Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONCEPTUAIS (saber):
- Comprender as posibilidades da linguaxe corporal e das habilidades motrices como medio na Educación Primaria.
- Coñecer os compoñentes do movemento expresivo, as fases do ensino e as técnicas específicas para educar en primaria por medio da expresión corporal.
- Distinguir as habilidades motrices básicas, xenéricas e específicas, así como a progresión adecuada do proceso para o seu ensino-aprendizaxe-avaliación.
- Identificar no currículo os obxectivos, contidos e estándares de aprendizaxe relacionados coa expresión corporal e as habilidades motrices.
PROCEDIMENTAIS (saber facer):
- Planificar, deseñar, aplicar e avaliar propostas didácticas de expresión corporal e habilidades motrices na Educación Primaria tomando como referencia o currículo vixente e adaptándoas a un contexto específico.
- Ser capaz de manexar e adaptar as variables do proceso de ensino-aprendizaxe-avaliación tales como o espazo, os materiais, as interrelacións, os instrumentos, o tempo, os recursos, as fases, as tarefas, as estratexias e os métodos de ensino na Educación Primaria.
- Reflexionar, interpretar e extraer conclusións a partir da propia experimentación nas clases interactivas da materia.
- Manexar con actitude crítica e reflexiva as fontes documentais propias da materia, empregando con rigor académico a información extraída.
ACTITUDINAIS (saber ser):
- Valorar, a partir da vivencia na primeira persoa, as posibilidades educativas da linguaxe corporal e das habilidades motrices no desenvolvemento de todas as dimensións do ser humano, así como a súa inclusión na Educación Primaria de forma planificada e intencional.
- Mostrar interese por mellorar nas competencias relacionados co proceso de ensino-aprendizaxe-avaliación da expresión corporal e as habilidades motrices na Educación Primaria.
Bloque I: A EXPRESIÓN CORPORAL.
- Conceptualización da Expresión Corporal.
- A linguaxe corporal.
- Os compoñentes do movemento expresivo.
- Fases do ensino da Expresión Corporal.
- Principais técnicas da Expresión Corporal.
Bloque II: DAS HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS ÁS HABILIDADES XIMNÁSTICAS E ACROBÁTICAS.
- Conceptualización das Habilidades Motrices.
- As Habilidades Motrices Básicas.
- As Habilidades Ximnásticas.
- O Acrosport.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Batalla, A. (2000). Habilidades motrices. Inde.
Canales, I. (2006). Consecuencias pedagógicas de la mirada y el tacto en la expresión corporal (Tesis doctoral). Universidad de Lleida, Lleida.
Estapé, E., López, M., e Grande, I. (1999). Las habilidades gimnásticas y acrobáticas en el ámbito educativo. Inde.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Canales, I. (2010). La desinhibición de la expresión corporal : una propuesta didáctica. Wanceulen.
Castañer, M. (2000). Expresión corporal y danza. Inde.
Díaz, J. (1999). La enseñanza y aprendizaje de las habilidades y destrezas motrices básicas. Inde.
Fernández, E. (2002). Las tareas motrices como instrumento de la enseñanza de la educación física. En E. Fernández, J. A. Cecchini e M. L. Zagalaz (Eds.) Didáctica de la Educación Física en la Educación Primaria (pp.119-146). Síntesis.
Fernández- Río, F. (2000). La metodología cooperativa como herramienta para la enseñanza de las habilidades motrices básicas en educación física. Tándem, 1, 107-117.
García Ruso, H. M. (1997). La danza en la escuela. Inde.
Learreta, B., Sierra, M. A., e Ruano, K. (2005). Los contenidos de la Expresión Corporal. Inde.
Manrique, J. C., Vacas, R. e Gonzalo, L. (2011). Las habilidades físicas básicas: una buena oportunidad para la cooperación. Miño y Dávila.
Ortiz Camacho, M. M. (2002). Expresión Corporal. Una propuesta didáctica para el profesorado de Educación Física. Grupo Editorial Universitario.
Sierra, M. A. (2002). La expresión corporal desde la perspectiva del alumnado de Educación Física (Tesis doctoral). Universidad Complutense de Madrid, Madrid.
Schinca, M. (2002). Expresión corporal. Técnica y expresión del movimiento. Cisspraxis.
Stokoe, P. (1986). Expresión corporal. Guía didáctica para el docente. Ricordi.
Ureña, N., Ureña, F. e Alarcón, F. (2008). Una propuesta de evaluación para las habilidades motrices básicas en Educación Primaria a través de un juego popular: la oca. Retos. Nuevas tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 14, 35-43.
Ureña, N., Ureña, F., Velandrino, A. e Alarcón, F. (2006). Las habilidades motrices básicas en Primaria. Diseño de un programa de intervención. Inde.
Fernández, E., Gardoqui, M. L. e Sánchez, F. (1999). Evaluación de las habilidades motrices básicas. Inde.
Motos, T., e García-Aranda, L. (2007). Práctica de la expresión corporal. Ñaque editora.
Vernetta, M., López, J., e Panadero, F. (2007). El acrosport en la escuela. Inde.
REVISTAS DE CONSULTA
Apunts: Educación Física y Deportes.
http://www.revista-apunts.com/es/
Revista de Educación Física: Renovar la Teoría y la Práctica.
https://g-se.com/es/journals/revistaeducacionfisica/revista.
Tándem. Didáctica de la Educación física. Barcelona: Graó.
http://tandem.grao.com
BÁSICAS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
XERAIS
G2- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G5- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
TRANSVERSAIS
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E58- Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende a educación física.
E59- Coñecer o currículo escolar da educación física.
E60- Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida nas actividades deportivas dentro e fóra da escola.
A materia desenvolverase a través de clases expositivas, interactivas e titorías seguindo as directrices do Espazo Europeo de Educación Superior e as da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.
As clases expositivas estarán orientadas cara o proceso de ensino aprendizaxe dos contidos teórico-prácticos da materia. Para elo haberá espazos dedicados á transmisión de conceptos, aplicacións prácticas e experiencias por parte do docente coa intención de suscitar interese sobre a materia no alumnado. Nas clases expositivas tamén se outorgará prioridade á participación do alumnado en actividades formativas, foros de discusión, debates, visualización de materiais audiovisuais, role playing e aquelas metodoloxías que reforcen a aprendizaxe.
As sesións interactivas realizaranse no pavillón da Facultade. Nestas clases buscarase a experimentación dende dúas perspectivas, a do alumno/a que recibe vivencias prácticas simuladas para traballar as habilidades motrices e expresivas, e a do educador que estimula a motricidade dos alumnos nesta etapa. Deste modo buscarase a adquisición das competencias, habilidades e destrezas necesarias para o desenvolvemento das habilidades motrices e expresivas cos nenos e nenas dende a reflexión crítica, análise e vivencia propia. Outro rol que asumirá o alumnado durante as prácticas será o de observador/a-avaliador/a coa finalidade de acadar melloras na capacidade para analizar, valorar e avaliar as actuacións dos seus compañeiros/as, as de outros profesionais e as súas propias nun contexto específico de ensino-aprendizaxe.
A misión das titorías será a de completar a formación das clases expositivas e interactivas, explicar os traballos a realizar e orientar as tarefas non presenciais que se requiren para superar a materia como a procura selectiva de información, estudo, realización de traballos, casos prácticos, etc.
En todas as sesións buscarase a participación activa do alumnado, dirixíndolle en todo momento cara unha interiorización propia froito da reflexión constante e crítica sobre as actividades que se realizarán.
Ademais, contémplase tamén a realización de saídas de campo que complementen o labor realizado na aula e posibiliten aproximacións innovadoras aos contidos así como un maior profundidade no seu tratamento.
Por último, contémplase o uso, según necesidade, das plataformas tecnolóxicas institucionais (correo electrónico, aula virtual da materia e Microsoft Teams) como recursos para a difusión dos materiais, realización e/ou entrega de tarefas e, en xeral, facilitar a comunicación e un mellor aproveitamento da materia.
A avaliación será levada a cabo atendendo aos seguintes apartados:
1) Participación nas sesións interactivas: 30% da nota final. As posibilidades que se contemplan neste apartado son:
Entre o 80 e 100 % de participación: O alumnado recibe unha cualificación máxima de 3 (sobre 10) na nota final ou a parte proporcional segundo a súa porcentaxe de asistencia.
Entre o 50 e 80 % de participación: O alumnado non recibe cualificación neste apartado.
Entre o 0 e 50 % de participación: O alumnado nesta situación non poderá superar a materia na primeira oportunidade.
2) Probas específicas: 40% da nota final. Realizarase unha proba no momento e lugar establecidos no calendario oficial de exames que constituirá o opción de avaliación por defecto neste apartado. Tamén se contempla, como alternativa voluntaria para o alumnado asistente e en substitución da opción por defecto, a posibilidade de unha ou varias probas ao longo do semestre.
3) Informes escritos e outras producións: 20% da nota final. Consistirá nun ou varios traballos sobre as competencias que se indican no programa e dos que pode requerirse tanto a elaboración grupal como a presentación pública. Proporcionaranse os detalles concretos na guía docente que se facilitará ao comezo do curso.
4) Presentacións orais: 10% da nota final
Para aprobar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto no apartado 2 coma no apartado 3.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non superase a materia na primeira instancia poderá facelo dentro da mesma convocatoria nunha segunda oportunidade. Na mesma, deberá realizar a proba específica e/ou a entrega do ou dos informes ou outras producións que non tivera superado na primeira oportunidade. Así mesmo manteranse as cualificacións obtidas nos apartados de avaliación superados na primeira oportunidade.Na segunda oportunidade, os apartados de participación e presentación oral non poderán ser subsanados polo que a máxima cualificación que poderá obterse se non se superaron en primeira oportunidade será a que corresponda ao peso conxunto dos apartados 2 e 3.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado con dispensa de asistencia, deberá contactar co docente na mesma semana na que se solicita para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO
O alumnado con algunha diversidade funcional e que requira de adaptacións ou apoio para seguir o desenvolvemento normal da materia deberá acudir ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU), e, inmediatamente despois, falar co docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, de ser preciso, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
112.5 horas totais (38.5 presenciais e 74 de traballo autónomo), que se reparten da seguinte maneira:
- Actividades expositivas en grupo grande: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Titorías en pequeno grupo: 2.5 horas presenciais e 13 de traballo autónomo.
- Ler a guía docente proporcionada ó principio do curso. Consultar o que non se entenda.
- Coñecer os obxectivos, contidos, metodoloxía, modalidades de avaliación (requisitos, traballos, actividades, exames...) e cualificación (porcentaxes) da materia.
- Anotar as datas de entrega dos traballos e exame.
- Entregar todos os documentos solicitados polo docente no prazo indicado, revisando a súa caligrafía, ortografía e gramática.
- Participar de forma activa, construtiva e constante. A asistencia por si mesma non produce aprendizaxe.
- Consultar o campus virtual diariamente.
- Utilizar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
A USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. As adaptacións desta norma xeral ós casos específicos exporase na guía docente da materia, pero sempre buscarase garantir a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.
En tales circunstancias, o alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas establecidas de entrega de traballos, sendo tamén recomendable que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o adecuado progreso na materia e a superación dos obxectivos de aprendizaxe.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por necesidades de docencia o presente programa poderá ser modificado antes do comezo da impartición da materia, comunicando ditas modificacións ao alumnado por medio da guía docente que se lles proporcionará.
Así mesmo, para que a materia contribúa a unha maior sostibilidade, igualdade de xénero e protección das persoas adoptaranse as seguintes medidas:
1) Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2) Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
3) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
5) Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
6) Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
7) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Joaquín Lago Ballesteros
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821023
- Correo electrónico
- joaquin.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor