Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecemento dos procesos psicolóxicos básicos.
-Primeira aproximación ao nivel psicolóxico de análise de fenómenos sociais complexos.
-Comprender a relación entre factores individuais e sociais no ámbito da criminoloxía.
Tema 1. Aspectos conceptuais, metodolóxicos e históricos
Psicoloxía e niveis de análise. Principios básicos do pensamento científico. Observación naturalista. Estudio de casos. Deseños correlacionais. Deseños experimentais. Marcos teóricos da psicoloxía: perspectiva histórica.
Tema 2. Bases biolóxicas do comportamento
A neurona. A sinapsis. Neurotransmisores. Sistema nervioso central. Sistema límbico. Tronco encefálico. Sistema nervioso somático. Sistema nervioso autónomo. Sistema endocrino. Factores xenéticos a ambientais. Teoría evolucionista e comportamento.
Tema 3. Sensación, percepción e atención
Sistema visual. Percepción visual. Sistema auditivo. Percepción auditiva. Olfato, gusto e tacto. Atención: Determinantes da atención. Atención selectiva. Atención dividida. Aspectos evolutivos.
Tema 4. Aprendizaxe
Habituación. Sensibilización. Condicionamento clásico. Condicionamento instrumental (u operante). Aprendizaxe observacional. Evolución e aprendizaxe: o enfoque dos sistemas de conduta.
Tema 5. Memoria
Sistemas de memoria: Memoria sensorial. Memoria a curto prazo. Memoria a longo prazo. Etapas do procesamento da información. Codificación. Almacenamiento. Recuperación. Neurobioloxía da memoria. Amnesia retrógrada. Amnesia anterógrada. Ontoxenia da memoria. Amnesia infantil. Recordos falsos: Testemuñas oculares. Testemuño infantil. Evolución e memoria.
Tema 6. Pensamento e linguaxe
Razoamento. Economía cognitiva: Conceptos, categorías e heurísticos. Razoamento intuitivo versus razoamento científico. Intelixencia. Características da linguaxe. Aprendizaxe infantil da linguaxe. Comunicación animal. Relación entre pensamento e linguaxe. Evolución, pensamento e linguaxe.
Tema 7. Emoción e motivación
Componentes da emoción. Dimensións emocionais: valencia e activación. Emocións básicas, sistemas de conduta e evolución. Expresión emocional. Enfoques tradicionais da motivación: a pirámide motivacional de Abraham H. Maslow. Motivación, sistemas de conduta e evolución. Sistema alimentario. Sistema defensivo. Sistema sexual. Sistema parental.
Tema 8. Personalidade
Teorías da personalidade: Teoría psicoanalítica. Teoría condutista. Teoría da aprendizaxe social. Teoría humanista. Modelos de trazos. Evaluación da personalidade. Evolución e personalidade.
Tema 9. Psicoloxía do desenvolvemento
Desenvolvemento cognitivo: Piaget, Vigotski e as teorías cognitivas contemporáneas. Desenvolvemento social e moral. Adolescencia. Idade adulta. Envellecemento. Evolución e desenvolvemento.
Tema 10. Psicoloxía social
Influencia social. Actitudes e comportamento. Persuasión e cambio de opinión. Prexuicio e discriminación. Evolución e comportamento social: Cooperación e altruismo. Agresión.
Tema 11. Psicoloxía clínica (I)
Trastornos de ansiedade: Trastorno de pánico. Trastorno de ansiedade xeneralizada. Fobias. Trastorno por estrés postraumático. Trastorno obsesivo-compulsivo. Evolución, medo e ansiedade.
Tema 12. Psicoloxía clínica (II)
Trastornos do estado de ánimo: Trastorno depresivo maior. Trastorno bipolar. Trastornos disociativos e da personalidade. Esquizofrenia. Enfoques terapéuticos: Cognitivo-condutual. Sistémico. Psicoanalítico. Humanista. Farmacolóxico. Evolución e psicopatoloxía. Evolución e saúde.
-Lilienfeld, S. O. et al. (2011). Psicología: Una introducción. Madrid: Pearson.
-Gaulin, S., & McBurney, D. H. (2004). Evolutionary psychology. Upper Saddle River, New Jersey: Pearson.
Durante o curso se proporcionarán lecturas adicionais para cada un dos temas.
De xeito complementario, pode ser interesante consultar o seguinte manual (dispoñible en formato electrónico na biblioteca da USC): Buss, D. M. (Ed.). (2005). Handbook of evolutionary psychology. Hoboken, NJ: John Wiley & Sons. Ademais, a través do Campus Virtual, indicaranse lecturas adicionais.
CG1: Interpersonal; capacidade para cooperar con outros profesionais nun contexto interdisciplinar e multicultural.
CE10: Comprensión e aplicación do coñecemento teórico e empírico proporcionado pola investigación nos ámbitos da delincuencia e o comportamento antisocial.
-Clases expositivas/participativas.
-Materiais audiovisuais.
-Materiais de lectura.
-Presentacións en Power-point.
-Exame final escrito (preguntas tipo ensaio): 80%
-Asistencia a clase e participación: 5%
-Informes escritos: 15%
Aqueles estudantes que, habendo participado dalgún xeito no proceso de evaluación continua (por exemplo, realizando exames parciais, informes escritos, etc.), non teñan superado a materia, obterán a calificación de Suspenso no caso de non presentarse ás convocatorias de exame oficiais.
No suposto de que a un estudante se lle conceda unha exención de asistencia a clase, será avaliado nas convocatorias oficiais de exame. Ademáis, terá que entregar todos aqueles traballos que, de xeito preceptivo, requíranselle aos estudantes que estean a cursar a materia de xeito ordinario.
-Tempo total de clases presenciais: 60 horas. Clases expositivas: 35 horas. Clases interactivas: 15 horas. Conferencias: 10 horas.
-Tempo de estudo (lecturas, redacción do informe, preparación do exame): 90 horas.
-Tempo total: 150 horas (6 créditos ECTS).
Francisco Jose Esmoris Arranz
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813709
- Correo electrónico
- fcojose.esmoris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 17 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 17 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 16 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 17 |
27.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |