Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Especialización do alumnado nos aspectos máis relevantes da comunicación comercial das organizacións e a súa contorna. Planificación e execución de prácticas publicitarias e promocionais específicas e planificación e xestión dos medios -on line e off line- necesarios para facer chegar a comunicación da empresa o seu público obxectivo.
Para acadar este obxectivo a materia estructúrase como segue:
1.- A comunicación comercial na súa contorna e a planificación publicitaria
2.- Proceso creativo e deseño publicitario: o anuncio
3.- Publicidad en medios convencionais e online
4.- Outras formas de comunicación comercial: Forza de vendas, relacións públicas e márketing directo
Bibliografía básica:
Baak, C. (2010) Publicidad, promoción y comunicación integral en marketing, Pearson.
Bibliografía complementaria:
Alonso Coto, M (2008) El plan de marketing digital: Blended marketing como integración de acciones on y off line, Prentice Hall.
Arens, W.F. (2001) Publicidad, 7ª ed., MC Graw Hill, México.
Barrio, S. del (2002) Publicidad Comparativa, Pearson Educación, Madrid.
Beckwith, S.L. (2004) Planes Completos de Publicidad, Deusto, Barcelona.
Díez, E., Martín, E. y Sánchez, M.J. (2002) Planificación Publicitaria, Pirámide, Madrid.
Ocaña, F. (2003) Claves para hacer Equipo.: Cómo trabajar con Éxito en Publicidad, Ediciones B, Madrid.
Scott, D.M. (2013) The new rules of marketing and PR: How to use news releases, blogs, podcasting, viral marketing and on line media to reach buyers directly.
Tellis, G.J. y Redondo, I. (2001) Estrategias de Publicidad y Promoción, Addison Wesley, Madrid
Competencias do grao ao que contribúe a materia:
CB07- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB08- Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos CB09- Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB10- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
CG02- Capacidade para ter unha visión estratéxica dos problemas empresariais. CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG04- Capacidade para resolver problemas en contornos novos ou descoñecidos.
CG05- Capacidade para tomar decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes áreas funcionais. CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión empresarial -xenéricos ou específicos- e solucións propostas. CG09- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CG10- Sensibilización da responsabilidade social da empresa. CT02- Capacidade de razoamento crítico.
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CE02- Coñecemento das repercusións da internacionalización.
CE03- Capacidade para comprender os mercados e o Marketing desde unha perspectiva estratéxica.
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc. As horas prácticas cóbrense con exercicios e análises de casos.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas.
Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá nun 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 50% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en maio como en xullo) que o alumno acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame. Ademáis, o alumnado deberá superar, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas. No caso de non chegar a esta porcentaxe (75%), a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario obter un 60% de dita puntuación para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias:
Exame: CB1, CB2, , CG2, CT1, CT3, CT4, D1
Clase: CB3, CB4, CG3, CT2, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10
O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de dedicación por parte do/a alumno/a.
Maria Luisa Del Rio Araujo
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811634
- Correo electrónico
- marisa.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Ramon Porto Pedrido
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- josera.porto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU