Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da teoría e a práctica dos procesos de automatización e influencia dos algoritmos no temario dos medios de comunicación. Convivencia de bots, robots e xornalistas nas redaccións.
2. Análise das aplicacións e potencialidades da intelixencia artificial e da Internet das Cousas para o xornalismo e influencia nas rutinas produtivas. Análise de lóxicas computacionais aplicadas ao xornalismo.
3. Análise de alertas, segmentación e personalización de contidos. Palabras clave, SEO e escritura para buscadores.
4. Estudo da curación de contidos e dos perfís profesionais vinculados.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á INTELIXENCIA ARTIFICIAL
-Definición, conceptos, historia e filosofía da IA
- Intelixencia humana vs intelixencia artificial
- Comunicación humano-máquina: interacción humanos-robots (HRI, Human-Robots Interaction), interacción humanos-axentes (HAI, Human-Agents Interaction).
- IA estreita vs IA xeral
- Da IA simbólica, á aprendizaxe automática e profunda e o procesamento da linguaxe natural
- Grandes modelos de linguaxe e modelos multimodais
- Modelos de aprendizaxe automática
- IA de código aberto vs código pechado
TEMA 2: INTRODUCIÓN Á AUTOMATIZACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIAL EN XORNALISMO
- Automatización en xornalismo con e sen IA: desde procesos simples de automatización, ata a IA xenerativa
- IA na cadea de valor do xornalismo: recompilación, produción e distribución de noticias
- Procesos con IA de baixo e alto risco
- Bots creadores de contidos sobre datos estruturados vs chatbots
- Asistentes e xornalistas virtuais
TEMA 3: INTELIXENCIA ARTIFICIAL XENERATIVA
- IA para crear texto
- IA para crear imaxes
- IA para crear vídeos
- IA para crear audios
- Enxeñería de prompts
TEMA 4: AUTOMATIZACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA OUTRAS TAREFAS
-Investigación, contidos recomendados e personalizados, interacción coas audiencias, sistemas de moderación, optimización de contidos e posicionamento, publicación en redes sociais…
TEMA 5: INTELIXENCIA ARTIFICIAL COMO DETECTORA E CREADORA DE CONTIDOS FALSOS OU MANIPULADOS
- Alucinacións, nesgos, inxeccións de prompts, jailbreaking e outras fallas e riscos da IA
- Detectores de contidos sintéticos e métricas de avaliación do seu rendemento
- Fact-checking automatizado
TEMA 6: REGULACIÓN E DESAFÍOS ÉTICOS
- Marcos legais
- Privacidade
- Transparencia
- Intelixencia artificial beneficiosa
TEMA 7: CASOS E EXTRATEXIAS
- Estudo de casos de proxectos xornalísticos con tecnoloxías intelixentes
- Pasos e estratexias para poñer en marcha un proxecto de xornalismo automatizado e intelixente
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Exploración e uso de diversas tecnoloxías de automatización de procesos, de IA xenerativa (textos, audios, vídeos…) e de detección de contidos sintéticos
- Deseño dun proxecto que implemente diversas tecnoloxías e estratexias de xornalismo automatizado e intelixente
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Beckett, Charlie & Yaseen, Mira (2023). Generando el cambio. Un informe global sobre qué están haciendo los medios con IA Londres: London School of Economics. https://www.journalismai.info/research/2023-generating-change.
Biswal, S.K., y Kulkarni, A.J. (2024). Exploring the Intersection of Artificial Intelligence and Journalism: The Emergence of a New Journalistic Paradigm. Routledge. https://doi.org/10.4324/9781032716879
Diakopoulos, Nicholas et al. (2024). Generative AI in Journalism: The Evolution of Newswork and Ethics in a Generative Information Ecosystem. https://doi.org/10.13140/RG.2.2.31540.05765.
Floridi, Luciano (2023). The Ethics of Artificial Intelligence. Principles, Challenges, and Opportunities. Oxford, UK: Oxford University Press.
García Avilés, José A. (2024, 6 de febrero). Inteligencia humana, estupidez artificial: adiós al periodismo tal y como lo conocemos. Revista de Innovación en Periodismo. https://mip.umh.es/blog/2024/02/06/inteligencia-humana-estupidez-artifi…
Marconi, Francesco (2020). Newsmakers: Artificial Intelligence and the Future of Journalism. New York: Columbia University Press.
Simon, F. M. (2024). Artificial Intelligence in the News: How AI Retools, Rationalizes, and Reshapes Journalism and the Public Arena. New York: Columbia Journalism Review. https://www.cjr.org/tow_center_reports/artificial-intelligence-in-the-n….
Whittaker, J.P. (2019). Tech Giants, Artificial Intelligence, and the Future of Journalism. Routledge. https://doi.org/10.4324/9781351013758.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bjarnason, Baldur (2023). Generative AI: What You Need To Know. https://needtoknow.fyi/
Council of Europe (2023). Guidelines on the responsible implementation of artificial intelligence systems in journalism. Strasbourg: Council of Europe. https://rm.coe.int/cdmsi-2023-014-guidelines-on-the-responsible-impleme….
Diab, Mohamad, et al. (2022). Stable Diffusion Prompt Book. https://openart.ai/promptbook.
Latar, Noam L. (2018). Robot journalism: Can human journalism survive?. World Scientific. https://doi.org/10.1142/10913.
Perrault, Ray y Clark, Jack (2024). Artificial Intelligence Index Report 2024. Institute for Human-Centered AI. Stanford: Stanford University. https://aiindex.stanford.edu/report/
Thomson Foundation (2023). Paris Charter on AI and Journalism. https://www.thomsonfoundation.org/media/252844/paris-charter-on-ai-and-….
Thompson, Alan D. (2022). The ChatGPT Prompt Book. https://lifearchitect.ai/chatgpt-prompt-book/.
Ventura Pocino, P. (2021). Algoritmos en las redacciones: retos y recomendaciones para dotar a la inteligencia artificial de los valores éticos del periodismo. Consell de la Informació de Catalunya. https://fcic.periodistes.cat/wp-content/uploads/2022/03/algorismes_a_le….
RECURSOS EN LIÑA
Herramientas de IA para periodistas: https://journaliststoolbox.ai/
Herramientas de IA de Google Cloud: https://cloud.google.com/use-cases/free-ai-tools
Ley de Inteligencia Artificial de la UE: https://artificialintelligenceact.eu/es/
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.4 - Examinar o impacto das tecnoloxías no ámbito da comunicación e nos profesionais.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
CLASES EXPOSITIVAS
Aplicarase un modelo combinado de clases maxistrais (sesións expositivas impartidas polo docente) e de aula invertida, mediante o cal o profesor compartirá materiais teóricos e outros complementarios no Campus Virtual antes de cada sesión na aula física, onde o profesor resumirá os conceptos e elementos claves de cada tema, contribuirá a asentalos, resolverá dúbidas e abrirá debates e discusións sobre cada tema; tamén se utilizarán recursos do Campus Virtual para a realización de microtarefas de control e seguimento da adquisición de coñecementos polo alumnado.
CLASES PRÁCTICAS
Organizaranse grupos de traballo para as seguintes tarefas na aula informática:
- Exploración e uso de diversas ferramentas de automatización de tarefas e de IA xenerativa
- Uso e avaliación de ferramentas de detección de contidos sintéticos
- Uso de ferramentas de fact-checking automatizado
- Deseño dun proxecto de xornalismo automatizado intelixente
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non só se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo.
De igual maneira, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións prácticas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da aplicación de novas tecnoloxías de intelixencia artificial mediante a exploración destas, a consulta de noticias relacionadas coa innovación en IA –especialmente aplicada a medios xornalísticos– e, especialmente, de fontes especializadas.
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
02.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |