Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Coñecer o estado actual da Organización dos centros escolares e a súa incidencia nas Ciencias da Educación e da Pedagoxía. Utilizar con precisión os conceptos e a terminoloxía desta materia.
2.Coñecer a estrutura organizativa e administrativa do Sistema Educativo Español e mesmo, do sistema educativo galego no proceso de reforma marcado pola LODE, LOE, LOMLOE. Tendo en conta as propostas lexislativas do goberno do Estado e as súas consecuencias para Galicia para Educación Infantil.
3.Entender que unha organización escolar é, entrar nas institucións educativas non solo nos elementos estruturais senón tamén nas relacións interpersoais e nas relacións de grupo.
4.Analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, funcionais e persoais que interveñen cara a conquerir unha escola e, polo mesmo unha escolarización mais efectiva.
5.Informar das técnicas de dirección, planificación, organización, xestión e control dos centros educativos para facilitalo traballo dos futuros mestres como profesionais da ensinanza.
6.Motivar ao alumnado cara a profesión docente na Educación Infantil, con actitudes de apoio nos procesos de cambio e reforma. A realidade social non é independente das persoas, atopándose sempre nun proceso de “estarse a facer”, obrigando a un serio esforzo de interpretación e, esixe ademais, atención o sistema relacional sobre o que se constrúe a realidade.
7.- Compartir experiencias docentes con mestres/as en activo para coñecer e experimentar os novos roles organizativo-curriculares que se están a dar na escola de EI na actualidade.
8.- Desenvolver habilidades e actitudes e adquirir coñecementos básicos para participar en procesos colaborativos de traballo en grupo e ser quen de desenvolver un pequeno proxecto de investigación e de recolleita de información, así como saber e poder presentalo diante dos/as compañeiros/as.
1. A escola como organización: Características e dimensións.
2. Marco normativo, estruturas e mecanismos do funcionamento dos centros escolares de educación infantil.
3. Características específicas dos centros de Educación Infantil segundo os ciclos que os integren
4. Proxectos de centro: estructura e procesos.
5. Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
6. Xestión e calidade nos centros de Educación Infantil.
B. BÁSICA:
1. Ameijeiras, R. (2008). Manual de educación infantil: aspectos didácticos y organizativos. Cáceres: Universidad de Extremadura
2. Bondioli, A. e Nigito, G. (2011). El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
3. Canton, I. e Pino, M. (2014). Organización de centros educativos en la sociedad del conocimiento. Madrid. Alianza Editorial
4. Carda, R. e Larrosa, F. (2004). La organización del centro educativo. Manual para maestros. Alicante: Club Universitario.
5. González, M. T. (Coor.)(2003). Organización y Gestión de Centros Escolares. Madrid: Pearson.
6. Madrid, D. y Mayorga, M. J. (2010). Organización del centro de educación infantil nuevos requerimientos en la formación docente de acuerdo al EEES. Málaga: Aljibe.
7. San Fabián, J.L. (2011). El papel de la organización escolar en el cambio educativo: la inercia de lo establecido. Revista de Educación, 356, pp. 41-60
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
Antúnez, S. (1993). Claves para la organización de centros escolares. Barcelona: ICE-HORSORI.
Bernal, J. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza: Mira Editores.
Bolívar, A. (2007). Cómo mejorar los centros educativos. Madrid: Síntesis.
Cano, E. (2003). Organización, calidad y diversidad. Madrid: La Muralla.
Cardona, J. (2001). Elementos de teoría organizativa del centro escolar. Madrid: Sanz y Torres.
Gairín/Darder. Organización y gestión de centros educativos. Praxis. Madrid. 1994.
Gather, M. e Maulini, O. (2010). La organización del trabajo escolar. Una oportunidad para repensar la escuela. Barcelona: GRAÓ.
Gento, S. (2002). Instituciones educativas para la calidad total (configuración de un modelo organizativo). Madrid: La Muralla.
Gomez Dacal, G. (1996). Curso de organización escolar y general. Madrid: Escuela Española.
Ibañez, C. ( 2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula. Madrid: La Muralla.
Jares,S. Aprender a convivir. Xerais. Vigo. 2001.
Lorenzo, M. (Coord) (1997). La organización y gestión del centro educativo: Análisis de Casos Prácticos. Madrid: Universitas.
Martín-Moreno, Q. (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. Madrid: McGraw-Hill.
Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
Moreno, J. M. (Coord) (2004). Organización y gestión de centros educativos. Madrid: UNED.
WEBGRAFIA: Documentos
Claves para la organización de centros. http://www.slideshare.net/Angel0Garcia/6-antunez-la-organizacion-de-cen…
Organización y gestión escolar. http://www.slideshare.net/ozuani/la-organizacion-educativa-y-la-gestion2
Ministerio de Educación (MECD). http://formacionprofesorado.educacion.es/
Ministerio de Educación (MECD). http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/
Asociación Mundial de Educadores Infantiles. http://www.waece.org/index.php
Gestión y planificación Escolar. https://www.youtube.com/watch?v=KKxzYh2mWaw
REVISTAS:
Aula de Infantil. Editorial Graó. Barcelona. http://aulainfantil.grao.com/
Cuadernos de Pedagogía. Wolters Kluver, España. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
Escuela. Wolters Kluver, España. http://www.periodicoescuela.es/content/Inicio.aspx
Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
Competencias xerais
G4. Promover a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promocionalo no alumnado.
G.12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias específicas
E.29.Valorar a importancia do traballo en equipo.
E.30.Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
E.31.Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización
Competencias básicas
Estas competencias son as establecidas polo Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, (MECES).
B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
B.3. Que os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Conocimiento instrumental de las tecnologías de la información y de la comunicación.
A metodoloxía será variada en función do tipo de agrupamento. En todo momento seguirse unha metodoloxía activa e participativa por parte do alumnado. O mestre/a actuará como mediador/a das aprendizaxes, proporcionando os recursos e explicacións necesarias para que o alumno/a alcance os obxectivos e competencias propostos, e sexa quen de traballar os contidos sinalados.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Faranse diferentes agrupacións para realizar traballos en pequenos grupos ou grandes grupos.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso e a través da plataforma virtual.
Seguindo a ficha da materia na Memoria do grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
A. Participación nas actividades da aula (10%).
Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e a boa disposición para a aprendizaxe. Neste apartado tomarase en consideración a participación nas actividades de clase, as entradas propostas nos foros. O alumnado que asista entre un 50% e un 80% das sesión presenciais non acadará puntuación por este apartado de participación no aula.
Instrumentos de avaliación: listados, rexistros de datos de observación do docente, producións individuais, foros...
Indicadores/orientacións para a avaliación: Partirase da consideración de que a asistencia será, como mínimo, do 80%, e controlarase nas sesións presenciais.
B.- Probas específicas (50%).
Neste apartado tomaranse en consideración os resultados dunha proba ao remate do período lectivo dos contidos abordados ao longo do curso.
Instrumento de avaliación: proba específica escrita (probas que constarán de preguntas cortas e/ou comentario crítico sobre un texto).
Indicadores/orientacións para a avaliación: Coñecemento dos contidos básicos. Conexións lóxicas e reflexivas entre os contidos abordados. Corrección e concreción no uso da linguaxe escrita.
C.- Informes e outras producións escritas (30%).
Neste apartado tomaranse en consideración as producións escritas (pequenos traballos de clase, informes, pequenas e breves investigacións de campo...), individuais ou en pequeno grupo, resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e de titorías que se vaian realizando ao longo do curso. O profesor/a da materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos.
Asemade haberá un Porfolio Final de Traballo en Grupo Colaborativo: Proporase un traballo sobre a creación dun porfolio de prácticas obrigatorias e complementarias (ámbalas dúas terán a súa valoración) cun informe final e unha exposición con medios dixitais para que o alumnado teña unha visión xeral do investigado. A data de entrega será no último mes de curso. Concretarase máis ao inicio de curso en canto a características e prazo entrega.
Asemade interactuarase por medio da elaboración dunha parte do traballo de investigación cun informe final e unha exposición cos medios dixitais”.
Instrumento de avaliación: plantillas de avaliación, informes de seguimento, porfolio de actividades, posibles proxectos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Calidade científica das producións; corrección no uso das diferentes linguaxes, actitude e participación no traballo colaborativo, participación en titorías e seminarios concretos. Entrevistas individuais e colectivas previo guión acordado.
D.- Presentacións Orais (10%).
Aqueles traballos que previamente se establezan, exporanse no grupo interactivo ou no gran grupo, en función da natureza e importancia dos mesmos, e da súa importancia de cara ao afondamento en certos contidos dos temas do programa.
Instrumento de avaliación: exposición de lecturas e informes.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Asistencia, participación e actitude axeitada durante as presentacións e exposicións dos distintos grupos. Calidade estética e expositiva nas presentacións. Participación de todo o grupo colaborativo. Breve ficha resumo do traballo e da reflexión do grupo sobre a súa elaboración. Posta en escena das competencias transversais propostas e abordadas na materia.
Alumnado con dispensa:
Debe poñerse en contacto co docente ao inicio de curso.
A.- Probas específicas (50%).
Neste apartado tomaranse en consideración os resultados dunha proba ao final do período lectivo dos contidos abordados ao longo do curso. Instrumento de avaliación: proba específica escrita (probas que constará preguntas curtas e/ou comentario crítico sobre un texto).
Indicadores/orientacións para a avaliación: Coñecemento dos contidos básicos. conexións lóxicas e reflexivas entre os contidos abordados. Corrección e concreción no uso da linguaxe escrita.
B.- Informes e outras producións escritas (50%).
Neste apartado tomaranse en consideración as producións escritas. O alumnado deberá complementar unha serie de prácticas e lecturas. O profesor/a de a materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Ademais, haberá un Proxecto: Propoñerase un traballo de investigación cun informe final e unha exposición con medios dixitais. A data de entrega será no último mes de curso. Concretarase máis ao comezo do curso en canto a características e prazo de entrega.
Instrumento de avaliación: persoais de avaliación, informes de seguimento, porfolio de actividades, posibles proxectos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Calidade científica das producións; corrección no uso das diferentes linguaxes, actitude e participación, participación en titorías e seminarios concretos.
Con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Alumnado asistente: Para aprobar será condición indispensable sacar un 30% en informes e producións escritas, un 15% nas probas específicas (exame) e un 5% na presentación oral. Poderán gardarse as notas obtidas nas distintas partes para a segunda oportunidade, na que poderá presentarse novamente ao exame ou realizar a entrega de informes e outras producións escritas no caso de non superalas en primeira convocatoria. Alumnado non asistente: deberá obter un 25% nos informes e producións escritas (sobre 50%) e un 25% no exame (sobre 50%).
2.- ASISTENCIA.- Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, e deberá implicarse activamente nas actividades que se soliciten. Estas actividades non son recuperables.
3.- ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais ou aquel que solicita a dispensa ou exención.
4. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final en xullo e/ou entregar os traballos (informes e outras producións escritas). Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade. A participación e a presentación oral non poderán recuperarse na convocatoria de xullo polo que a máxima nota é dun 8 se non obtivo unha cualificación anterior nestes apartados.
-É importante ter en conta para a realización dos traballos: orixinalidade, rigor científico, citación bibliográfica, prazos de entrega que poderían ser motivos de anulación dun traballo.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
- Actividades interactivas: 24 h
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
Total: 150 horas
1.Ter cursado previamente as materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil, e Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.
2.A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3.É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
4.Plantexarse un estudo comprensivo e non memorístico da materia
5.Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
-A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Carmen Gomez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU