Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conceptuais:
1. Coñecer, a nivel xeral, os trastornos da linguaxe, a fala e a voz na infancia.
2. Comprender cales son os mecanismos, características e factores determinantes da linguaxe nos trastornos da linguaxe, a fala e a voz na infancia.
3. Identificar os procesos deficitarios nos problemas da linguaxe, a fala e a voz da infancia.
4. Recoñecer as variables individuais, sociais, familiares e contextuais asociadas aos trastornos da linguaxe, a fala e a voz na infancia.
6. Valorar a importancia dos programas de identificación, prevención e estimulación na aula para favorecer o desenvolvemento do alumno na aula de Educación Primaria.
Procedimentais:
1. Valorar os métodos e as actividades para o ensino-aprendizaxe da linguaxe.
2. Coñecer e valorar criticamente os distintos modelos e taxonomías de identificación e clasificación da linguaxe.
3. Coñecer e valorar criticamente os distintos modelos de traballo na linguaxe.
4. Favorecer o desenvolvemento harmónico de habilidades cognitivas e comportamentais no alumno con trastornos do desenvolvemento en Educación Primaria.
5. Fomentar a reflexión e o pensamento crítico.
6. Fomentar a capacidade de traballo cooperativo, xunto co desenvolvemento de habilidades sociais en grupo.
7. Favorecer o desenvolvemento de habilidades argumentativas e de exposición e intervención pública.
8. Fomentar o manexo de recursos bibliográficos, bases de datos, fontes documentais e TICs dentro do marco das competencias informacionais e informáticas.
9. Fomentar o uso e manexo de plataformas de aprendizaxe virtual e das diversas ferramentas informáticas como medio didáctico favorecedor e enriquecedor do proceso de ensino-aprendizaxe.
Actitudinais:
1. Favorecer valores de tolerancia e respecto fronte ás ideas, valores e comportamentos dos demais.
2. Fomentar o desenvolvemento de actitudes democráticas, abertas, flexibles, comunicativas, empáticas e asertivas, dentro da interacción e do traballo en equipo. Actitudes que se precisan na aula de Educación Primaria.
3. Desenvolver o respecto e a tolerancia á riqueza que emana das diferenzas individuais que describen ás persoas.
A materia forma parte da Mención ao Título de "Audición e Linguaxe", ten carácter optativo e consta de 4,5 créditos ECTS. Nela trabállanse os diferentes trastornos da linguaxe, a fala e a voz que poden aparecer na infancia. Ditos trastornos abórdanse dende unha perspectiva psicoeducativa, valorando diferentes aspectos dos mesmos: conceptualiación e sintomatoloxía, etioloxía, tipoloxía do trastorno, etc. De maneira específica, descríbese a linguaxe, as súas dimensións e factores etiolóxicos a partir do estudo da taxonomía xeral dos trastornos da linguaxe, a fala e a voz. Os contidos articúlanse nos seguintes puntos:
1. Introdución xeral sobre a linguaxe e as súas dimensións, e os factores etiolóxicos que poden afectar ao desenvolvemento da linguaxe.
2. Taxonomía xeral dos trastornos da linguaxe, a fala e a voz.
3. Os trastornos e alteracións da linguaxe.
4. Os problemas da fala.
5. Os problemas da voz.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Acosta, V.M. & Moreno, A.M. (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Barcelona: Masson.
Gallardo, J.R. & Gallego, J.L . (1995). Manual de logopedia escolar. Málaga: Aljibe.
Gallego, J.L. (1999). Calidad en la intervención logopédica. Estudio de casos. Málaga: Aljibe.
Gallego, J.L. (Dir.) (2006). Enciclopedia temática de logopedia (Vols. 1 y 2). Málaga: Aljibe.
Mendoza, E. (2001). Trastorno específico del lenguaje (TEL). Madrid: Pirámide.
Moreno, J.M., Suárez, A., Martínez, J.D. & García-Baamonde, M.E. (2004). Retrasos en la adquisición y desarrollo del lenguaje. Estudio de casos. M drid: EOS.
Peña-Casanova, J. (2002). Manual de Logopedia. Barcelona: Masson.
Pons, R.M. & Serrano, J.M . (2007). Manual de logopedia. Murcia: DM.
Puyuelo, M. & Rondal, J.A. (2003). Manual de desarrollo y alteraciones del lenguaje. Barcelona: Masson.
Puyuelo, M. (2005). Casos clínicos en logopedia. Barcelona: Masson.
Rondal, J.A . & Serón, X. (2000). Trastornos del lenguaje. Madrid: Paidós.
Serón, J.M . & Aguilar, M. (1992). Psicopedagogía de la comunicación y el lenguaje. Madrid: EOS.
Sos Abad, A. & Sos Lansac, M.L. (1997). Logopedia práctica. Madrid: Escuela Española.
Villegas, F. (2004). Manual de Logopedia. Evaluación e intervención de las dificultades fonológicas. Madrid: Pirámide.
BiBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Acosta, V.M., Moreno, A., Ramos, V., Quintana, A. & Espino, O. (1996). La evaluación del lenguaje: Teoría y práctica del proceso de evaluación de la conducta lingüística. Málaga: Aljibe.
Belinchón, I., Igoa, J.M. & Riviere, A. (2000). Psicología del lenguaje. Investigación y teoría. Colección Estructuras y procesos. Serie cognitiva. Madrid: Trotta, S.A.
Bruner, J. (1990). El habla del niño. Barcelona: Paidós.
Caplan, D. (1992). Introducción a la neurolingüística y al estudio de los trastornos del lenguaje. Madrid: Visor.
Carreiras, M. (1997). Descubriendo y procesando el lenguaje. Madrid: Cognitiva.
Clemente, A.R. (2000). Desarrollo del lenguaje. Barcelona: Octaedro.
Condemarín, M. (1996). Taller de lenguaje. Módulos para el desarrollo del lenguaje oral y escrito. Madrid: CEPE.
Domínguez, A. (2002). Lenguaje y Psicología. Santa Cruz de Tenerife: Universidad de La Laguna.
Galeote, M. (2002). Adquisición del lenguaje. Madrid: Pirámide.
González, C. (2003). Enseñanza y aprendizaje de la lengua en la escuela infantil. Madrid: Grupo Editorial Universitario.
Ideas Propias Editorial (2004). Estimulación del lenguaje en educación infantil. Vigo: Ideas Propias Ed.
Juárez, A. & Monfort, M. (2001). Algo que decir. Madrid: Entha.
Juárez, A. & Monfort, M . (2002). Estimulación del lenguaje oral. Un modelo interactivo para niños con dificultades. Madrid: Santillana.
Junqué, C., Bruna, O. & Mataró, M. (2004). Neuropsicología del lenguaje: Funcionamiento normal y patológico. Rehabilitación. Barcelona: Elsevier España.
Laffon, B. & Pásaro, E. (2012). Bases congénitas de las alteraciones del lenguaje. Madrid: Bubok Publisher.
López, A. & Encabo, E.C. (2003). El desarrollo de habilidades lingüísticas. Madrid: Grupo Editorial Universitario.
Love, R.J. & Webb, W.G . (1998). Neurología para los especialistas del habla y del lenguaje. (3 ª Edición). Madrid: Panamericana.
Monfort, M. (Ed.). (1995). Enseñar a hablar. IV Simposio de Logopedia. Madrid: CEPE.
Moreno, J.M. & García-Baamonde, M.E. (2005). Guía para la evaluación del lenguaje. Madrid: CCS.
Narbona, J. & Chevrie-Muller, C. (2001). El lenguaje del niño. Barcelona: Masson.
Competencias xerais:
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respeto dos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
Competencias básicas:
B1. Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
E11. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
E50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
E51. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E68. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 6-12 anos.
Competencias transversales:
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación.
T4. Competencia informacional.
A metodoloxía docente atópase en estreita relación cos procesos de ensinanza/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de xeito que conduza á consecución das competencias formuladas para a materia. Para isto, proponse unha metodoloxía activa, que combine as actividades individuais e grupais, e promova a resolución constructiva das dificultades que xurdan na aprendizaxe da materia.
A proposta docente inclúe, por unha banda, clases expositivas e, pola outra, clases interactivas ás que se engaden as titorías.
Nas clases expositivas preséntanse os contidos da materia, proporcionando unha visión roganizada e integrada dos distintos trastornos da linguaxe, a fala e a voz. Empréganse para introducir, fundamentar e desenvolver os aspectos básicos de cada tema a tratar, aportando ao alumnado as bases teóricas para poder interpretar a información a posteriori, na elaboración de traballos tanto teóricos como prácticos.
Nas clases interactivas clarifícanse, dunha maneira práctica e aplicada, cuestións concretas vencelladas aos contidos teóricos estudados, tentando empregar para isto estruturas de aprendizaxe autónomas e cooperativas. Nelas profundízase en contidos específicos, e dótase ao alumno/a das ferramentas necesarias para a realización dun traballo independente. Á súa vez, preténdese fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais, e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Valorarase o rendemento e as aprendizaxe adquiridas a través dunha combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación sumativa. Deste xeito, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe coma o esforzo e progreso durante o desenvolvemento do mesmo, incentivando a reflexión crítica e unha adicación constante á materia ao longo do cuatrimestre. En consonancia cunha visión constructiva do proceso de ensiñanza-aprendizaxe, preténdese que o alumnado demostre un dominio non só declarativo senón tamén procedimental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
Os traballos do alumnado deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A) Avaliación
A avaliación da materia inclúe:
1) PROBAS ESPECÍFICAS (50% da calificación): Un exame –proba obxectiva– (test e/ou preguntas curtas) que avalía os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos como prácticos. Os contidos do exame son os relativos aos aspectos desenvolvidos pola profesora nas clases teóricas así como as lecturas recomendadas. O alumnado debe obter unha calificación mínima, que se fixa en 2,5 puntos, para que se lle sumen o resto de calificacións.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (40% da calificación): Informes, análise de casos, comentarios de texto ou outras producións escritas resultantes, fundamentalmente, do traballo nos seminarios e clases interactivas.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (5% da calificación): os alumnos tenrán que expoñer o traballo grupal recollido no apartado anterior. Avaliarase, principalmente, a presentación, a claridade expositiva, a capacidad de síntese, a coherencia e a organización discursiva.
4) PARTICIPACIÓN NA AULA (5% da calificación): Asistencia e participación activa na clase. Esta puntuación verase mermada gradualmente conforme diminúa a asistencia á clase sen motivo xustificado.
B) Aclaracións sobre a avaliación:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para obter a calificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos de calificación final. Dita puntuación débese obter a partir de un mínimo de 2,5 puntos (sobre 5) no exame. Só cando o exame esté aprobado se sumará el resto das calificacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O número de faltas de asistencia será unha consideración importante para poder superar a materia, de modo que:
- Superar o 20% de faltas sen xustificar conlevará non ser calificado no apartado 4 (participación na aula).
- Superar o 50% de faltas sen xustificar conlevará non ser calificado nos apartados 2, 3 e 4 (informes escritos e outras producións, presentacións orais e participación na aula). A avaliación recaerá exclusivamente sobre o exame que se puntuará sobre un máximo de 7 puntos, situándose o aprobado en 5 puntos.
3. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberá poñerse en contacto coa profesora nas dúas primeras semanas de clase para concretar un Plan alternativo de avaliación que constará de: Exame (5 puntos, que será requisito aprobar para sumar o resto de puntuacións), dossier de actividades prácticas (2,5 puntos) e traballo teórico (2,5 puntos).
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMERA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO): Neste caso respetaranse as puntuacións obtidas -durante el período ordinario- nos apartados 2, 3 e 4 da avaliación. En ningún caso se admitirán traballos a maiores dos realizados no período ordinario.
5. ALUMNADO DE 2ª OU POSTERIORES CONVOCATORIAS: Este alumnado deberá, ao menos, superar as condicións indicadas no apartado 1 das presentes aclaracións sobre la avaliación. Se o alumno ten puntuación/s nos apartados 2, 3 e 4, de convocatorias anteriores manteráselle actualizada dita puntuación.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimiento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido por el servicio acreditado pola USC a estos efectos e informar do seu caso á docente desta materia dentro das dúas primeras semanas del semestre afectado, a fin de que se poida acordar á maior brevidade un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
Estimación de horas para o traballo do alumno:
Actividades presenciais..........Horas..........Traballo persoal do estudante..........Horas
Clases expositivas...................18..............Estudo................................................40
Clases interactivas...................18.............Elaboración de traballos......................30
Titorías.......................................2
Total horas...............................38.............Total horas..........................................70
Recomendacións para o estudo da materia:
1. Ter superada a materia Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, Psicoloxía do desenvolvemento (6-12) e Psicoloxía da Educación, do 1º curso.
2. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase.
3. Interese polo estudo da disciplina en relación coa titulación.
4. Dominio básico da lingua inglesa.
5. Posuír competencias informacionais e informáticas básicas.
6. Realización puntual dos traballos.
7. Seguimento continuado da materia.
8. Busca de claridade e organización dos coñecementos.
Romina Mouriz Corbelle
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- romina.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 21 |
28.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
11.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |