Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 598 Clase Interactiva: 2 Total: 600
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Durante o período de Prácticum o alumnado deberá:
• Comprender e analizar criticamente a natureza, características e diferentes dimensións da escola como organización a través do centro concreto de prácticas.
• Elaborar propostas curriculares de aula adaptadas a un grupo de alumnado concreto de Educación Primaria, atendendo ás características do alumnado e o contexto.
• Desempeñarse con autonomía actuando como docente nunha aula de Educación Primaria poñendo en práctica a proposta curricular elaborada.
• Analizar e avaliar a posta en práctica da proposta curricular e planificar cambios para a mellora da aula e o centro.
• Valorar, con sentido crítico, o proceso de aprender a ensinar a partir da experiencia no centro de prácticas.
AULA: PROXECTOS E ACCIÓN DOCENTE DO APRENDIZ DE PROFESOR/A
· Modelos didácticos, e desenvolvemento da docencia polo futuro profesorado de Educación Primaria: desexos e realidades
· Planificación de unidades didácticas e proxectos adaptados ás características do alumnado e o contexto
· Problemas e dilemas na posta en práctica de proxectos, unidades didácticas e actividades polo futuro profesorado de Educación Primaria
PROCESOS DE INNOVACIÓN E MELLORA NA AULA
· Práctica cotiá e innovación e mellora dos procesos de ensino nas aulas de Educación Primaria
· Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado
· Dificultades de ensino de contidos procedementais, actitudinais e conceptuais de diferentes áreas de Educación Primaria, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora
· A mellora da convivencia nas aulas de Educación Primaria
PROCESOS DE INNOVACIÓN E MELLORA NO CENTRO
· Proxectos de Mellora do centro e colaboración do profesorado
· Participación e liderado en procesos de mellora no centro
· Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios
· Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro
· Calidade e escolas de Educación Primaria
PROCESO DE APRENDIZAXE DO ENSINO
· Socialización profesional do futuro profesorado e procesos de mellora de aula e centro
· As relacións aprendiz-titor/a, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora
· A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro
· Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Primaria
· Proxecto de mellora da competencia docente
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bolívar, A. (2005). ¿Dónde situar los esfuerzos de mejora?: Política educativa, escuela y aula. Educ. Soc., Campinas, 26(92), 859-888.
Fuentes-Abeledo, E. J. (2002). La identificación de problemas en la investigación-acción, Padres y Maestros, (272), 33-37.
Marcelo, C., Mayor, C. e Gallego, B. (2010). Innovación educativa en España desde el punto de vista de sus protagonistas. Profesorado. Revista de Currículum y Formación de Profesorado, 14(1), 111-134.
Moreno, M. e Murillo, P. (2010). Innovación educativa en España desde la perspectiva de Grupos de Discusión. Profesorado. Revista de Curriculum y Formación del Profesorado, 14(1), 171-189.
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
Alonso, J. I., Escarbajal, A., e Nortes, R. (2012). Experiencias de innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Universidad de Murcia.
Austin, R. (2009). Deja que el mundo exterior entre en el aula: nuevas formas de enseñar y aprender más allá del aula de Educación Infantil. Ediciones Morata.
Barrio, J. M. (2013). La innovación educativa pendiente: formar personas. Erasmus.
Fernández, E. (2010). Hacia una utilización innovadora de las TIC en Educación Infantil: una propuesta para reconstruir el currículum investigando sobre la propia práctica. UPV.
Fuentes-Abeledo, E. J. (2002). La investigación-acción y el desarrollo profesional del profesorado, (271), 32-37.
García, A., Hernández, F., Miralles, P., e Maquilón, J. J. (Eds.) (2012): Investigación e Innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Monográfico de la Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación do Profesorado, 15(40), 1-206.
Jakku-Shivonene, R., e Niemi, H. (Eds.). (2011). Aprender de Finlandia: la apuesta por un profesorado investigador. Kaleida Forma.
Martínez, P. M., González, M. B. A., e Pérez, R. A. R. (Eds.). (2014). Investigación e innovación en Educación Infantil. Ediciones de la Universidad de Murcia (Editum).
Moreno, M. e Yáñez, J. (2010). Culturas institucionales que facilitan y dificultan la mejora de la escuela. Profesorado. Revista de Curriculum y Formación del Profesorado, 14(1), 93-110.
Saura, Á. (2011). Innovación educativa con TIC en educación artística, plástica y visual: líneas de investigación y estudios de casos. MAD.
Revistas: Infancia, Aula de Primaria, Aula de Innovación Educativa, Cuadernos de Pedagogía, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.
a) Básicas e Xerais
X1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
X4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
X5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
X6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
X7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
X8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
X9 - Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable.
X10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os e as estudantes.
X11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
X12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, se ben se apoia nos libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
b) Transversais
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 - Competencia informacional.
c) Específicas
E.62. - Adquirir un coñecemento práctico de aula e da xestión da mesma.
E.63. - Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E.64. - Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular do ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
E.65. - Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E.66 - Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
E.67 - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E.68 - Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 6-12 anos.
E.69 - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
Tendo en conta a natureza especial da materia, as actividades que se desenvolvan na Facultade irán orientadas nun primeiro momento a predispoñer e asesorar ao alumnado para o período de estadía nos centros e, a posteriori, orientaranse a reflexionar sobre as experiencias vividas e as tarefas realizadas (paralelamente ao desenvolvemento da propia estadía). A metodoloxía docente será, polo tanto, manifestamente interactiva e participativa.
O desenvolvemento da materia integra cinco fases, non necesariamente consecutivas, pero todas elas de ASISTENCIA OBRIGATORIA PARA O ALUMNADO, nas que se realizarán actividades diversificadas e pertinentes a cada momento. Daquela, tocante ao calendario no que se materializará a actividade de Prácticum, procederase do xeito que se indica a continuación:
- FASE DE ORGANIZACIÓN
Antes da incorporación do alumnado aos centros de prácticas dende o Vicedecanato correspondente convocarase ao alumnado, a fin de concretar os termos baixo os que cada estudante realizará a fase de estadía da materia. O alumno ou alumna que non asista a estas xuntanzas ou non cumpra con rigor cos prazos e trámites a realizar nesta fase, decaerá do seu dereito a continuar na materia.
- FASE DE PREPARACIÓN
Constará dunha sesión presencial cos supervisores/as asignados. A sesión poderá ser individual ou grupal para o alumnado que comparte supervisor/a, quen convocará a esas/eses estudantes para os días, horas e aulas que máis lles conveñan ás dúas partes.
- FASE DE ESTADÍA
Período durante o cal o alumnado de Prácticum permanece nos centros colaboradores para desenvolver as súas prácticas académicas.
- FASE DE SEGUIMENTO
Sesión presencial en pequeno ou gran grupo, dirixida polas supervisoras e supervisores correspondentes. A súa temporalidade é simultánea á fase de estadía e os obxectivos son guiar e dinamizar o proceso iniciado e resolver dúbidas e situacións conflitivas que puideran xurdir durante a fase de estadía.
-FASE DE REFLEXIÓN
Sesión presencial en pequeno ou gran grupo, dirixida polas supervisoras e supervisores correspondentes. A súa temporalidade é posterior á fase de estadía e os obxectivos son orientar a análise do proceso de prácticas, estimular a aprendizaxe entre iguais a partir das diversas experiencias vivenciadas e guiar a elaboración dos documentos a entregar para a avaliación.
Tendo en conta os obxectivos, contidos e competencias deste Prácticum, o sistema de avaliación constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
1. A asistencia e participación nas sesións expositivas (presentación da materia, etc.), titorías (e se é o caso, nas sesións de seminario que se organicen polo conxunto do profesorado da materia) e seguimento do desenvolvemento do Prácticum por parte do/a profesor/a supervisor/a, fundamentalmente a través das titorías e do contacto coa institución (10%).
2. A valoración do/a titor/a da institución sobre a/o estudante (40%).
3. Calidade da Memoria e outras producións (“Memoria de Prácticas”) (50%).
É requisito imprescindible para superar a materia o cumprimento dos prazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Prácticum (asistencia ás sesións organizativas do Prácticum fixadas, asistencia ás titorías obrigatorias, desenvolvemento do período na institución nas datas oficiais aprobadas, entrega da Memoria na data fixada), tal e como indica o Regulamento de Prácticas Académicas Externas da Universidade de Santiago de Compostela.
Para superar a materia será imprescindible acadar o 50% da puntuación máxima de cada un dos apartados. A información detallada do peso de cada elemento recollerase na Guía da materia.
2ª OPORTUNIDADE: O alumnado que tendo asistido ás sesións organizativas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu período na institución e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a Memoria na data fixada para a 1ª oportunidade ou estes non se avalíe/n positivamente, poderá entregar a Memoria na data que se fixe para a 2ª oportunidade.
O alumnado que non acade unha valoración positiva nos apartados 1 e 2 do sistema de avaliación non poderá superar a materia neste curso académico (o período na institución non é recuperable dentro do mesmo curso académico).
Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, o alumnado que asistira ás sesións organizativas e titorías obrigatorias, desenvolvera adecuadamente o seu período na institución e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a 1ª e 2ª oportunidade (ou esta non se avalíe positivamente) no seguinte curso académico non terá que volver a desenvolver o seu Prácticum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación deses apartados e tendo só que elaborar a memoria de Prácticum para ser avaliado/a.
EXENTOS/AS E DISPENSAS: Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia nin dispensa.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Ante a súa realización fraudulenta será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
PERÍODO DE ESTADÍA: indicada no calendario oficial.
A seguinte relación de actividades reflicte a distribución de créditos ECTS desta materia establecidos na Memoria Verificada da Titulación:
- Horas de presencialidade na Facultade (sesións de organización, preparación, seguimento e reflexión): 40 horas.
- Horas de estadía no centro de prácticas adscrito: 350 horas.
- Horas de traballo autónomo da/do estudante: 210 horas.
- Horas totais de dedicación á materia: 600 horas.
NOTA ACLARATORIA: Infórmase ao alumnado que o tempo que se recoñece aos/as supervisores/as por cada alumno/a supervisado é de 2 horas.
REQUISITO PREVIO: Para matricularse no Prácticum II será requisito ter superados ao menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os del Prácticum I.
OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
- Ler a guía docente que o profesorado ofrecerá a inicios de semestre. Nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, nomeadamente os relativos a actividades de aprendizaxe e instrumentos e criterios de avaliación.
- Visita e consulta da Aula Virtual da materia, na que se establecerán as novas, informacións, documentación e outras cuestións pertinentes para a materia, así como a páxina web da facultade no relativo ás prácticas.
- Participar activamente en todas as sesións presenciais da materia na Facultade, así como asistir con boa disposición ao centro de prácticas todos os días da fase de estadía. As prácticas desenvólvense nun contexto laboral onde é preciso comportarse axeitadamente, mostrar espírito de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que acontece, e rigor e compromiso.
- É importante recordar que non se poden realizar fotografías dos alumnos/as dos centros sen previo permiso do centro. Ademais está totalmente prohibido publicar información en calquera soporte de menores ou do centro máis alá da Memoria de Prácticas (por exemplo, en redes sociais).
- Tal e como se indica no Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela o alumnado deberá ter en conta as obrigas e recomendacións do plan de estudos en relación coa organización temporal dos estudos e a realización das prácticas externas. Ademais, é requisito fundamental non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada na que se van realizar as prácticas.
- Os contidos deste programa respecto destes aspectos así como doutros fundamentais e de obrigado cumprimento concrétanse na Guía docente, en consonancia co resto da normativa correspondente.
É obrigatorio realizar a estancia de Prácticum no período establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade e pola Comisión de Coordinación do Prácticum.
No caso de estar cursando a mención, ao longo do Prácticum II o alumnado deberá realizar un proxecto de traballo vinculado á mención, ao que se outorga un valor de 6 créditos do total de 24 que comprende este Prácticum.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- A entrega da memoria e proxecto de intervención realizarase exclusivamente a través do Campus Virtual, nunha tarefa habilitada a tal efecto.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo institucional rai como medio de comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor, as coordinacións, etc.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos