Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da lingua castelá e dos seus estándares, ortografía, léxico e fraseoloxía específicas.
2. Estudo do uso da lingua castelá na produción da información xornalística e audiovisual, tanto na
súa forma falada como escrita; tanto na súa terminoloxía para a expresión das ideas e contidos, como para o
estudo da lingua nas prácticas.
3. Aplicación e manexo de contextos e técnicas xornalísticas e do audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Conceptos lingüísticos básicos: comunicación, lingua, fala. Signos e símbolos. Linguaxe verbal e linguaxe audiovisual
Tema 2. Estudo da variación na comunicación audiovisual
2.1 O español no mundo. Variedades diatópicas, diafásicas, diacrónicas e diastráticas
2.2 Os prexuízos lingüísticos. Español latino versus español de España. Estereotipos lingüísticos e linguaxe inclusiva en cinema, televisión, publicidade, videoxogos, etc.
Tema 3. A mensaxe audiovisual. Compoñentes lingüísticos
3.1 Compoñente gráfico-fónico. Os sons do español. Novidades da última edición da Ortografía da lingua española. Os barbarismos
3.2 Compoñente gramatical. Estrutura e formación das palabras en español. Clases de palabras. Os solecismos
3.3 Compoñente léxico. Préstamos e neoloxismos no ámbito audiovisual. Os anglicismos
Tema 4. A norma lingüística e a normatividade
4.1 Norma exemplar e norma prescriptiva. Lingua estándar e ideal de lingua. O concepto de "prestixio"
4.2 A norma feita código. Dicionarios do español. Gramáticas. Manuais de estilo
Tema 5. Linguaxe e contexto
5.1 Trazos pragmáticos da mensaxe audiovisual
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Desenvolvemento da creatividade verbal-lingüística na aula a través de actividades de gamificación e de relación entre as artes (literatura, fotografía, cinema, música, etc.).
- Produción de textos orais e escritos en español para os medios, prestando atención aos requisitos de coherencia, cohesión e adecuación textuais
- Detección das manifestacións excluíntes da linguaxe (edadismo, sexismo, racismo, etc.) e produción de formas non excluíntes
- Manexo de diferentes ferramentas de corrección lingüística: gramáticas, dicionarios, ortografías e corpus lingüísticos
- Utilización e comparación de contornas e ferramentas de axuda á escritura de noticias, guións, etc.: FARTA, intelixencia artificial
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aleza Izquierdo, M. (2006). Lengua española para los medios de comunicación: usos y normas actuales. Tirant lo Blanch.
Borau, J. L. (2010). Palabra de cine. Su presencia en nuestro lenguaje. Ediciones Península.
Gómez Torrego, L. (2002). Nuevo manual de español correcto. Arco Libros.
Herrero, A. (2023). Somos lengua. Porque nosotros transformamos la lengua y la lengua transforma la realidad. Destino.
RAE (2010). Ortografía de la lengua española. Espasa Calpe.
Robles Ávila, S. y Moreno Ortiz, A. (ed. Lit.) (2019). Comunicación mediada por ordenador: la lengua, el discurso y la imagen. Cátedra.
Romero Gualda, M.ª V. (2008). El español en los medios de comunicación. Arco Libros.
Sarmiento, R. y Vilches, F. (coord.) (2007). Neologismos y sociedad del conocimiento: funciones de la lengua en la era de la globalización. Ariel.
Serrano Serrano, J. (2002). Guía práctica de redacción. Colección Taller de Lenguaje, Anaya Ediciones.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bosque, I. (2004). REDES. Diccionario combinatorio del español contemporáneo. SM.
Cassany, D. (1999). La cocina de la escritura, (8.ª ed.). Ariel.
Cassany, D. (2007). Afilar el lapicero. Guía de redacción para profesionales. Anagrama.
Escandell Vidal, V. (2005). La comunicación. Gredos.
Fuentes, C. y Alcaide Lara, E. (2002). Mecanismos lingüísticos de la persuasión: cómo convencer con palabras. Arco Libros.
Garrido Medina, J. (ed.) (1999). La lengua y los medios de comunicación. Universidad Complutense.
Grijelmo, Á. (2004). La punta de la lengua: críticas con humor sobre el idioma y el diccionario. Aguilar.
Martínez de Sousa, J. (2008). Ortografía y ortotipografía del español actual. Trea.
Portolés, J. (2001). Marcadores del discurso (2.ª ed.). Ariel.
Ramoneda, A. (1999). Manual de estilo: guía práctica para escribir mejor. Alianza Editorial.
RAE (2001). Diccionario de la lengua española (22.ª ed.). Espasa Calpe.
RAE (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Santillana.
Romero Gualda, Mª V. (coord.) (2002). Lengua española y comunicación. Ariel.
Sánchez Lobato, J. (2006). Saber escribir. Instituto Cervantes.
Sarmiento, R. y Vilches, F. (coord.) (2009). Calidad del español en la Red: nuevos usos de la lengua en los medios digitales. Ariel.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe
audiovisual.
CON.7 - Coñecer as distintas metodoloxías de análise de calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo
ou multimedia.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non
especializados.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou
multimedia.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e
contextos.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou
multimedia.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible.
Utilizarase unha metodoloxía activa e participativa, tendo sempre en conta os intereses do grupo.
Clases maxistrais que se completarán coas lecturas de carácter obrigatorio indicadas no programa e con outras achegadas ben polos estudantes ben pola docente nas sesións que así o requiran.
Resolución de problemas e presentacións na aula, onde os alumnos e alumnas traballarán con materiais textuais e audiovisuais auténticos.
Foros de discusión e traballo en pequeno grupo para a realización de microproxectos de aprendizaxe especializada.
Gamificación na aula.
Os distintos materiais elaborados ou seleccionados pola profesora (textos, vídeos, presentacións, etc.), e as tarefas propostas, serán subidos ao campus virtual.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Ao longo do cuadrimestre, o alumnado realizará diferentes tarefas (escritas e orais) para a avaliación da aprendizaxe, que se anunciarán na aula, no campus virtual e serán anunciadas ao longo do curso coa suficiente antelación.
A avaliación levarase a cabo mediante:
Actividades de avaliación continua: 20%
Exercicios prácticos: 50%
Proba de coñecementos: 30%
Exercicios prácticos. Consistirán na presentación escrita ou oral de diferentes actividades realizadas individualmente ou en grupo por parte do alumnado. Todas estas actividades, etiquetadas como "Cousas que podo facer coa lingua", incluirán comentarios de texto, produción de textos escritos en contextos creativos, deseño de xogos, adaptacións e narración transmedia, etc. Os exercicios prácticos serán valorados cun máximo de 5 puntos.
Actividades de avaliación continua. Consistirán na presentación e defensa oral dun proxecto audiovisual realizado en grupo sobre aspectos prácticos da materia relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030), e que se avaliará cun máximo de 2 puntos. Este proxecto, pactado entre cada grupo e a docente, iniciarase no mes de outubro, será titorizado quincenalmente e exporase nas últimas sesións interactivas do mes de novembro.
Proba de coñecementos. Consistirá nunha proba obxectiva sobre os contidos tratados na materia. Terá lugar na data oficial publicada pola facultade e será valorada cun máximo de 3 puntos.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos e alumnas que se presenten á segunda oportunidade serán avaliados/as cun único exame, que constará dunha parte teórica (proba obxectiva sobre todos os contidos do programa, valorada con 5 puntos), e outra práctica (ensaio sobre un dos puntos do tema 2, valorada con 5 puntos).
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora e este alumnado presentará os mesmos traballos escritos que as súas compañeiras e compañeiros de curso; e o proxecto audiovisual (neste caso individual) será presentado na data oficial marcada pola Facultade. O exame terá un peso do 30% e os trabajos do/da estudante un 70%.
INFORMACIÓN DE INTERESE
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada tanto a parte teórica como a práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión dás cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final de calquera estudante que as cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Para o alumnado non nativo aconséllase, como mínimo, un nivel de español B1.
A lingua na que se imparte a materia é o castelán ou español. Poderán utilizarse outras linguas puntualmente, con fins didácticos, en función das tarefas programadas, relacionadas coa dobraxe, subtitulado, tradución, etc.
Maria Teresa Diaz Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811767
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 0 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Seminario 1 | Castelán | Aula 0 |
13:00-14:00 | Seminario 1 | Castelán | Aula 0 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 0 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
09.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |