Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de manexar os conceptos teóricos máis importantes en relación coas institucións do Dereito público xeneral e o sistema de Xustiza penal (acción, xurisdición e proceso). Ademais preténdese incentivar ao alumnado para unha comprensión completa da actividade dos tribunais de xustiza, especialmente na orde xurisdicional penal, e fomentar a adquisición dunha visión global do proceso, dos problemas forenses e das institucións de dereito público estudadas.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e jurisprudenciales, fontes doutrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
LECCIÓN 1. O Dereito procesual. 1. Concepto e características do Dereito Procesual. 2. A eficacia das normas procesuais no tempo e no espazo. 3. As fontes do Dereito Procesual. 4. A interpretación do Dereito Procesual. 5. Leis procesuais básicas.
LECCIÓN 2. A mediación. 1. A mediación en asuntos civís e mercantís. 2. A mediación penal.
LECCIÓN 3. A xurisdición e o Poder Xudicial. 1. Os conflitos xurídicos e os seus modos de solución. 2. A potestade xurisdicional. 3. As funcións da xurisdición. 4. A economía da Xustiza.
LECCIÓN 4. O Poder Xudicial. 1. O Poder Xudicial: formación; Poder Xudicial e Administración de Xustiza; responsabilidade do Estado polo funcionamento da Xustiza. 2. A independencia do Poder Xudicial. 3. A organización do Poder Xudicial. 4. O Poder Xudicial no Estado das autonomías. 5. O Poder Xudicial e os outros poderes do Estado.
LECCIÓN 5. A esixencia constitucional do exercicio da xurisdición: a exclusividade. 1. O monopolio estatal da xurisdición. 2. A atribución da potestade xurisdicional a xulgados e tribunais. 3. As funcións exclusivas dos xulgados e tribunais.
LECCIÓN 6. Os límites da xurisdición española. 1. O principio xeral establecido na LOPX. 2. Os criterios de atribución da competencia xurisdicional internacional: os foros exclusivos. 3. A competencia xurisdicional española na orde civil. 4. A competencia xurisdicional española na orde penal. 5. A competencia xurisdicional española na orde contenciosa-administrativo. 6. A competencia xurisdicional española na orde social.
LECCIÓN 7. Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional. 1. Introdución. Normativa aplicable. 2. Os órganos xudiciais: multiplicidade de órganos xudiciais; criterios para a súa creación; a división dos tribunais en salas e seccións; órganos colexiados e órganos unipersoais. 3. O Tribunal Constitucional: composición; competencias; carácter xurisdicional do Tribunal Constitucional.
LECCIÓN 8. O goberno do Poder Xudicial. 1. Introdución. 2. O Consello Xeral do Poder Xudicial: concepto; composición, designación e estatuto dos seus membros; organización e atribucións. 3. As Salas de Goberno. 4. Os/As Presidentes/as dos Tribunais e das Audiencias. 5. Os/As Presidentes/as das Salas de Xustiza e os/as xuíces/zas. 6. Os/As Decanos/as e as Xuntas de xuíces/zas e de maxistrados/as. 7. A inspección dos tribunais.
LECCIÓN 9. As garantías constitucionais dos/as xuíces/zas e maxistrados/as. 1. Concepto. 2. A independencia dos/as xuíces/zas e maxistrados/as. 2.1. Independencia respecto das partes procesuais e do obxecto litixioso. 2.2. Independencia respecto dos superiores e dos órganos de goberno. 2.3. Independencia dos outros poderes do estado e de presións sociais. 3. A inamobilidade. 4. A responsabilidade persoal de xuíces/zas e maxistrados/as. 5. A submisión do/da xuíz/a á lei.
LECCIÓN 10. O estatuto de xuíces/zas e maxistrados/as.1. Concepto e regulación. 2. Aplicación: a carreira xudicial; adscrición territorial, provisión temporal, suplencias e substitucións; os/as xuíces/zas de Paz. 3. O ingreso na carreira xudicial: requisitos xerais; as distintas modalidades de ingreso. 4. Incapacidades, incompatibilidades e prohibicións. 5. Traslados, ascensos e formación. 6. Situacións administrativas. 7. O asociacionismo xudicial. 8. Selección e estatuto dos/as cidadáns/ás que integran o Tribunal do Xurado.
LECCIÓN 11. A oficina xudicial, os/as Letrados/as da Administración de Xustiza e o persoal ao servizo da Administración de Xustiza. 1. A Oficina Xudicial. 2. Os/As Letrados/as da Administración de Xustiza: estatuto e funcións. 3. Os corpos de funcionarios/as ao servizo da Administración de Xustiza que integran a oficina xudicial. 4. Outros corpos e institutos ao servizo da Administración de Xustiza. 5. A Policía Xudicial.
LECCIÓN 12. O Ministerio Fiscal.1. Concepto e natureza. 2. Funcións. 3. Principios de organización. 4. Principios de actuación. 5. Organización e estatuto dos membros do Ministerio Fiscal.
LECCIÓN 13. Os/As avogados/as e procuradores/as. 1. A postulación. 2. O sistema dual da postulación: representación e defensa. Procurador/a e avogado/a. 3. Supostos excepcionais de capacidade de postulación. 4. A delegación da postulación. 5. A garantía constitucional da postulación. 6. A relación xurídica existente entre avogados/as e procuradores/as e as partes. 7. Os Colexios de Avogados/as, Procuradores/as e Graduados/as Sociais. 8. Os/As Avogados/as do Estado. 9. Os/As Graduados/as Sociais.
LECCIÓN 14. O dereito á tutela xudicial efectiva. 1. A acción. Acción e xurisdición. 2. Da acción ao dereito á tutela xudicial efectiva. 3. Contido esencial. 4. O dereito a un proceso con todas as garantías e o dereito ao xuíz legal. 5. A acción popular. 6. A defensa de intereses colectivos ou intereses difusos.
LECCIÓN 15. O dereito de asistencia xurídica gratuíta. 1. Fundamento constitucional. 2. Ámbito subxectivo. 3. Requisitos obxectivos. 4. Contido material do dereito. 5. O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta. 6. O servizo de asistencia xurídica gratuíta.
LECCIÓN 16. O proceso. 1. Concepto. 2. O fin do proceso. 3. A estrutura básica do proceso derivada da constitución. 4. O proceso como relación xurídica. 5. Clases de procesos.
LECCIÓN 17. Os actos procesuais. 1. Concepto. 2. Clases de actos procesuais. 3. Actos do órgano xudicial: actos do/a xuíz/a; actos do/a Letrado/a da Administración de Xustiza; actos dos/as funcionarios/as dos corpos de xestión procesual, de tramitación procesual e de auxilio xudicial. 4. Os actos de parte. 5. Características dos actos procesuais. 6. Lugar de realización dos actos procesuais.7. Tempo dos actos procesuais. 8. A forma dos actos procesuais. 9. A nulidade dos actos procesuais.
LECCIÓN 18. Actos de comunicación e de auxilio xudicial.1. As comunicacións procesuais en xeral. 2. Práctica das comunicacións. 3. Tipos de comunicacións. 4. Nulidade e corrección dos actos de comunicación. 5. O auxilio xudicial. 6. A cooperación cos órganos xurisdicionais.
Bibliografía básica
A bibliografía está comprendida por un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978 e da Lei Orgánica do Poder Xudicial, coas súas normas complementarias. Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
Para acceder aos textos legais máis relevantes, debidamente actualizados, pode empregar: https://www.boe.es/buscar/ayudas/legislacion_actualizada.php.
Entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proveerse dende o comezo do curso de, alomenos, un dos manuais da materia. Nótese que todos os recomendados, están dispoñibles na biblioteca da Universidade.
Entre os manuais que se recomendan, pola súa sistemática e actualización, atópase, en primeiro lugar, o dos profesores Cortes Domínguez e Moreno Catena, “Introducción al Derecho Procesal”, Tirant lo Blanch (última edición); e, en segundo lugar, o dos profesores Montero Aroca, Gómez Colomer, Montón Redondo, Barona Vilar, “Derecho Jurisdiccional. Parte General”, Tirant lo Blanch (última edición).
Bibliografía complementaria
Outros manuais que poden ser convenientes son os dos profesores:
- ASENCIO MELLADO, "Introducción al Derecho procesal", Tirant lo Blanch, Valencia, (última edición).
- GIMENO SENDRA, "Introducción al Derecho Procesal", ediciones jurídicas Castillo de Luna, Madrid, (última edición).
Ademais da bibliografía que se vaia salientando a medida que agromen os debates na clase:
* ALONSO SALGADO, Cristina, "Dereito procesual penal: o Ministerio Fiscal", Esenciais, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2023, https://www.usc.gal/omp/index.php/spic/catalog/book/1661.
* ALONSO SALGADO, Cristina, "Proceso por aceptación de decreto", Unidades Didácticas, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2023 https://www.usc.gal/libros/es/categorias/1165-proceso-por-aceptacion-de….
Competencias básicas
CG1 - CG Interpersoal: capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminológica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
CG2 - CG Instrumental: capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e
razonadamente
CG5 - CG Instrumental: capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a Criminología como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, como nos aplicados
CG6 - CG Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo
CG7 - CG Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídico, médico, psicolóxico, sociolóxico e técnico) correcto
CG8 - CG Instrumental: capacidade de análise e de síntese, para adquirir unha visión global dos problemas e para aplicar os coñecementos á práctica
CG9 - CG Instrumental: capacidade para tomar decisións e de adaptación a novas situacións
CG10 - CG Interpersoal: recoñecemento da diversidade e da multiculturalidad
Competencias específicas:
CE1 - Capacidad para identificar y comprender cuestiones relativas a los derechos fundamentales de quienes son objeto de un procedimiento penitenciario, así como, en general, de quienes se ven afectados por lanas respuestas ante él delito y lana desviación.
CE3 - Comprensión básica de lana organización, estructura y funcionamiento de él sistema de ejecución penitenciaria y de lanas medidas alternativas, así como de los métodos y estrategias necesarios para lana consecución de lana reinserción social de los penados y lana reducción de los efectos perniciosos de lana prisión.
CE4 - Competencia para proporcionarle al juez conocimientos científicos sobre los sucesos delictivos enjuiciados, lana personalidad de él autor, los factores criminógenos existentes y él tipo de respuesta aplicable, todo ello de lana mano de uno correcto empleo de los conceptos y lanas teorías criminológicas, así como para efectuar tareas de asesoramiento en relación con lana interpretación de los informes forenses.
CE11 - Adquirir los conocimientos necesarios para solicitar, interpretar y abordar con rigor científico los diversos tipos de informes el pericias médico- legales.
A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: O seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que só sería posible de forma moi esquemática e, por conseguinte, de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Con todo, nelas procúrase destacar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma ou de actualidade polémica, que son precisamente aquelas que máis frecuentemente pregúntanse nos exames. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións da docente poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual e para a comprensión adecuada da materia. A asistencia con regularidade ás actividades lectivas programadas, salvo casos excepcionais debidamente autorizados, é un dereito, pero tamén un deber do alumnado (art. 33 dos Estatutos da USC). Terase en conta a asistencia a clase e a activa participación á hora da cualificación final.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade expor os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global da asignatura. Así as cousas, o réxime das prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do Dereito positivo a supostos de feito e outros traballos de contido práctico. Serán propostas pola profesora con antelación suficiente, e deberán ser realizadas polo alumnado, no seu caso, fóra do horario lectivo. Serán entregadas polos asistentes a cada sesión e resoltas en clase. Igualmente, ás tarefas programadas nas sesións interactivas corresponderalles unha porcentaxe da cualificación final.
Nas sesións interactivas, a presencialidade é obrigatoria.
TITORÍAS: As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderanse por parte da docente encargada da materia no horario que se indique.
A proba final de avaliación consistirá nun exame escrito. Para superar o exame e ter a condición de aprobado/a, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes. O exame consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable.
Valoración das diversas actividades docentes:
Exame final: 7 puntos.
Realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa: 3 puntos (a sumar tan só no caso de superar o exame final).
O/A docente encargado/a da materia publicará as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias.
A concesión á alumna ou ao alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no decurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, estabelecerase polas canles telemáticas que a/o docente e a/o alumna/o estabelezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame (ao igual que acontece co alumnado non exento) de sete puntos.
A efectos da normativa de permanencia, só se considera actividade avaliable o exame final.
Total de horas de traballo presencial na aula: 65 hrs.
Total de horas de traballo persoal da/o alumna/o: 85 hrs.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia e participación activa do alumnado nas actividades académicas presenciais. Neste sentido, a lectura do material lexislativo e dos epígrafes e fontes bibliográficas recomendadas, unido aos materiais e indicacións fornecidos pola/o docente e as notas que, como complemento, o alumnado poida tomar, permitirá ás/aos discentes, non só coñecer os contidos da materia, senón, o que é máis importante, asimilalos en profundidade, establecendo conexións entre as diferentes partes que integran o programa.
Neste sentido, é preciso lembrar que, entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proverse desde o inicio do curso de, polo menos, un dos manuais recomendados da materia. Asemade, tamén é responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, Teams, correo electrónico).
É tamén recomendable para o estudo da materia a asistencia e participación nas clases interactivas. E iso porque estas teñen como finalidade formular os problemas máis relevantes que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, así como completar o programa da materia.
A experiencia acumulada durante un bo número de anos demostra que aqueles alumnos que asisten de maneira habitual ás exposicións da clase obteñen mellores resultados. O alumnado non debería atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co devandito anteriormente, obtén desde o primeiro día de clase os materiais da disciplina, trata de introducirse e comprender a terminoloxía procesual (aínda que isto supóñalle un esforzo adicional ao principio), é capaz de dedicar un tempo de cada día lectivo ao estudo da materia sen omitir ningunha lección do programa, e de preguntar habitualmente nas titorías as cuestións que non entenda ou nas que teña dúbidas, evitando tentar aprender de memoria cuestiones que previamente non fosen comprendidas de maneira correcta. Ademais, é moi útil prestar atención ás noticias e interpretalas cos ensinanzas do curso.
Cristina Alonso Salgado
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- cristina.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Galego, Castelán | Aula 17 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |