Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
XERAIS
a. Practicar a lectura e a escritura en contextos comunicativos e académicos cotiáns.
b. Formar aos estudantes como futuros profesores para que sexan capaces de ensinar competencias de lectura e escritura na escola primaria.
Ademais, esta materia pretende formar aos estudantes en:
COÑECEMENTO DECLARATIVO
a. Saber ensinar e aprender destrezas de escritura en lingua estranxeira en contextos multilingües.
b. Ser consciente da existencia de situacións multilingües na clase e de cómo éstas inflúen no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas conforme ao Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCER)
c. Dominar os contidos básicos da didáctica das linguas dende unha perspectiva multilingüe.
d. Coñecemento da lingua. estranxeira, especialmente das destrezas oral e escrita en inglés, comezando dende un nivel B1.2 e tentando chegar ó nivel B2.
DESTREZAS E SABER COMO FACER
a. Solucionar os problemas relacionados coa ensinanza-aprendizaxe das destrezas escritas en inglés.
b. Animar aos alumnos a desenrolar as súas destrezas comunicativas na lingua estranxeira.
COMPETENCIA EXISTENCIAL
a. Mostrar unha actitude positiva e respectuosa cara a diversidade lingüística como unha expresión do patrimonio cultural.
b. Valorar a importancia destas actitudes na ensinanza das linguas e as súas culturas.
CONTIDO LINGÜÍSTICO
Ao longo do curso introduciranse e desenvolveranse contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais.
En canto aos contidos conceptuais, desenvolveranse as destrezas receptivas de lectura e escritura tendo en conta a competencia lingüística, sociolingüística e pragmática. Dentro da competencia lingüística, prestarase atención á introdución, revisión e adquisición dun coñecemento máis profundo das estruturas e nocións gramaticais (tempos verbais, oracións de relativo, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.) con vistas a axudar aos alumnos para facer cousas coa lingua utilizando as destrezas escritas (describir e narrar, transmitir información, etc.). Ademais, abordaranse diversos campos semánticos (The power of language, World English, Technology in the Classroom, etc.), así como temas de interese morfolóxico e semántico (por exemplo, clases de palabras, falsos amigos, modismos). A competencia sociolingüística desenvolverase mediante a adquisición de coñecementos sobre diferenzas de rexistro, cortesía, variación estilística e xeográfica, entre outros, así como sobre certas referencias culturais importantes. A competencia pragmática e estratéxica lograrase formando aos alumnos para que sexan capaces de construír, organizar e conectar o discurso escrito e utilizar estratexias adecuadas para mellorar a comunicación en función do contexto e os xéneros (é dicir, narracións, descricións, instrucións).
En canto aos contidos de procedemento, o alumnado desenvolverá habilidades tanto produtivas (escribir) como receptivas (comprensión de lecturas) de forma integrada para alcanzar o nivel esperado de competencia comunicativa.
Por último, en canto aos contidos actitudinais, os estudantes aprenderán a apreciar a diversidade lingüística, a confiar nas súas posibilidades de auto aprendizaxe e a aprender dos seus erros para desenvolver actitudes abertas, colaborativas, e respectuosas sobre a aprendizaxe e o ensino.
CONTIDO DIDÁCTICO
Os estudantes se familiarizaran cos enfoques básicos e metodoloxía para a ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de primaria. Dentro deste marco xeral prestarase especial atención ás destrezas produtivas e receptivas escritas, o manexo da clase, a planificación e avaliación, o uso de materiais didácticos e outros recursos como as TIC.
BIBLIGRAFÍA BÁSICA
Latham, C. et al. (2014). English File. 3rd Edition. Upper-intermediate. Oxford: Oxford University Press.
Berk, Lynn M. 1999. English Syntax: from Word to Discourse. New York: Oxford University Press.
Carstairs-McCarthy, Andrew. 2018. An Introduction to English Morphology.: words and their structures. 2nd Ed. Edinburgh: Edinburgh University Press.
McDonald, Christine. 1992. English Language Project Work: Studies in English Language. Palgrave Macmillan.
Peck, John and Martin Coyle.1999. The Student’s Guide to Writing: Grammar Punctuation and Spelling. Houndmills: Macmillan.
Strunk, William Jr. 2018. The elements of style. 1st Ed. Vancouver: Spectrum Ink Publishing.
Zinsser, William. 2016. On writing well: the classic guide to writing nonfiction, 7th Ed. New York: Harper Perennial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Calhoun, Emily. 1999. Teaching beginning reading and writing with the picture word inductive model. Alexandria, VA: Association for Supervision and Curriculum Development
Clipson-Boyles, Suzi. 1998. Drama in primary English teaching. London: David Fulton Publishers.
Garton, Sue and Fiona Copland, Eds. 2018. The Routledge Handbook of Teaching English to Young Learners. Milton Park, Abingdon, Oxon; New York, NY: Routledge.
Gentry, Richard et al. 2014. Fostering writing in today's classroom. Huntington Beach, California:Shell Education, 2014.
Herschensohn, Julie, and Martha Young-Scholten. Eds. 2013. The Cambridge handbook of second language acquisition Cambridge: Cambridge University Press.
Hinkel, Eli. Ed. 2004. Teaching academic ESL Writing: Practical Techniques in Vocabulary and Grammar. Mahwah, New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates.
Johnson, Jane et al. 2007. Developing Teaching Skills in the Primary School. Maidenhead: McGraw-Hill Education.
Ormiston, Meg, et al. 2018. NOW classrooms, grades K-2: lessons for enhancing teaching and learning through technology. Bloomington, Indiana: Solution Tree Press.
Peck, John and Martin Coyle.1999. The Student’s Guide to Writing: Grammar Punctuation and Spelling. Houndmills: Macmillan.
Ryan, Denise. Ed. 2014. Reading and responding: a guide to literature. Huntington Beach, California: Shell Education.
Williams, Mary. Ed. 2013. Unlocking writing: a guide for teachers. Oxon: Routledge, 2013.
DICIONARIOS E RECURSOS DE GRAMÁTICA INGLESA
dictionary.cambridge.org
www.oed.com
www.oxfordlearnersdictionaries.com
wordreference.com
Alexander, L.G. 1988. Longman English Grammar. London: Longman
---------------. 1990. Longman English Grammar Practice. London: Longman
Close, R.A. 1975. Reference Grammar for Students of English. London: Longman.
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: Oxford University Press
Freeborn, D. 1995. A Course Book in English Grammar. Macmillan.
Hewings, M. 1999. Advanced Grammar in Use. Cambridge: Cambridge University Press
Huddleston, R.D. & Pullum, G. 2002. The Cambridge Grammar of the English Language. Cambridge: Cambridge University Press
Jackson, H. 1990. Grammar and Meaning: A Semantic Approach to English Grammar. London: Longman.
Murphy, R. 1999. Essential Grammar in Use. Cassette set. Cambridge: Cambridge University Press
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use: A Self-Study Reference and Practice book for Intermediate Students of English. 3rd. ed. Cambridge: Cambridge University Press
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: Cambridge University Press
Quirk, R.
XERAIS
G1 - Capacidade para demostrar a adquisición de coñecemento das áreas curriculares, relacións entre elas, criterios de avaliación e didáctica na educación primaria.
G3 - Capacidade para enfrontarse ás situacións multiculturais e multilingües na ensinanza e aprendizaxe de linguas.
G11 - Capacidade para familiarizarse con, seleccionar e utilizar as Tics na clase.
ESPECÍFICAS
E1 - Capacidade de entender os procesos de aprendizaxe na escola primaria no contexto familiar e escolar.
E2 - Capacidade para coñecer as características dos estudantes así como a súa motivación e contexto social.
E52 - Competencia lingüística: Capacidade para a comunicación oral nunha lingua estranxeira.
E53 - Competencia didáctica: Capacidade para desenrolar e avaliar os contidos curriculares usando as técnicas apropiadas, e ao mesmo tempo promover o desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes.
BÁSICAS
B1 - Capacidade para demostrar a adquisición do coñecemento, en particular o que se refire ao campo específico de estudo dos alumnos.
B2 - Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido ao seu campo profesional.
B4 - Capacidade para transmitir información tanto nunha forma especializada como non especializada con vistas a desenrolar argumentos e solucionar problemas.
TRANSVERSAL
T1 - Coñecemento instrumental das linguas estranxeiras.
As sesións de ensino serán en inglés. As actividades levadas a cabo na aula poden ser individuais, ou realizadas en grupos pequenos ou medianos. As clases expositivas dedicaranse a desenvolver as competencias relacionadas co proceso de ensino e aprendizaxe dunha lingua estranxeira na educación primaria, ao prestar atención ás destrezas receptiva e produtiva da lingua escrita.
Por outra banda, o alumnado mellorará a súa competencia comunicativa estudando os aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua inglesa. Isto farase a través de actividades con distintos formatos (“drills”, elección múltiple, verdadeiro-falso, completar espazos en branco, e transformacións, entre outros). As sesións interactivas (para grupos de tamaño mediano) estarán tamén enfocadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, en particular as que se refiren ás destrezas orais, a través de actividades deseñadas para comprobar se o alumnado comprende os textos orais, e a produción a través de debates, “role-plays” ou ditados entre outros. A avaliación individual e de grupo enfocarase a verificar a adquisición tanto da competencia lingüística como didáctica. As titorías (para grupos pequenos ou individuais) serán sesións de seguimento dedicadas a supervisar ao alumnado e a promover a aprendizaxe autónoma.
A avaliación basearase en parte na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre e de acordo cas opcións de avaliación que se enumeran a continuación.
OLLO: En calquera caso, para todas as opcións de avaliación, o alumnado debe aprobar cada unha das seccións enumeradas nestes casos para aprobar esta materia.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN:
(A) Para os estudantes que asisten regularmente a clases:* (Véxase abaixo.)
- Preparación das tarefas en prazo e participación activa na aula: 10%
- Redaccións e outras tarefas ou proxectos asignadas: 40%
- Tests específicos finais (redacción e comprensión da lingua escrita) : 50%
* Débese asistir a un mínimo do 80% das horas de clase. As datas dos “tests” específicos e as presentacións orais anunciarase ao longo do semestre.
(B) Para o alumnado con dispensa legal:** (Véxase abaixo.)
- Participación activa na preparación das tarefas asignadas: 30%
- Test final de redacción: 35 %
- Test final de comprensión da lingua escrita: 35%
** O alumnado con dispensa legal debe contactar o profesor coordinador nas primeiras dúas semanas de clase e mais presentarse os tests finais nas datas acordadas na aula.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. o alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda opción.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCIÓN:
O alumnado que aprobase unha sección do exame de primeira opción, poderá retela para a avaliación de segunda opción, en calquera caso, o sistema de avaliación é o mesmo que na primeira opción.
PARA CURSAR ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite cursar esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua do traballo realizado en clase durante o semestre académico poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver cursar toda a materia.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tal e como figura na Memoria do título, o alumando debe dedicar polo menos 112.5 horas á materia. Este tempo distribuirase do seguinte xeito: 38.5 horas de traballo en clase e 74 horas de traballo fora de clase.
O traballo realizado para esta materia debe levarse a cabo de acordo coas especificacións establecidas polo profesorado. Dado que este curso forma parte da preparación cara ao seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse a tempo.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
REQUISITOS FORMAIS ESPECÍFICOS:
Aínda que non existen requisitos formais específicos para esta materia, o alumnado debe ter consolidado as competencias de un nivel alto intermedio (B1.2) ao inicio da materia. Se alguén non está seguro de ter este nivel, pode poñerse en contacto co profesorado encargado.
Tamén recomendase ter aprobada a materia obrigatoria, “Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: inglés”.
Por outra banda, é necesario que o alumnado teña acceso a un ordenador (ou tablet, smartphone) con audio mais capacidade de vídeo para que poidan acceder á aula virtual, así como para completar as actividades e tarefas asignadas durante o curso académico.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase é obrigatoria; ademais, o alumnado debe ser capaz de facer o traballo desenvolvido nesta materia en por si. Así, o alumnado que non asista a clase deberá entregar o traballo asignado para recibir unha nota de avaliación continua. Para favorecer a avaliación continua, unha certa porcentaxe da nota final reflectirá a asistencia e a participación activa do alumnado en clase. Ademais, farase fincapé no traballo oral realizado ao longo do curso e este traballo oral realízase mellor na aula. En calquera caso, como o alumnado universitario é responsable de preparar o traballo asignado en clase tanto se asiste ou non.
TRABALLO EN CLASE E ESTUDO FORA DA AULA:
A participación activa en clase axudará ao alumnado para mellorar a súa produción lingüística tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe a súa preparación do vocabulario e / ou tarefas asignadas. Ao longo do curso académico pódese asignar traballo escrito para permitir a práctica deste tipo de produción lingüística. Para que esta práctica sexa avaliada, O TRABALLO ESCRITO DEBE ESTAR MECANOGRAFADO, A DOBRE ESPAZO E ENTREGADO EN PRAZO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE enriba no apartado "SISTEMA DE AVALIACIÓN".
Veronika Prokopova
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- veronika.prokopova [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 25 |
26.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
30.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |