Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 36 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Produción e realización de contidos radiofónicos.
2. Exploración de novos formatos sonoros, innovación e experimentación.
3. Estudo e aplicación da creación musical e a súa relación cos produtos audiovisuais.
4. Estudo e aplicación dos xéneros e estilos da ficción sonora e radiofónica.
5. Aplicación e manexo da posprodución sonora, e da circulación e difusión de contidos sonoros
CONTIDOS TEÓRICOS:
Tema 1: A linguaxe radiofónica.
1.1 Elementos da linguaxe radiofónica.
1.2 Xéneros radiofónicos.
1.3 Xéneros artísticos: documental sonoro, ficción, radioarte.
Tema 2. O guión e a locución.
2.1 A escrita do guión.
2.2 Os formatos híbridos.
2.3 Procura e creación de historias orixinais.
2.2 A locución. O uso da voz.
Tema 3. Narrativa e realización radiofónica: o tempo, o ritmo, as transición e as figuras de montaxe.
3.1 Creación de imaxes mentais.
3.2 Deseño da posta en escea sonora.
Tema 4. Tecnoloxía do audio e a radio.
4.1 Uso de ferramentas de gravación.
4.2 Efectos de son.
4.3 Mestura.
CONTIDOS PRÁCTICOS:
1. Proxecto grupal de audio. Produción, escrita, gravación, edición e posedición dun produto radiofónico ou de audio.
2. Estudos de caso individuais de produtos radiofónicos e de audio.
Bibliografía básica
Balsebre, A. (1994): El lenguaje radiofónico. Ed. Cátedra. Signo e imagen. Madrid.
Denis, M. (1984): Las imágenes mentales. Ed. Siglo Veintiuno. Madrid.
Karhunen, P. (2017). Closer to the story? Accesibility and mobile journalism. Reuters Institute.
Pedrero, L.M. (2023). La consolidación del podcast en España: parámetros para el reconocimiento de una nueva industria cultural. Cuadernos de periodistas: revista de la Asociación de la Prensa de Madrid, 46, pp. 39-50.
Pousa, X.R. e Yaguana, H.A. (2013). La Radio un medio en evolución. Comunicación Social.
Rodero, E. e Soengas, X. (2010): Ficción radiofónica. RTVE. Madrid
RODRIGUEZ BRAVO, A. (1998): La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Ed. Paidós. Barcelona.
Bibliografía complementaria
Amburgey, I. (2020). The State of the Podcast Universe Report 2019.
Gómez-Uribe, C. A. e Hunt, N. (2016). The Netflix recommender system: Algorithms, business value, and innovation. AMC Transactions on Management Information Systems
(TMIS), 6, 4, http://dx.doi.org/10.1145/2843948
Izuzquiza, F. (2019). El gran cuaderno del podcasting. Madrid: Kailas Editorial.
Mateos Sainz de Medrano, V. (2003). La radiovoz, sonido e información. Universidad Antonio de Nebrija.
Neira, E. (2020). Streaming wars. Barcelona: Libros Cúpula.
Neira, E. (2018). Impacto del modelo Netflix en el consumo cultural en pantallas: big data, suscripción y long tail. Anuario AC/E de Cultura Digital. Tendencias digitales para la pantalla.
Mayo, A. (2019). Podcasting. How to start a podcast and create a profitable podcasting business. United Kingdom.
Merayo Pérez, A. e Pérez Álvarez, C. (2001). La magia radiofónica de las palabras. Aproximación a la lingüística en el mensaje de la radio. Cervantes.
CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.6 – Manexar os fundamentos, técnicas, tecnoloxías e rutinas da animación, a gamificación e a realidade virtual.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.2 - Deseñar e implementar técnicas e tecnologías de tratamento e expresión visuais e sonoras aplicadas ás obras audiovisuais.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dun xeito profesional e ético no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
• Doce horas de sesións maxistrais.
• Trinta e seis horas de laboratorio interactivo.
• Estudos de caso.
• Aprendizaxe baseada en proxectos.
Probas de coñecementos: 50%
Exercicios prácticos: 50%
Segunda oportunidade: a avaliación será a mesma que na primeira.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
• Docencia teórica: 12 horas
• Docencia interactiva: 36 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
O seguimento da materia obriga á atención permanente de información sobre o sector do audio e a radio, dende a produción de proxectos innovadoras ata as técnicas de distribución, os novos formatos e ferramentas da sociedade dixital.
Recoméndase un achegamento a estas cuestións dende a óptica do deseño, creación e produción de proxectos de audio, sen perder de vista a influencia da vertente empresarial. Tamén se aconsella ao alumnado seguir os documentos que a docente colgará no Campus Virtual como material complementario.
Tania Fernandez Lombao
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- tania.fernandez.lombao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
02.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
02.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
03.07.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |