Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da estatística como ferramenta para a toma de decisións e a investigación no campo da comunicación.
2. Estudo e aplicación de métodos e técnicas estatísticas para a obtención, tratamento e presentación dos datos.
3. Análise estatística e interpretación de datos no campo da comunicación.
4. Manexo e análise de bases de datos do ámbito.
5. Aplicación e manexo de software estatístico.
Resumo e difusión da información estatística. Análise e resumo descritivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, variacións. Métodos estatísticos de aplicación na elaboración de información e investigación en comunicación. Soporte informático da estatística. Bases de datos no ámbito da comunicación e a súa análise.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. INTRODUCIÓN
1.1 Introdución ó concepto de Estatística
1.2 Conceptos xerais de Estatística
TEMA 2. ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
2.1 Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
2.2 Representacións gráficas
2.3 Medidas de posición
2.4 Medidas de dispersión
2.5 Medidas de forma e concentracion
TEMA 3. ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS
3.1 Distribucións bidimensionais. Tabulación
3.2 Representacións gráficas
3.3 Relacións entre características. Independencia
3.4 Correlación e asociación
TEMA 4. NUMEROS ÍNDICES
4.1 Principais taxas de variación
4.2 Índices simples e compostos
4.3 Cambio de base
4.4 Índices de prezos, cantidades e valor
4.5 Deflactación
4.6 Índice de prezos de consumo. Outros indicadores
TEMA 5. SERIES TEMPORAIS
5.1 Modelización descriptiva dunha serie temporal
5.2 Compoñentes dunha serie temporal
TEMA 6 MOSTRAXE E DATOS EN COMUNICACION
6.1 Introdución á mostraxe
6.2 Principais técnicas de selección de mostras
6.3 Aplicacións. Principais enquisas
TEMA 7. A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
7.1 Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
7.2 Fontes de información estatística (IGE, INE, Eurostat, Anuario MC, AIMC…)
CONTIDOS PRÁCTICOS
Realizaranse actividades prácticas (resolución de exercicios, manexo de software informático, etc) en relación a todos os temas do contido teórico.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Jauset, J. (2007). Estadística para periodistas, publicitarios y comunicadores : aplicaciones de los porcentajes y diseño e interpretación de encuestas : 110 ejercicios y cuestiones prácticas. UOC.
Peña, D. & Romo, J. (2003). Introducción a a la estadística para las ciencias sociales. McGraw Hill.
Pérez, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación.
Portilla, I. (2004). Estadística descriptiva para comunicadores: aplicaciones a la publicidad y las relaciones públicas. EUNSA.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Busquet Durán, J. & Medina Cambróns, A. (2017). La investigación en comunicación: ¿que debemos saber? ¿que pasos debemos seguir? Editorial UOC. https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/lc/busc/titulos/59094
Fernández Cuesta, C. & Fuentes García, F. (1995). Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Ariel.
Gonick, L. & Smith, G. (2001). A estatística !en caricaturas!. SGPEIO.
Humanes, M.L. (2015). Métodos de investigación en comunicación: ejercicios aplicados a las técnicas cuantitativas. Ommpress.
Jauset, J. (2000). La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos. Paidós.
Pulido San Román, A. (1984). Estadística y técnicas de Investigación Social. Pirámide S.A.
Sierra, R. (1994). Técnicas de investigación social. Paraninfo.
Tanur, J.M. (1992). La Estadística: Una guía a lo desconocido. Alianza Editorial.
Wimmer, R. & Dominick, J. (1996). La Investigación científica de los medios de comunicación : una introducción a sus métodos. Bosch.
Wimmer, R.& Dominick, J. (2001). Introducción a la investigación en medios masivos de comunicación. International Thomson Editores.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A materia consta dun total de 6 créditos, nos que a metade serán dedicados a clases expositivas e o resto a clases interactivas. Non haberá dúas partes completamente diferenciadas en canto a teoría e práctica, senón que ambas as partes se desenvolverán de forma coordinada durante o curso. O material das clases do profesorado proporcionarase no Curso Virtual da materia e tamén se terá en conta o seu uso na metodoloxía de ensino.
Clase maxistral: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiren unha participación activa dos estudantes, e nas que o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento: presentación de contidos.
Seminario: Sesión interactiva e grupal para o traballo guiado polo/a docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos.
Resolución de problemas: Realización de actividades dirixidas, xeralmente orientadas a obter un resultado concreto (solución ou análise).
A proba final individual realizarase de forma presencial nas datas establecidas polo Centro. As diferentes actividades avaliábeis ao longo do curso presentaranse nas sesións presenciais e recolleranse no aula virtual.
1ª OPORTUNIDADE
- Exame final: 50% da cualificación total.
- Exercicios prácticos: 50% da cualificación total. O sistema de avaliación basarase na asistencia activa ás clases, nas prácticas a realizar polo alumnado dentro e fóra do horario de clases, así como na calidade dos traballos elaborados ao longo do curso.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
2ª OPORTUNIDADE
A forma de avaliación descrita para a 1ª oportunidade é aplicable tamén para a 2ª oportunidade. Así, nesta 2ª oportunidade, conservarase a nota dos exercicios prácticos que non serán obxecto de recuperación, podendo recuperar a nota do/s exame/s mediante un exame final.
O alumnado que dispoña de dispensa de asistencia a clases terá que realizar o exame final, que representará o 100% da cualificación. Estas condicións son as mesmas tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.
- As dispensas de asistencia a clases deberán ser autorizadas pola Comisión Académica.
- En caso de plaxio ou uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou exames: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
- De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, polo tanto, a nota final do estudante que as cumpra en ningún caso será "Non Presentado".
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Tutorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia. O estudantado ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.
O estudantado ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia polo que é importante a asistencia ás actividades académicas. É conveniente que o alumnado consulte todas as dúbidas que teña tendo en conta o papel que xoga a interpretación e o emprego dos resultados estatísticos no seu futuro labor profesional.
As expresións matemáticas non teñen que ser memorizadas, son facilitadas no momento de empregarse. Téntase así que se adquiran destreza na análise e a interpretación dos resultados recollidos nos medios de información.
Uso da Aula Virtual: si
Docencia Interactiva: Aula Informática, Aula de Pizarra.
Software: EXCEL, SPSS
Carlos Pio Del Oro Saez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luisa Chas Amil
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811549
- Correo electrónico
- marisa.chas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
14.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
14.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
12.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |