Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ao alumno/a o coñecemento e manexo das técnicas estatísticas necesarias para o análise descritivo de datos económicos e empresariais así como a metodoloxía das principais estatísticas das que dispoñemos.
TEMA 1.- INTRODUCIÓN
1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
1.2.- Conceptos xerais de Estatística
1.3.- Fontes de datos estatísticos
1.4.- A mostraxe
TEMA 2.- ANÁLISE DESCRITIVA DUNHA VARIABLE
2.1.- Distribucións de frecuencias
2.2.- Representacións gráficas
2.3.- Medidas posición, dispersión e forma
2.4.- Medidas de concentración
2.5.- Momentos. Extensións a máis dunha variable.
TEMA 3.- ANÁLISE DESCRITIVA DE DÚAS VARIABLES
3.1.- Distribucións bidimensionais. Tabulación e representacións gráficas
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
3.3.- Dependencia e independencia estatística. Covarianza
3.4.- Momentos. Xeneralización ás características n-dimensionais
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1.- Regresión lineal
4.2.- Correlación
4.3.- Predición
4.4.- Elasticidade
4.5.- Formas non lineais
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
5.1.- Taxas de variación.
5.2.- Definición e clasificación dos números índices
5.3.- Índices de prezos, cantidades e valor
5.4.- Aplicación dos números índices: Cambio de base. Deflactación. Participación e repercusión.
TEMA 6: ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
6.1.- Índices de Prezos ao Consumo
6.2.- Índice de Producción
6.3.- Estatísticas do mercado de traballo: Enquisa de Poboación Activa. Paro rexistrado.
6.4.- Estatísticas financeiras, tributarias e de seguros.
6.5.- Estatísticas do mercado bursátil.
6.6.- Outros indicadores económicos.
TEMA 7.- SERIES TEMPORAIS
7.1.- Análise clásica das series temporais.
7.2.- Compoñentes.
7.3.- Desestacionalización
Básica:
ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005): Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid.
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
RUIZ MUÑOZ, D. (2004): Manual de Estadística editado por eumed.net.
ISBN: 84-688-6153-7
https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
TOMEO, V. ; UÑA, ISAÍAS (2009): Estadística descriptiva. Garceta, Madrid
Complementaria:
CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995): Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
ESCUDER VALLÉS, R. (1997): Métodos estadísticos aplicados a la Economía. Ariel, Barcelona.
FERNÁNDEZ, C., FUENTES, F. (1995): Curso de Estadística Descriptiva: Teoría y Práctica. Ariel Economía, Barcelona.
GARCÍA BARBANCHO, A. (1991): Estadística elemental moderna. Ariel Economía, Barcelona.
LLORENTE GALERA, F., MARTÍN FERIA, S. Y TORRA PORRAS, S. (2000): Principios de estadística descriptiva aplicada a la empresa. Centro de Estudios Ramón Areces, D.L. Madrid.
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997): Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.
PÉREZ SUÁREZ, R. e outros (1993): Análisis de datos económicos 1. Métodos Descriptivos. Pirámide, Madrid.
RIOBÓO, J.M., TATO, M. (1992): Estadística Económica y Empresarial I: evolución histórica, concepto y método de la estadística económica y empresarial. GIC Ediciones, Santiago.
RIOBÓO, J.M.; DEL ORO, C.P. (2000): Representaciones gráficas de datos estadísticos. AC, Madrid.
URIEL, E., MUÑÍZ, M. (1988). Estadística Económica y Empresarial. Teoría y ejercicios. AC, Madrid.
Exercicios e problemas:
PÉREZ, C. (2002): Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
SANZ, J. A., BEDATE, A., RIVAS, A., GONZÁLEZ, J. (1996): Problemas de estadística descriptiva empresarial. Ariel, Barcelona.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT5 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT23 - Estimulación intelectual
ESPECÍFICAS
C2 - Elementos básicos de estatística descriptiva, probabilidade e inferencia estatística
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
Dado que é un plan a extinguir, non haberá docencia.
As dúbidas atenderanse nas horas de títoría. Tamén se pode empregar o foro da materia no Campus Virtual para plantexar cuestións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Nesta parte avaliaranse todas as competencias.
A proba final de contidos terá carácter presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
A materia é de 6 créditos que corresponden con 150 horas de traballo.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario.
O acceso frecuente ao campus virtual e ao correo institucional é imprescindible para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Alba Lugilde Sanchez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 982824408
- Correo electrónico
- alba.lugilde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
18.05.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |