Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Socioloxía Económica analiza a vida económica a partires das teorías, os conceptos e a metodoloxía sociolóxica, descubrindo que as estruturas e os procesos económicos son tamén estruturas e procesos sociais.
Trátase de introducir ao alumnado de ADE no ámbito da Socioloxía económica, achegándolle a literatura clásica e contemporánea. A Socioloxía económica, que ocupaba un lugar destacado nos clásicos da Socioloxía (Marx, Weber, Durkheim e Simmel, entre outros) e da Economía (Veblen, Commons, Schumpeter), coñeceu durante os últimos anos un importante desenvolvemento. A Socioloxía económica interesase por analizar os fundamentos da vida económica dende unha perspectiva sociolóxica e abertamente interdisciplinar. Nela pratéxase de qué xeito os fenómenos económicos e as conductas dos actores (individuos, familias, empresas e organizacións) se "empotran" na cultura, na estrutura social e nas redes sociais e de poder. O estudio sociolóxico da vida económica inclúe, entre outros temas, a análise das formas en que se regula socialmente a innovación e a produción de coñecementos, a organización da produción, o mercado, e as redes de cooperación inter-empresarial, o espacio de cualificación e de movilidade profesional, e o espacio de consumo.
O curso achega ao alumnado de ADE as teorías e os conceptos sociolóxicos máis avanzados para a análise da vida económica e, en particular, para a comprensión das empresas e organizacións, dos mercados e doutras institucións que contribúen á regulación da economía e da empresa.
Neste apartado exponse únicamente os descritores de contido recollidos na ficha da materia, o programa detallado presentarase na Guía Docente da materia.
• Obxecto e método da Socioloxía Económica.
• A inserción da economía e a actividade empresarial na sociedade.
• A estrutura social e a cultura na economía e na empresa.
• O poder, a política e os grupos de interese.
• As institucións sociais e a regulación da economía.
• A ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
• A coordinación e o control nas organizacións: a análise comparada.
• A educación, a profesión e os sistemas de traballo.
• A estratificación social, a mobilidade e o mercado de traballo.
• Os mercados como construcións sociais e institucionais.
• Os proceso de consumo, os estilos de vida e o lecer.
• A sociedade rede e a economía do coñecemento.
• As formas de comunicación e a sociedade global.
Castells, M. (1997). La era de la información. Economía, cultura y sociedad. 3 Vols. Alianza, Madrid.
Durkheim, E., (1987). La división del trabajo social, Madrid, Ed. Akal.
Fernández Enguita, Mariano (1998). Economía y Sociología. Para un análisis sociológico de la realidad económica. Madrid, CIS
Garvía, R. (2004). Análisis de organizaciones. Madrid, CIS.
Esping-Andersen, G.(2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Barcelona, Ariel.
Granovetter, M., Acción económica y estructura social: el problema de la incrustación, en Requena Santos, F., Análisis de redes sociales, Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid, 2003.
Herranz, R. (2003). Los fundamentos de la Nueva Sociología Económica y la Sociología de las Organizaciones. Caracas: Ceatpro.0
Herranz, R. La Sociología de los mercados internos de trabajo. Madrid: CES.
Herranz, R. (2008). George Simmel y la Sociología Económica: el mercado, las formas sociales y el análisis estratégico. PAPERS, Revista de Sociología, nº 87.
Izquierdo, A. (coord.) (2008), El modelo de inmigración y los riesgos de exclusión. Madrid, Fundación FOESSA.
Moreno, L. (coord.) (2009). Reformas de las políticas del bienestar en España. Madrid, Ed. Siglo XXI.
Portes, A (2013). La Sociología económica. Una introducción sistemática. Madrid. CIS.
Sayer, A. y Walker, R. (1994). La Nueva Economía Social. Reelaboración de la división del trabajo. Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.
Swedberg, R., y Smelser, N (1994, 2ª ed. 2005) Handbook of Economic Sociology, N.J. Princeton University Press.
VVAA, (2002). Sociología del Consumo, monográfico de Política y Sociedad, Vol. 44, Núm. 1.
Weber, M., (1977). Economía y sociedad [1922]. México, Fondo de cultura Económica.
Recursos electrónicos e direccións web de interese:
IESA. Instituto de Estudios Sociales Avanzados http://www.iesa.csic.es/
Instituto Nacional de Estadística de España: http://www.ine.es
Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es
Comité de Investigación en Sociología Económica- FES https://sites.google.com/site/sociologiaeconomicafes/home
Federación Española de Sociología: http://www.fes-web.org (Véase Comité de Sociologia Económica, sección Documentos)
Fundación FOESSA: http://www.foessa.org
Observatorio social de España: http://www.observatoriosocial.org/ose/
EUROSTAT: http://epp.eurostat.ec.europa.eu/portal/page/portal/eurostat/home/
Eurobarometro: http://ec.europa.eu/public_
Básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se amosan por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Xerais:
CG1 - Posuir e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluindo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúa algúns dos aspectos máis relevantes que están na vanguarda do coñecemento neste eido
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións vencelladas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuizos e propostas as consideracións axeitadas sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina
CG6 - Abordar a súa actividade profesional dende o respeto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e diseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
Tranversais:
CT1 - -Análise e síntese
CT2 - -Organización e planificación
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT8 - -Razoamiento crítico
CT9 - -Autonomía nal aprendizaxe
CT10 - -Traballo en equipa
CT12 - -Habilidades nas relacións interpersonais
CT13 - -Sentido ético
CT16 - -Sensibilidade cara a problemas sociais e medioambientais
Específicas:
A7 - A contorna histórico, social e institucional da empresa
B1 - Teoría da organización. Direción estratéxica
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipa
Nas sesións de docencia expositiva levarase a cabo a exposición e explicación por parte do profesor das teorías, os modelos, a linguaxe, os conceptos e os métodos fundamentais da Socioloxía Económica. A súa aplicación ao estudios da empresa e a súa contorna, ademáis de ofrecer aos estudantes os recursos e orientacións precisas para estimular a autoaprendizaxe e o traballo autónomo. Nas clases expositivas trataranse os contidos e conceptos máis básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesorado, e será implementada coas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
Nas sesións de docencia interactiva, as dinámicas serán fundamentalmente prácticas. Levarase a cabo traballo con lecturas, discusión de textos, recopilación e interpretación de datos, material audiovisual, etc. As sesións interactivas vertebraranse arredor da elaboración dun traballo de investigación (individual ou en grupo cunha temática específica que se exporá no seu momento). Nas clases interactivas fomentarase a capacidade de traballar en equipa. Moi importante: a elaboración e presentación ou exposición deste traballo será de carácter obrigatorio. As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como debate, o videofórum, a análise de material impreso e multimedia, de xeito que se desenvolva a participación activa do alumnado e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias, como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a anáise e a confrontación e respecto ás opinións alleas, ademáis das competencias xa sinaladas para a materia.
No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun traballo de investigación.
As sesións de titorías programadas dedicaranse ao seguimento e orientación do alumnado na realización das tarefas e actividades derivadas do desenvolvemento individual ou grupal da docencia expositiva e interactiva, e do traballo autónomo do alumnado.
a) Avaliación contínua coas actividades académicas programadas ata 40%
b) Proba escrita ata 40%
c) Asistencia e participación ata 20%
A avaliación da aprendizaxe nas clases interactivas durante todo o curso será completada cunha proba escrita. No proceso de avaliación continua da aprendizaxe nas clases interactivas será considerado o cumprimento das metas establecidas para cada sesión (como as lecturas obrigatorias, recopilación e interpretación de datos e resolución de problemas), a súa participación, e a súa capacidade de expoñer e argumentar públicamente, e a estrutura, calidade e orixinalidade do seu traballo e achegas. A avaliación continua das clases interactivas terá un peso do 40%. A proba final vai pesar ata 40% na cualificación, se debe amosar o dominio dos temas explicados e dar conta das actividades realizadas durante todo o curso. Na presentación do curso a profesora que imparte a materia, establecerá os criterios específicos de avaliación e ponderación de cada unha das tarefas, probas e actividades indicadas tomando en conta o tamaño dos grupos expositivos e interactivos. Polo que se recomenda estar atento e poñerse en contacto dende o principio de curso coa docente, se o alumno/a ten alguna circunstancia que non lle permita seguir o desenvolvemento da materia. Para superar a materia é preciso e obrigatorio a realización de todas as actividades acxadémicas programadas (proba, traballo, etc) en cada parte, e acada Para superar a materia é preciso e obrigatorio a realización das tarefas propostas (proba, traballo, etc), e acadar a metade do porcentaxe de cada parte.
- Alumnado con dispensa a clase concedida oficialmente por Xunta de Facultade, ha de contactar coa profesora nos primeiros días de inicio da mesma para concretar as actividades académicas que obrigatoriamente ten que realizar para superar a materia.
- Alumnado oficialmente considerado "asistente" pero que non asistise nin participase en clase o mínimo obrigatorio, será avaliado sen poder optar
_______________________________________________________________________________________________________
A avaliación ten en conta a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial terán que respectar o fixado pola Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
_______________________________________________________________________________________________________
A actividade do alumnado definida en créditos ECTS nos novos títulos de grao leva consigo unha esixencia de traballo persoal que se establece nun mínimo de 15 horas por cada crédito ECTS. Dado que “Socioloxía Económica” é unha materia de 4,5 créditos ECTS, o tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar a/o estudante para superala é de 67,5 horas.
Estímase unhas 40 horas de estudo autónomo, e 27,5 para a realización de lecturas, comentarios, textos e interpretación de datos.
Aconsellamos:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- As orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
Pablo Soto Casas
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- pablosoto.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:20 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
10.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
11.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |