Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura, Socioloxía
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais
- Achegar ao futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria unha temática fundamental no eido educativo, a das relacións de xénero e os procesos de construción-aprendizaxe social da identidade feminina e masculina.
- Formar e fomentar no futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria habilidades sociopedagóxicas e prácticas coeducativas que xeren actitudes críticas ante o sexismo e, por tanto, cara á consecución da igualdade entre xéneros.
-Adquirir os coñecementos básicos sobre cómo se reflicten os roles de xénero nos textos empregados nas aulas (sexan estes materiais escolares de apoio á docencia ou pertenzan á literatura infantil).
- Coñecer os materiais textuais fundamentais para levar a cabo unha práctica docente que fomente a educación dende todos os ámbitos.
-Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua castelá e galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Obxectivos específicos
Conceptuais (saber)
- Coñecer e saber recoñecer os principais elementos e as ferramentas fundamentais que interveñen na construción social das identidades de xénero no eido educativo, en xeral, e no académico-escolar, en particular.
- Analizar e avaliar a incidencia do xénero nos procesos de socialización nos seus diferentes ámbitos, e na construción da identidade persoal e social dos nenos coa finalidade de favorecer a superación dos estereotipos de xénero tradicionais.
- Recoñecer a literatura como instrumento de socialiación que inflúe na conformación das identidades de xénero e contar coas ferramentas de análise adecuadas para enfrontarse a ela dende unha perspectiva crítica e construtiva.
- Desenvolver e adquirir as competencias precisas para o estudo e elaboración de materiais didácticos e programación de prácticas docentes coeducativas, susceptíbeis de seren integradas na aula.
Procedimentais (saber facer)
- Reflexionar e saber transmitir o poder da educación como elemento artellador de aprendizaxes orientados a amosar os/as nenos/as xeitos e modelos de entender as identidades de xénero cara a igualdade.
- Sementar e saber desenvolver no ámbito educativo-escolar prácticas que fornezan actitudes críticas ante o sexismo e a desigualdade de xénero, e acción formativas cara á concienciación, á sensibilización e o compromiso coa igualdade sociocultural.
- Analizar, avaliar e xulgar críticamente textos literarios dende a perspectiva sociolóxica, coa finalidade de valorar qué identidades e roles de xénero se poñen de manifesto nos mesmos.
- Desenvolver experiencias que posibiliten a avaliación e selección de textos coeducativos.
Actitudinais (saber ser)
- Impregnarse, como futuros mestres, dun comportamento comprometido e sensible coas pautas socializadoras xeradoras da igualdade de xénero.
- Ser consciente da influencia da literatura como axente socializador de xénero, especialmente en idades temperás, onde as personalidades se están a conformar.
- Percibir a necesidade dunha formación contínua que permita afrontar e adaptarse ás esixencias dunha práctica docente coeducativa, dado que os novos soportes multimedia son tamén unha fonte fundamental de representación de identidades.
1. Introducción: marco conceptual, epistemolóxico e metodolóxico.
- Educación, cultura e sociedade: a socioloxía da educación.
- Socioloxía do xénero: debate entre os constructos sexo-xénero.
- A construción das identidades de xénero: enfoques teóricos.
2. A construción social da identidade de xénero I: aprendizaxe e interiorización de roles no sistema educativo-escolar.
- Evolución histórica: da escola segregada á escola mixta.
- A escola coeducativa: o compromiso coa igualdade.
- Estudios sobre currícula e interacción na aula.
3. A construción social da identidade de xénero II: aprendizaxe e interiorización de roles na cultura de masas.
- Análise de estereotipos-arquetipos socio-culturais de xénero a través da publicidade, prensa, cine, tv, internet e videoxogos.
4. A linguaxe como axente socializador de xénero.
5. Claves para a análise do tratamento do xénero nos textos.
6. Materiais e recursos para o fomento da coeducación dende as aulas.
Bibliografía básica:
Espinosa Bayal, Mª Ángeles: La construcción del género desde el ámbito educativo: una estrategia preventiva. EMAKUNDE (Instituto Vasco de la Mujer).
González, Ana; Lomas, Carlos (2002). Mujer y Educación: educar para la igualdad, educar desde la diferencia. Graó. Barcelona.
Rodríguez Menéndez, Mª Carmen: La construcción del género en los primeros años de la escuela: una mirada desde la perspectiva del profesorado. Revista Iberoamericana de Educación
VV.AA. (2002). Siete llaves para valorar las historias infantiles. Madrid: FGSR.
Bibliografía complementaria
Aguilar, C. (2006). “Género y formación de identidades”, en Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil (CLIJ) 191: 7-15.
Aguirre, Ana (2002): “Orientar para la igualdad, orientar desde la diferencia” en González, Ana; Lomas, Carlos. Mujer y Educación: educar para la igualdad, educar desde la diferencia. Graó. Barcelona. (pp. 183-192).
Acker, Sandra. (1994). Género y educación. Madrid: Editorial Narcea.
Arnot, Madeleine. (2009). Coeducando para una ciudadanía en igualdad. Madrid: Morata.
Butler, Judith (2004). Lenguaje, poder e identidad. Madrid. Síntesis.- (2010). Género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad. Barcelona. Paidós.
Cobo Bedia, Rosa (ed.) (2006). Interculturalidad, feminismo y educación. Madrid. Los libros de la Catarata.
Colomer, Teresa. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil. Madrid: Síntesis.
Davis, Bronwyn. (1994). Sapos y culebras y cuentos feministas. Los niños de preescolar y el género. Madrid: Cátedra/Universtat de Valencia/Instituto de la Mujer.
De Santiago Pérez, Mar (7/3/2017): “El arte de serigrafiar en la mente”. Diario “La Voz de Galicia” (p.12).
García Marín, Jorge (2019). Papá por que non pintas as unllas? Educando (construindo) masculinidades disidentes. Vigo. Galaxia.
García Treviño, M.A. (2001). “Representaciones de género y sexismo en la literatura infantil y juvenil: una mirada”. Textos de Didáctica de la Lengua y la Literatura 28: 23-34.
Lomas, Carlos (2004). Los chicos también lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación. Barcelona: Paidós. VV.AA. (2002).
Moreno Llaneza, Marian (2014). Sexismo y coeducación. https://www.youtube.com/watch?v=MFGQdfijhk8. 21 de enero de 2014.
Moreno Sánchez, Emilia. (Coord.) (2013). La urdimbe sexista: violencia de género en la escuela primaria. Málaga: Ediciones Aljibe.
Pena Presas, Montserrat e Sampedro Martínez, Pilar. (coords.) (2010). Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Igualdade. Outros recursos:
Puigvert, Lidia. e García Lastra, Marta. (Coords.) (2010). Monográfico Género y Educación. En RASE volumen 3, nº 3.
RASE. Revista electrónica de la Asociación de Sociología de la Educación (ASE). http://www.ase.es/rase ASE. Asociación de Sociología de la Educación. http://www.ase.es/ CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas. http://www.cis.es/ Instituto de la Mujer. http://www.inmujer.es/ CIFEX. Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (USC). http://www.usc.es/gl/institutos/cifex/ OIX. Oficina de Igualdade de Xénero (USC). http://www.usc.es/oix
Xerais
CB1. Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respeto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuir á resolución pacífica de conflictos. Estimular e avaliar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal no estudantado.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
Específicas
EC34. Analizar e comprender os aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na constitución da identidade feminina e masculina.
EC35. Analizar e comprender, desde unha perspectiva pedagóxico-crítica con respecto aos procesos primarios e secundarios da socialización e educación humana, as diferenzas en función de xénero.
EC36. Poder desenvolver emprender no campo educativo-escolar accións de cara á transfomación das condicións sociais e socializadoras existentes desde unha perspectiva crítica do xénero e das mulleres.
EC37. Crear activamente condicións educativo-socializadoras igualitarias en función do xénero.
E51. Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
Básicas
B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Nas clases expositivas trataranse os contidos e conceptos máis básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesorado, e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o videofórum, a análise de contos ou outro tipo de material impreso e multimedia, de xeito que se desenvolva a participación activa do alumnado e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias, como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a anáise e a confrontación e respecto ás opinións alleas, ademáis das competencias xa sinaladas para a materia.
No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado ou dirxido polo profesorado. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun traballo de investigación.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de castelán e galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua castelá e galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
É necesario o emprego da aula virtual, na que se facilitarán pautas xerais da materia, indicacións sobre lecturas e programación de tarefas.
Apartado A) Asistencia: ata 1 punto e Participación: ata 1 punto
Total: ata 2 puntos (20%)
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de castelán), as e os estudantes presentarán en castelán tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia na parte da materia na que esta lingua sexa a correspondente co perfil do docente que a imparte. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en castelán. Asemade, en virtude igualmente da participación desta materia no citado proxecto CompetenteS, e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia na parte da materia na que esta lingua sexa a correspondente co perfil do docente que a imparte. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Apartado B) Probas Específicas:
1. Alumnado con dispensa a clase concedida oficialmente por Xunta de Facultade:
Este alumnado deberá realizar un exame ou un traballo final, que será o 100% da cualificación (10 puntos). O traballo incluirá tarefas asociadas coas dúas partes principais da materia (socioloxía e literatura), según as pautas que marquen os docentes.
O exame terá preguntas tanto sobre contidos sociolóxicos relacionados cos procesos de constitución das identidades e roles de xénero feminino e masculino no contexto familiar e escolar, como con contidos relacionados con cuestións de identidade de xénero a través da lingua ou textos literarios.
A documentación necesaria para preparar o exame proporcionarase ao comezo do semestre.
Data de exame: a data oficial aprobada en Xunta de Facultade e publicada na rede.
O alumnado que se atope nesta situación obrigatoriamente ten que contactar cos profesores responsables da materia nos primeiros días de inicio da mesma. É obrigatoria polo menos unha titoría presencial na que se especificarán, entre outros aspectos, as condicións do exame ou do traballo/informe sustitutivos.
2. Alumnado oficialmente considerado "asistente" pero que non asistise nin participase en clase o mínimo obrigatorio e xa que logo sen posibilidade de facer "Presentacións Orais". Este alumnado deberá realizar un exame ou un traballo final. Nos dous casos, contará 6 sobre 10 puntos (pois non obterían cualificación nos demais apartados)
3. Alumnado oficialmente "asistente" que suspendese o "Informe" da materia:
Deberá facer un exame que puntuará sobre 6 (do mesmo xeito que o "Informe"), ou ben reelaborar dito Informe/traballo, correxindo as eivas marcadas polos docentes. Neste caso si se terán en conta as puntuacións obtidas no resto dos apartados.
No caso do alumnado repetidor, estará suxeito aos mesmos criterios e procedemento de avaliación que o resto de alumnado.
Apartado C) Informes e Outras Producións Escritas:
O alumnado "asistente" (mínimo dun 80% de asistencia) NON deberá facer o exame si supera o "Informe" de curso da materia. Este "Informe" contará un 60% da nota. Terá dúas partes (socioloxía/ lingua e textos literarios) e cada parte entregaráselle ao profesor/a correspondente na data indicada. As características e condicións para a realización desta tarefa explicaranse ao comezo do curso.
Apartado D) Presentacións Orais: ata un 20% (máximo 2 puntos)
A avaliación ten en conta a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial terán que respectar o fixado pola Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas expositivas: 18
Horas ineractivas: 18
Horas de titoría: 2.5
Total horas presenciais: 38.5
Os alumnos/as deberán dedicar unhas 75 horas de traballo autónomo para superar a materia.
Aconsellamos:
- A asistencia ás clases e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- As orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
- E dado que a USC é unha universidade presencial, é necesariamente obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Insistimos en que o alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación co profesorado, así como asistir ás titorías. O profesorado da materia poderá establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/a alumno/a, mais sempre que se respecten e se garanten para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade e de igualdade de oportunidades.
O alumnado necesitará un dispositivo móbil (computador portátil ou equivalente) para a realización das distintas actividades de aplicación que se realicen na aula.
Asistencia a clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/dafault/gl/normativa/descagas/normaasist…).
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas e a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesión de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.
Responsabilidade ambiental.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Emprego de grampas en lugar de canutiños. - Impresión en modo “aforro de tinta”.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: Recoméndase o uso de mecanismos que propicien un código non discriminatorio, inclusivo, co manexo de ferramentas tecnolóxicas como as facilitadas pola Oficina de igualdade da USC ( https://www.usc.gal/es/servizos/oix/documentacion.html Documentación - Oficina de Igualdade de Xénero - USC Documentación.
Segundo a temática: Ferramentas informáticas e manuais de linguaxe non sexista. Exeria: Aplicación para unha linguaxe non sexista (en galego); Nomea en Rede (corrector en español); Ferramenta Themis: Corrector de linguaxe sexista (en español); Ferramenta T-inclúe ( analizador de páxinas web); Recompilatorio de recursos web sobre linguaxe non sexista (en español)
Alumnado que precisa apoio EDUCATIVO:
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade co normal seguimento diario da materia, sexa a dita dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación mediante documento expedido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos, e informar o seu caso, ao profesorado correspondente dentro das dúas primeiras semanas do cuadrimestre afectado, para que ambas as partes acorden canto antes o plan de traballo do alumno na materia e, se é o caso, as adaptacións curriculares e/ou de avaliación que fosen relevantes para abordar cada situación particular, para que o alumno en cuestión puidese avanzar na materia indicada.
O proceso de ensino-aprendizaxe é privado. Lémbrase a obrigatoriedade de uso das ferramentas corporativas da USC, así como do correo corporativo como canle de comunicación. Non se pode empregar o teléfono móbil en aula, salvo fins didácticos expresamente sinalados polo docente, e débese respectar a normativa de protección de datos da nosa universidade. Finalmente, os traballos entregaranse por medio da aula virtual.
Javier Lopez Quintans
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821073
- Correo electrónico
- javier.lopez.quintans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Pablo Soto Casas
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- pablosoto.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3