Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é levar a cabo un estudo detallado dos principais modelos de análise macroeconómica, tanto en economías pechadas como en economías abertas, analizando os seus puntos de acordo e explicando as súas discordancias, buscando con isto que os estudantes entren en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteñan unha visión ampla e integrada da macroeconomía.
As competencias específicas obxectivo da materia son coñecer e comprender:
– os conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise macroeconómica de curto prazo.
– os elementos principais que conforman a determinación da renda a curto e medio prazo, e os seus compoñentes, nunha economía nacional.
– os modelos básicos que se utilizan para a comprensión dos ciclos económicos.
– os elementos fundamentais de determinación da renda a curto prazo nunha economía aberta.
– os conceptos básicos da política macroeconómica e a súa repercusión sobre o emprego e a inflación.
– cómo aplícanse os modelos teóricos á interpretación dos datos macroeconómicos.
A medición dos agregados macroeconómicos: produción, emprego e inflación. Os mercados de bens, de traballo e financeiros. O modelo IS-LM. Os ciclos económicos e a súa medición. Análise dos ciclos: o modelo keynesiano e o modelo clásico. Economías abertas: o modelo Mundell-Fleming. Oferta agregada e mercado de traballo. Políticas macroeconómicas de demanda e oferta. A curva de Phillips e a taxa natural de paro.
Bibliografía básica:
Blanchard, O. (2017), “Macroeconomía”, 7ª ed., Pearson.
Bande, R. (2016), "Macroeconomía", Createspace Independent Pub.
Bibliografía complementaria:
Blanchard, O.; Amighini, A. e F. Giavazzi, (2012), “Macroeconomía”, 5ª ed., Pearson.
Belzunegui et al. (2013), “Macroeconomía. Problemas y ejercicios resueltos”, 3ª ed., Pearson.
Mankiw, N. G. (2014), “Macroeconomía”, 8ª ed., Antoni Bosch.
Bajo, O. e C. Díaz (2011), “Teoría y Política Macroeconómica”, Antoni Bosch.
Krugman, P. e R. Wells (2016), “Macroeconomía”, 3ª ed., Reverté.
As competencias xerais (CG) e específicas (CA) da titulación ás que contribúe a materia e as destrezas (D) que se adquiren son as seguintes:
CG1. Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5. Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
CA2. Coñecer o funcionamento do modelo de determinación da renda nunha economía aberta, o papel do diñeiro, as explicacións da inflación, o paro e o crecemento, e o papel dos instrumentos de política económica.
D6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D7. Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
As competencias transversais que se adquiren son: T1. análise e síntese; T8. razoamento crítico; T16. sensibilidade cara a problemas sociais; T23. estimulación intelectual.
Como establece o RD 1393/2007 (BOE 30 de outubro) e se recolle na memoria da titulación, tódolos títulos de grao deben garantir a adquisición das competencias básicas CB1-B5
A metodoloxía de ensinanza basearase en exposicións teóricas combinadas con clases interactivas para a resolución de exercicios e a análise de problemas económicos reais. Os alumnos disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contenido específico dos temas, as referencias bibliográficas complementarias e outra información relevante que sirva de orientación para o su traballo personal. A Guía Docente e todos os materiais do curso figurarán na Aula Virtual da USC.
O alumno deberá reafirmar os coñecementos adquiridos a través da lectura das referencias indicadas e a resolución de exercicios. Os exames e o resto das actividades de evaluación continua forman parte do proceso de aprendizaxe (además de evaluar as competencias que o alumno adquire durante o curso).
A avaliación da materia ten en conta tódalas actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A cualificación final está composta nun 30 % pola avaliación continua e nun 70% polas probas finais.
As probas que se realizarán para a avaliación do estudantado describiranse en detalle na Guía Docente da asignatura que estará publicada na Aula Virtual ao comezo do curso.
Tódalas competencias (CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG5, CA2, D6, D7, T1, T8, T16 y T23) serán avaliadas tanto na avaliación continua como nas probas finais.
En canto a cualificación da avaliación continua, obtida principalmente en actividades realizadas presencialmente nas clases interactivas, terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de maio e a convocatoria de xuño/xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).
O alumnado con dispensa de asistencia a clase realizará unicamente o exame final (100% de la cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Ademais das 48 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá adicar 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo) e a realización de lecturas e exercicios, así como a preparación dos exames.
Para superar a materia con éxito é recomendable que o alumno:
(a) se esforce e estude continuadamente ao longo do curso,
(b) resolva e discuta os exercicios prácticos propostos,
(c) lea as referencias recomendadas,
(d) acuda ás titorias planificadas para resolver as dúbidas relacionadas coa materia.
O estudante debe ser consciente de que o curso é un todo integrado e de que todos os temas están interrelacionados. Non se deben ver os temas como independentes e pensar que se pode entender un con independencia dos demais. O obxectivo é comprender o funcionamento global da economía e para iso hai que ter moi presente como interrelacionan todas as súas partes.
Yago Atrio Lema
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
19.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
19.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |