Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 298.35 Horas de Titorías: 1.25 Clase Interactiva: 0.4 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Fundamentos da Análise Económica, Organización de Empresas e Comercialización, Electrónica e Computación, Dereito Común, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa, Historia, Economía Aplicada, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Dereito Administrativo, Fundamentos de Análise Económica, Organización de Empresas, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Dereito Civil, Socioloxía, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Financeiro e Tributario, Dereito Mercantil, Historia Contemporánea, Economía Aplicada, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento dun entorno de traballo e a adquisición de experiencia relativa ao contacto con clientes, compañeiros/-as, dunha entidade ou organización.
O estudante deberá realizar prácticas externas de carácter optativo cunha asignación de 12 créditos. En función do perfil do alumnado e dos seus intereses particulares, se lle asignará unha entidade na que realizar as prácticas entre as distintas empresas, institucións e organismos cos que o centro ten convenio. Os estudantes, en coordinación cos correspondentes titores/-as de prácticas do Grao e da empresa ou institución que se lle asigne, realizarán aquelas labores que a entidade determine dentro do marco das competencias xerais e específicas que lles corresponden.
BÁSICAS E XERAIS
Aprender autonomamente.
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos.
Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
Expoñer e defender adecuadamente, de forma oral e/ou escrita, asuntos ou temas de carácter xeral ou relacionados coa súa especialidade.
Traballar individualmente e en equipo.
Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
ESPECÍFICAS
Coñecer, comprender e aplicar as normas xurídicas básicas, públicas e privadas, necesarias para o adecuado desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais laborais.
Coñecer, discriminar e ser capaz de aplicar as normas laborais e de Seguridade social vixentes como base para poder asesorar e xestionar en materia de emprego, seguridade social e protección social complementaria.
Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos.
Analizar e aplicar as normas laborais e da Seguridade social necesarias para actuar como mediador ou árbitro nos conflitos laborais, tanto individuais como colectivos, ou para ditar laudos en procesos electorais.
Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesarios para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
Realización das prácticas titorizadas nunha empresa.
A avaliación das prácticas externas se fará a partir de:
– Informe do/a titor/a externo/a.
– Informe do/a profesor/a titor/a.
– Memoria de prácticas.
– A Comisión de Calidade do Centro supervisará en todo momento o adecuado funcionamento do programa de prácticas.
Esta materia non é susceptible de dispensa de asistencia a clase.
Desempeño en ambiente real de traballo: 300 horas.