Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 21 Clínicos EEES: 22 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS DA MATERIA NO BLOQUE FORMATIVO
A Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria encárgase do estudo das lesións nos distintos órganos, aparellos e sistemas, relacionándoas co axente etiolóxico e cadro clínico da enfermidade, e considerando as particularidades relativas ás distintas especies de animais de interese veterinario. O seu estudo familiariza ó estudante/a cos cambios que se producen nos tecidos e órganos como consecuencia da enfermidade. Deste xeito, o coñecemento da Anatomía Patolóxica Especial facilitará o estudo das materias clínicas xa que o/a estudante aprenderá a aplicar as ciencias básicas e terá unha mellor comprensión dos cambios que se teñen producido dentro do animal como resultado da enfermidade, permitíndolle entender o porqué dos signos clínicos que se observan.
Dentro do bloque de Fundamentos do diagnóstico e a terapéutica, o/a estudante deberá potenciar e mellorar as competencias xenéricas (GVUSC01, 02, 03, 04 y 05), as competencias específicas académicas (CEAVUSC01, 02, 03, 04, 05, 06, 07 y 08) e as competencias transversais (CTVUSC01, 02, 03, 04, 05, 06 y 07) a adquirir co estudo da Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria II, mediante a súa participación activa nas prácticas clínicas, na resolución e presentación do caso clínico en grupo, na elaboración da memoria das necropsias e na resolución dos problemas e revisións planeados na materia virtual (Moodle).
O/a estudante deberá adquirir as competencias específicas disciplinares da materia:
• CEDVUSC 05. PRINCIPIOS BÁSICOS E APLICADOS DA RESPOSTA INMUNE. Deberá aprender as lesións características dos procesos inmunopatolóxicos recollidos no programa teórico da materia (miosites, artrites e dermatites inmunomediadas, entre outros) e deberá participar activamente na observación, descrición e resolución dos casos reais relacionados con estes procesos durante as prácticas, titorías en grupos reducidos e utilización da materia virtual.
• CEDVUSC 07. COÑECEMENTO DAS ALTERACIÓNS DA ESTRUTURA E FUNCIÓN DO ORGANISMO ANIMAL. Deberá aprender, tanto desde un punto de vista teórico como práctico, as lesións e patoxenia características das enfermidades máis frecuentes nos animais de interese veterinario que afectan ao sistema nervioso central e periférico, órganos dos sentidos, sistema xenital, locomotor e tegumentario.
• CEDVUSC 08. COÑECEMENTO E DIAGNÓSTICO DAS DISTINTAS ENFERMIDADES ANIMAIS, INDIVIDUAIS E COLECTIVAS, E AS SÚAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN, CON ESPECIAL ÉNFASE NAS ZOONOSES E NAS ENFERMIDADES DE DECLARACIÓN OBRIGATORIA. Deberá aprender, na teoría e na práctica, a identificar, describir e diagnosticar, desde o punto de vista anatomopatolóxico, as enfermidades máis frecuentes nos animais de interese veterinario que afectan ao sistema nervioso central e periférico, órganos dos sentidos, sistema xenital, locomotor e tegumentario, empregando unha terminoloxía precisa e axeitada. Ademais, deberá aprender a identificar as lesións máis importantes nos animais sacrificados en matadoiro, con especial énfase nas zoonoses e enfermidades de declaración obrigatoria, recollidas no capítulo V do programa teórico.
O/a estudante deberá adquirir as competencias específicas profesionais da materia:
• D1VUSC 02. RECOLLER E REMITIR MOSTRAS CO SEU CORRESPONDENTE INFORME. Deberá aprender a tomar as mostras adecuadas nun animal vivo ou en un cadáver, e procesalas e informalas correctamente, para que resulten útiles no estudo histopatolóxico, bacteriolóxico, parasitolóxico, virolóxico, toxicolóxico e serolóxico.
• D1VUSC 04. DIAGNOSTICAR AS ENFERMIDADES MÁIS COMÚNS, MEDIANTE A UTILIZACIÓN DOS PROTOCOLOS E TÉCNICAS COMPLEMENTARIAS DE DIAGNÓSTICO. Deberá aprender a diagnosticar, desde o punto de vista anatomopatolóxico, as enfermidades nos peixes, e no resto de animais de interese veterinario, aquelas enfermidades que afectan ao sistema nervioso central e periférico, órganos dos sentidos, sistema xenital, locomotor e tegumentario, mediante o emprego e interpretación das técnicas anatomopatolóxicas máis frecuentes (necropsia e toma de mostras, estudo histopatolóxico, histoquímico, inmunohistoquímico, etc.). Asemade, deberá aprender a identificar as posibles causas das lesións que afectan a eses sistemas, a súa patoxenia e a súa relación cos signos clínicos observados no animal vivo. Por elo, se espera que o/a estudante sexa capaz de aplicar de forma autónoma a técnica de necropsia nas diferentes especies de interese veterinario e de diferenciar as lesións antemortem das alteracións postmortem.
• D1VUSC 12. REALIZAR A INSPECCIÓN DOS ANIMAIS ANTE E POSTMORTEM E DOS ALIMENTOS DESTINADOS AO CONSUMO HUMANO. Deberá aprender a identificar as lesións máis importantes nos animais sacrificados en matadoiro, con especial énfase nas zoonoses e enfermidades de declaración obrigatoria, mediante o estudo dos órganos comisados en matadoiro e a interpretación de imaxes patolóxicas nas principais especies animais de consumo humano.
• D1VUSC 17. REALIZAR INFORMES TÉCNICOS PROPIOS DAS COMPETENCIAS VETERINARIAS. Deberá aprender a redactar informes de necropsia e morfopatolóxicos de forma correcta, describindo axeitadamente as lesións de interese observadas e utilizando unha terminoloxía anatomopatolóxica apropiada e precisa.
Contidos teóricos
CAPÍTULO I: SISTEMA NERVIOSO CENTRAL E PERIFÉRICO. ÓRGANOS DOS SENTIDOS.
Tema 1. Malformacións: defectos de peche do tubo neural, hidrocefalia, hipoplasia cerebelar. Disciclias: hemorraxias, edema, isquemia, infarto do SNC. Traumatismos. Distrofias: pigmentacións, colesteatoma, arteriosclerose, encefalopatías tóxicas, encefalopatías por carencias.
Tema 2. Encefalomielinopatías: leucodistrofias, encefalomiopatías esponxiformes. Inflamación del SNC: meningoencefalites non purulentas, purulentas, piogranulomatosa, trombótica infecciosa. Lesións parasitarias. Tumores nerviosos.
Tema 3. LESIÓNS DO OLLO. Alteracións postmortem. Malformacións. Lesións da córnea e queratoconxuntivite. Lesións da úvea: uveíte e glaucoma. Desprendemento de retina e outras retinopatías. Lesións do nervio óptico. Tumores. LESIÓNS DO OÍDO: tipos de otite e tumores.
CAPÍTULO II: SISTEMA XENITAL.
Tema 4. APARELLO XENITAL FEMININO. Malformacións: aplasia, hipoplasia, dobre cérvix. Cambios de posición: torsión uterina, prolapso de útero e vaxina. Roturas. Quistes ováricos. Hiperplasia endometrial. Inflamacións: ooforite, salpinxite, metrite, piómetra, vulvovaxinite. Glándula mamaria. Malformacións. Disciclias. Mamite. Tumores mamarios.
Tema 5. APARATO XENITAL MASCULINO. Malformacións: criptorquidia. Distrofias: dexeneración testicular, calcificación. Inflamacións: orquite, epididimite, balanopostite. Hiperplasia de próstata. Tumores.
CAPÍTULO III: SISTEMA LOCOMOTOR.
Tema 6. LESIÓNS DOS MÚSCULOS ESQUELÉTICOS. Lesións postmortem e trastornos do crecemento: atrofia muscular. Alteracións conxénitas e hereditarias: artrogripose, hiperplasia muscular conxénita, splayleg, hipertermia maligna. Miopatías dexenerativas: miopatías nutricionais, miopatías por exercicio. Miosites: inmunomediadas, bacterianas, parasitarias. Tumores musculares.
Tema 7. LESIÓNS DOS ÓSOS. Displaxias: condrodisplaxias, osteopetrose. Distrofias óseas metabólicas: osteoporose, raquitismo, osteomalacía, osteodistrofia fibrosa. Osteítes. Osteopatía hipertrófica. Tumores.
Tema 8. LESIONS DAS ARTICULACIÓNS. Trastornos conxénitos e hereditarios: displaxia de cadeira, osteocondrose. Osteoartrose. Artrites: artrite inmunomediada, artrite fibrinosa, artrite purulenta, gota articular.
CAPÍTULO IV: SISTEMA TEGUMENTARIO.
Tema 9. LESIÓNS DA PEL (I). Terminoloxía en Dermatopatoloxía. Lesións primarias da pel. Lesións que poden ser primarias ou secundarias. Lesións secundarias de pel. A biopsia de pel.
Tema 10. LESIÓNS DA PEL (II). Malformacións: aplasia cutis, ictiose conxénita, astenia cutánea, epidermólise bullosa, albinismo. Distrofias: dermatoses hormonais, distrofias da queratinización. Disciclias. Dermatites por causas físicas: queimaduras, fotodermatite, lesións psicoxénicas. Dermatites por sustancias químicas irritantes.
Tema 11. LESIÓNS DA PEL (III). Dermatites inmunomediadas. Reaccións de hipersensibilidade: atopía, alerxia a picaduras, alerxia por contacto, alerxia a medicamentos, alerxia alimentaria, dermatite eosinofílica do gato. Dermatites autoinmunes: pénfigos, penfigoide, lupus eritematoso.
Tema 12. LESIÓNS DA PEL (IV). Dermatites bacterianas: piodermias superficiais e profundas. Dermatomicoses. Dermatites parasitarias. Tumores da pel.
CAPÍTULO V: LESIÓNS EN ANIMAIS SACRIFICADOS EN MATADOIRO.
Tema 13. LESIÓNS EN BOVINOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO (I): Accidentes. Lesións na inspección antemortem.
Tema 14. LESIÓNS EN BOVINOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO (II). Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
Tema 15. LESIÓNS EN OVINOS E CAPRINOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO. Lesións na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
Tema 16. LESIÓNS EN PORCINO SACRIFICADO EN MATADOIRO. Lesións na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
Tema 17. LESIÓNS EN COELLOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO. Lesións na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
Tema 18. LESIÓNS EN AVES SACRIFICADAS EN MATADOIRO. Lesión na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
CAPÍTULO VI: ICTIOPATOLOXÍA.
Tema 19. BASES DO DIAGNÓSTICO CLÍNICO E PATOLÓXICO EN PECES. Técnicas de diagnóstico, avaliación de datos e toma de mostras.
Tema 20. PRINCIPIOS BÁSICOS DA RESPOSTA DOS PEIXES FRONTE Á AGRESIÓN. Principais diferenzas na resposta dos peixes ás enfermidades en comparación cos mamíferos.
Tema 21. INTRODUCIÓN Á PATOLOXÍA SISTÉMICA DOS PEIXES. Lesións máis frecuentes nos sistemas orgánicos de importancia diagnóstica nos teleósteos.
TEMPORALIDADE
Cada un dos 21 temas do programa teórico impartirase nunha hora de clase na aula ata completar as 21 horas totais de clases expositivas.
Contidos prácticos
- Práctica de elaboración do caso clínico de necropsia: 7 horas presenciais totais, 5 de elaboración do caso clínico (práctica APEVII C1) e 2 horas de titoría do caso. Na sala de histopatología ou nunha aula pequena.
- Práctica de presentación do caso clínico na aula de clase asignada ao 6º semestre (práctica APEVII C2, 2 horas)
- Prácticas de necropsia na sala de necropsias (15 horas presenciais): catro días de necropsia; os días 1 (práctica APEVII C3), 2 (práctica APEVII C4) e 3 (práctica APEVII C5) de catro horas de duración, e o día 4 (práctica APEVII C6) de 3 horas.
Bibliografía básica:
TEXTOS
• GRANT, M.M. (2016). Jubb, Kennedy and Palmer’s Pathology of Domestic Animals. 6th Edition. Ed. Elsevier, Inc.
• MEUTEN, D. J. (2016). Tumors in domestic animals. 5th ed. John Wiley & Sons, Inc.
• ZACHARY, J.F. (2021). Pathological basis of Veterinary Disease. 7th ed. Ed. Elsevier, Inc.Dispoñible como libro electrónico na Biblioteca da USC´.
ATLAS
• BLOWEY, R.W. & WEAVER D.A. (2003). 2nd edition. Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
• BUERGELT, C.D.; CLARK, E. G.; DEL PIERO, F (2018). Bovine Pathology: A Text and Color Atlas. Ed. CAB
• BUERGELT, C.D. & DEL PIERO, F. (2013). Color Atlas of Equine Pathology. Ed. John Wiley & Sons.
• FERGUSON, HW (2006) Systemic pathology of fish: A text and atlas of normal tissues in teleosts and their responses in disease. 2nd Ed., Scotian Press, London, UK.
• FERRER, L.M.; GARCÍA DE JALÓN, J.A.; DE LAS HERAS M (2002). Atlas de patología ovina. Ed. Servet
• HERENDA, D. (2019). Colour Atlas of Pig Pathology and Meat Inspection. 2nd Ed. Ed. Pristine Printing Inc
• HERENDA, D. C.; & FRANCO, D. A. (1999): Poultry Diseases and Meat Hygiene: A Color Atlas. Wiley-Blackwell
• LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
• MOUWEN, J.M.V.M. & GROOT, E.C.B.M. (1982). A color atlas of veterinary pathology. Wolfe Medical Publications LTD.
• NOGA, E.J. (2010). Fish Disease. Diagnosis and Treatment. Iowa State University Press.
• RANDALL, C.J. (1996). 2nd edition. A Colour Atlas of Diseases and Disorders of Domestic Fowl and Turkey. Mosby, London.
• RASKIN, R. E.; & MEYER, D. (2009): Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
• ROBERTS R.J. (2012) Fish Pathology. Fourth Ed., W.B. Saunders, Edinburgh, UK.
• SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. INTERAMERICANA McGRAW-HILL. Madrid.
• VAN DIJK. J. E.; GRUYS, E.; & MOUWEN, J. (2007): Color Atlas of Veterinary Pathology: General Morphological Reactions of Organs and Tissues. Ed. Saunders.
• VEGAD, J.L. (2016). A Colour Atlas of Poultry Diseases. Ed. CBS Publishers & Distributors
• WOO P.T.K. & BRUNO D.W. (eds.), 2011. Fish Diseases and Disorders, Volume 3: Viral, Bacterial and Fungal Infections, 2nd edition. Oxfordshire, U.K.
Bibliografía complementaria:
RECURSOS ESPECÍFICOS DE ANATOMÍA PATOLÓXICA VETERINARIA
Necropsia en peixes
http://www.necropsymanual.net/en/
Vídeo de técnica de necropsia en pequeños ruminantes
https://www.um.es/web/innovacion/educacion-abierta/cursos/anatomia-pato…
Varias bases de datos con imaxes
https://diogoguerra.com/resources-veterinary-pathology
Prof. Alfonso López Mayagoitia: Pathology and Microbiology. Atlantic Veterinary College. University of Prince Edward Island. Canada http://people.upei.ca/lopez/
The Center for Food Security and Public Health (CFSPH). Iowa State University. http://www.cfsph.iastate.edu/
Davis-Thompson Foundation, Noah’s Arkive https://davisthompsonfoundation.org/noahs-arkive/
The Joint Pathology Center, Veterinary Systemic Pathology Online https://www.askjpc.org/vspo/
Dr. John M King’s Necropsy Show & Tell, Cornell Veterinary Medicine: https://secure.vet.cornell.edu/nst/nst.asp
1. COMPETENCIAS XENÉRICAS
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (SABER FACER, COMPETENCIAS A DÍA 1, DAY-ONE SKILLS)
• D1VUSC 02. Recoller e remitir mostras co seu correspondente informe.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humano.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
4. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (QUERER FACER), APLICABLES A TODOS OS PERFÍS
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
• CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e curta.
• CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O traballo presencial en Anatomía patolóxica especial II desenvólvese en 21 horas de clases maxistrais, 2 horas de titoría en pequenos grupos e 22 horas de prácticas clínicas.
As 21 horas de clases maxistrais impartiranse durante 2 horas semanais ao longo do semestre e consistirán na presentación a través de medios audiovisuais de presentacións e/ou vídeos que mostren as lesións obxecto de estudo, buscando a participación do alumno para captar a súa atención.
As 2 horas de titoría en pequenos grupos estarán dedicadas á discusión co profesor do caso clínico a resolver polos estudantes nas prácticas de xeito presencial.
As 22 horas de prácticas clínicas impartiranse de xeito presencial, en pequenos grupos, distribuídas segundo a secuencia indicada:
Prácticas de caso clínico de diagnóstico anatomopatolóxico (7 horas prácticas e 2 horas de titoría, todas elas de xeito presencial)
- Estudo histopatolóxico (5 horas, práctica APEVII C1): o/a estudante asistirá durante 2 días, 2,5 horas ao día, ao estudo e discusión de lesións macroscópicas e histolóxicas dun caso real de necropsia, na sala de microscopios do pavillón 3, planta baixa superior; facilitarase un caso clínico diferente a cada grupo de 3-4 alumnos, que deberán resolvelo, incluído o estudo de lesións macroscópicas e microscópicas, de xeito autónomo, baixo a supervisión do profesor encargado. Para iso, os estudantes terán que consultar as fontes bibliográficas necesarias
- Titoría presencial (2 horas, APEVII T2): os estudantes de cada caso clínico terán 2 horas de discusión sobre o seu caso clínico co profesor encargado, para orientar a súa presentación.
- Presentación do caso clínico (2 horas, práctica APEVII C2): os estudantes de cada caso clínico deberán presentalo en público na clase, durante un tempo máximo de 2 horas para cada grupo. As sesións de presentación e discusión de casos clínicos estarán abertas para que os estudantes da materia poidan asistir voluntariamente.
Prácticas de necropsia (15 horas):a realizar na sala de necropsias do pavillón 3, planta baixa superior
- Día 1 de prácticas de necropsia (4 horas, práctica APEVII C3): o/a alumno/a deberá realizar a necropsia e tomar mostras dos animais recibidos no Servizo de Anatomía Patolóxica de forma autónoma, baixo a supervisión do profesor responsable. Ao final, debe escribir o informe de necropsia (1 hora de traballo supervisado do estudante) que será correxido posteriormente por a profesora responsable.
- Día 2 de prácticas de necropsia (4 horas, práctica APEVII C4): o/a alumno/a deberá realizar a necropsia e tomar mostras dos animais recibidos no Servizo de Anatomía Patolóxica, de forma autónoma, baixo a supervisión do profesor encargado. Ao final, debe escribir o informe de necropsia (1 hora de traballo supervisado do estudante) que será correxido posteriormente por a profesora responsable.
- Día 3 de prácticas de necropsia (4 horas, práctica APEVII C5): o/a alumno/a deberá realizar a necropsia e tomar mostras dos animais recibidos no Servizo de Anatomía Patolóxica de forma autónoma, baixo a supervisión do profesor responsable. Ao final, debe escribir o informe de necropsia (1 hora de traballo supervisado do estudante) que será correxido posteriormente por a profesora responsable.
- Día 4 de prácticas de necropsia (3 horas, práctica APEVII C6): o/a alumno/a deberá realizar a necropsia e tomar mostras dos animais recibidos no Servizo de Anatomía Patolóxica de forma autónoma, baixo a supervisión do profesor responsable. Ao final, debe escribir o informe de necropsia (1 hora de traballo supervisado do estudante) que será correxido posteriormente por a profesora responsable.
Para cumprir os estándares de acreditación da EAEVE, no que respecta aos indicadores de número de necropsias realizadas por estudante graduado, procurarase dispoñer nas prácticas dun número axeitado de cadáveres das distintas especies de animais domésticos.
A nota da parte teórica da materia suporá o 70% da nota final. A avaliación dos contidos teóricos realizarase do seguinte xeito:
- Avaliación continua dos estudantes ao longo do curso que recollerá o traballo persoal do alumno a través de diferentes probas (exercicios escritos - presenciais ou telemáticos), participación activa na clase, traballos propostos a través da USC virtual de revisión de artigos científicos sinxelos, casos clínicos, etc). Esta avaliación continua suporá o 50% da nota teórica total e levarase a cabo nas datas acordadas co estudantado, dentro do horario lectivo, unha vez finalizado cada capítulo do temario, mediante probas sincrónicas ou asincrónicas.
- Exame teórico: o dominio dos coñecementos globais mediante un exame final da materia completa será obrigatorio e complementario da avaliación continua. O exame final da materia realizarase preferentemente de forma presencial, aínda que se a situación sanitaria así o indica, esta proba poderá realizarse telemáticamente de forma síncrona. O exame teórico consistirá na resposta a preguntas que sobre o programa e o desenvolvemento das clases se realizan mediante o sistema de formularios tipo test, preguntas curtas e/ou de ensaio, empregando os soportes gráficos adecuados. Para aprobar a materia será requisito necesario aprobar o exame teórico. O exame teórico suporá o 50% da nota da parte teórica.
A avaliación dos contidos prácticos realizarase continuamente a través dunha rúbrica, tendo en conta factores como a atención, a dedicación, a participación, a aptitude e as habilidades mostradas por cada alumno. A avaliación das prácticas suporá o 30% da nota final da materia. Para aprobar a materia é imprescindible asistir de xeito presencial a todas as prácticas e ser valorado cunha puntuación minima de 6 sobre 10.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido de tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, aplicarase o disposto no “Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e para a revisión das cualificacións”.
Non procede a dispensa de asistencia a clases teóricas nin prácticas.
Aqueles/as estudantes que realizen todas as prácticas, e superen a valoración de 6 sobre 10 manterán a súa nota de avaliación continua das prácticas, como máximo ata o curso seguinte.
As avaliacións continuas dos contidos teóricos se manterán, como máximo, ata o curso seguinte.
CRÉDITOS ECTS: 4'5
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases maxistrais: 21h
Prácticas clínicas: 22h
Titorías en grupos reducidos: 2h
Total horas de traballo presencial (10x Nº ECTS): 45h
TRABAJO PERSOAL DO/A ESTUDANTE
Estudo individual: 31'5h
Elaboración de memorias de prácticas: 12h
Elaboración de traballos: 3h
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 4h
Resolución de casos/problemas: 10h
Presentacións orais: 4h
Realización de exames: 3h
Total horas de traballo persoal do/a estudante (15x Nº ECTS): 67'5h
TOTAL HORAS DO/A ESTUDANTE: 112'5h
É moi conveniente ter cursado previamente Anatomía Veterinaria I e II, Fisioloxía Veterinaria I e II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria para coñecer previamente a estrutura e a función normal dos tecidos e órganos, como paso previo para entender as lesións e as súas consecuencias funcionais no animal enfermo; así como a Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria, que aportará as bases dos mecanismos que interveñen no desenvolvemento dos distintos tipos de lesións, as causas que as producen e as consecuencias das mesmas. Asemade, dado que os/as estudantes deberán realizar as necropsias de forma autónoma e preparar e presentar un caso clínico práctico, é imprescindible ter cursado a materia Anatomía Patolóxica Especial I e ter un coñecemento informático básico para navegar en Internet e para manexar procesadores de texto (Microsoft Word,..) e de imaxes (Microsoft PowerPoint,…). Xa que moitos artigos de investigación e libros recomendados na bibliografía están en inglés, recoméndase un nivel aceptable nesta lingua.
Para o mellor aproveitamento do estudo da Anatomía Patolóxica Especial II recomendamos:
- Asistencia regular ás clases teóricas.
- Utilización do material aportado por o profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntamentos, CD de imaxes, imaxes da materia virtual (Moodle).
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web …
- Uso regular das horas de titorías.
- Estudo constante ao longo de todo o semestre.
Para as sesións de exposición, a través do campus virtual da USC, facilitarase aos estudantes presentacións e/ou textos explicativos para traballar de forma autónoma na plataforma Moodle.
Recomendamos o uso de recursos de internet, tanto básicos como complementarios, especificados na sección Bibliografía. Para temas específicos, os profesores proporcionarán artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de plataformas axeitadas.
O Campus Virtual da USC utilizarase como unha importante plataforma de apoio á docencia, que servirá para propoñer diferentes casos para traballar, así como probas e autoavaliacións que faciliten o estudo da materia.
Recoméndase realizar un seguimento diario da información difundida a través do campus virtual e do correo electrónico da USC, xa que será o noso principal medio de comunicación.
Maria Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monica Lopez Peña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822329
- Correo electrónico
- monica.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Bravo Moral
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Victoria Valiño Cultelli
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- victoria.cultelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Sala Histopatoloxía |
11:30-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Galego, Castelán | Sala Histopatoloxía |
Venres | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Sala Histopatoloxía |
11:30-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán, Galego | Sala Histopatoloxía |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |