Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxectivos fundamentais:
Estudo dos aspectos técnicos relacionados coa dirección de fotografía e o control da luz, así como a súa repercusión na construción dun discurso visual capaz de configurar unha determinada estética
Obxectivos específicos:
Análise formal e conceptual da escritura visual que a dirección de fotografía achega ás producións audiovisuais e coñecemento dos fundamentos prácticos que condicionan a súa execución
Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Contidos teóricos:
1.- A dirección de fotografía na produción e a creación audiovisual
1.1.- Funcións e tarefas do director de fotografía.
1.2.- O equipo de dirección de fotografía.
1.3.- Movementos de Cámara. O Foquista.
2.- Fundamentos da cámara e linguaxe das ópticas
2.1.- A Cámara cinematográfica, de video e DSRL.
2.2.- Tipos de obxectivos. A distancia focal e hiperfocal. Aplicacións.
2.3.- A exposición: diafragma, obturación, ISO e relación de contraste. Profundidade de campo. Movemento.
2.4.- Encadre. Formatos de fotografía, cine e televisión. Principios básicos de composición. Distintos tipos de planos.
3.- Teoría da luz e a cor
3.1- Fundamentos físicos da luz.
3.2-Comportamento do fenómeno luminoso. Tipos de luces. Magnitudes
3.3.- Percepción humana da luz e a cor
3.4.- Calidade, dirección e ubicación de luz.
3.5.- Propagación e comportamento da luz. Sombras e reflexos.
3.6.- A cor. Natureza da cor. Balance de Brancos. Filtros.
4.- Equipos de iluminación para a produción audiovisual
4.1.- Fontes de luz para cine e televisión. Características e usos
4.2.- Elementos de control da iluminación.
4.3.- Fotometría. Intensidade, fluxo, eficacia e luminancia
4.4.- Temperatura de cor. Termocalorimetría
5.- Técnicas de iluminación
5.1.- Fundamentos da iluminación en exteriores. Técnicas
5.2.- Fundamentos da iluminación en interiores. Técnicas
5.3.- Iluminar a noite
6.- Revisión da dirección de fotografía na historia do cine.
6.1.- Mestres da luz. Stanley Cortez, Arthur Miller, Charles B. Néstor Almendros Lang , Ray Rennahan, Ted MacCord, Owen Roizman, Bill Bluter, Michael Chapman. Gordon Willis ….
6.2.- Directores de fotografía contemporáneos: Larry Fong , Hoyte Van Hoytema, Emmanuel Lubezki, Robert Richardson, Newton Thomas Sigel, Robert D. Yeoman, Javier Aguirresarobe…..
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Bordwell, B., Kristin Thompson, K. (1995). El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Brown, B. (2008). Cinematografía, teoría y práctica. Barcelona: Omega.
Ettedgui, P. (1999). Directores de fotografía. Barcelona: Océano.
Loiseleux, J. (2005). La luz en el cine. Cómo se ilumina con palabras, cómo se escribe con la luz, Barcelona: Paidós.
Nobel, P. S., Gloman, C., & LeTourneau, T. (2005). Placing shadows: lighting techniques for video production. New York, London:Focal Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Almendros, N (1982). Días de una cámara. Barcelona: Seix Barral.
Aumont, J. (1997). El ojo interminable. Cine y pintura. Barcelona: Paidós.
Alton, J. (1995). Painting with light. Berkeley, Los Angeles: University of California Press.
Ballinger, A. (2004). Nuevos directores de fotografía. Madrid: Ocho y Medio.
Brown, B. (1996). Motion picture and video lighting. New York, London: Focal Press.
Clerc, L. P. (1975). Fotografía. Teoría y práctica. Barcelona, Omega.
Fouz-Hernández, S. (2009). Mysterious skin: male bodies in contemporary cinema. London: IB Tauris & Company Limited.
Hedgecoe, J. (1999). Nuevo manual de fotografía. Barcelona: Ceac.
Hicks, R., & Nisperos, C. (2000). Hollywood Portraits: Classic Shots and how to Take Them. Collins & Brown.
Llinás, F. (Coord.) (1989). Directores de fotografia dela cine español. Madrid: Filmoteca Española.
Martínez Abadía, J. e Serra Fores, J. (2000). Manual básico de técnica cinematográfica y dirección de fotografía. Barcelona: Paidós.
Millerson, G. (1994). Iluminación para televisión y cine. Madrid: Instituto Oficial de RadioTelevisión Española.
Nikvist, S. (1997). Culto a la luz. Madrid: Ediciones del Imán.
Revault D’Allonnes, F (2003). La luz en el cine. Madrid: Cátedra.
Sanchez Biosca, V. (1990). Sombras de Weimar. Contribucion a la historia de cine aleman 1918-1933, Madrid: Verdoux.
VV.AA. (2005). La imagen. Análisis y representación de la realidad. Barcelona: Gedisa.
Básicas e xerais:
Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais:
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais.
Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais
Coñecer os fundamentos da animación audiovisual.
Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Roberto Rodríguez Carballada
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roberto.carballada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 5 |