Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
No curso de Microeconomía I preténdese ofrecer unha visión completa, pero accesible, da economía de mercado como mecanismo de asignación de recursos. Iso supón analizar a conduta das unidades económicas individuais e a solución do problema asignativo mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente. As nocións de racionalidade e equilibrio constitúen os principios organizadores do estudio. A partir da comprensión básica destes principios úsase a análise microeconómica como un instrumento para abordar de forma rigorosa diferentes problemas económicos; entre outros, a toma de decisións empresariais, xeitos da política microeconómica e da intervención pública, e, mais en xeral, os distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento dunha economía moderna.
A conduta dos consumidores.
Demanda individual e de mercado.
Elección intertemporal.
Produción.
Custos de produción.
Maximización de beneficios.
Mercados competitivos.
Bibliografía básica:
Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Bibliografía complementaria:
Perloff, J.M. (2018): 8ª edición, Microeconomía. Ed. Pearson.
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Editorial Pearson, Madrid
Core Team (2020): La Economía, https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html
Libros de exercicios:
Congregado, E., Golpe, A. y Leal, Mª T. (2002), Microeconomía. Cuestiones y Problemas Resueltos, Editorial Prentice Hall, Madrid
Reboredo, J.C. (2017): Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test. Editorial Pirámide.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese.
CT3 - -Comunicación oral e escrita.
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razoamento crítico.
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
CT10 - -Traballo en equipo
CT11 - -Traballo en equipo de carácter interdisciplinar
CT12 - -Habilidades nas relacións interpersoais
CT13 - -Sentido ético
CT14 - -Adaptación á contorna e ao cambio
CT15 - -Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional
CT16 - -Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT17 - -Negociación e tratamento de conflitos
CT18 - -Iniciativa e espírito emprendedor
CT19 - -Creatividade e capacidade innovadora
CT20 - -Xestión por obxectivos
CT21 - -Xestión de proxectos
CT22 - -Desenvolvemento da calidade
CT23 - -Estimulación intelectual
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
A1 - A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
O alumno debe desenvolver o coñecemento básico dos conceptos relacionados co consumo, a produción e o funcionamento dos mercados a nivel microeconómico.
Será capaz de analizar o comportamento do consumidor de acordo coa análise da utilidade ordinal, dominando os conceptos de utilidade e maximización, podendo deducir a curva de demanda dun ben.
Debe coñecer a proposta básica da tecnoloxía de produción e as regras que dominan esta a curto e longo prazo, comprendendo e sendo capaz de aplicar os conceptos de rendementos marxinais decrecentes e rendementos a escala. O alumno debe relacionar o anterior cos conceptos de custo a curto e a longo prazo para unha empresa. Por último, os alumnos deberán desenvolver a súa capacidade analítica e de investigación para relacionar situacións reais cos modelos abstractos estudados na materia, identificando os problemas e suxerindo posibles solucións.
Esta materia non ten asignada docencia neste curso académico.
O estudantado deberá preparar a materia de xeito autónomo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do correo electrónico). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades, en maio e xuño/xullo.
Ambas as dúas oportunidades serán avaliadas a través dun exame final de contidos que suporá o 100% da cualificación, isto é, unha proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, exercicios numéricos ou comentarios de textos ou novas de prensa. Nesta proba avaliaranse todas as competencias da materia. Esta proba será presencial nas datas oficiais programadas polo centro.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo autónomo para o alumnado de 150 horas, ao ser unha materia sen dereito a docencia.
A materia de Microeconomía caracterízase polo seu contido analítico e conceptual, polo que, para o seu dominio, se precisa o manexo de conceptos precisos dentro dun modelo matemático de interrelación. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión. É frecuente que algúns alumnos se atopen con dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require. Para solucionar estas dificultades, recoméndase un estudo ordenado e metódico, que leva unha absorción progresiva dos conceptos e técnicas. Deste modo, é conveniente realizar os maiores esforzos de estudo ao comezo do curso, xa que, desta forma, os problemas poden ser resoltos polo alumno, coa axuda do profesor, nunha fase ceda, posibilitando o avance no coñecemento da microeconomía, que se facilita progresivamente unha vez entendidos os esquemas conceptuais básicos.
Por tanto, é indispensable consultar a bibliografía recomendada e consultar co profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
E necesario ter coñecementos a un nivel básico de matemáticas e estatística.
As titorías poderán realizarse presencialmente ou por vía telemática.
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
25.05.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
29.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 1 |