Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS
O/A alumno/a saberá e comprenderá:
O-1 . Identificar os elementos propios dunha sociedade de antigo réxime,
dunha sociedade liberal-capitalista, de capitalismo avanzado e socialista.
O2. Coñecer as principais ideoloxías e movementos políticos que
marcaron a Idade Contemporánea, así como os lugares nos que se desenvolveron e o seu legado na actualidade.
O3. Coñecer os cambios tecnolóxicos máis destacados que deron lugar ás transformacións fundamentais na organización económica, social e
política do mundo contemporáneo.
O4. Saber analizar os fenómenos sociais dende a complexidade que
resulta da interacción dos elementos económicos, sociais e políticos,
xurídicos e culturais; pensar historicamente obriga a poñer en relación mutua
todas estas variables, e a encadrar cuestión como o delito, a criminoloxía e
a súa aplicación no contexto socio histórico que lles corresponde.
BLOQUE I: Da Crise do Antigo Réxime á Primeira Guerra Mundial (1789-1914)
1. A crise do Antigo Réxime e a Revolución Francesa
2. Os procesos de industrialización (modelos e ritmos) e a expansión do capitalismo
3. Ideoloxías e sistemas políticos: liberalismo, conservadurismo, nacionalismo
4. O socialismo e os movementos sociais no século XIX
5. Primeira globalización e imperialismo
BLOQUE II: Da Primeira á Segunda Guerra Mundial, o período de entreguerras (1914-1945)
6. A Primeira Guerra Mundial e as súas consecuencias
7. A Revolución Rusa e a creación de la Unión Soviética
8. A crise da democracia e a irrupción dos fascismos
9. Desenvolvemento e crise económica no período de entreguerras
10. A Segunda Guerra Mundial
BLOQUE III: O mundo dende 1945
11. A nova orde internacional: a formación de bloques y a Guerra Fría
12. O capitalismo nos países occidentais: crecemento, crise e reestruturación.
13. O Bloque do Leste: de 1945 á quebra do modelo soviético
14. O Terceiro Mundo: descolonización e subdesenvolvemento
15. Globalización: Perspectivas e problemas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ARACIL, R.; OLIVER, J.; SEGURA, A. (1998): El Mundo Actual. De la II Guerra Mundial a nuestros días, Barcelona, Universidad de Barcelona.
ARTOLA, M. e PÉREZ LEDESMA, M. (2005): Contemporánea: la historia desde 1776, Madrid, Alianza.
AZCONA, J.M. (2010): Historia del mundo actual (1945-2005): ámbito sociopolítico, estructura económica y relaciones internacionales, Madrid, Universitas.
FELIU MONFORT, G.; SUDRIÀ, C. (2014): Introducción a la historia económica mundial. Barcelona, Universitadad de Barcelona.
PALACIOS BAÑUELOS, L. (2011): Manual de Historia Contemporánea Universal (1920-2005). Madrid, Dilex.
VILLARES, R.; BAAMONDE A. (2001): El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALLEN, Robert C. (2013): Historia Económica mundial: una breve introducción. Madrid: Alianza.
AMBROSIUS, G. e HUBBARD, W.H. (1992): Historia social y económica de Europa en el siglo XX, Madrid, Alianza Universidad.
AROSTEGUI, J.; BUCHRUCKER, C.; SABORIDO, J. (2001): El mundo contemporáneo : historia y problemas. Barcelona: Crítica.
BRIGGS, A; CLAVIN, P. (2000): Historia contemporánea de Europa : 1789-1989. Barcelona: Crítica.
CALVOCORESSI, P. (1991): Historia política del mundo contemporáneo : de 1945 a nuestros días. Madrid :Akal.
CARUANA DE LAS CAGIGAS, L. et.al (2013): Crisis y desarrollo económico, Madrid, Pirámide.
COMÍN, F.; HERNÁNDEZ, M.; LLOPIS, (2011): E. Historia económica mundial : siglos X-XX. Barcelona : Crítica.
ELEY, G. (2003): Historia d ela izquierda Europea. 1850-2000. Barcelona: Crítica.
FONTANA, J. (2011): Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona, Pasado y Presente.
FRIEDEN, J. (2012): Capitalismo Global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX, Barcelona, Crítica.
GAILLARD, J. M.; ROWLEY, A. (2000): Historia de un Continente. Europa desde 1850, Madrid, Alianza.
HOBSBAWM, E. (1998): La era del capital, 1848-1875. Barcelona : Crítica.
HOBSBAWM, E. (1998): La era del imperio, 1875-1914. Barcelona : Crítica.
HOBSBAWM, E. (2003):Historia del siglo XX : 1914-1991. Barcelona :Crítica.
JUDT, T. (2012) Postguerra. Una historia de Europa desde 1945. Barcelona: Taurus.
KENWOOD, A.G.; LOUGHEED, A.L. (1990): Historia del desarrollo económico internacional. Madrid : Istmo.
LANDES, D. (1999): La riqueza y la pobreza de las naciones. Barcelona: Crítica.
OVERRY, R. El camino hacia la Guerra: la crisis de 1919-1939 y el inicio de la Segunda Guerra Mundial. Madrid: Espasa Calpe, 2009.
MADDISON, A. (2003) The world economy : historical statistics. Paris: OECD.
PROCACCI, G. Historia general del siglo XX. Barcelona : Crítica, 2004.
RAMONET, I. (2002): Guerras del siglo XXI. Barcelona : Random House Mondadori.
TORTELLA, G. (2000): La revolución del siglo XX : capitalismo, comunismo y democracia. Madrid : Taurus.
VEIGA, F.; UCELAY DA CAL, E.; DUARTE, Á. (1998): La paz simulada : una historia de la Guerra Fría, 1941-1991. Madrid : Alianza.
VILLANI, P. (1996): La edad contemporánea, 1800-1914. Barcelona : Ariel.
ZAMAGNI, V. (2016): Una Historia Económica. Europa de la Edad Media a la crisis del euro, Crítica, Barcelona.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
O/A alumno/a será capaz de:
CE25. Coñecer os procedimentos de recollida de información.
CE26. Planificar unha investigación.
CE28. Elaborar un informe de investigación
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con
profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro
de equipos interdisciplinares e multiculturales (CG interpersonal)
CT2. Capacidade para reflexionar de maneira crítica e constructiva para
argumentar e expresarse organizada e razoadamente, tanto na comunicación oral como na escrita (CG instrumental)
CT8. Capacidade de análise e de síntese para adquirir unha visión global dos
problemas e para aplicar os coñecementos na práctica (CG instrumental)
CT9. Capacidade para tomar decisións e de adaptación a novas situacións
(instrumental)
CT 10. Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade (CG
interpersoal)
CT11. Aprendizaxe autónoma (sistémica)
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia a docencia desenvólvese da seguinte forma:
- Clases expositivas, dedicadas á explicación de contidos teóricos. Actividade presencial na aula.
- Clases interactivas, dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos. As mesmas consistirán en comentarios de textos, gráficas e mapas; lecturas, proxección e comentario de audiovisuais. Algunhas destas actividades realizaranse individualmente e outras en grupos reducidos para garantir a participación de todos os alumnos/as.
- Titorización personalizada para os traballos de grupo.
A avaliación será continua e terase en conta a participación dos alumnos/as nas actividades propostas ao longo do semestre. A nota final obterase do seguinte xeito:
a) O exame final consistirá nunha proba escrita sobre as cuestións tratadas nas aulas teóricas e representará o 70% da cualificación total da materia.
b) A realización do traballo de grupo valorarase cun 30% da nota final.
c) O traballo de grupo entregarase aos profesores en decembro.
Deberase ter, cando menos, un 3 sobre 7 no exame para ser avaliado en todas as partes da materia.
Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia:
Contido do exame 80%
Prácticas 20% (entregadas por correo electrónico).
A consideración de non presentado ou suspenso establecese no artigo 5.2 da Normativa de permanencia da USC
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións.
Horas presenciais no cuadrimestre:
- Teóricas: 35
- Prácticas: 15
- Titorías: 5
Horas non presenciais no cuadrimestre: 96
Estas supoñen 6 horas de traballo semanal que se poden dividir da seguinte maneira:
1) Horas de preparación de prácticas: 1
2) Horas de preparación do exame: 4
2) Preparación do traballo de curso: 1
Horas de avaliación:
- As probas de avaliación das prácticas e dos traballos realizaranse dentro do horario de docencia.
- O exame final determínao a facultade fóra do horario de docencia. A duración do mesmo estará entre dúas e tres horas.
Total volume de traballo do alumno: 151 horas
- Lectura dos capítulos dos manuais básicos correspondentes aos temas que se irán explicando nas clases teóricas.
- Preparación das lecturas correspondentes ás clases prácticas.
- O traballo de curso terá un seguimento por parte dos profesores polo que se recomenda que os alumnos empreguen as horas de titorías para consultas con respecto ao mesmo e, en xeral, para calquera apoio que precisen sobre a materia.
1. Analizar e comprender, non memorizar.
2. Desenvolver a capacidade de relación dos acontecementos e das dinámicas sociais, políticas e económicas no espazo e no tempo.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Miguel Cabo Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812580
- Correo electrónico
- miguel.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
David Soto Fernandez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- david.soto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Andrea Rivas Fiel
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- andrearivas.fiel [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Clases expositivas | Galego | Aula 17 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Clases expositivas | Galego | Aula 17 |
23.01.2025 10:00-12:00 | Clases expositivas | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-12:00 | Clases expositivas | Aula 5 |
10.06.2025 10:00-12:00 | Clases expositivas | Aula 5 |