Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo dos elementos, formas, procesos e estruturas da comunicación e da información.
Análise dos distintos enfoques teóricos no estudo da comunicación e da información, e das características propias do proceso da comunicación e da información a través das institucións mediáticas.
Análise da evolución histórica.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A comunicación e as disciplinas académicas.
Disciplinas que estudan a comunicaión de masas. Definicións de comunicación de masas. A comunicación e o discurso social.
TEMA 2. Comunicación, sociedade e "teorías dos medios".
As sociedades orias. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas. As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral. Joshua Meyrowitz e a noción de "interacción parasocial". Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke.
TEMA 3. Masa, público e audiencia.
Multitude e masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública. Atracción de atención e organización grupal. Tipos de audiencias.
TEMA 4. Modelos para o estudo da comunicación.
Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación. O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo de Gerbner. O modelo de Jakobson. O modelo de Maletzke. Modelos para o estudo da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos.
TEMA 5. Evolución dos métodos de investigación.
A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación. Nocións de función e disfunción. Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F. Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright. A "conexión canadense": do deterministo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan. A investigación sobre comunicación de masas en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría crítica: discusión das análises funcionais. O concepto de "industria cultural". A investigación despois da Segunda Guerra Mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana.
TEMA 6. Medios e audiencias.
Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios de comuncación. Estudos sobre usos e gratificacións. As investigacións sobre "configuración de axendas". A teoría da espiral de silencio. Fragmentación de audiencia e novas teorías da receptción. Teorías sobre os eefectos culturais dos medios. Abraham Moles e o concepto de "cultura mosaico". O concepto de "sociedade da información" e o novo discurso conservador estadounidense: Daniel Bell e a retórica das "contradicións culturais do capitalismo". Medios de comunicación e cambio social.
TEMA 7. OS fluxos das comunicación.
Comunicación e dominio. As raigañas imperialistas da comunicación global. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e importación de produtos audiovisuais. O informe McBride. Conglomerados multinacionais de información e diversión. Comunicación e colonialismo.
O xornalismo e a Declaración Universal dos Dereitos HUmanos. A Declaración dos Dereitos e Obrigas dos Xornalistas de Munich. Os xornalistas e a factura das noticias.
CONTIDOS PRÁCTICOS
É requisito escribir dous comentarios sobre dous libros e tamén dous comentarios de artigos da bibliografía básica. Cómpre participar nos coloquios e debates que se han desenvolver nos seminarios das aulas interactivas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
TEMA 1
Bennett, T. (1982a) “Media, reality and signification” en T. Bennett et al. (eds.) Culture, Society and the Media. Routledge, pp. 287-308.
(1982b) “Theories of media, theories of society” en T. Bennett et al. (eds.) Culture, Society and the Media. Routledge, pp. 30-55.
Dijk, T. A. van (1993) “Discurso poder e acceso”, A trabe de ouro, nº 16, pp. 11-34.
TEMA 2
Ong, W. (1982) Orality and Literacy. Routledge.
Horton, R. e Wohl, R. (1956) “Mass Communication and Para-Social Interaction: Observations on Intimacy at a Distance”, Psychiatry 19 (3), pp. 215-229.
Burke, K. (1984) “Two Aspects of Speech” en K. Burke, Permanence and Change. An Anatomy of Purpose. University of California Press.
TEMA 3
Castro, X. M. (2024) “Diplomacia e televisión na China”, A trabe de ouro, nº 125, pp. 9-31.
Habermas, J. (1981) Historia y crítica de la opinión pública. Gustavo Gili.
Negt, O. e Kluge, A. (2016) Public Sphere of Experience. Analysis of the Bourgeois and Proletarian Public Sphere. Verso.
Otero Pedrayo R. (1988) “A masa neutral e indiferente” en Prosa miúda. Edicións do Castro, pp. 69-70.
Outeiriño, M. (2016) “Os bolxeviques e o cinismo da prensa” en T. Moure (coord.) Bolxeviques 1917-2017. Xerais
Price, V. (1996) La opinión pública. Paidós.
TEMA 4
Escarpit, R. (1977) Teoría general de la información y la comunicación. Icaria.
Rodrigo, M. (1996) Los modelos de la comunicación. Tecnos.
TEMA 5
Adorno, T. W. (1998a) “A teoría freudiana e o modelo de propaganda fascista”, A trabe de ouro, nº 34, pp. 11-28.
(1998b) “Resumo sobre a industria cultural”, A trabe de ouro, nº 34, pp. 63-68.
Cmiel, K. (1996) “On Cynicism, Evil and theDiscovery of Communication in the 1940’s”, Journal of Communication 46 (3).
Lasswell, H. D. (1982) “Estructura y función de la comunicación en la sociedad” en Moragas, M. de (ed.) Sociología de la comunicación de masas. Gustavo Gili, pp. 192-206.
Lazarsfeld, P. F. (1982) “Comunicación de masas, gustos populares y acción social organizada” en Moragas, M. de (ed.), op. cit., pp. 171-191.
Wright, C. (1982) “Análisis funcional y comunicación de masas” en Moragas, M. de (ed.), op. cit., pp. 207-223.
TEMA 6
Berland, J. (2000) “Baile de anxos: as técnicas culturais e a producción do Espacio”, A trabe de ouro, nº 44, pp. 13-31.
Blumler, J. G. e M. Gurevitch (1996) “Media Change and Social Change: Linkages and Junctures” en J. Curran e M. Gurevitch (eds.) Mass Media and Society. Arnold, pp. 120-137.
Poster, M. (1997) “O concepto de sociedade post-industrial: Daniel Bell e o problema da retórica”, A trabe de ouro, nº 31, pp. 33-54.
TEMA 7
McBride, S. (ed.) (1980) Un sólo mundo, voces múltiples. F. C. E.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Anstead, N. (2021) Fake News. Sage.
Han, B.-C. (2022) Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia. Catro Ventos Editora.
Clua, A. e D. Gómez (2024) De las Fake News al Poder. Akal.
Couldry, N. (2021) Medios de comunicación. Por qué importan. Alianza.
Harrison, J. e McKernan, L. (eds.) (2022) Breaking the News. The British Library.
Iglesias, P. (2022) Medios y cloacas. Escritos Contextatarios.
McQuail, D. (1999) Introducción a la teoría de la comunicación de masas. Paidós.
Mjos, O. J. (2022) An Introduction to Global Media for the Twenty-First Century. Bloomsbury.
Outeiriño, M. (ed.) (2011) Globalización e imperialismo cultural. Galaxia.
Pomerantsev, P. (2022) La manipulación de la verdad. RBA.
Rusbridger, A. (2020) News and How to Use It. What to Believe in a Fake News World. Canongate.
Seib, P. (2021) Information at War. Disinformation and Modern Warfare. Polity.
Thompson, J. B. (1998) Los medios y la modernidad. Paidós.
Villanueva, D. (2021) Morderse la lengua. Corrección política y posverdad. Espasa.
Wasserman, H. e Madrid-Morales, D. (2022) Disinformation in the Global South. Wiley Balckwell.
CON. 1 -Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON. 3 -Coñece-los fundamentos da investigación dende unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
HAB. 4 -Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e da información xornalística.
COM. 6 -Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas de xeito profesional e ético no ámbito da Comunicación, tendo por referentes os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Clase maxistral, estudo de casos e seminarios.
Probas de coñecemento: 50%
Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantes e de revisión das cualificiacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2) a simple asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, en consecuencia, a nota final dos estudantes que as cumprimenten en ningún caso será de "Non presentado".
En caso de dispensa da asistencia a clase, ha establecerse un plan de traballo personalizado que ha consistir na escritura de dous comentarios de libros e outros dous comentarios de artigos da bibliografía básica. Os comentarios han presentarse antes da data de exame e achegarán o cincuenta por cento da puntuación. Sexa como for, o cincuenta por cento da avaliación ha facerse por medio de exame.
Docencia teórica: 24 h.
Docencia interactiva: 24 h.
Titorización en grupo reducido: 3 h.
Probas de avaliación: 3 h.
Traballo persoal do alumnado: 96 h.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos coloquios e debates dos seminarios e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais.
Para a escritura dos comentarios de artigos e libros, convén examinar previamente tódolos textos que se propoñan por mor de optar conscientemente á hora de traballar sobre o tema e autores que se escollan. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa, sempre que acheguen información sobre o programa da materia.
O contraste de interpretacións teóricas sobre as funcións dos medios de comunicación nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
17.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
17.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
16.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |