Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
A globalización da economía mundial é un proceso que afecta a todas as empresas, independentemente da súa vontade de competir nos mercados exteriores, xa que a competencia internacional ten lugar tamén no mercado doméstico. Neste contexto, unha alternativa de crecemento a medio e longo prazo para a empresa é a saída aos mercados estranxeiros. Deste xeito, o obxectivo da materia Comercialización Internacional é formar ao/á alumno/a na decisión de internacionalización, no proceso de expansión internacional e nas formas de planificar e executar as operacións de marketing internacional.
De forma específica, trátase de acadar os seguintes obxectivos:
- Concienciación da importancia dos negocios internacionais para as empresas.
- Formación dunha actitude activa cara ao mercado internacional.
- Recollida e utilización de información para a toma de decisións en mercados internacionais.
- Desenvolvemento de habilidades para a selección de mercados internacionais.
- Uso das ferramentas de marketing no entorno internacional.
- Avaliación das necesidades de adaptación da acción comercial ao entorno internacional.
Tema 1. Internacionalización da empresa e marketing internacional
Tema 2. Análise e selección de mercados exteriores
Tema 3. O programa de marketing internacional: decisións de producto
Tema 4. O programa de marketing internacional: decisións de prezo
Tema 5. O programa de marketing internacional: decisións de distribución
Tema 6. O programa de marketing internacional: decisións de promoción
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Hollensen, S.; Arteaga, J. (2010): Estrategias de marketing internacional, Pearson Educación, Madrid.
Cerviño, J.; Arteaga, J.; Fernández, A. (2020): Essentials of International Marketing, ICEX, Madrid.
Cerviño, J. (2006): Marketing internacional. Nuevas perspectivas para un mercado globalizado, Editorial Pirámide, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arteaga, J. (2023): Manual de internacionalización, ICEX, Madrid.
Bradley, F.; Calderón, H. (2007): Marketing internacional, Editorial Pearson Prentice-Hall.
Cateora, P.; Money, B.; Gilly, M.; Graham, J. (2020): Marketing internacional, McGraw Hill, Madrid.
Cerviño, J. (2002): Marcas Internacionales. Cómo Crearlas y Mantenerlas, Pirámide, Madrid.
Czinkota, M. y Ronkainen, I. (2014): Marketing Internacional, Cengage Learning Editores, México.
García, R. (2000): Empresas Españolas en los Mercados Internacionales, ESIC, Madrid.
Guisado, M. (2002): Internacionalización de la Empresa, Pirámide, Madrid.
Jain, S. C. (2002): Marketing internacional, International Thomson Editores.
Jerez, J.L.; García, A. (2015): Marketing internacional para la expansión de la empresa, ESIC, Madrid.
Keegan, W.J.; Green, M.C. (2010): Marketing internacional, Pearson Educación, México.
Nieto, A.; Llamazares, O. (2007): Marketing Internacional, Editorial Pirámide, Madrid.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 –Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe encontrarse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 –Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 –Que os estudantes poidan transmitir ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 –Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
TRANSVERSAIS
CT1 –Análise e síntese
CT2 –Organización e planificación
CT3 –Comunicación oral e escrita
CT8 –Razoamento crítico
CT10 –Traballo en equipo
CT14 –Adaptación á contorna e ao cambio
CT15 –Coñecemento doutras culturas e costumes, e traball nun contexto internacional
ESPECÍFICAS
B3- Decisións de política e estratexia comercial: “marketingmix”, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
D3- Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
D9- Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
A docencia organízase en dous tipos de sesións, sesións expositivas e sesións interactivas, tal e como se detalla a continuación:
- As sesións expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos básicos dos temas que conforman o programa, facendo fincapé nos aspectos máis relevantes e nas súas relacións.
- As sesións interactivas procurarán entrenar ao alumnado na toma de decisións en situacións de incerteza, utilizando fundamentalmente casos prácticos que reflicten situacións empresariais en contornas internacionais complexas (algún destes casos require o uso de ferramentas informáticas de análise estatística). Nas clases interactivas comentaranse, tamén, lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións propostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo adicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams.
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito:
- Expositivas: presencial.
- Interactivas: presencial.
- Titorías: presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación.
O sistema de avaliación consiste nos seguintes instrumentos e ponderacións:
- INSTRUMENTO 1 (ponderación: 60%): PROBA FINAL TEÓRICA (obrigatoria). Requírese un 50% da cualificación desta parte para superar a materia.
- INSTRUMENTO 2 (ponderación: 40%): AVALIACIÓN CONTINUA (resolución, entrega e participación nas actividades prácticas realizadas nas sesións interactivas). PROBA FINAL PRÁCTICA (obrigatoria para os/as estudantes que non teñan participado polo menos no 50% das actividades prácticas e que non obtiveran unha puntuación superior ao 50% da valoración total desta parte).
- CUALIFICACIÓN FINAL: será a suma ponderada das dúas puntuacións, de xeito que se require un 50% da cualificación total para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha PROBA FINAL ESPECÍFICA que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Instrumento 1 (proba final teórica): CB1, CB2, CB5, B3.
Instrumento 2 (avaliación continua – proba final práctica): CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG4, CT1, CT2, CT3, CT8, CT10, CT14, CT15, B3, D3, D9.
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos anteriores realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito:
- Proba final teórica e práctica: presencial.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do mail/campus virtual da USC) e resolución presencial.
O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
- Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de adicación por parte do/a alumno/a.
Recoméndase que os alumnos traballen de xeito continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leven ao día os conceptos teóricos e se impliquen no debate dos temas e dos casos. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías persoais.
Máis especificamente recoméndase:
- Antes de cada clase teórica ler e preparar o tema que será presentado e debatido nela, empregando o manual básico da materia.
- Despois das clases teóricas profundar nos conceptos expostos a través do material complementario.
- Antes de cada clase práctica ler o caso práctico proposto e relacionalo cos contidos teóricos relevantes.
- Utilizar o horario establecido de titoría para realizar consultas aos profesores encargados da materia.
María Gómez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- maria.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros