Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia relaciónase coa de “Literatura Infantil e Dramatización”, dado que amplía os coñecementos impartidos nesta ao partir do mundo da lectura e do libro para analizar como a través deles se pode chegar a un coñecemento doutras manifestacións artísticas. Igualmente, está moi vencellada ás outras materias da mención de “Educación Artística”, da cal forma parte, ao compartir con elas o traballo, a reflexión e a práctica a partir da arte na etapa 0-3. Fundamentalmente, nesta materia procúrase que, a partir do coñecemento de certos conceptos e tamén de certas obras de literatura infantil, os e as discentes poidan:
a) Contemplar a literatura infantil como parte dun coontinuum artístico en que unha mesma historia pode ser contada a través de diferentes linguaxes: verbal, plástica, musical ou cinematográfica.
b) Conseguir valorar con ferramentas axeitadas o álbum ilustrado como un obxecto con valor artístico per se que posúe, polo menos, dúas artes que interaccionan entre si, complementándose: a verbal e a visual.
c) Coñecer diferentes recursos para o etapa 0-6 que parten do mundo do libro e que aluden a diferentes manifestacións artísticas.
d) Acadar estratexias para desenvolver cos nenos e nenas diferentes actividades e proxectos que potencien neles o gusto por todas as manifestacións artísticas e que os inicien no seu coñecemento.
e) Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
1. Arte, educación e infancia: as escolas creativas
2. A interartisticidade dende a literatura: proxectos interdisciplinares
3. Relacións entre literatura infantil e ilustración
4. Literatura e cine para a infancia: camiños de ida e volta
5. Literatura Infantil e música: libros musicais e libros-cd
6. Os libros de arte para a infancia
Bibliografía básica:
CAMUÑAS GARCÍA-MIGUEL, A. M. (2017). “El cine en la escuela”. Calanda. Revista didáctica de la acción educativa española en Francia, 12, 17-24. https://shorturl.at/jzFOT
DÍAZ-PLAJA, A. (2002). “Leer palabras, leer imágenes: arte para leer”. En A. Mendoza Fillola (Coord.), La seducción de la lectura en edades tempranas (pp. 219-252). Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
GOMES FRANCO E SILVA, F. (2019). Alfabetizar para ver: la importancia de aprender a leer, comprender y analizar imágenes. Ocnos 18 (vol.3), 48-58. Disponible en: https://revista.uclm.es/index.php/ocnos/article/view/ocnos_2019.18.3.21…
MENDOZA FILLOLA, A., CERRILLO, P. C. (2003). Intertextos: aspectos sobre la recepción del discurso artístico. Cuenca: CEPLI-Universidad de Castilla La Mancha [Disponible en la Biblioteca de la USC como recurso electrónico].
Bibliografía complementaria:
ÁLVAREZ-JUNCO, J. (2016). “Forma y transgresión: el discurso del arte”. Arte, Individuo y Sociedad, 28(1), 91-104. https://doi.org/10.5209/rev_ARIS.2016.v28.n1.47552
ARIZPE, E., STYLES, M. (2004). Lectura de imágenes. Los niños interpretan textos visuales. México: Fondo de Cultura Económica.
COLOMER, T., KOMMERLING, B., SILVA-DÍAZ, C. (2010). Cruce de miradas: nuevas aproximaciones al libro álbum. Barcelona: Banco del Libro-Universidad de Barcelona.
CHAMBERS, A. (2007). Conversaciones: escritos sobre la literatura y los niños. México: Fondo de Cultura Económica.
DURÁN, T. (2009). Álbumes y otras lecturas: análisis de los libros infantiles. Barcelona: Rosa Sensat.
ERRO, A. (2000). “La ilustración en la literatura infantil”. Rilce 16, 501-511.
FRANCO, C., MESÍAS, J.M, AGRA, M.X. (2016). “Dibujando palabras: perspectiva histórica de la ilustración de la literatura infantil y juvenil en Galicia”. Elos 3, 53-76.
FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ-RUIPÉREZ (2009). La música en la literatura infantil y juvenil. Salamanca: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
GARRALÓN, A. (1998). “La ilustración como primera lectura y educación artística”. Educación y biblioteca 86, 22-31.
GIROUX, H. (2001). El ratoncito feroz: Disney o el fin de la inocencia. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
GÓMEZ CARRASCO, C.J. e IZQUIERDO, T. (2015). Experiencias y recursos de innovación en Educación Infantil. Murcia: Editum.
MALLAN, K. E BRADFORD, C. (2011). Contemporary Children’s Literature and Film: Engaging with Teory. London-New York: Palgrave McMillam.
LARA, F., RUÍZ, M. y TARÍN, M. (Coords.). (2019). Cine y Educación. Documento Marco. Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. https://www.academiadecine.com/educacion/
MOCIÑO GONZÁLEZ, I. (coord.) (2019). Libro-obxecto e xénero: Estudos ao redor do libro infantil como artefacto. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
NODELMAN, P. (1988). Words about pictures: the narrative art of children’s picture books. London: University of Georgia Press.
SALISBURY, M. e STYLES, M. (2012). El arte de ilustrar libros infantiles. Concepto y práctica de la narración visual. Barcelona: Blume.
VAN DER LINDEN, S. (2015). Álbum[s]. Barcelona: Ekaré.
VÁZQUEZ, M. (1993). “A ilustración na literatura infantil galega”. Revista Galega de Educación 15, 78-81.
Xerais
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan as singulares necesidades educativas dos e das estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo nos estudantes.
Específicas
E.50. - Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
E.51. - Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
E.55. - Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E.56. - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E.58. - Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística
Básicas
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Transversais
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A materia baséase en estimular a curiosidade cara a diversas manifestacións artísticas partindo da literatura infantil. Por iso, é desexábel que o alumnado que a curse sexa un bo lector e guste de ver, escoitar, analizar e, en definitiva, gozar das diferentes artes. Así, por unha banda, nas sesións teóricas tentarase asentar certos conceptos teóricos e presentar diferentes recursos ás alumnas e aos alumnos, para nas sesións prácticas pór en funcionamento esas estratexias para poder profundar no coñecemento deses recursos e ser quen de elaborar os nosos propios.
Contémplase a participación na aula e o traballo en equipo como elementos fundamentais para desenvolver a parte máis práctica (e tamén a máis intensa) da materia. Igualmente, a docente prevé polo menos unha saída a unha contorna singular de aprendizaxe (pode ser un museo, un espectáculo teatral ou mesmo unha feira de libro infantil) para seguir aprendendo fóra da aula algúns dos contidos, estratexias e recursos amosados nesta.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 10%
- Instrumentos de avaliación: observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación na aula, que se considerará fundamental. Será preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas. O alumnado que teña 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumento de avaliación: exame escrito.
- Orientacións para a avaliación: será obrigatorio para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 30%
- Instrumentos de avaliación: estudos e traballos individuais e/ou en grupo.
- Orientacións para a avaliación: realizaranse tarefas, de diferente extensión, que vencellen as diferentes artes a partir da literatura.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
- Peso na cualificación: 10%
- Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos.
- Orientacións para a avaliación: esixirase competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración na exposición e defensa dos estudos.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación na aula” as súas intervencións en galego.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA. Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
A. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2.5 puntos de 5)
B. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA CONCEDIDA OFICIALMENTE POLA XUNTA DE FACULTADE. Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se lle aplicará.
3. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os/as estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
A. Presentación de traballos e prácticas realizadas ao longo do curso.
B. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
4. ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.
5. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para o seguimento ordinario das aulas, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debe informar á profesora desta situación tan pronto como sexa posible para, se fose preciso, acordar as adaptacións curriculares necesarias. A USC conta ademais co Servizo de Promoción e Integración Universitaria que, despois dunha valoración previa da/o estudante, pode expedir o documento acreditativo.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1.- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2.- A participación activa nas clases e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3.- A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de casos prácticos.
4.- A calidade dos traballos que, aparte dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
5.- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, e na coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6.- O coñecemento e dominio da teoría e métodos da materia e a capacidade para estabelecer relación e incorporar e integrar o coñecemento de outras materias cursadas no grao.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Como consta na memoria da titulación, a presencialidade da materia componse de 38.5 horas, repartidas do seguinte xeito:
Horas expositivas: 18
Horas interactivas: 18
Horas de titoría: 2.5
Ademais, as alumnas e alumnos/as deberán dedicar unhas 75 horas de traballo autónomo para superar a materia e que se repartirán entre o proxecto grupal, algunha lectura específica e a preparación da proba teórica.
Aconsellamos:
- A asistencia ás clases e titorías, xa sexan estas virtuais ou/e presenciais, e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
- Ter en conta as orientacións da profesora canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito .
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que estabelece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes”.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación coa profesora así como asistir ás titorías. A profesora poderá estabelecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/da estudante, mais sempre que se respecten e se garantan para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades.
Responsabilidade medioambiental nos traballos impresos:
• Evitar encadernacións de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que for posíbel, empregar grampas en lugar de encadernación.
• Imprimir a dúas caras na modalidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
• Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Ferramentas virtuais e de comunicación:
• É obrigatorio empregar a conta de correo da universidade (rai).
• É imprescindíbel empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• O teléfono móbil non poderá ser empregado, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Protección de datos:
• Deberá terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, isto é, un proceso de comunicación e intercambio exclusivamente entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
• É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos