Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O propósito do curso de Microeconomía I é analizar como xorde o mercado dun determinado produto e como funciona dito mercado cando, en particular, é de tipo competitivo. Para facer esta análise, temos que estudar a xénese da demanda e a xénese da oferta que caracterizan o mercado de calquera produto. Polo tanto, unha parte do curso estará dedicada a estudar que hai detrás da demanda (as decisións de consumo que toman os fogares) e outra a estudar que hai detrás da oferta, e dicir, o comportamento das empresas. Estas decisións individuais, que os axentes económicos adoptan con criterios de racionalidade e obxectivos ben definidos, son as que dan orixen a un determinado mercado no que se determina o prezo (de equilibrio). E, a súa vez, este prezo serve como mecanismo coordinador das decisións de consumo e produción individuais, de xeito que tanto consumidores como produtores acadan os seus respectivos obxectivos e asignan de forma óptima os recursos dos que dispoñen. A comprensión destas cuestións permite analizar tamén, e con carácter rigoroso, o impacto de diferentes políticas públicas de carácter económico (impostos, subsidios, controis de prezos, etcétera) sobre as decisións de consumo e de produción.
1. A restrición presupostaria dos consumidores nunha contorna estática.
2. As preferencias dos consumidores e a súa representación.
3. Como elixen os consumidores.
4. Variacións no entorno do consumidor e impacto no equilibrio.
5. Medindo o benestar dos consumidores.
6. A tecnoloxía das empresas e a súa representación.
7. Os custos de produción das empresas.
8. Mercado de competencia perfecta e eficiencia.
9. O comportamento dos consumidores nunha contorna estática cando a súa renda é endóxena.
10. Como elixen os consumidores nunha contorna dinámica.
Básica
Teoría e problemas:
• Antelo, M. (2021). Curso práctico de microeconomía intermedia. Segunda edición revisada e ampliada. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC. ISBN: 978-84-18445-64-4.
• Antelo, M. (2022). La génesis de los mercados. Madrid: Pirámide. ISBN: 978-84-36847-39-0.
Teoría e cuestións tipo test:
• Reboredo, J.C. (2022). Microeconomía: Teoría y cuestiones tipo test, Madrid: Pirámide. ISBN: 978-84-368-3720-9.
• Gracia, E. e R. Pérez (2004): Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Prentice Hall.
Complementaria
• Varian, H. (2015). Microeconomía intermedia (9ª edición). Barcelona: A. Bosch. ISBN: 978-84-941076-3-4.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
A1 – Entender as implicacións da escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, a teoría do consumo e da produción, o equilibrio competitivo e a eficiencia económica.
D7 – Entender que hai detrás da demanda e da oferta coa utilización de ferramentas formais e gráficas para representar os correspondentes modelos.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS:
CB1 – Que os estudantes posúan coñecementos nunha área de estudo que, basicamente, utiliza ferramentas matemáticas da educación secundaria xeral.
CB2 – Que saiban aplicar dunha forma profesional o corpo de coñecementos adquiridos e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da resolución de problemas numéricos e a interpretación en clave económica dos resultados acadados.
CB3 – Que teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (de carácter microeconómico) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole económica, social e/ou ética.
CB4 – Que teñan a capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 – Que adquiran os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 – Que saiban elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial e as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 – Análise e síntese.
CT3 – Comunicación oral e escrita.
CT4 – Xestión da información.
CT5 – Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 – Resolución de problemas.
CT7 – Toma de decisións.
CT8 – Razoamento crítico.
CT9 – Autonomía na aprendizaxe.
CT10 – Traballo en equipo.
CT11 – Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT12 – Habilidades nas relacións interpersoais.
CT13 – Sentido ético.
CT14 – Adaptación á contorna e ao cambio.
CT15 – Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional.
CT16 – Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT17 – Negociación e tratamento de conflitos.
CT18 – Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 – Creatividade e capacidade innovadora.
CT20 – Xestión por obxectivos.
CT21 – Xestión de proxectos.
CT22 – Desenvolvemento da calidade.
CT23 – Estimulación intelectual.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
A1 - A escasez e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados competitivos e eficiencia económica.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía
O alumnado debe manexar con suficiencia o coñecemento básico dos conceptos relacionados co consumo (para entender de onde xorde a demanda de calquera produto), a produción (para entender de onde xorde a oferta de calquera produto) e o funcionamento dos mercados competitivos a nivel microeconómico (para entender a dinámica destes mercado e as súas propiedades en termos de benestar). En particular, debe ser capaz de analizar o comportamento do consumidor de acordo coa análise da utilidade ordinal, dominando os conceptos de utilidade, relación marxinal de substitución e maximización da utilidade, e deducir a curva de demanda individual e de mercado. Así mesmo, debe coñecer a representación da tecnoloxía de produción dunha empresa e os principios que caracterizan a tecnoloxía a curto e longo prazo, comprendendo, e sendo capaz de aplicar, os conceptos de rendementos factoriais, rendementos a escala, e de relacionalos cos conceptos de custo a curto e a longo prazo. Por último, o alumnado debe ser capaz de entender como funciona un mercado cando, en particular, ten estrutura de competencia perfecta. O obxectivo final é que ao remate do curso o alumnado teña adquirido capacidade analítica suficiente para relacionar os modelos abstractos estudados na materia con situación reais, identificando os problemas e suxerindo posibles solucións tratando de explicar os efectos das posibles medidas de política económica
As aulas expositivas consistirán en clases impartidas polo profesor nas que se desenvolverán os contidos dos libros sinalados na bibliografía recomendada, tanto os contidos relativos ao desenvolvemento da teoría como aos exercicios de carácter práctico. Nestas clases farase uso de ferramentas matemáticas e gráficas de análise económica, coas que desenvolver habilidades analíticas que, posteriormente, o alumnado terá que poñer en práctica nas aulas interactivas en grupos reducidos e, así mesmo, no tempo dedicado a traballar de xeito autónomo.
As clases interactivas en grupo reducido estarán dirixidas a que o alumnado sexa protagonista na posta en práctica dos coñecementos e habilidades adquiridas nas clases expositivas. Neste caso, proponse, e resólvense, aplicacións da teoría, en forma de problemas e exemplos numéricos que ilustran o corpus teórico de cada . Estas sesións serven para que o alumnado repase os coñecementos adquiridos nas aulas expositivas e lle permiten a interacción crítica e a discusión das dúbidas que teña sobre os conceptos, o método e as técnicas de análise desenvolvidas con anterioridade nas clases expositivas. Nestas sesións ou ben nas sesións expositivas tamén se poderán realizar probas de avaliación, se é o caso.
O alumnado disporá dunha guía docente coa información específica sobre os contidos dos capítulos que configuran o curso e na que se lle informará en que lugar da bibliografía poderá atopar cada un destes capítulos; así, poderá identificar de forma doada e manexar as pautas relacionadas cos contidos dos diferentes capítulos que lle poden servir de apoio e orientación para o seu traballo individual e grupal. Nesta guía tamén se especificará a estrutura do exame final e calquera outro aspecto relacionado coa devandita proba.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se fagan ao longo do cuadrimestre, tanto nas aulas expositivas coma nas interactivas, e considerando (i) os diversos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe esta materia e (ii) outros como a claridade e capacidade expositiva do alumnado, o dominio da terminoloxía propia da materia e a participación activa ao longo do curso. Todas as competencias sinaladas, fóra da CT5, avaliaranse no exame final. A avaliación continua avalía as competencias transversais CT5, CT6, CT7 e CT8 e as competencias específicas A1 e D7.
A cualificación final, CF, estará composta por un 30% correspondente á avaliación continua, AC, e un 70% que corresponde ao exame final, EF, é dicir, CF = (0,3) x AC + (0,7) x EF. A cualificación da avaliación continua so se terá en conta nas dúas probas que se realizan no curso académico vixente (é dicir, na convocatoria de maio --"primeira edición"-- e na convocatoria de xullo -- "segunda edición"), pero non se conservará para cursos posteriores.
O sistema de avaliación para o alumnado repetidor será o indicado no parágrafo anterior.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado co exame final, o cal suporá o 100% da súa cualificación.
O sistema de avaliación descrito será de aplicación nas dúas convocatorias do curso académico vixente, é dicir, na convocatoria denominada "primeira edición" e na coñecida como "segunda edición".
Seguindo a normativa oficial (DOG Núm. 136 do 17 de xullo de 2012), a cualificación dunha convocatoria na que o alumno ou alumna non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como non presentado/a.
En caso de plaxio ou uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Unha valoración estimativa (e, sen dúbida, variable segundo a aptitude e actitude de cada estudante) do tempo de traballo, á marxe das clases expositivas e interactivas, para unha razoable preparación da materia estaría en torno a 100 horas.
A materia de Microeconomía I caracterízase polo seu contido analítico e conceptual. Polo tanto, para o seu seguimento, é preciso o manexo dun número elevado de conceptos dentro dunha serie de modelos matemáticos de ecuacións. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a plena comprensión de técnicas matemáticas básicas (por exemplo, que é, e como se representa, unha función dunha ou varias variables, como se deriva parcial e totalmente unha función, como se determina o máximo ou o mínimo dunha función con unha ou varias restricións, etcétera). É frecuente que algúns alumnos se atopen con dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require, pero sobre todo pola dificultade que estes alumnos teñen para entender e utilizar as ferramentas básicas ás que nos referimos. Para superar estes atrancos, recoméndase un estudo ordenado e metódico, que posibilite unha aprendizaxe progresiva dos conceptos e técnicas. Mais en particular, é convinte realizar os maiores esforzos de estudo ao comezo do curso, xa que, deste xeito, os problemas poden ser resoltos polo alumnado, coa axuda do profesor, nunha fase temperá. Deste xeito faise posible o avance no coñecemento da materia, que se facilita progresivamente unha vez entendidos os esquemas conceptuais mais básicos que se imparten ao comezo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas que se fagan ao longo do curso será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manel Antelo Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Perez-Nievas Montiel
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811678
- Correo electrónico
- miguel.perez-nievas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Manuel Amoedo Meijide
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- jm.amoedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula B |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula C |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula C |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula B |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula B |
12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6b | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6a | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula A |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6b | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6a | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6a | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6b | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6b | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6a | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6a | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6b | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
09.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula B |