Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Estudo e análise das características da linguaxe multimedia. Escribir para multimedia. Xeratividade, interactividade e instantaneidade. Sistemas informativos e sistemas narrativos na simulación.
- Análise da opción e da acción do usuario: as condicións tecnolóxicas e culturais. As novas modalidades expresivas. Técnicas de desenvolvemento e concepción de proxectos.
- Estudo da narrativa hipertextual, narrativa multimedia e narrativas móbiles.
- Modelos e formatos de narrativas multimedia.
- Estudo da converxencia multimedia nos medios de comunicación. Xestión de proxectos comunicativos multimedia. Xornalista móbil.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O ciberxornalismo: panorama actual e perspectivas
1.1 Converxencia nos medios de comunicación
1.2 Características da linguaxe ciberxornalística
1.3 O impacto das ferramentas tecnolóxicas
TEMA 2. A dimensión multimedia
2.1 A linguaxe multimedia. Escribir para multimedia
2.2 Elementos definitorios do produto informativo multimedia
2.3 A arquitectura da información e os sistemas de navegación
2.4 Ferramentas para a creación de contidos multimedia
TEMA 3. A narrativa dixital: da man da narrativa hipertextual e da narrativa multimedia
3.1 O valor da interactividade
3.2 Orixe e evolución da narrativa hipertextual e multimedia
3.3 Tendencias actuais: modelos e formatos de narrativas multimedia
3.4 A construción das mensaxes en clave multimedia e interactiva: a reportaxe multimedia
TEMA 4. O desafío das narrativas móbiles
4.1 Introdución ao xornalismo móbil
4.2 Adaptación de contidos a novos soportes dixitais
4.3 Redes sociais e uso do vídeo móbil
TEMA 5. Creación de contidos móbiles multimedia e xestión multiplataforma
5.1 Modelos informativos para o xornalismo móbil
5.2 MojoKit: dispositivos e equipamento para o xornalismo móbil
5.3 Consellos para a edición e a gravación dende o móbil
TEMA 6. Condicións tecnolóxicas e culturais actuais
6.1 Novas competencias tecnolóxicas para os xornalistas
6.2 A verificación de feitos e o fact checking
6.3 Debates arredor dos retos e desafíos do impacto tecnolóxico no xornalismo actual
CONTIDOS PRÁCTICOS
Impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, principalmente, na aula de informática da facultade. O alumnado realizará unha práctica grupal (4/5 persoas) que consistirá na realización dunha reportaxe multimedia de temática libre.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bernal, A. (2015). Herramientas digitales para periodistas. Editorial UOC.
Burum, I., & Quinn, S. (2015). MOJO: The Mobile Journalism Handbook: How to Make Broadcast Videos with an iPhone or iPad. Focal Press.
Canavilhas, J., & Satuf, I. (2015). Jornalismo para Dispositivos Móveis: Produção, Distribuição e Consumo. Labcom.
Castells, M. (2010). Comunicación y Poder. Alianza.
Cebrián, M., & Flores, J. M. (2012). Periodismo en la telefonía móvil. Editorial Fragua.
Craig, R. (2005). Online Journalism. Thomson.
López, X., & Pereira, X. (2010). Convergencia digital: reconfiguración de los medios de comunicación en España. USC.
Salaverría, R. (2005). Redacción periodística en Internet. Eunsa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguado, J. M. (2020). Mediaciones ubicuas. Ecosistema móvil, gestión de identidad y nuevo espacio público. Gedisa.
Albaladejo, T. (2015). Accesibilidad y recepción en el discurso digital. La galaxia de discursos desde el análisis interdiscursivo, 4(15).
Aliaga, R. S. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El profesional de la información, 24(4), 397-404.
Amador, J. C. (2015). Aprendizaje transmedia en la era de la convergencia cultural interactiva. Educación y ciudad, (25), 11-24.
Astro Gil, M. A. (2002). Diseño y desarrollo multimedia: Sistemas, imagen, sonido y vídeo. Ra-Ma.
Begines, C. T. (2015). Novelas en Twitter: el fenómeno de la narrativa en 140 caracteres. Espéculo: Revista de Estudios Literarios, (54), 208-220.
Castells, M. (2001). La galaxia Internet. Plaza & Janes.
Centeno, A. M. G. E. (2015). La promesa del hipertexto narrativo en “Continuidad de los parques” de Julio Cortázar. Espéculo: Revista de Estudios Literarios, (54), 40-46.
Counts, E. L. (2004). Multimedia design and production for students and teachers. Pearson/Allyn and Bacon.
Davies, T., & Gangadharan, S. P. (2009). Online Deliberation: Design, Research, and Practice. CSLI.
Díaz Noci, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Universidad del País Vasco.
Díaz Noci, J., & Salaverría, R. (Eds.). (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Flores Vivar, J. M., & Esteve Ramírez, F. (Eds.). (2009). Periodismo Web 2.0. Fragua.
García Galindo, J. A., Vasallo, M. I., & Vera Balanza, M. T. (Eds.). (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Tecnos.
Garrand, T. (2008). Escribir para multimedia y la web: una guía práctica para el desarrollo de contenido en los medios interactivos. Escuela de Cine y Vídeo.
Guallar, J. (2015). Prensa digital en 2013-2014. Anuario ThinkEPI, 9, 153-160.
Handler Miller, C. (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment. Focal Press.
Moreno, P. (2016). Comunicación, ciberperiodismo y nuevos formatos multimedia interactivos. Universidad de Sevilla.
Newman, N., & Fletcher, R. (2016). Reuters Institute Digital News Report. Reuters.
Salaverría, R. (2016). Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica & Editorial Ariel.
Stewart, P. (2017). The Live-Streaming Handbook: How to create live video for social media on your phone and desktop. Routledge.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contextos.
COM.5 - Escoller e aplicar con criterio, coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas de forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas:
- Clases maxistrais: sesións expositivas impartidas pola docente.
- Presentacións na aula: exposicións basadas no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Estudos de casos: análises e exposicións de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia como as clases expositivas (sesións maxistrais teóricas), análise e debate de casos prácticos, clases interactivas (prácticas de laboratorio) e titorías (individuais ou grupais).
- Debates: discusións organizadas sobre un tema ou pregunta.
- Prácticas na aula de informática: sesións interactivas e grupais nunha contorna equipada con ordenadores.
- Gamificación na aula: emprego de elementos propios do xogo no proceso de ensinanza-aprendizaxe As sesións prácticas desenvolveranse na aula de informática e os materias técnicos que se utilizarán serán o ordenador, as cámaras fotográficas e os móbiles. O software que se require para a realización do exercicio final será libre e de balde. O alumnado traballará en grupos de entre catro, cinco ou seis persoas.
A metodoloxía da ensinanza contempla o uso do Campus Virtual e o establecemento de canles de comunicación directa co alumnado.
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
Na valoración global da materia teranse en conta os exercicios realizados nas prácticas de laboratorio e o exame teórico final.
Os instrumentos da avaliación de contidos serán, en liñas xerais, dous: as prácticas realizadas durante as clases interactivas e de laboratorio, que suporán o 50 % da cualificación, e a proba final (exame), que terá un peso do 50 % da nota.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado/a".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguemento continuo.
De igual xeito, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións de laboratorio.
Finalmente, recoméndase o seguemento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Alba Silva Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
10.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
10.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
11.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |