Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da información televisiva e audiovisual. Características da redacción televisiva nun escenario multiplataforma.
2. Análise dos diferentes xeitos de construír a información en televisión.
3. Estudo e análise dos diferentes tipos de programas informativos e as súas características en televisión e a súa extensión en Internet.
4. Estudo das técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos en televisión.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A organización da redacción e os fluxos de traballo
1.1. A organización da redacción. Estruturas organizativas. Redaccións integradas. Equipos de traballo: produción e realización. O control de realización. O plató: tipos e equipo. Outros controis da cadea
1.2. A produción da información en televisión. Fases de traballo. Proceso de preprodución. A asignación de equipos. Valoración, convocatorias, follas de produción. Proceso de produción. Equipos para exteriores. Unidades móbiles. Proceso de posprodución. Selección e tratamento.
TEMA 2. O guión. A escaleta e a estrutura narrativa do informativo
2.1. A escaleta. Elementos e modelos. O guión. Pre-escaleta. Escaleta de emisión
2.2. A estrutura narrativa do informativo. Características e principais modelos de informativos. Edicións diarias
2.3. Elementos comúns na estrutura do informativo. Elementos identificadores dos noticiarios
2.4. Proceso de produción dun informativo
2.5. A realización do informativo. Ordes de realización
TEMA 3. A personalización da información
3.1 Stand up ou in situ. Tipos. O seu axuste dentro da peza
3.2. O xornalista nos directos. Obxectivos e claves. Os falsos directos
3.3. Distintos usos das personalizacións
TEMA 4. Relato en directo e relato en diferido
4.1 Distintos tipos de relato. Características e tempos da narrativa. A información en directo e en diferido. Feitos previsibles e imprevisibles
4.2. Posibilidades e condicionamentos do directo e do diferido na retransmisión informativa en televisión
4.3. Entradiñas de estudio: intros. A presencia ante a cámara. Credibilidade. Elementos e condicionantes. Realidade virtual. Realidade aumentada. O xornalismo inmersivo
TEMA 5. A selección da información. As fontes
5.1. Procedencia da información televisiva. O papel das fontes na televisión
5.2. Características das fontes televisivas. Contraste de fontes. A dobre verificación
5.3. Categorías de fontes televisivas. Clasificación e uso
5.4. Fontes e recursos audiovisuais para unha noticia. As axencias de noticias para televisión. Sistemas de intercambio entre cadeas. Gabinetes. Os outros medios como fonte. As redes sociais. Filtracións e desinformación. Fake news
5.5. Atribución de fontes. Distintas formas de citar fontes
TEMA 6. Contar noticias para televisión. A mensaxe televisiva
6.1. Limitacións para contar unha historia en televisión
6.2. Recursos para superar esas limitacións. Proceso de selección da información. As W nas noticias de televisión. Contar historias en imaxes, palabras e sons. Estratexias narrativas. A relación entre a imaxe e a palabra
6.3. Elementos expresivos básicos e complementarios na información en televisión
TEMA 7. A montaxe das noticias e o soporte gráfico. Edición e realización. A voz en off
7.1. Fases do proceso de elaboración das novas
7.2. O plano. Planos recurso. Tipos. Composición
7.3. A edición da nova: a montaxe. A continuidade narrativa
7.4. O soporte gráfico. Tipoloxía e funcións
7.5. A voz en off. Recursos para unha boa locución. Principais erros. Tipos de locución
TEMA 8. Xéneros informativos. Informativos diarios e non diarios
8.1. Xéneros. Tipoloxía. Xéneros unipersoais e interpersoais. Estilos narrativos básicos
8.2. Clasificación dos actuais programas informativos. Os programas segundo a súa periodicidade e segundo o seu formato. Do avance informativo ao canal 24 horas
TEMA 9. A información como espectáculo televisivo. As audiencias
9.1. Os informativos como estruturas vertebrais da cadea
9.2. O prime-time. As audiencias informativas
9.3. Criterios de noticiabilidade dun feito. Pluralismo e manipulación. Perversión comercial e política na información
9.4. A información como espectáculo televisivo. Contexto mediático. Infoentretemento: características da súa linguaxe e vectores. Información glocal
9.5. Panorama actual. Os consellos de redacción. Información, opinión e entretemento na televisión actual en España
TEMA 10. Novos camiños da información. O xornalista multimedia
10.1. A televisión na contorna converxente. Interacción selectiva, narrativa e dialóxica. A tendencia do mobile first. A segunda pantalla
10.2. Os medios de comunicación dixitais: tendencias e novos soportes. Particularidades e relación co medio televisivo. Os novos espazos dixitais creados polas televisións. Xornalismo móbil
10.3. Formulacións de futuro para a información televisiva e os seus profesionais. Xornalismo multimedia e transmedia
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Realización de directos
• Elaboración de novas informativas
• Deseño e estruturación de escaletas
• Execución dun informativo completo
O alumnado traballará na elaboración e realización de directos televisivos e na produción e montaxe de pezas informativas para televisión familiarizándose así cos elementos que interveñen no proceso informativo como a selección de fontes e o tratamento da noticia. Culminará o traballo coa elaboración dun informativo no que porá en práctica os coñecementos adquiridos sobre o organigrama dunha redacción e sobre a estrutura narrativa dun informativo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Castillo, J. (2009) Televisión, realización y lenguaje audiovisual. IORTV.
Díaz Arias, R. (2017). La información periodística en televisión. Síntesis.
Larrañaga Zubizarreta, J. (2006). Redacción y locución de la información audiovisual. UPV.
Marín Lladó, C. (2017). Reporterismo de Televisión. Guía de buenas prácticas del reportero audiovisual. Gedisa.
Marín Lladó, C. (2017). El informativo de televisión. Producción, guión y edición audiovisuales. Gedisa.
Marín Lladó, C. (2006). Periodismo audiovisual. Información, entretenimiento y tecnologías multimedia. Gedisa.
Oliva, L. & Sitjà, X. (2007). Noticias en radio y televisión. Periodismo audiovisual en el siglo XXI. Ediciones Omega.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barroso García, J. (1992). Proceso de la información de actualidad en televisión. IORTV.
Bueno, G. (2002). Telebasura y democracia. Ediciones B.
Cebrián Herreros, M. (2004). Modelos de televisión: generalista, temática y convergente con Internet. Paidós.
Cebrián Herrero, M. (1998). Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis.
Cebrián Herreros, M. (2003). Géneros informativos audiovisuales. Ciencia.
Cervera, E. (2015). El directo informativo en televisión. CEU Ediciones.
León, B. (2010). Informativos para la televisión del espectáculo. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
León, B. (2014). Detrás de las cámaras. Un manual para los profesionales de la televisión. Comunicación Social ediciones y publicaciones.
Marzal, J. & Casero, A. (2011). Periodismo en televisión. Nuevos horizontes, nuevas tendencias. Comunicación Social.
McCallion, M. (1998). El libro de la voz. Urano.
Soengas, J. (2008). El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión. Laberinto.
Soengas, J. (2003). El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual. Laberinto.
CON.2- Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de xeito profesional e ético.
CON.5- Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6- Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.1- Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.3- Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.5- Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6- Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3- Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.5- Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6- Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía basearase na clase maxistral nas sesións expositivas que se irá intercalando con debates e estudios de casos. As sesións interactivas serán prácticas de laboratorio (realización de directos, práctica de postos) e seminarios (elaboración de escaletas) cunha aprendizaxe baseada en proxectos para a consecución dun informativo final a raíz das novas realizadas polo alumnado nos meses previos.
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva laboratorio: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Irene Sandra Lourido Loureiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- irenesandra.lourido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
30.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
30.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
02.07.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |