Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria I forma parte do módulo formativo, "Intervención en Psicoloxía social", que se imparte en terceiro e cuarto curso da titulación de Grao en Psicoloxía. Neste sentido, farase especial fincapé na continuidade da mesma coa materia Psicoloxía Social e Intervención Comunitaria II, ambas referidas á intervención social e comunitaria.
Para a materia Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria I propóñense os seguintes obxectivos:
-Coñecer a un nivel básico, o obxecto de estudo desta disciplina, así como os seus antecedentes.
-Coñecer os principais modelos teóricos da Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria, así como as súas contribucións e limitacións.
-Promover a aprendizaxe significativa sobre a relación entre a intervención no contexto social e comunitaria e o benestar e calidade de vida nas comunidades.
CLASES EXPOSITIVAS
TEMA 1. Introdución á Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria. Orixe e desenvolvemento.
TEMA 2. Sentido de comunidade. Definición. Compoñentes. Avaliación.
TEMA 3. Empowerment e desenvolvemento social e comunitario.
TEMA 4. Apoio social. Definición. Modelos explicativos. Aplicacións.
TEMA 5. Afrontamento. Modelos teóricos. O afrontamento na intervención social e comunitaria.
TEMA 6. Habilidades sociais e mediación comunitaria. Enfoque comunitario: definición, adestramento y aplicacións en contextos sociocomunitarios.
CLASES INTERACTIVAS
TEMA 1. Psicoloxía Comunitaria: definición intencional e efectiva.
TEMA 2. Avaliación del sentido de comunidade e intervención social.
TEMA 3. Empowerment: Niveis de análise e intervención.
TEMA 4. O efecto mitigador de apoio social.
TEMA 5. Estratexias de afrontamento na intervención social.
TEMA 6. Programas de adestramento en habilidades sociais.
BÁSICA:
Blanco, A., e Rodríguez, J. (2007). Intervención psicosocial. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Fernández, I., Morales, F., e Molero, F. (2011) (Coords). Psicología de la Intervención Comunitaria. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Gracia, E. (1997). El apoyo social en la intervención comunitaria. Barcelona: Paidós.
Hombrados, M. I. (1996). Introducción a la Psicología Comunitaria. Málaga: Aljibe.
Hombrados, M. I. (2013) Manual de psicología comunitaria. Madrid: Síntesis
Musitu, G., Herrero, J., Cantera, L.M., e Montenegro, M. (2004). Introducción a la Psicología Comunitaria. Barcelona: Editorial UOC.
Rappaport, J., e Seidman, E. (2000). Handbook of Community Psychology. Nueva York: KA/PP.
Sánchez Vidal, A. (2007). Manual de Psicología Comunitaria: Un enfoque integrado. Madrid: Pirámide.
Vilariño, M., Novo, M. y Arce, R. (2021). Manual de prácticas de Psicología Comunitaria. Granada: GEU Editorial.
COMPLEMENTARIA:
Dalton, J.H., Ellias, M.J., e Wandersman, A. (2001). Community Psychology. Linking individuals and communities. Stamford: Wadsworth, Thomson Learning.
Fernández-Ríos, L. (1997). Psicología preventiva: avances recientes en técnicas y programas de prevención. Madrid: Pirámide.
Folkman, S., y Tedlie, J. (2004). Coping: Pitfalls and Promise. Annual Review of Psychology, 55, 745-774
Gracia, E., Herrero, J.,e Musitu, G. (1995). El apoyo social. Barcelona: PPU.
Hombrados, I., Gómez, L. e Dominguez, J.M. (2009). The impact of inmigrants on the sense of community. Journal of Community Psychology, 37, (6), 671-683.
Hombrados-Mendieta, I., Gómez-Jacinto, L., Domínguez-Fuentes, J. M. y García-Leiva, P. (2013). Sense of community and satisfaction with life among immigrants and the native population. Journal of Community Psychology, 41, 601-614.
Maya, I., García, M., e Santolaya, F. J. (2007). Estrategias de intervención Psicosocial. Casos prácticos. Madrid: Pirámide.
Orford, J. (2008). Community psychology: Challenges, controversies and emerging consensus. Chichester: John Wiley & Sons.
Novo, M., Redondo, L., Seijo, D., y Arce, R. (2016). Diseño y validación de una escala para la evaluación del sentido de comunidad en grupos académicos virtuales. Revista de Investigación en Educación, 14(2), 126-140
Pepe, S., Sobral, J., Gómez, J. A., e Villar, P. (2008). Spanish adaptation of the adolescents' perceived collective family efficacy scale. Psicothema, 20(1), 148-154.
Ramos, I., y Maya, I. (2014). Sentido de comunidad, empoderamiento psicológico y participación ciudadana en trabajadores de organizaciones. Psychosocial Intervention, 23, 169-176.
Seijo, D., Novo, M., Arce, R., Fariña, F., e Mesa, M. C. (2005). Programa de intervención basado en el entrenamiento de habilidades sociocognitivas (Programa EHSCO). Guía de actividades para educación secundaria obligatoria. Granada: Ministerio de Educación y Ciencia.
Zimmerman, M.A. (2000). Empowerment theory: psychological, organizational and community levels of analysis. En J. Rappaport y E. Seidman (Ed.), Handbook of Community Psychology (pp. 43-64). Nueva York: Kluwer Academic Plenum.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN NAS QUE INCIDE A MATERIA
CE1 - Amosar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE5 - Amosar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE7 - Amosar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e dá saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma adecuada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outra profesionais
CE15 - Saber axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
-Que o alumnado coñeza e comprenda os principios básicos e as bases conceptuais da Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.
- Que o alumnado coñeza e comprenda os modelos teóricos propios da Psicoloxía de Intervención Social e Comunitaria e sexa capaz de desenvolver as súas aplicacións a un nivel básico.
- Que o alumnado coñeza e comprenda a perspectiva social e comunitaria no estudo do comportamento humano.
- Que o alumnado desenvolva actitudes que favorezan o compromiso de ética profesional.
- Que o alumnado desenvolva actitudes que promovan o traballo colaborativo.
As clases teóricas son sesións expositivas e / ou de demostración, nas que explican e expoñen os contidos principais do programa. Pola súa banda, as clases interactivas inclúen seminarios de apoio ás clases expositivas, que promoven a construción do coñecemento a través da participación compartida (profesor-alumno), en base a lecturas especializadas. Tamén nas clases interactivas, desenvolveranse supostos prácticos que ilustran os modelos e técnicas de intervención social e comunitaria.
As titorías desenvolveranse nos lugares e horarios indicados nos horarios do profesorado, para atender dúbidas e aclarar todas as cuestións relativas ao desenvolvemento da materia.
Para a avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas polo alumnado teranse en conta na cualificación final os seguintes elementos:
-Exame final. Realizarase mediante unha proba na que se valorará o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. Este exame terá un peso dun 70% na cualificación final e poderá incluír unha parte de proba obxectiva. Versará sobre os contidos explicados nas clases tanto expositivas como interactivas.
-Asistencia e participación nas actividades presenciais. A asistencia a clase terase en conta na avaliación final. Dita asistencia será obrigatoria nas sesións interactivas, realizándose un control de asistencia. As sesións interactivas serán avaliadas cun 30% da puntuación global, a través dos criterios de calidade no informe individual e grupal, segundo corresponda a cada práctica. O peso da asistencia ás prácticas será dun 10%. Pola súa parte, o informe suporá o 20% da cualificación da parte práctica.
Cada un deste elementos poderá ponderarse na cualificación final, sempre que se alcance un mínimo de 3.5 puntos no exame e un 1.5 nas clases interactivas.
Para os estudantes con exención de docencia, o 70% da nota será determinado polo exame final, e o 30% restante virá determinado pola entrega de informes individuais sobre os contidos tratados nas sesións interactivas. Estes alumnos poderán asistir durante todo o curso ás titorías que necesite.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
As datas e horas da revisión do exame estableceranse e desenvolveranse de acordo co regulamento interno da USC.
O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do curso. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas presenciais da materia distribúense como segue: 26 horas de sesións expositivas, 11,5 h. sesións interactivas e 1 hora de titoría. O tempo de traballo non presencial é estimado ao redor de 67,50 horas, para lectura e preparación de material de apoio para as sesións, preparación e elaboración de informes individuais e grupais, e preparación para a proba de coñecementos.
- Asistencia a clases
- Lectura dos materiais facilitados polo equipo docente para a materia
- Horario de titorías:
- Mercedes Novo:martes e mércores de 9.00-12.00hs
- Manuel Vilariño: martes e mércores de 9.00-12.00hs
Os obxectivos da materia están aliñados cos ODS (Axenda 2030) e contribúen a que o alumnado coñeza os ODS 3, 5 e 16, e a que os relacione cos contidos tratados na materia.
Mercedes Novo Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813932
- Correo electrónico
- mercedes.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Vilariño Vazquez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alvaro Montes Campos
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- alvaro.montes.campos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Blanca Cea Rios
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- blanca.cea.rios [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 9 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 9 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
27.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |