Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Despois do estudo desta materia o estudantado debería ser capaz de:
• Analizar a contorna e a realidade empresarial.
• Comprender a relación entre a estratexia e o deseño organizativo.
• Coñecer a natureza dinámica dos procesos organizativos.
• Coñecer como xestionar unha empresa ou organización.
• Asumir responsabilidades directivas.
• Tomar decisións.
• Comprender as funcións que debe desempeñar o persoal directivo eficaz.
• Razoar criticamente e ter iniciativa.
• Argumentar e comunicar.
1.- Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución
2.- O contexto organizativo
3.- Fundamentos da planificación
4.- Fundamentos do deseño organizativo
5.- Fundamentos da dirección
6.- Fundamentos do control
7.- Emprendemento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2016). Introdución á dirección de empresas. Pearson.
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2012).
Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DÍEZ DE CASTRO, J; REDONDO LÓPEZ, C.; BARREIRO FERNÁNDEZ, B.; LÓPEZ CABARCOS, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirixir na sociedade do coñecemento. Pirámide.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary. (2018). Administración (13º edición). Pearson
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT3: Comunicación oral e escrita
CT6: Resolución de problemas
CT8: Razoamento crítico
CT10: Traballo en equipo
ESPECÍFICAS
A4 - Os fundamentos teóricos da toma de decisións
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo
Esta materia non ten asignada docencia neste curso académico.
O estudantado deberá preparar a materia de xeito autónomo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o estudantado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
Ambas as dúas oportunidades serán avaliadas a través dun exame final de contidos que suporá o 100% da cualificación, isto é, unha proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o estudantado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia. Nesta proba avaliaranse todas as competencias da materia. Esta proba será presencial nas datas oficiais programadas polo centro.
A materia ten 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas.
Consultar a bibliografía recomendada e consultar co profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
Paula Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
22.01.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |
19.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |