Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 217 Horas de Titorías: 6 Clase Interactiva: 2 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Filosofía e Antropoloxía, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía, Lingüística Xeral, Antropoloxía Social, Filosofía, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo Fin de Grao ten como obxectivo a acreditación por parte do alumno dos coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nalgúns dos ámbitos de intervención do Mestre que se detallan máis abaixo.
A través do desenvolvemento do TFG o alumno logrará:
1. Integrar coñecemento teórico e práctico referido á realidade educativa de aula e centro.
2. Demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional.
3. Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal, que inclúe:
a) Delimitar o tema;
b) Formular obxectivos;
c) Seleccionar información;
d) Analizar e tratar a información;
e) Elaborar conclusións e propostas de traballo;
f) Prever instrumentos de validación.
O traballo Fin de Grao consistirá na elaboración, por parte do/a alumno/a, dun traballo no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos de Mestre ou Mestra de Educación Infantil.
Este traballo ten un carácter individual e versará sobre contidos relacionados coas funcións profesionais do mestre ou mestra de Educación Infantil.
Os contidos temáticos sobre os que versará o TFG serán os mesmos do Grao, que de forma global e poden expresar nos seguintes epígrafes:
1. Sociedade e educación
2. O mestre ou a mestra de Educación Infantil
3. O suxeito da educación
4. A escola de Educación Infantil: organización e modelos curriculares
5. A construción das aprendizaxes nas diferentes áreas:
a. Aprendizaxe de linguas
b. Aprendizaxe da matemática
c. Coñecemento do medio
d. Aprendizaxe da música
e. Aprendizaxe da plástica
f. Aprendizaxe da motricidade
Inclúe tamén contidos procedimentais para a realización dos estudos que serán obxecto deste TFG e para a súa presentación escrita e oral.
A bibliografía será orientada polo titor ou titora do traballo.
En xeral constará de documentos que se refiren a:
- un tema relacionado coa profesión de mestre ou mestra de Educación Infantil.
- métodos, procedementos e técnicas de investigación.
- orientación sobre a redacción e presentación de traballos académicos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Boeglin, M. (2007). Leer y redactar en la universidad: del caos de las ideas al texto estructurado. MAD.
Castello, M. (Coord.) (2007). Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos: conocimientos y estrategias. Graó.
Creme, P. (2000). Escribir en la universidad. Gedisa.
García Sanz, M. P. y Martínez Clares, P. (Coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y fin de máster. Universidad de Murcia.
Vicente, L. (2008). Los caminos del trabajo intelectual: una guía para jóvenes trabajadores intelectuales. Netbiblo, D.L.
Vivanco, V. (2008). El don de la escritura: comunicar con estilo profesional. Paraninfo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Boeglin, M. (2007). Leer y redactar en la universidad: del caos de las ideas al texto estructurado. MAD.
Castello, M. (Coord.) (2007). Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos: conocimientos y estrategias. Graó.
García Sanz, M. P. y Martínez Clares, P. (Coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y fin de máster. Universidad de Murcia.
Vicente, L. (2008). Los caminos del trabajo intelectual: una guía para jóvenes trabajadores intelectuales. Netbiblo, D.L.
Vivanco, V. (2008). El don de la escritura: comunicar con estilo profesional. Paraninfo.
Competencias da Memoria Verificada do título:
O Traballo Fin de Grao implica a todas as competencias da Memoria Verificada da titulación. Dada a súa extensión, atópanse accesibles no seguinte enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2020-10/memoria-gr…
Competencias establecidas na ORDEN ECI/3854/2007 que regula a profesión de Mestre de Educación Infantil:
E.59. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
E.60. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E.61. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.
E.62. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E.63. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
E.64. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E.65. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
E.66. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
Outras competencias que se desenvolverán e se avaliarán a través da realización deste traballo Fin de Grao:
• Capacidade de autoorganización na planificación e desenvolvemento do labor investigador e/ou profesional tomando iniciativas e implicándose activamente na resolución de problemas.
• Capacidade de autonomía na procura, selección e tratamento de información relevante para o obxectivo do traballo proposto.
• Capacidade de aplicación integrada dos coñecementos e habilidades adquiridos ao longo do grao.
• Capacidade de sistematización e presentación de información de xeito organizado e correcta desde o punto de vista académico e profesional, empregando diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
• Capacidade de reflexión e reformulación sobre o traballo desenvolvido, incorporando unha actitude autocrítica construtiva sobre o mesmo.
• Capacidade de comunicación da proposta utilizando recursos expresivos e argumentativos.
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun titor ou titora que oriente e asista ao/á estudante.
O/a titor/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que establecerá a
programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á
estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da
consecución dos obxectivos propostos; e de emitir un informe do TFG que teña tutelado. A Comisión Académica
poderá, excepcionalmente e de forma motivada, nomear un/ha cotitor/a coas funcións que lles
asigne.
O titor ou titora será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación ou téñaa impartida nos dous cursos anteriores.
Excepcionalmente tamén poderán ser cotitores profesores da USC que se atopen nas situacións
indicadas no artigo 5 da Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos TFG na USC.
Os traballos poderán desenvolverse parcialmente no marco de convenios con empresas ou
institucións. Neses casos a matrícula realizarase na USC pero poderá designarse un cotitor que
poderá ser persoal da institución na que se desenvolva o traballo. En todo caso a defensa e
avaliación dos traballos deberá realizarse na USC.
Solicitude de titor/a:
O alumnado matriculado no TFG cubrirá unha solicitude de asignación de titor/a do ordenando as súas preferencias unha vez consultada a relación de temas presentados por cada profesor/a.
O formulario entregarase na Secretaría da Facultade nos prazos fixados a tal fin pola Comisión Académica en cada período de matrícula ordinaria.
Criterios de asignación: tendo en conta como criterio as preferencias expresadas na solicitude e tomando como criterio selectivo o expediente académico do/a alumno/a.
Realizada a asignación cada estudante deberá contactar co/a titor/a a fin de
delimitar o traballo a realizar e asinar un compromiso de inicio do TFG, que deberá remitirse á Secretaría da Facultade no prazo dun mes desde a aprobación da asignación,
coa seguinte información:
a) Título do TFG.
b) Resumo da proposta
c) Sinatura do titor/a e do alumno/a e data.
Comité de Ética:
Tal e como se recolle na Resolución Reitoral 4/2021, sobre propostas de traballos académicos do tipo proxecto de investigación e/ou intervención con seres humanos, as súas mostras e os seus datos, o alumnado que opte pola modalidade de investigación para a elaboración do TFG, deberá contar coa autorización do Comité de Ética da USC para poder recoller os datos precisos para a elaboración do traballo.
A solicitude realizarase a través do/a profesor/a titor/a, que remitirá ao Decanato toda a información necesaria (formulario de solicitude oficial, consentimento informado, declaración responsable e compromiso de confidencialidade, etc.) para o Comité de Ética da Facultade, que revisará e tramitará o informe positivo para enviar ao Comité de Ética da USC, que é quen emite a autorización definitiva que o alumnado debe presentar no centro e/ou ás persoas para recoller os datos para o TFG.
Para poder defender o TFG na modalidade de investigación, onde polas súas características necesita a autorización do Comité de Ética da USC, é necesario contar con esta autorización, que se engadirá ao documento final que o alumnado debe subir á súa Secretaría Virtual no momento de depositar o TFG.
A Comisión Académica aprobará e publicará o calendario de depósito e defensa dos TFG.
Entre o depósito e a exposición do traballo deben mediar, polo menos, 7 días naturais.
O alumnado poderá elixir entre dúas modalidades de avaliación, ámbalas dúas en defensa pública:
1) avaliación por un tribunal composto por tres profesores/as da USC que impartan docencia no Grao do que non poderá formar parte o titor/a. A cualificación do tribunal poderá ser no intervalo 0-10 puntos, sendo requisito para a mención de “matrícula de honra”
Os membros dos tribunais encargados de avaliar os TFG, serán docentes do grao nese curso académico.
2) Avaliación polo titor/a ao abeiro do artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016, e pola Xunta de Facultade do 22 de abril de 2016. Neste suposto, o/a Titor/a será o/a encargado/a da avaliación e a cualificación non poderá ser superior a notable (8.0) .
O tribunal poderá invitar ás deliberacións ao/á titor/a, en calidade de asesor, con voz pero sen voto.
En ambas modalidades de avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
Presentación escrita: máximo 70% da cualificación.
a) Relevancia do obxecto de estudo seleccionado para a profesión, tanto a nivel de coñecemento científico como de achega á práctica profesional.
b) Suficiencia, relevancia e actualidade das fontes consultadas.
c) Xustificación, pertinencia e coherencia do proceder metodolóxico.
d) Concreción e relevancia dos resultados e conclusións atendendo ao ámbito de estudio, aos obxectivos formulados, á reflexión sobre a profesión e á formación recibida.
e) Presentación escrita: calidade da presentación escrita, adecuación ás normas e aspectos formais requiridos, corrección gramatical, coherencia e claridade na redacción.
Presentación oral e defensa do TFG: máximo 30% da cualificación
a) Calidade, adecuación e capacidade síntese na expresión oral
b) Calidade e adecuación dos soportes empregados na exposición
c) Habilidade no manexo de tecnoloxías e/ou materiais previstos na exposición.
d) Capacidade e calidade de arguentación ás preguntas e observacións que puideran formularse polo tribunal ou titor/a.
A aprendizaxe na asignatura apóiase en:
Lectura detida e reflexiva do programa da materia e da guía para a elaboración do TFG.
- Participación activa nas sesións e/ou seminarios informativos xerais que se planifiquen.
- Asistencia ás titorías e realización das tarefas indicadas polo titor ou titora.
- Traballo planificado e continuado individual ao longo do curso.
- Presentación en prazo dos traballos encomendados no proceso de elaboración do TFG.
Recoméndase planificar adecuadamente o traballo, inicialo tan axiña como sexa posible e desenvolvelo de forma ordenada e sistemática.
A normativa que regula os TFG na titulación e que deberá terse en conta é:
a) “Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2017” regula la realización del TFG. Pódese consultar en: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/descar…
b) Regulamento dos Traballos Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Educación, aprobada polo "Consello de Goberno" 31 de xaneiro de 2017.
As tarefas de titorización do TFG adecuaranse ó encargo docente recoñecido polo reitorado de 4 horas no caso dos Graos de Pedagoxía e Educación Social e 5 horas no caso do Grao de Mestre en Educación Infantil e Primaria por alumno/a.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- A entrega do TFG realizarase a través da Secretaría virtual do/a alumno/a.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo institucional rai como medio de comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor, as coordinacións, etc.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
ACTIVIDADES FORMATIVAS:
- En colaboración coa Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación realizaranse diversas accións formativas co obxecto de mellorar as competencias informacionais do alumnado e asegurar un axeitado desenvolvemento do TFG.