Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Marketing de Xestión ten carácter optativo e consta dun total de 4,5 ECTS. Según consta na Memoria do Plan de Estudos (2008), con esta materia perséguese:
- Proporcionar ao alumnado as ferramentas e elementos esenciais relacionadas co marketing integral de productos e servizos públicos, xunto co deseño de liñas de comunicación e estratexias de marketing.
-Proporcionar ao estudantado unha visión xeral dos distintos marcos teóricos e as técnicas de marketing integral.
De forma máis concreta preténdese que o alumnado:
- Comprenda a importancia do marketing na administración pública e por tanto, no deseño de políticas públicas.
- Coñeza e manexe as técnicas de marketing no ámbito público.
Tema 1. Retos do sector público. Paradigmas modernos e contemporáneos.
Tema 2. Os servizos públicos. Concepto e visións. Metodoloxía de análise dos servizos públicos
Tema 3. O marketing e a súa aplicación ao sector público. A complexidade do escenario público.
Tema 4. A xestión do marketing público. O proceso de planificación
Tema 5. Novas canles de comunicación entre a administración e a cidadanía. e-Goberno e e-Gobernanza.
Bibliografía básica
Chías, J. (1995). Marketing público. Madrid: McGraw-Hill.
Kotler, P. y N. Lee. (2007). Marketing en el Sector Público. Madrid: Pearson.
Rufín, R. y C. Medina. (2012). Marketing público. Investigación, aplicaciones y estrategia. Madrid: ESIC.
Bibliografía complementaria
Best, R. J. (2005, 4ª Ed.). Marketing estratégico. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Canel, M. J. (2007). Comunicación de las instituciones públicas. Madrid: Tecnos.
Castillo, A. (2004). Comunicación organizacional. Málaga: Ediciones Aynademar.
Cravens, W. D. e Piercy, N.F. (2000, 6ª Edición). Strategic Marketing. Boston: Irwin McGraw Hill.
Cruz, I. (1990). Fundamentos de marketing. Barcelona: Ariel.
Fahy, J. y D. Jobber. (2015). Foundations of Marketing. Madrid: McGraw-Hill.
Fernández, P. y H., Bajac. (2003). La gestión del marketing de servicios: principios y aplicaciones para la actividad gerencial. Buenos Aires: Granica.
Gilmore, A (2003). Services Marketing and Management. Gateshead: Sage Publications LTD.
Martín, F. (2004). Diccionario de comunicación corporativa e institucional y relaciones públicas. Madrid: Fragua.
Jain, S. C. (2005, 7ª•Ed.). Marketing Planning and Strategy. Cincinnati: Ohio South-Western Publishing Co.
Kotler, P. (2003). Los 80 conceptos esenciales de Marketing. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Kotler, P., K. Hermawan y I. Setiawan (2011). Marketing 3.0. Madrid: LID.
Kotler, P. y N. Lee. (2006). Marketing in the Public Sector. Wharton School Publishing.
Kotler, P. y N. Lee. (2007). Marketing en el Sector Público. Madrid: Pearson.
Kotler, Ph. y G. Armstrong. (2013, 11ª edición). Fundamentos de Marketing. Madrid: Editorial Pearson.
Lambin, J. J. (1996). Marketing estratégico. Madrid: Mc Graw- Hill.
Lovelock C. y Wirtz, J. (2008, 6ª Edición). Marketing de servicios. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Luecke, R. (2007). Herramientas de marketing. Deusto: Harvard Bussiness Essentials.
McCarthy, E. J. y W.D. Perreault. (2000). Marketing: un enfoque global. México: MGraw-Hill.
Merino Sanz M. J. y E. Yagüe (2012). Nuevas tendencias en la investigación y Marketing. Madrid: ESIC.
Proctor, T. (2007). Public Sector Marketing. Harlow: Pearson Education.
Rufín, R. y C. Medina. (2012). Marketing público. Investigación, aplicaciones y estrategia. Madrid: ESIC.
Sancho Royo, D. (2002). Gestión de servicios públicos: estrategias de marketing y calidad. Madrid: Tecnos.
Santesmases, M. (2007). Marketing. Concepto y estrategias. Madrid: Pirámide.
Sharp, B. (2013). Marketing: Theory, Evidence, Practice. Oxford: Oxford University Press.
NOTA: A bibliografía específica para cada un dos temas do programa será facilitada pola docente.
Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais; e, as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).
1.Competencias xenéricas ou transversais:
1.1 Capacidade para o autoaprendizaxe.
1.2 Capacidade de organización, planificación e de traballo en equipo.
1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
1.6 Coñecemento de autores/as, bibliografía, documentación.
1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
1.13 Capacidade de razoamento crítico.
1.13 Capacidade de tomar decisións.
1.14. Etica de servizo público.
2. As competencias que adquire estudantado na materia de Marketing de Xestión, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria de Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:
2.1. Coñecementos disciplinares (saber)
2.1.1. Coñecer os diferentes marcos teóricos e técnicas do marketing integral
2.1.2. Coñecer e comprender os principais conceptos relativos ao marketing público.
2.1.3. Entender o proceso de planificación e deseño de plans estratéxicos de marketing público.
2.1.4. Coñecer e aplicar as metodoloxías e técnicas de marketing de servizos
2.2. Coñecementos profesionais (saber facer):
2.2.1. Identificar e utilizar fontes documentais específicas sobre a materia.
2.2.2. Argumentar desde diferentes perspectivas teóricas.
2.2.3. Manexar as principais ferramentas e metodoloxías do marketing de público
2.2.4. Identificar e analizar criticamente as estratexias de comunicación e de marketing das organizacións públicas
2.2.5. Coñecer os diferentes pasos para deseñar un plan de marketing
Ao finalizar o curso, o estudante debería adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e as habilidades propias da materia, das ferramentas de aprendizaxe, e das actitudes específicas.
Esta materia estará organizada en torno a clases expositivas (25 horas), onde a docente exporá en detalle os temas dos que consta o programa; así como de clases interactivas (10 horas) nas cales se pretende lograr a participación activa do alumnado e a súa inmersión en aspectos máis específicos e prácticos sobre a materia. Estes seminarios poderán dar lugar á realización de traballos individuais ou en grupo que serán definidos, orientados e supervisados pola docente.
A avaliación final do alumno/a nesta materia será o resultado de:
- A asistencia, participación e realización dos traballos que se propoñan nos seminarios, tanto individuais como grupais (50% da nota final).
- O exame final (50% da nota final).
No caso de que o alumno/a deba concorrer á convocatoria extraordinaria por non superar a materia, manterase a nota dos traballos prácticos.
Segundo o indicado na Memoria do Plan de Estudos (2008), a dedicación do/a alumno/a á materia estímase que debe ser a seguinte:
- O estudo dos contidos das sesións expositivas e seminarios esixirá un promedio de 10 a 12 horas mensuais (máximo 45 horas).
- A preparación dos traballos individuais e/ou grupais de seminario unhas 30 horas.
Aconséllase a asistencia a clase para o seguimento da materia, así como a participación activa nos seminarios e a consulta do material bibliográfico e documental recomendado polas docentes.
O alumnado disporá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.
Natalia Paleo Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.3 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |