Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo xeral: Mediante esta materia preténdese introducir ao estudantado na aplicación da estatística e no uso de soporte informático para a análise de datos relevantes no dominio da psicoloxía.
Obxectivos específicos: Como resultado da aprendizaxe agárdase que o/a estudante adquira destreza para...
- Organizar datos propios do desenvolvemento profesional, de forma que poidan ser sometidos a tratamento estatístico mediante soporte lóxico específico.
- Realizar análises estatísticas básicas mediante ferramentas informáticas tales como SPSS ou outras semellantes e complementarias.
- Aplicar criterios de toma de decisión estatística baseados nas propiedades dos datos e no coñecemento das distribucións de probabilidade.
- Interpretar o significado dos cálculos básicos propios da estatística descritiva e inferencial.
- Realizar informes do proceso metodolóxico e dos resultados obtidos a partir de datos recollidos de xeito sistemático.
INTRODUCIÓN Á MATERIA
Contextualización da materia.
Conceptos xerais. Niveis de medida e tipos de variables. (3 horas)
PARTE I. ESTATÍSTICA DESCRITIVA
1. Introdución á descrición numérica e gráfica de variables. (2 horas)
Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Primeiros índices de posición: percentís.
2. Índices de tendencia central. (1 hora)
Definición e cálculo da media aritmética. Relación con mediana e moda.
3. Índices de variabilidade. (2 horas)
Definición e cálculo da varianza e da desviación típica.
4. Puntuacións típicas. (2 horas)
Definición das puntuacións típicas. Relación entre puntuacións típicas e curva normal. Puntuacións relacionadas: puntuacións T.
5. Índices de forma. (1 hora)
Concepto de asimetría e de curtose. Tipos e interpretación dos coeficientes de asimetría e de curtose.
6. Relacións entre variables. (2 horas)
Concepto de relación lineal. Definición e cálculo da covarianza. Definición, cálculo e interpretación do coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións.
7. Regresión lineal. (3 horas)
Concepto de regresión lineal. Identificación do modelo de regresión lineal e interpretación.
PARTE II. INFERENCIA ESTATÍSTICA
8. Estimación de parámetros. (2 horas)
Mostra e poboación. Estatísticos e parámetros. Estimación de parámetros. Estimación da media aritmética. Estimación da varianza. Estimación da proporción. Selección da mostra.
9. Comprobación de hipóteses. (2 horas)
Concepto de comprobación de hipóteses. Hipótese nula. Hipótese alternativa. Nivel de significación. Nivel de confianza. Comprobación de hipóteses para a media aritmética. Comprobación de hipóteses para a proporción.
10. Comparacións entre medias. (4 horas)
Concepto de comparación de medias. Dúas mostras independentes. Comprobación da hipótese de igualdade de varianzas. Varianzas iguais. Varianzas desiguais. Dúas mostras relacionadas.
11. Táboas de continxencia. (2 horas)
Concepto de táboas de continxencia. Comprobación da hipótese de independencia nas táboas de continxencia. Corrección de Yates.
12. Inferencia non paramétrica. (2 horas)
Obxectivos da inferencia non paramétrica. Proba de Mann-Whitney para dúas mostras independentes. Proba de Wilcoxon para dúas mostras relacionadas.
13. Contraste de hipóteses en correlación e regresión. (2 horas)
Comprobación de hipóteses para o coeficiente de correlación de Pearson. Comprobación de hipóteses para os coeficientes de regresión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Botella, J., Suero, M. e Ximénez, C. (2012, recurso electrónico). Análisis de datos en psicología I. Pirámide.
Garriga, A. J., Lubin, P., Merino, J. M., Padilla, M., Recio, P. e Suárez, J. C. (2010, recurso electrónico). Introducción al análisis de datos. UNED.
Pardo, A. e Ruiz, M. A. (2014, recurso electrónico). Gestión de datos con SPSS statistics. Síntesis.
Pardo, A., Ruiz, M. A. e San Martín, R. (2009). Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud I. Síntesis. (Sinatura na Biblioteca: PS5 1358/1)
Prasad, S. (2023, recurso electrónico). Elementary statistical methods. Springer.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aron, A., Coups, E. J., Aron, E. N. e Cooley, E. (2022). Statistics for psychology (7ª ed.). Pearson.
Gil, J. A. (2015, recurso electrónico). Estadística e informática (SPSS) en la investigación descriptiva e inferencial (2ª ed.). UNED.
Guàrdia, J., Freixa, M., Però, M. e Turbany, J. (2008). Análisis de datos en psicología (2ª ed.). Delta Publicaciones Universitarias. (PS5 2809)
Howell, D. C. (2013). Statistical methods for psychology (8ª ed.). Cengage Learning. (PS5 2882)
Lomax, R. G. e Hahs-Vaughn, D. L. (2012). An introduction to statistical concepts (3ª ed.). Routledge. (PS5 1993)
Pardo, A. e San Martín, R. (2011, recurso electrónico). Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud II. Síntesis.
Peña, D. e Romo, J. (2003). Introducción a la estadística para las ciencias sociales. McGraw-Hill. (PS5 2721)
Ritchey, F. J. (2008). Estadística para las ciencias sociales (2ª ed.). McGraw-Hill. (Sinatura na Biblioteca Concepción Arenal: FS2 63)
Solanas, A., Salafranca, L., Fauguet, J. e Núñez, I. (2005). Estadística descriptiva en ciencias del comportamiento. Thomson. (PS5 2609)
TIBCO Software Inc. (2020). Data science textbook. https://docs.tibco.com/data-science/textbook
Como parte do módulo formativo Métodos, deseños e técnicas de investigación psicolóxica, esta materia está ligada ás seguintes competencias profesionais específicas da titulación:
CE1- Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE6- Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía.
CE9- Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE11- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE14- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15- Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
O traballo a realizar durante o semestre pode resumirse nas seguintes categorías: (1) clases expositivas, (2) clases interactivas, (3) titorías, e (4) traballo de curso como parte da avaliación formativa.
As clases expositivas serán impartidas para grandes grupos (A, B) nas aulas do módulo B da Facultade, e terán unha duración de 70 minutos. Serán fundamentalmente de presentación dos contidos, aínda que requirirán a participación activa do estudantado, que deberá resolver as cuestións e exercicios ilustrativos que se formulen para cada tema ou pequeno grupo de temas.
As clases interactivas realizaranse no laboratorio de proceso de datos do módulo A da Facultade, en grupos de aproximadamente 20 estudantes, que disporán de ordenadores e soporte lóxico específico para o tratamento estatístico de datos numéricos. As principais tarefas a realizar consistirán en gravar datos, elixir os procedementos estatísticos apropiados e interpretar os resultados das análises.
As titorías programadas serán para os grupos máis reducidos e dedicaranse especificamente a comentar o desenvolvemento do traballo de curso e a facer un seguimento por parte de profesorado e estudantado dos progresos e dificultades na aprendizaxe.
A ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES ANTES DESCRITAS É OBRIGATORIA.
Tamén está previsto o uso do Campus Virtual da USC para ir depositando información útil sobre a materia, como programa, calendario de clases interactivas e de titorías, exercicios e outro material complementario á docencia na aula.
A metodoloxía para estudantes con dispensa de asistencia a clase estará fundamentalmente baseada na aula virtual da materia.
Avaliación formativa
A avaliación formativa comprenderá neste curso os seguintes elementos:
- Por unha banda, os exercicios que se formulan dentro de cada tema ou pequeno grupo de temas teñen como finalidade proporcionarlle ao/á estudante unha idea precisa sobre o nivel de coñecementos que se pretende esixir e sobre a súa propia situación ao respecto. Ademais, axudan a aclarar conceptos e a corrixir posibles erros na aprendizaxe.
- Por outra banda, realizarase un traballo de curso. O traballo consistirá en dar resposta a varios interrogantes sobre a análise de datos dun exemplo e na elaboración do informe. O proceso semellará o seguido nas sesións interactivas de laboratorio. Agárdase que as/os estudantes sexan capaces de levar a cabo estas tarefas de xeito autónomo, individualmente ou en grupos reducidos, e que despois presenten un informe individual do traballo efectuado. A realización e entrega deste informe terá lugar ao remate da primeira parte da materia. Será voluntario, aínda que contribuirá á nota final do modo que se especifica máis abaixo.
Avaliación final
Este tipo de avaliación terá lugar ao final do cuadrimestre (en xaneiro de 2025) e posteriormente no mes de xuño de 2025. Será un exame de carácter eminentemente práctico. Esta proba referirase a coñecementos e competencias que representan ao conxunto da materia e consistirá na resolución por escrito, con axuda dunha calculadora, de diferentes problemas semellantes aos realizados nas clases. O estudantado disporá dun formulario de apoio e poderá empregar tamén táboas estatísticas.
A cualificación final calcularase do seguinte xeito:
- Avaliación formativa (exercicios realizados periodicamente + traballo de curso): ata 3 puntos (1 punto pola actividade de exercicios e 2 puntos polo traballo de curso).
- Avaliación final (exame referido ao conxunto do programa): ata 7 puntos.
Para superar a materia é necesario que a/o estudante alcance polo menos a cualificación de Aprobado 5.
Se o/a estudante obtén unha cualificación global inferior a 5, deberá presentarse de novo ao exame da materia nalgunha das convocatorias posteriores ao seu dispor. A tales efectos, conservará a nota que obtivese previamente na avaliación formativa só ata o mes de xullo, coincidindo coa segunda oportunidade oficial do mesmo curso académico.
O método de avaliación será o mesmo para estudantes presenciais e para estudantes con dispensa de asistencia.
O tempo de estudo e de traballo persoal que o estudantado debería dedicar á materia para maximizar as súas posibilidades de éxito no seu rendemento académico son:
(a) lectura de materiais (18 horas),
(b) traballo de xeito autónomo e realización de informe (25 horas),
(c) estudo (52 horas),
(d) exame final (2 horas).
Para garantir o éxito nesta materia, recoméndase:
(a) A asistencia continua ás clases tanto expositivas como interactivas. Procurar que non existan intermitencias na asistencia.
(b) A participación activa na dinámica das clases.
(c) Traer en cada clase repasados os conceptos da anterior.
As/os estudantes poderán realizar a maiores calquera consulta que desexen acerca da materia durante o horario habitual de titorías. O horario de titorías do profesorado da materia para o primeiro cuadrimestre é o seguinte:
- Eulogio Real Deus. Luns, martes e xoves, de 16:00 a 18:00.
- Elena M. Andrade Fernández. Martes e mércores, de 9:00 a 12:00.
O horario de titorías propio de cada profesor da materia estará tamén permanentemente exposto nos seus respectivos despachos:
Eulogio Real: despacho 67 (módulo A da Facultade de Psicoloxía, andar 2);
Elena Andrade: despacho 84 (módulo B da Facultade de Psicoloxía, andar 2).
As direccións institucionais para consultas por correo electrónico son as seguintes:
joseeulogio.real [at] usc.es (joseeulogio[dot]real[at]usc[dot]es)
elena.andrade [at] usc.es (elena[dot]andrade[at]usc[dot]es)
Jose Eulogio Real Deus
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813913
- Correo electrónico
- joseeulogio.real [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Maria Andrade Fernandez
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813716
- Correo electrónico
- elena.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 2 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
13.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |