Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
SENTIDO DA MATERIA NA MENCIÓN:
Esta materia forma parte da mención de Educación Artística, e para poder obtela, debe cursarse xunto coas outras materias que conforman ese itinerario. A finalidade da mención é reforzar un dos aspectos básicos das mestras e mestres de Educación Infantil: a educación dos sentidos e o desenvolvemento das capacidades estéticas e creativas da infancia, así como da súa capacidade de expresión a través das diferentes linguaxes.
A mención, no seu conxunto, está composta por catro materias optativas, das cales cada estudante deberá escoller ademais desta: Educación estética, Literatura e arte, Debuxo como medio e Proxectos artísticos. Ademais, existen tres materias obrigatorias vinculadas a esta mención: Educación visual e plástica, Música na Educación Infantil e Literatura Infantil.
Esta materia está impartida pola área de Educación Visual e Plástica.
OBXECTIVOS DA MATERIA:
- Comprender a aprendizaxe por proxectos: un proxecto é unha investigación aberta sobre un tema do mundo real próximo á infancia. As nenas e nenos en idade infantil adquiren unha maior comprensión do mundo buscando respostas ás súas preguntas mediante investigacións sensoriais ricas.
- Recoñecer a creación artística como unha metodoloxía indispensable na realización de proxectos, na medida en que: une, de forma indisoluble, teoría e práctica, axudando a interiorizar experiencias, actitudes e conceptos; incide na idea de proceso, é dicir, explora formas de facer abertas, que non buscan un único resultado, senón que son froito da proba, da observación e da experiencia; foxe de respostas establecidas, promovendo procesos persoais de cuestionamento e procura que favorecen a reflexión persoal e o cambio social; permite a experimentación con múltiples materiais, técnicas e linguaxes artísticas; favorece a creación dun imaxinario e dun estilo persoal.
- Deseñar experiencias de aprendizaxe interdisciplinar a partir de metodoloxías propias da creación artística. En primeiro lugar, o profesorado identifica preguntas para a investigación e deseña experiencias que permitan ao alumnado infantil indagar sobre esas cuestións. A continuación, desenvolve proxectos que, partindo destas, incorporen materiais, técnicas e procesos artísticos.
- Documentar os proxectos a través de diferentes medios. Documentar non é só recoller información escrita, senón tamén gravar sons, vídeos, facer fotografías, debuxar, recompilar todo tipo de material gráfico, etc. Documentar é unha maneira de revisar un proceso e de compartilo. Tendo isto en conta, os proxectos desenvólvense e documéntanse dando prioridade ao audiovisual, gráfico, xestual, etc., facendo fincapé na súa importancia como memoria de todo o proceso, e non só dos resultados.
A materia é teórico-práctica, traballando proxectos onde cada alumno leva a cabo un proceso persoal de procura e experimentación. Tendo isto en conta, os principais contidos da materia son:
BLOQUE 1: Proxectos educativos e creación artística
1. A aprendizaxe por proxectos en educación infantil: experiencias educativas innovadoras e problemáticas na súa realización na aula.
2. A creación artística como metodoloxía na aula de infantil: procesos, técnicas e materiais.
BLOQUE 2: "Microproxectos"
3. Deseño e realización dun proxecto interdisciplinar -tomando como referencia o modelo produtivo propio da creación artística- nunha aula de infantil.
4. Documentación de proxectos: referentes e accións de documentación a través de medios gráficos e visuais.
Desglose de contidos:
Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado nunha metodoloxía de proxectos, baseados na creación artística, que valore a diversidade de expresións persoais (o modelo produtivo) fronte á imposición dos diferentes modelos reprodutivos establecidos na escola ou nos medios de comunicación e a cultura de masas.
Procedementais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica cara a súa realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas para planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e individual
1. Bibliografía Básica:
Blanco, V; Cidrás S. (2021) Debuxar o mundo, Vigo: Editorial Galaxia
Chard, S., Kogan, Y., Castillo, C. (2019). El Aprendizaje por Proyectos en Educación Infantil y Primaria, Madrid: Morata
Trueba, B. (2025) El juego revelado, Editorial Octaedro
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxía:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia
Abelleira, A., Abelleira, I. (2019). O latexto dunha aula infantil. Eloxio do cotián. Vigo:Editorial Galaxia
Freinet, C. (2019). As técnicas Freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
Malaguzzi, L. (2005). Los cien lenguajes de la infancia, Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat
2b. Teoría educativa:
Blanco, V., Cidrás, S., Modia, R. (2019). Aprender a través da arte. Cara a unha escola imaxinada. Pontevedra: Kalandraka
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vecchi, V. (2013). Arte y creatividad en Reggio Emilia, Madrid: Morata
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandrakaación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
Competencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás necesidades educativas singulares do alumnado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos.
G4 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente os contextos de aprendizaxe e convivencia, e saber reflexionar sobre eles.
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e promovelos no alumnado.
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa, así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e posúa as competencias que se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos, e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- As titorías realizaranse de xeito presencial.
Esta materia desenvolverase en lingua galega. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A asistencia a clase configúrase como un dereito e un deber do estudantado. O sistema de avaliación establecido nesta materia –de acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado polo Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024)– é o seguinte:
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é obrigatoria para superar a materia. A porcentaxe mínima de presencialidade necesaria para poder presentarse aos exames é do 80 %, o que permite un máximo de tres faltas.
A xustificación das faltas rexirase segundo o disposto no artigo 3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado polo Consello de Goberno con data 25 novembro de 2024.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación será de carácter continuo e terá en conta os seguintes apartados:
a. Participación e implicación na aula: Avaliarase positivamente a asistencia regular, a actitude e a boa disposición para aprender, así como a participación activa e interesada nas actividades da aula. Este apartado poderá supoñer ata un 15 % da cualificación final da materia. Será necesario asistir, como mínimo, ao 80 % das sesións teóricas e/ou prácticas e participar de forma activa e comprometida para acadar a puntuación máxima neste criterio.
b. Portafolios: O portafolios é unha colección de evidencias de diversa natureza que permite tanto ao docente como ao alumnado reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe. Trátase dun instrumento centrado na avaliación dos procesos. O alumnado deberá elaborar un portafolios que recolla todas as producións desenvolvidas ao longo do curso. Este apartado suporá ata un 50 % da cualificación final da materia.
c. Documentación e outras producións: Inclúe os materiais que recollen e desenvolven as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións derivadas da análise realizada. Ao longo do curso, cada alumno/a deberá presentar as súas producións resultantes do traballo realizado nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado proporcionará as instrucións necesarias sobre a forma, contido e prazos de entrega. Este apartado poderá supoñer ata un 30 % da cualificación.
d. Presentacións orais: O alumnado deberá realizar, como mínimo, unha presentación oral na que demostre o dominio das competencias adquiridas. Este criterio poderá contar ata un máximo do 5 % da cualificación final.
Criterios xerais de avaliación
Ademais das indicacións concretas que se poidan establecer para cada tarefa, considéranse criterios xerais para avaliar o rendemento académico do alumnado os seguintes:
A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e integralos na formación docente.
A participación activa nas clases, en relación cos contidos do programa, e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
A iniciativa e autonomía na preparación de actividades (informes, traballos, etc.).
CASUÍSTICAS ESPECIFICAS DA AVALICACIÓN
Alumnado con exención de docencia: o alumnado que teña recoñecida a exención de docencia non poderá cursar esta materia
INTEGRIDADE ACADÉMICA:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112 horas, das que 38 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado deste programa sobre recomendacións
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da asignatura para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vicente Blanco Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821030
- Correo electrónico
- vicente.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
22.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
16.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |