Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumno unha visión xeral do Markéting de forma que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os alumnos que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing e de seu contorno que condicionan a súa xestión.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos e do comportamento de compra.
TEMA 1: A DIMENSION DO MARKETING
TEMA 2: A DIRECCION COMERCIAL DA EMPRESA
TEMA 3: ANALISE DA COMPETENCIA
TEMA 4: XESTIÓN DA INFORMACIÓN DE MARKETING
TEMA 5: COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR
TEMA 6: SEGMENTACIÓN DE MERCADOS E POSICIONAMENTO
Básica:
- Armstrong, G.; Kotler, P. Merino, M.J.; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011). Introducción al marketing, 3ª ed. Pearson.
- Santesmases Mestre, M. (2018). Fundamentos de marketing, 1ª ed. Pirámide (e-book)
Complementaria:
- Munuera, J.L.; Rodríguez A.I. (2012). Estrategias de marketing: un enfoque basado en el proceso de dirección", ESIC.
- Kotler, P.; Armstrong, G. (2017). Fundamentos de marketing, 13e, Pearson (e-book)
-Kerin R.A. (2018). Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill (e-book)
- Casos de dirección de marketing (2005). Coord: González y Alén. Ed. Pearson
- Jobber, D.; Fahy, J. (2007). Fundamentos de marketing. Mc Graw Hill.
- Santesmases, M. (2012). “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide. (e-book)
BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrito como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: márketing mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto
D3 - Redactar a partir dos registros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
Traducir Borrar
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT4 - Xestión da información
CT10 -Traballo en equipo
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumno nos contidos dos temas que conforman o programa. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. O profesor porá a disposición do alumnado o material necesario no Campus Virtual da materia.
As sesións interactivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. Nestas clases presenciales intentarase que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos así como outras cuestións expostas polo profesorado, cobrando especial importancia as actividades en grupo. Tamén poderase propór a realización de traballos para ser expostos en clase.
As titorías para consulta de dúbidas serán presenciais, podendo realizar algunas de forma virtual a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
1)Proba final sobre contidos: 60% da cualificación. A proba de contidos será presencial e incluirá todo o programa e o material exposto nas clases.
2)Actividades nas sesións interactivas: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases: 40% da cualificación. Tamén se poderán programar probas parciais de contidos. Estas actividades formarán parte da avaliación continua do alumnado. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Para sumar a proba final de contidos coa puntuación das sesións interactivas será condición necesaria que o alumno alcance unha nota mínima de 2,5 puntos sobre os 6 na proba final de contidos. Na calificación final a suma de ambas puntuacións deberá ser igual ou superior a 5 para superar a materia. Cando o alumno non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final (ou no conxunto de probas de contidos), será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
Esta valoración aplicarase nas dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo) de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) se manterá para a convocatoria de xullo. Os alumno/as que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderán obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos para superar a materia.
Avaliación de competencias:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, D3, CT1, CT3, CT10
Proba final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4, B3, CT1, CT3, CT4
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
As clases teóricas complementaranse coa consulta dos libros de texto recomendados polo profesor, así como coa preparación de traballos propostos polo profesor e que serán expostos polo alumno. As clases prácticas enfócanse desde a participación e a discusión, polo que a disposición do alumno neste sentido é de gran relevancia nesta materia.
O tempo recomendado para a superación da materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 60.
- Horas de traballo autónomo (estudo autónomo e preparación das actividades): 90.
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudo da materia durante o curso, así como das distintas probas de avaliación, implican un total de 150 horas de dedicación por parte do/a alumno/a.
Recoméndase que os alumnos traballen sobre a materia ao longo de todo o cuadrimestre e que leven ao día os conceptos teóricos. Deste xeito poderán aplicar con proveito estes coñecementos aos casos prácticos, comentarios de textos e exercicios que se irán propondo e resolvendo paralelamente.
Maria Teresa Garcia Garazo
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811632
- Correo electrónico
- mariateresa.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Jose Verdes Gomez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- juanjose.verdes.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Antonio Vazquez Sanmartin
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- antonio.vazquez.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Zaira Camoiras Rodríguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- zaira.camoiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 07 |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |