Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 296 Horas de Titorías: 4 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
As prácticas en empresas consisten en actividades formativas co seu respectivo contido ECTS. Trátase de períodos formativos complementarios á Universidade en empresas do sector audiovisual e da comunicación a través do convenio de prácticas USC-Empresa que regula esta actividade.
As competencias que adquirirán os estudantes son as relacionadas co propio desenvolvemento da súa estadía formativa nas empresas. Xunto a estas competencias específicas, os estudantes coñecerán a modo experimental a casuística do mercado laboral.
O alumno realizará prácticas en empresas do sector.
Non se require
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG)
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
O alumnado, que conta con titorización académica (docente titor/a) e titorización profesional (titor designado pola entidade colaboradora), desenvolve un plan formativo acordado entre a empresa, o/a estudante e o Centro.
O sistema de avaliación consiste na valoración do traballo desenvolvido de acordo co proxecto formativo e a través dos seguintes instrumentos:
- Informe final do/a titor/a externo da entidade colaboradora
- Memoria final do/a estudante
Avaliación e cualificación: o/a titor/a académico/a, á vista do informe da entidade colaboradora e da memoria final do/a estudante, avaliará as prácticas desenvolvidas cubrindo o correspondente informe de valoración, para que el mesmo ou ben o coordinador das prácticas cubra e asine a acta.
As prácticas externas no Grao en Comunicación Audiovisual require a superación de 12 créditos ECTS (300 horas). Para iso, o/a alumno/a deberá asumir a un total de 10 horas de titorías e as 290 restantes dedicadas ao traballo a desenvolver na empresa.
Recoméndase para un mellor seguimento das prácticas externas consultar a normativa e a convocatoria que publica a Facultade de Ciencias da Comunicación en cada curso académico.
Espazo web de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-comunicacion/practicas