Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 13 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Interese da materia dentro da profesión Veterinaria
Esta materia está incluída no Módulo de Ciencias Clínicas e Sanidade Animal. O interese desta materia no Grao está asociado á crecente importancia da Epidemiología desde un punto de vista profesional. Debido á lexislación Europea, moi restritiva sobre o uso de fármacos en animais, non só para o tratamento etiológico das enfermidades infecciosas e parasitarias, senón tamén e sobre todo evitando o uso de promotores de crecemento de orixe antibiótica, a Medicina Veterinaria ten que evolucionar cara á Medicina Preventiva, o que supón a presenza dun profesional non só Veterinario Clínico, senón tamén Epidemiólogo. De face ao futuro da profesión, a porcentaxe de veterinarios especializados en Epidemioloxía necesariamente aumentará, ben como profesionais libres, contratados por cooperativas ou empresas de maior envergadura ou, mesmo no futuro, na Administración Pública, co fin de controlar enfermidades de importancia económica (brotes que supoñan o peche das fronteiras a exportacións a outros países que leven un sacrificio masivo de animais se chegan a aparecer) ou de carácter zoonósico (por exemplo, o control da gripe aviaria). Para o seu control, as persoas máis adecuadas son aquelas que recibisen unha formación epidemiolóxica.
Outro punto moi importante, e cada día máis, é o benestar animal. Neste punto é moi importante un coñecemento profundo da Epidemioloxía e a Medicina Preventiva, sobre todo nos animais de renda, para facer posible unha explotación rendible, pero que cubra tamén a preocupación pola comodidade dentro da produción.
Obxectivos da materia
- Entender o concepto poboacional, base dos estudos epidemiolóxicos, e a súa prolongación en espazo e tempo, para poder xerar programas sanitarios destinados a Medicina Preventiva.
- Coñecer os indicadores de saúde e a súa valoración estatística, así como os determinantes de enfermidade e a súa cuantificación como factores de risco nas poboacións.
- Coñecer e entender que mecanismos participan na transmisión e mantemento da enfermidade nunha poboación.
- Coñecer as fontes de datos accesibles ao veterinario para obter información, así como a metodoloxía para realizar estudos observacionales en diferentes situacións ambientais. Ademais, deberá adquirir as habilidades precisas para, non só obter, senón tamén codificar, almacenar e analizar estatisticamente toda a información.
- Coñecer e comprender a achega da epidemiología á loita fronte ás enfermidades e as súas posibilidades de modelización e prevención, así como a súa achega en relación á saúde pública.
- Adquirir a terminoloxía adecuada da materia que se imparte.
- Aprender a planificar programas sanitarios e produtivos co fin de rendibilizar as explotacións gandeiras.
Con estes obxectivos pretendemos cubrir algúns dos obxectivos Xerais do Título de Graduado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, algúns das cales poderían ser tomadas como definición desta materia.
O programa desta materia abarca 3 bloques temáticos, as sesións interactivas, prácticas clínicas e unha hora de tutoría.
BLOQUE 1: Introdución e perspectiva histórica. Conceptos básicos. Poboacións. Determinantes da enfermidade. Transmisión e mantemento da enfermidade. Formas da enfermidade. Programas sanitarios e produtivos. Bioseguridade y monitorización. Probabilidade.
Tema 1. Desenvolvemento histórico e perspectivas de futuro. Obxectivos e definición da Epidemioloxía e Medicina Preventiva. Aplicación da Epidemioloxía aos programas de xestión da Sanidade animal e a Produción. Horas expositivas: 1 h.
Tema 2. Concepto de poboación. Causalidade. Concepto de causa. Postulados de Koch, Hill e Evans. Modelos causales. Causas necesarias e suficientes. Determinantes. Triada epidemiolóxica. Tipos de presentación da enfermidade. Métodos de transmisión. Horas expositivas: 4 h.
Tema 3. Elementos e deseño dos programas sanitarios e produtivos. Bioseguridade. Actuacións sanitarias. Monitorización e seguimento da produtividade. Produtividade subóptima e as súas causas. Horas expositivas: 3 h.
Tema 4. Probabilidade. Aleatoriedad. Cálculo da probabilidade. Horas expositivas: 2 h.
BLOQUE 2. Mostraxe. Diagnóstico. Medidas epidemiolóxicas. Fontes; tipos de datos e a súa obtención.
Tema 5. Mostraxe. Métodos de mostraxe. Mostraxes non probabilísticos e probabilísticos. Determinación do tamaño muestral. Horas expositivas: 2 h.
Tema 6. Tipos de medidas epidemiolóxicas: razóns, proporcións e taxas. Medida da frecuencia da enfermidade: prevalencia e incidencia. Taxa de morbilidad, mortalidade, letalidade e ataque. Estandarización de taxas. Horas expositivas: 2 h.
Tema 7. Diagnóstico. Validación dunha proba diagnóstica. Concordancia. Estatístico de Kappa. Sensibilidade. Especificidade. Valores predictivos. Relación coa prevalencia. Horas expositivas: 3 h.
Tema 8. Deseño de estudos epidemiolóxicos. Introdución. Fontes de datos en epidemioloxía. Criterios de clasificación. Estudos observacionales: transversais, caso-control, cohortes. Estudos experimentais. Horas expositivas: 3 h.
Tema 9. Elaboración de cuestionarios. Tipos de enquisas. Variables utilizadas. Horas expositivas: 2 h.
BLOQUE 3. Análise e exposición de datos.
Tema 10. Estatística descritiva. Introdución. Distribución de frecuencias. Estimadores de posición e dispersión. Intervalos de confianza. Representación gráfica. Horas expositivas: 2 h.
Tema 11. Estatística analítica. Introdución. Probas para detectar diferenzas. Probas para detectar correlacións. Probas para detectar asociacións. Horas expositivas: 2 h.
Tema 12. Epidemioloxía estatística. Medidas de asociación e impacto. Introdución. Estimadores de risco: risco relativo; risco atribuíble, fracción etiológica, odds ratio. Horas expositivas: 1 h.
Tema 13. Concepto de confusión e interacción. Técnicas para o control da confusión. Horas expositivas: 1 h.
SESIÓNS INTERACTIVAS E PRÁCTICAS CLÍNICAS
Epidem. OR1 - 4 horas (Sala de informática).
Introducirase explicando as razóns que fan que o computador sexa unha ferramenta fundamental en moitas das ciencias que se explican no grao de Veterinaria, e en concreto, en Epidemioloxía e Medicina Preventiva.
A continuación, os studantes recibirán a través da plataforma virtual un ficheiro de datos en formato ods. Usarán unha folla de cálculo GPL Calc e/ou Gnumeric e mostrarase a forma de introducir os datos de maneira que poidan ser introducidos logo en R. Mostrarase tamén como facer gráficos e o uso de fórmulas nas follas de cálculo. O software utilizado é libre, para que os estudantes poidan instalalo nos seus computadores particulares e poder repetir e mellorar o seu uso de forma autónoma.
Eses datos converteranse para poder ser introducidos no paquete estatístico R (tamén software libre, co mesmo fin que os anteriores).
Epidem. C2 - 4 h (Sala Informática)
A maior complicación desta sesión é que a maior parte dos estudantes non están afeitos usar o terminal e a redactar comandos para realizar as rutinas nos seus computadores e hai que ensinarlles a non cometer erros na sintaxe da linguaxe R. Por iso utilizamos nun inicio R e logo RStudio, onde o editor de comandos fai máis sinxelo o uso. Nesta sesión os estudantes aprenderán a manexar os datos de produción e sanitarios dos computadores das explotacións e analizalos. Estes datos serán introducidos no sistema estatístico R e os estudantes aprenderán os conceptos de obxecto, función, comando e manexo de datos en R. Inicialmente tratarase sobre o manexo de datos e estatística descritiva, así como la realización de gráficos. Logo iniciaremos a análise estatística poñendo exemplos para o cálculo de mostraxes representativas, a sensibilidade, especificidade e o estatístico de Kappa. Realizarase unha proba de evaluación continua que se entregará a través da plataforma virtual da USC para ser avaliada (valor 20 puntos).
Epidem. C3 - 4 h (Sala Informática)
Nesta segunda sesión clínica aplicaranse os comandos fundamentais para a realización da estatística analítica en R e RStudio
Probas de asociación: Chi cadrado
Probas de diferenza: t de Student e Anova
Probas de relación: correlación e regresión
Epidem. OR2 - 4 h (Sala de informática).
Dentro da avaliación continua, aos estudantes daráselles unha serie completa de datos reais cos que terán que resolver unha situación, determinando a causalidade dun problema, demostralo estatisticamente, detectar as posibles variables de confusión e presentar un informe coas posibles solucións que deberán subir á plataforma virtual da USC para ser avaliada (valor 60 puntos).
A asistencia as sesións interactivas e prácticas clínicas é obrigatoria. Os estudantes que non asistan a elas non poderán aprobar a materia nese curso académico.
TUTORÍAS (1 h.)
Nela exporáselles aos estudantes a realización de dúas probas avaliados que se realizarán na Epidem. C3 e a Epidem. OR2, relacionados cos temas que vai dar cada un dos profesores e logo atender ás dúbidas xurdidas e poder solucionalas antes de que se realicen e entreguen pola plataforma virtual.
Bibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
BERTHOLD, M.R.; BORGELT, C.; HÖPPNER, F.; KLAWONN, F. (2010). Guide to Intelligent Data Analysis. Springer-Verlag London Limited.
CONTRERAS, A; SÁNCHEZ, A.; CORRALES, J.C. (2001). Epidemiología veterinaria. Univ. Murcia.
DOHOO, I.; MARTIN; W., STRYHN, H. (2009). Veterinary Epidemiologic Research. Segunda edición. VER Inc., Charlottetown, Canada.
DURR, P.; GATRELL, A. (2004). GIS and spatial analysis in veterinary science.CAB International, Wallingford, Oxfordshire, UK.
GORDIS, L. (2005). Epidemiología. Tercera edición. Elsevier España, Madrid.
GREENBERG, R.S. y col. (1998). Epidemiología médica. Manual Moderno, México D.F.
HOUE, H. (2004). Introduction to Veterinary Epidemiology. BIOFOLIA.
LAST, JM. (1989). Diccionario de Epidemiología. Salvat Editores, S.A. Barcelona.
MACHIN, D., CAMPBELL, MJ., TAN, BT., TAN, SH. (2018). John Wiley & Sons Ltd, Oxford, OX4 2DQ, UK.
MORTON, E.R.; HEBEL, J.R.; McCARTER, R.J. (1993). Bioestadística y epidemiología. 2ª edición. McGraw-Hill, México, D.F.
ORTEGA, C. y col. (1995). Manual de Epidemiología aplicada para el veterinario clínico. Esteve Veterinaria, Barcelona.
PETRIE, A.; WATSON, P. (1999). Statistics for veterinary and animal science. Blackwell Science, Ltd., Oxford.
PFEIFFER, D.U. (2010). Veterinary Epidemiology. An Introduction. Wiley-Blackwell.
PFEIFFER, D.U. (2008). Spatial Analysis in Epidemiology. Oxford University Press
ROTHMAN, K.J. (2012). Epidemiology. An introduction. Second edition. Oxford University Press, New York.
ROTHMAN, K.J., GREENLAND, S.; LASH, T.L. (2008). Modern Epidemiology. Third edition. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia, USA.
STUART, A. (2002). Ideas básicas de muestreo científico. Editorial A.C., Madrid.
THRUSFIELD, M. (2005). Veterinary Epidemiology. Third Edition. Blackwell Scientific Publications Ltd., Oxford.
VERZANI, J. (2011). Getting Started with RStudio. O'Reilly.
Páginas Web
http://aeema.vet-alfort.fr/
http://ccp.ucr.ac.cr/cursos/epidistancia/contenido/4_epidemiologia.htm
http://www.bettycjung.net/Bite.htm
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:Epidemiology
http://www.answers.com/topic/epidemiology
http://www.fao.org
http://www.woah.org/es/inicio
http://www.quadernodiepidemiologia.it/epi/HomePage.html
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA sobre el paquete R:
http://cran.r-project.org/doc/contrib/Owen-TheRGuide.pdf
http://cran.r-project.org/doc/contrib/Paradis-rdebuts_en.pdf
http://cran.r-project.org/doc/contrib/Verzani-SimpleR.pdf
http://cran.r-project.org/
http://cran.r-project.org/faqs.html
http://cran.r-project.org/doc/manuals/R-intro.pdf
http://cran.r-project.org/doc/manuals/R-data.pdf
http://cran.r-project.org/doc/manuals/R-admin.pdf
http://cran.r-project.org/doc/contrib/rdebuts_es.pdf
Competencias Xerais
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Competencias Específicas disciplinares (saber)
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
Específicas profesionales (saber hacer)
D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
Competencias Específicas Académicas (querer facer)
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Sesións expositivas
Serán de carácter obrigatorio e impartiranse nas aulas a un grupo completo. A súa duración será aproximadamente de 50 minutos. Darase o material teórico previamente á clase para que na exposición a través de sistemas multimedia se poida introducir problemas e preguntas que poñan a atención dos estudantes en casos reais que suceden na vida diaria nas explotacións. Ao achegarse un profesor á finalización dun tema homoxéneo, realizaranse controis dunha duración aproximada de 30 minutos. Non procede a dispensa á clase.
Sesións interactivas e prácticas clínicas
As sesións interactivas realizaranse nas aulas de informática con grupos de 20 estudantes, cada un cun computador. Nas prácticas aprenderán a manexar os datos e realizar gráficos en follas de cálculo; posteriormente introducirán os datos en R, onde aprenderán os comandos básicos para obter gráficos, valores descritivos das variables e a realizar probas estatísticas. Non procede a dispensa ás sesións interactivas.
Prácticas clínicas
Realizaranse en grupos de 10 estudantes; nelas aprenderase a extraer, manexar e analizar os datos reais das explotacións gandeiras para tomar decisións sobre os animais e as súas enfermidades. Non procese a dispensa ás prácticas clínicas.
Titoría
Permitiranos presentar os boletíns que teñen que facer e poder corrixir os posibles erros que aparezan na súa realización.
Realizarase unha avaliación continua sobre os estudantes que se realizará da seguinte maneira:
Ao longo das exposicións dos temas efectuaranse 4 controis aleatorios. Aplicaranse no momento en que un profesor termine de dar unha parte nun bloque. Estes controis teñen a función de controlar a asistencia dos estudantes e valorar a súa aprendizaxe progresiva. Serán ao redor de cinco preguntas curtas que buscarán posibles solucións ante posibles situacións asociadas aos temas dados. O valor total dos controis aleatorios será de 20 puntos (4x5 puntos).
Os estudantes disporán na plataforma virtual de dous boletíns. Estes boletíns serán similares aos que terán que facer na Epidem. C2 e na Epidem. OR2. Para realizar estes boletíns forneceráselles aos estudantes un conxunto de datos relacionados con algunha enfermidade ou alteración dunha poboación animal da que os estudantes terán que descubrir a causalidade, detectar que factores están a influír, demostralo estatisticamente e presentar un informe coas recomendacións adecuadas para solucionar o problema. Os que van ser avaliados entregaranse a través da plataforma virtual e o seu valor total será de 80 puntos (20+60).
Os estudantes que mediante os controis e boletíns obtivesen 50 puntos, superarían a materia co uso da avaliación continua sen necesidade de asistir ao exame teórico.
Os estudantes que non puidesen superar a materia a través dos controis e boletíns poderán realizar un exame ao final do curso para poder recuperar as partes que na avaliación continua non puideran superar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cualificación final do alumnado
Os estudantes serán avaliados de forma continua (100%). Os exames finais permitirán recuperar as partes non superadas mediante a avaliación continua. Non procede a dispensa a asistencia á docencia.
Horas presenciais:
Sesións expositivas: 28 h.
Sesións interactivas: 8 h.
Prácticas clínicas: 8 h.
Titorías: 1 h.
Total horas presenciais: 45 h.
Horas non presenciais:
Estudo individual: 37,5 h.
Preparación dos boletíns: 20 h.
Revisión de bibliografía: 2 h.
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 1 h.
Resolución de problemas: 5 h.
Realización de exames (se fora necesario): 2 h.
Total de horas de traballo persoal: 67,5 h.
Total de horas empregadas polo estudante: 112,5 h.
Para levar ben esta materia débese comprender ben cales son os conceptos verdadeiramente importantes, que deber ser tidos en conta ao preparar a materia, e que ademais serán de gran utilidade noutras materias. A realización das sesión interactivas outra vez en casa pode ser de gran utilidade, e ademais axúdanos a ver como funciona un computador e a rede, ferramentas esenciais para a Epidemioloxía. Para iso están colgadas na rede a través dun curso na plataforma virtual, incluíndo todos os materiais (guías, ficheiros de datos e gráficos) e poden ser utilizados en calquera computador conectado á rede, descargalos etc..
Desde un punto de vista da realización dos boletíns, recoméndase aos estudantes que sexan xeneroso nos seus comentarios, que poden ser de maior valor que a resolución dunha simple análise estatística. É importante que utilicen os coñecementos que teñen e o sentido común para valorar os resultados obtidos nas diferentes probas.
É recomendable ter uns coñecementos básicos de Matemáticas, que se impartiron na educación secundaria previa á entrada na Universidade, e tamén comprender as bases da Estatística, que os estudantes cursarían ao comezo do grao. Así mesmo, serán de gran utilidade un coñecemento xeral de informática, e máis en concreto sobre follas de cálculo, por exemplo Excel ou Calc (maneira de funcionamento, fórmulas...) e uns conceptos básicos sobre o funcionamento de programas estatísticos, como poden ser SPSS, ou calquera outro tipo de programa estatístico comercial (Systat, Stata ...) ou gratuíto, tanto freeware como de código libre, (OpenStat, R, MacAnova...).
Uns coñecementos básicos de inglés tamén favorecen o desenvolvemento desta materia, xa que gran parte da bibliografía non ten tradución ao español.
Ceferino Manuel Lopez Sandez
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822109
- Correo electrónico
- c.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Manuel Diaz Cao
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- josemanueldiaz.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Susana Remesar Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- susana.remesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |