Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Farmacoloxía, Produción Vexetal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia quere proporcionar información suficiente e útil para a identificación e o coñecemento das características das principais especies de plantas vasculares (herbáceas, arbustivas e leñosas) e de fungos que poden ter un uso medicinal ou presentar características antinutritivas para distintas especies animais, con especial referencia ás especies que se atopan en Galicia. Inclúense tamén contidos sobre as posibilidades de uso medicinal de plantas espontáneas e introducidas en Galicia. Estudiaranse factores relacionados coa planta, o clima, o solo, as condicións de cultivo e as técnicas de aproveitamento e conservación (pastoreo, secado, ensilado) que poidan influír na composición das plantas.
PROGRAMA DE DOCENCIA EXPOSITIVA
1. Incidencia da interacción dos animais con plantas e fungos . Circunstancias que favorecen a súa inxesta: factores que dependen da planta ou do animal. 1 h
2. Principais compostos secundarios das plantas. 1 h
3. Características dos ascomicetos e dos basidiomicetos. Principais especies bioactivas. 1 h
4. Principios activos de ascomicetos e basidiomicetos. 1h
5. Fungos filamentosos. Principais especies bioactivas. Incidencia nas plantas cultivadas. 1 h
6. Principios activos en fungos filamentosos. 1h
7. Plantas espontáneas bioactivas I. Incidencia en cultivos forraxeiros. 1 h
8. Principios activos en plantas espontáneas I. 1h
9. Plantas espontáneas bioactivas II. Incidencia en cultivos forraxeiros. 1h
10. Principios activos en plantas espontáneas I. 1h
11. Plantas cultivadas bioactivas para forraxe e grao.1 h
12. Principios activos en plantas cultivadas. 1 h.
13. Árbores, arbustos e herbáceas ornamentais bioactivas. 1 h
14. Principios activos de plantas ornamentais. 1 h.
15. Principios activos de plantas medicinais. 1 h
PROGRAMA DE SEMINARIOS
1. S1-S2. Seminario sobre fungos micotoxixénicos: 2 h
2. S3-S4. Seminario sobre plantas bioactivas: 2 h
3. S5-S6. Seminario sobre plantas medicinais: 2 h
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
1. LB1-LB2. Recoñecemento e identificación dos principais ascomicetos e basidiomicetos bioactivos. Campo: 2 h
2. LB3-LB4. Recoñecemento e identificación de especies espontáneas e cultivadas bioactivas. Campo: 2 h
3. LB5-LB6. Recoñecemento e identificación de leñosas e herbáceas ornamentais bioactivas. Campo: 2 h
Bruneton J. 1999. Pharmacognosy, Phytochemistry and Medicinal Plants. 2ª Edición. Springer.
Debelmas A.M., Delaveau P. 1983. Guide des plantes dangereuses. Ed. Maloine, Paris.
Equipo Susaeta. 2014. Atlas Ilustrado de Plantas Medicinales y Curativas. Ed. Susaeta.
Evans W.C., Trease G.E., Evans D. 2009. Trease and Evans’ Pharmacognosy. 16ª Edición. Saunders Elsevier.
Font i Quer P. 1993. Plantas medicinales: el Dioscórides renovado. Ed. Labor, Barcelona.
Hails M.R. 1986. Plant poisoning in animals. CAB International.
Klingman G.C., Ashton F.M. 1980. Estudio de las plantas nocivas. Principios y prácticas. Ed. Limusa, México.
Thomson W.A. 1980. Guía Práctica Ilustrada de las Plantas Medicinales. Ed. Blume, Barcelona.
Verona P.L. 1984. Planta tossiche e damnose agli animali. Ed. Edagricole, Bolonia.
Villar, D., Ortiz, J.J. 2006. Plantas tóxicas de interés veterinario. Ed. Masson, Elsevier. Barcelona
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
REVISTAS
Journal of Ethopharmacology
Journal of Etnobotany Veterinary
Albeitar
COMPETENCIAS XERAIS
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03 Coñecementos xerais da área de traballo.
GVUSC04 Planificación e xestión do traballo.
GVUSC06 Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09 Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (SABER)
CEDVUSC 11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións no medio.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS
CEAVUSC 01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario/a.
CEAVUSC 04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala de maneira crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de maneira clara, coherente e resumida.
CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Os contidos teóricos desenvolveranse mediante leccións maxistrais de 50 minutos impartidas polo profesor. Durante as clases, ou ó rematar estas, os estudantes poderán facer preguntas da materia explicada. Para facer mais doada a comprensión dos contidos, nas clases utilízaranse apoios visuais: proxección de diapositivas mediante canón e pizarra.
Os contidos prácticos impartiranse en módulos de 20 alumnos/as. Cada clase práctica comezará cunha introdución do profesor e posteriormente os alumnos desenvolverán a práctica coa supervisión e axuda constantes do profesor/a. A duración de cada práctica será de dúas horas. Realizaranse saídas ó campo para a busca e identificación de plantas e fungos bioactivos.
As actividades formativas referidas ó traballo presencial no aula consistirán en 15 horas de docencia expositiva e 15 horas de docencia interactiva, repartidas estas en 6 horas de seminario, 6 horas de prácticas e 3 horas de titorías en pequenos grupos (10 alumnos por grupo).
As prácticas servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o/a estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
Todas as tarefas do/a estudante (traballos, estudo, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
A cualificación de cada estudante farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final presencial ou virtual.
Na avaliación continua valorarase o interese e a participación activa do alumno/a nas clases expositivas e especialmente nas interactivas.
Na avaliación da materia teranse en conta os seguintes aspectos, que contribuirán á nota final:
1. Avaliación continua: 45%
a) Participación e realización de traballos nos seminarios. Contribuirá un 9% á nota final a participación e o traballo realizado en cada seminario de 2 h. Hai tres seminarios, polo tanto estes traballos supoñerán ata un 27% da nota final.
b) Participación e realización de actividades/traballos nas prácticas. Contribuirá un 4% á nota final a participación e a actividade/traballo realizado en cada práctica de 2 h. Hai tres prácticas, polo tanto estas actividades/traballos supoñerán ata un 12% da nota final.
c) Participación nas clases teóricas. Contribuirá ata un 6% á nota final.
A nota mínima para superar esta avaliación continua será de 2 puntos dun total de 4,5.
2. Exame escrito teórico: 55%
O exame será escrito (preguntas test e/ou preguntas curtas e/ou tema), ou ben oral se se estima necesario, e sobre os contidos das clases expositivas. Valorarase sobre 10 puntos e a nota mínima para superalo será de 5 puntos.
Se o/a alumno/a non alcanza o mínimo esixido tanto no exame escrito teórico (5/10) como na avaliación continua (2/4,5), iso implicará a non superación da materia na correspondente convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
As clases expositivas, seminarios e prácticas só se imparten durante o período lectivo. Por tanto, se non se alcanza o mínimo esixido na avaliación continua durante este período, non se poderá superar a materia nin na primeira nin na segunda oportunidade.
Non se conservan avaliacións dun curso para outro.
Non procede a dispensa de asistencia a clases.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA Horas
Clases maxistrais 15
Prácticas de laboratorio 6
Prácticas de seminario 6
Tutorías en pequenos grupos
ou individuais 3
Total
horas de trabajo presencial 30
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE Horas
Estudio individual 22,5
Elaboración de traballos 13
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. 5
Resolución de casos/problemas 2
Presentacións orais 0,5
Realización de exames 2
Total horas de traballo persoal do/a estudante 45
TOTAL HORAS DO/A ESTUDANTE 75
A principal recomendación é a asistencia ás clases teóricas e prácticas, o cal vai permitir a avaliación continuada do alumno/a e facilitarlle moito a fixación dos conceptos expostos e a súa aplicación práctica inmediata, non sendo precisa a súa memorización.
Rosa Romero Franco
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- rosa.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Miguel Botana Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822233
- Correo electrónico
- luis.botana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mª Carmen Louzao Ojeda
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.louzao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amparo Alfonso Rancaño
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- amparo.alfonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jesus Sainz Oses
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mj.sainz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Aresa-2 |
29.11.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Seminarios da materia |