clasificación. Accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Antagonistas opioides. Indicacións terapéuticas de analxésicos opioides en Odontoloxía.
Tema 15.- Glicocorticoides. Mecanismo de acción, accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Usos e implicacións en Odontoloxía.
Tema 16.- Concepto de ansiolítico e hipnótico. Benzodiazepinas: clasificación, mecanismo de acción, accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Usos en Odontoloxía.
Tema 17.- Aspectos farmacolóxicos do tratamento da carie. Farmacoloxía do flúor. Compoñentes activos en produtos para a hixiene bucal e dental e vehículos máis habituais (pastas dentífricas, colutorios, ...).
Tema 18.- Farmacoloxía da coagulación: fármacos hemostáticos. Fármacos anticoagulantes: tipos de heparinas, mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos e uso clínico. Anticoagulantes orais: mecanismos de acción, accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Implicacións en Odontoloxía.
Tema 19.- Farmacoloxía da agregación plaquetaria e da fibrinólise. Antiagregantes plaquetarios. Fibrinolíticos e antifibrinolíticos. Implicacións en Odontoloxía.
Tema 20. - Antisépticos e desinfectantes de ámbito sanitario. Concepto, clasificación e usos clínicos.
Tema 21. - Xeneralidades da quimioterapia antiinfecciosa: concepto, orixe e clasificación. Resistencia aos antimicrobianos. Consideracións xerais sobre o uso de antimicrobianos.
Tema 22. - Antibióticos inhibidores da síntese da parede bacteriana. Antibióticos betalactámicos: penicilinas e cefalosporinas. Monobactámicos, carbapénems e inhibidores de betalactamases. Mecanismo de acción. Espectro antimicrobiano, farmacocinética, reaccións adversas e interaccións. Indicacións terapéuticas en Odontoloxía.
Tema 23.- Antibióticos inhibidores da síntese de proteínas: aminoglicósidos, macrólidos e tetraciclinas. Características estruturais e mecanismo de acción. Espectro antimicrobiano, farmacocinética, reaccións adversas e interaccións. Indicacións terapéuticas en Odontoloxía.
Tema 24.- Sulfamidas e quinolonas. Outros antibióticos: lincosamidas, cloranfenicol, vancomicina, metronizadol. Mecanismo de acción. Espectro antimicrobiano, farmacocinética, reaccións adversas e interaccións. Indicacións terapéuticas en Odontoloxía.
Tema 25.- Antifúnxicos. Clasificación e mecanismo de acción. farmacocinética, espectro de acción, reaccións adversas e indicacións.
SECCIÓN IV. FÁRMACOS QUE PODEN INTERFERIR NA PRÁCTICA ODONTOLÓXICA.
Tema 26. – Farmacoloxía do sistema nervioso central: fármacos antiparkinsonianos, antipsicóticos, antidepresivos, antimaníacos e antiepilépticos. Implicacións na práctica odontolóxica.
Tema 27. - Farmacoloxía do sistema cardiovascular: fármacos inotrópicos positivos, antiarrítmicos, antianxinosos, antihipertensivos e hipolipemiantes. Implicacións na práctica odontolóxica.
Tema 28.- Farmacoloxía do aparato respiratorio: fármacos antitusíxenos, expectorantes e mucolíticos. Tratamento farmacolóxico da asma bronquial. Implicacións na práctica odontolóxica.
Tema 29.- Farmacoloxía do aparato dixestivo: fármacos inhibidores da secreción ácida gástrica, antiácidos, protectores da mucosa gástrica. Farmacoloxía da motilidade gástrica: fármacos antieméticos. Farmacoloxía intestinal: laxantes e antidiarreicos. Implicacións na práctica odontolóxica.
Tema 30.- Farmacoloxía endócrino-metabólica. Insulina e outros fármacos hipoglicemiantes. Hormonas sexuais. Hormonas tiroideas. Farmacoloxía do calcio e do óso. Implicacións na práctica odontolóxica.
Tema 31.- Fármacos antineoplásicos e inmunomoduladores. Axentes antineoplásicos. Fármacos inmunoestimulantes e inmunosupresores. Terapias avanzadas. Implicacións na práctica odontolóxica.
SECCIÓN V. OUTROS TEMAS DE INTERESE
Tema 32. - Reaccións adversas dos fármacos sobre a cavidade oral
Tema 33. - Farmacoterapia da dor orofacial
Tema 34. - Farmacoterapia das infeccións bacterianas e micóticas orofaciais
Programa de clases interactivas:
SEMINARIOS
Seminario 1.- Uso de fármacos en situacións especiais.
Seminario 2.- Elaboración e manexo dun pequeno vademécum odontolóxico.
PRÁCTICAS
Práctica 1.- Análise do efecto farmacolóxico: curvas dose-resposta (simulación informática de experimento en órgano illado).
Práctica 2. Procura de información sobre medicamentos (resolución de casos prácticos).
Práctica 2.- Farmacoloxía da inflamación (análise de resultados experimentais simulados in vivo).
Práctica 3.- Efecto de fármacos sobre a presión arterial e a frecuencia cardíaca (simulación informática de experimento in vivo).
BÁSICA:
1.- Ruiz Gayo, M., Fernández Alfonso, M. y Garrido Garrido, G. Fundamentos de farmacología básica y clínica. 3ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2023. Print. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101349505450…
2.- Ritter, J. M., H.P. Rang. Rang y Dale Farmacología. 9a ed. Barcelona: Elsevier, 2020. Print. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99100578289970… Acceso en liña: Elsevier ClinicalKey Student Foundation Medical Spanish Package
Nova edición: Ritter, J. M., et al. Rang y Dale Farmacología. 10a ed. Barcelona: Elsevier, 2024.
3.- Stevens C. Brenner y Stevens. Farmacología básica. 6a ed. Barcelona: Elsevier; 2023. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101358165460… Acceso en línea: Elsevier ClinicalKey Student Foundation Medical Spanish Package
4.- Diz Dios, Pedro et al. Guía de prescripción farmacológica en odontología. Santiago de Compostela: Pedro Diz Dios, 2012. Print. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101033920970…
COMPLEMENTARIA:
5.- Tripathi, K. D. Essentials of Pharmacology for Dentistry: covering the latest curiculum. 4ª ed. Ed. Jaypee Brothers Medical Publishers, 2021 https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101349437810…
6.- Dowd F. J., Mariotti, A. J. Essentials of Pharmacology and Therapeutics for Dentistry. 1ª ed. Ed. Elsevier, 2024.
7.- Ritter JM, Flower RJ, Henderson G, Loke YK, MacEwan D, Rang HP. Rang Y Dale. Farmacología Esencial. 3a ed. Elsevier; 2022.
8.- Katzung, B. G., Vanderah, T. W. Farmacología básica y clínica, 15 ed. Ed. McGRAW-HILL, 2021. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101338980700… Acceso en línea: Mcgraw Hill Access Medicina
9.- Guía de Terapéutica Antimicrobiana 2024. Mensa J., Soriano A. 34ª ed. Barcelona: Antares. 2024. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101357635360…
10.- Brunton, L. L., Knollman, B. C. Goodman & Gilman: Las bases farmacológicas de la terapéutica. 14a ed. Mexico: McGraw-Hill, 2023. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101345874680… Acceso en línea: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/
11.- Lüllmann, Heinz, et al. Color Atlas of Pharmacology, Thieme Medical Publishers, Incorporated, 2017.
Coñecementos
Con30: Coñecer a farmacoloxía xeral e clínica na práctica odontolóxica.
Con31: Coñecer as bases farmacolóxicas das distintas técnicas anestésicas tanto locais como xerais, así como o papel da sedación e a anestesia xeral no manexo do paciente odontolóxico.
Con35: Diagnosticar, planificar e realizar, con carácter xeral, un tratamento multidisciplinar, secuencial e integrado de complexidade limitada en pacientes de todas as idades e condicións.
Con46: Manexar infeccións agudas, incluíndo a prescrición farmacolóxica e os aspectos cirúrxicos sinxelos.
Con59: Realizar tratamento non cirúrxico das desordes témporo-mandibulares e dor oro-facial.
Competencias
Comp01: Capacidade de análise e síntese.
Comp02: Capacidade de organizar e planificar.
Comp03: Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp05: Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp06: Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07: Resolución de problemas.
Comp9: Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10: Traballo en equipo.
Comp13: Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp16: Compromiso ético.
Comp17: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp19: Capacidade de aprendizaxe autónoma.
Comp22: Liderazgo.
Comp24: Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp27: Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D16: Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, baseándose na evidencia científica dispoñible.
H/D18: Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
Docencia expositiva: consistirá no desenvolvemento, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica; mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.
Docencia interactiva: nas clases prácticas o alumnado desenvolverá, analizará e comprobará os contidos expostos na lección maxistral e adquirirá competencias no campo dás habilidades e destrezas.
Nos seminarios preténdese fomentar o desenvolvemento da actitude crítica, o traballo en grupo, a selección e análise de información, así como a comunicación e a discusión de aspectos relacionados coa materia.
Os alumnos realizarán traballo individual e/ou en grupo, xeralmente ao redor de formulacións do profesor, a partir de cuxo análise elaborarán materiais con contidos propios da materia.
Titorías: realizaranse para resolver as dúbidas do alumno con respecto á docencia expositiva e interactiva
As actividades formativas (docencia expositiva e interactiva (seminarios, prácticas) e titorías) desenvolverase de forma presencial no aula.
Realizarase avaliación continua e unha proba final de coñecementos teórico-prácticos complementaria á avaliación continua.
• Avaliación continua: coa avaliación continua preténdese avaliar o nivel de coñecementos e resultados de aprendizaxe adquiridos polo alumno en cada momento do tempo. A avaliación continua valorará a asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e execución dos seminarios, a participación activa nas prácticas, así como a participación activa do alumno noutras actividades individuais e/ou grupais así como en probas obxectivas de seguimento que se susciten ao longo do curso. A nota obtida na avaliación continua será o 30% da cualificación final.
• Proba obxectiva final: avaliaranse competencias específicas mediante un exame tipo test. A nota obtida nesta avaliación de coñecementos será o 70% da cualificación final.
• Cualificación final. Na cualificación final outorgada ao alumno, teranse en conta as notas dá avaliación continua (30%) e a obtida na proba final (70%), tendo en conta que na proba final o alumno debe acadar un mínimo do 30% da máxima puntuación dá proba para superar a materia.
• Alumnos non aptos para avaliación continua serán avaliados soamente mediante proba obxectiva final. Neste caso, o alumno debe acadar un mínimo do 50% da máxima puntuación da proba para superar a materia.
• Avaliación na segunda oportunidade do curso: en sucesivas convocatorias utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Presenciais: 60 horas distribuídas en 40 horas expositivas; 14 horas de docencia interactiva e 4 horas de titorías.
Traballo persoal: 90 horas.
Asistencia e participación activa en todas as actividades formativas da docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa aplicación práctica en Odontoloxía.
Maria De Los Angeles Castro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815457
- Correo electrónico
- marian.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
12:30-14:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |