Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Fortalecer e aplicar os coñecementos de xestión audiovisual, tanto no tocante ás fontes de financiación estatais e europeas, como ás canles de compravenda, distribución, programación e exhibición de producións audiovisuais. Capacitar o alumnado na análise dos mercados audiovisuais, os circuitos culturais e do sector para a distribución e difusión da obra audiovisual. Capacitar o alumnado no desenvolvemento dun plan de promoción dunha produción. Comprensión das diferentes técnicas profesionais de deseño creativo, de xestión de recursos e de lanzamento dunha obra audiovisual. Capacitar no deseño e xeración de procesos e procedementos para elaborar un proxecto viable de festival. Coñecemento das técnicas de xestión dos recursos e obxectivos aplicables á realización de festivais audiovisuais.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Promoción da comercialización e venda, segundo tipo de obra e produto. A difusión, distribución e exhibición da obra audiovisual: circuitos de promoción na comercialización e no recoñecemento público. Proxecto de promoción dunha obra ou un evento audiovisual. Técnicas de promoción directas e indirectas. Modelos e tipos de festivais audiovisuais: clasificación dos organismos do subsector (FIAPF, ASIFA, Cartoon). Tipoloxía segundo a súa denominación, motivación, periodicidade e factores de consolidación dos festivais. Organización de festivais: planificación e programación. Técnicas de dinamización e encontros co sector e os públicos. Loxística, publicitación e posicionamento.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución. O marco da promoción e difusión
1.1 O ciclo de produción e explotación audiovisual
1.2 Axentes da obra audiovisual
1.3 Conceptos clave: ventás de distribución
TEMA 2. A distribución audiovisual en presente
2.1. O impacto do dixital no modelo tradicional de explotación
2.2. Distribución nos servizos baixo demanda
2.3. Distribución en salas
2.4. Novas tendencias e estratexias
TEMA 3. Entidades públicas na distribución
3.1. A intervención estatal na explotación audiovisual. Marco histórico
3.2. ICAA, Agadic, Programa MEDIA. Efectos na distribución audiovisual
TEMA 4. Circuítos e mercados
4.1. O mercado cinematográfico
4.2. Distribución internacional e local. A hexemonía de Hollywood
4.3. Circuítos, xéneros e modelos
4.4. Distribución independente e alternativa
TEMA 5. Promoción e marketing
5.1. O equipo e o plan de promoción
5.2. Estratexias creativas para a promoción. Comunicación, prensa e redes
5.3. A obra como produto. Marketing cinematográfico
5.4. Segmentación e selección de públicos
CONTIDOS PRÁCTICOS
A parte práctica da materia dedicarase á preparación dun plan de promoción e distribución para unha peza audiovisual, aplicando o traballado nos contidos teóricos a un caso real (coa oportunidade de vincularse, por exemplo, a un produto realizado por alumnado da facultade no contexto dun traballo de fin de grao).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Clarés Gavilán, J.; Merino Álvarez, C. & Neira, E. (2019). La revolución over the top: del vídeo bajo demanda (VOD) a la televisión por internet. Universitat Oberta de Catalunya.
Lugilde Rodríguez, M. I. (2017). Administración y promoción de audiovisuales y espectáculos. Altaria.
Matamoros, D. (coord.) (2009). Distribución y marketing cinematográfico. Universitat de Barcelona.
Neira, E.; Herbera, J. & Linares, R. (2015). Marketing cinematográfico: cómo promocionar una película en el entorno digital. Universitat Oberta de Catalunya.
Neira, E. (2020). Streaming Wars: la nueva televisión. Libros Cúpula.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Calvo Herrera, C. (2009). Distribución y lanzamiento de una película. Editorial Zumaque.
Clarés Gavilán, J.; Ripoll Vaquer, J. & Tognazzi Drake, A. (2014). Distribución audiovisual en internet. VOD y nuevos modelos de negocio. Universitat Oberta de Catalunya.
Elsaesser, T. (2015). Cine transnacional, el sistema de festivales y la transformación digital. En Fonseca, Journal of Communication, 11(11). (pp.175-196).
Hjort, M. & Petrie, D. (2007). The cinema of small nations. Edinburgh University Press.
Izquierdo Castillo, J. (2007). Distribución y exhibición cinematográficas en España. Tese doutoral, Universitat Jaume I.
Linares, R. (2009). La promoción cinematográfica: estrategias de comunicación y distribución de películas. Fragua.
Neira, E. (2014). El espectador social: las redes sociales en la promoción cinematográfica. Universitat Oberta de Catalunya.
Neira, E. (2015). La otra pantalla: redes sociales, móviles y la nueva televisión. Universitat Oberta de Catalunya.
Simone, P. (2021). The circulation of European films in non-national markets. European Audiovisual Observatory.
Squire, J. (2006). El juego de Hollywood. The Movie Business Book. T&B.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 – Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas pólas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 – Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 – Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 – Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 – Capacidade de organización e planificación
CT02 – Capacidade de xestión da información
CT03 – Traballo en equipo
CT04 – Aprendizaxe autónoma
CT05 – Creatividade
CT06 – Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 – Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE07 – Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
CE08 – Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
CE09 – Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
CE10 – Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
A cualificación final ponderará un 50% a parte teórica e un 50% a parte práctica. A parte teórica da materia avaliarase mediante exame, e a parte práctica da materia avaliarase a través do citado plan de promoción e distribución, que deberá entregarse na data do exame oficial.
De cara a comprender o contexto inmediato da promoción e distribución audiovisual, recoméndase a asistencia aos diferentes festivais de cinema de Galicia, en particular aqueles realizados en Santiago de Compostela (Curtocircuíto, Cineuropa, Mostra de Cinema Etnográfico, Amal…) e aos espazos de exhibición convencionais (salas de cinema) e alternativos (cineclubes, asociacións). Ao mesmo tempo, proponse o seguimento das tendencias cambiantes do negocio do audiovisual a través de bases de datos e medios como Taquilla España, Audiovisual 451, IndieWire, Hollywood Reporter ou Variety.
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 1 |