Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo das diversas áreas de especialización da información xornalística, analizando as súas características, antecedentes históricos, funcións, disfuncións, fontes e perfís profesionais, desde a análise máis teórica á práctica profesional.
2. Análise da práctica xornalística nas principais áreas de especialización.
3. Análise e aplicación dos elementos definitorios das áreas de especialización.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución ás áreas de especialización xornalística
1.1 Razóns da especialización no xornalismo
1.2 O xornalista especializado fronte ao xeneralista
1.3 Definición e características das áreas de especialización xornalística
TEMA 2. Área de especialización política
2.1 Contexto histórico, definición e características do xornalismo político
2.2 Funcións da información política
2.3 Relacións entre a política e o xornalismo
2.4 Factores que ameazan ao xornalismo político
2.5 Trazos do xornalismo político en España
2.6 Ámbitos informativos
TEMA 3. Área de especialización económica
3.1 Introdución á información económica
3.2 Comunicar a economía
3.3 As fontes do xornalista económico
3.4 Subáreas de información económica
TEMA 4. Área de especialización social
4.1 Definición e características do xornalismo social
4.2 A sociedade organizada na axenda mediática
4.3 Boa praxe do xornalismo social
4.4 Recomendacións para a cobertura de grupos sociais vulnerables
TEMA 5. Área de especialización cultural
5.1 Introdución ao ámbito cultural no xornalismo
5.2 Xéneros e fontes do xornalismo cultural
5.3 Características da información cultural
5.4 Subárea de información turística e de viaxes
TEMA 6. Área de especialización deportiva
6.1. Definición, características e xéneros da información deportiva
6.2 A linguaxe deportiva
6.3 O tratamento do deporte desde unha perspectiva de xénero
6.4 Fontes do xornalismo deportivo
6.5 Innovacións e novas tendencias
TEMA 7. Outras áreas de especialización
7.1 O xornalismo científico
7.2 O xornalismo ambiental
7.3 O xornalismo literario
7.4 A especialización en información sobre a Unión Europea
CONTIDOS PRÁCTICOS
No relativo aos contidos prácticos, están previstos exercicios individuais e en parella a realizar nas aulas interactivas, así como unha reportaxe a realizar durante todo o cuadrimestre, con entregas periódicas para o seu seguimento.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Blanco Castilla, E. & Esteve Ramírez, F. (Eds.). (2010). Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
De Ramón, M. (Coord.) (2003). Diez lecciones de Periodismo Especializado. Madrid: Fragua.
Esteve Ramírez, F. & Moncholi, M.A. (Coord.) (2007). Teoría y técnicas del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Fragua.
Llano, R. (2008). La especialización periodística. Madrid: Tecnos.
Peña Acuña, B. & Jover López, J.J. (2022). Periodismo especializado. II/Specialized journalism. II. Madrid: ACCI Asociación Cultural y Científica Iberoamericana.
Rojas Torrijos, J. L. (Ed.) (2017). Periodismo deportivo de manual. Tirant Humanidades.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ramírez, F. E. & Hernández, J. C. N. (Eds.). (2014). Nuevos retos del periodismo especializado. Schedas.
Fernández Del Moral, J. (Coord.) (2004). Periodismo Especializado. Barcelona: Ariel.
Esteve Ramírez, F. & Fernández Del Moral, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
Elías, C. (2014). Fundamentos de periodismo científico y divulgación mediática. Alianza Editorial.
Ávarez Barba, Y. (2023). Pescar el salmón. Bulos, narrativas y poder en la prensa económica. Capitán Swing.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, sempre buscando a implicación directa do alumnado no proceso de formación ao que tentan contribuír os coñecementos achegados por esta materia. Máis en concreto:
• clases maxistrais
• prácticas de laboratorio
Na metodoloxía de ensinanza contémplase o uso do Campus Virtual
A parte teórica da materia avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso, sobre os contidos do programa. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
A parte práctica suporá o 50% da nota final e avaliarase segundo o exposto no apartado de Contidos. Os exercicios terán que se entregados en tempo e forma por parte do alumnado segundo as indicacións da docente para poder ser avaliados (na aula virtual e impreso). Non se avaliará ningunha reportaxe que non fora obxecto de entregas periódicas por parte do alumnado segundo as indicacións da docente. A avaliación da parte práctica terá en conta a redacción, ortografía, gramática e claridade expositiva.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Por tratarse dunha materia que ten unha relación moi directa co modelo de sociedade actual, é preciso que o alumnado se esforce en afianzar e asentar a súa vocación intelectual- e conseguintemente, a súa vocación social e profesional- tomando contacto coas ideas coas que os diversos autores contemporáneos interpretan o mundo no tempo da globalización, da información e do coñecemento.
A lectura de obras especializadas en comunicación social, e máis especificamente no estudo dos modelos de xornalismo que máis e mellor responden ás esixencias e necesidades dos novos públicos, dos novos e emerxentes colectivos sociais, faise imprescindible para a comprensión do papel que lles toca xogar a medios e xornalistas nun tempo de extremosa complexidade.
Todo elo, por ser imprescindible para cualificar –especializar- os niveles de mediación aos que se deben medios e xornalistas
Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta, así como a participación activa nas clases e maila demostración de capacidade de relación de contidos, contextualización, documentación e análise crítica.
Ana Bellon Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- ana.bellon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Sara Perez Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 4 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 4 |
27.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
27.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |