Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivo xeral:
-Proporcionar ao alumno un coñecemento teórico e práctico das principales metodoloxías e técnicas cuantitativas e cualitativas de análise aplicadas ao fenómeno delictivo.
Obxectivos específicos:
Como resultado da aprendizaxe espérase que o/a estudante…
-Coñeza o método científico e as principais técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa como ferramentas de análise en Criminoloxía.
-Sexa capaz de deseñar un plan de investigación, realizando unha elección e aplicación das técnicas máis axeitadas segundo o caso concreto de investigación.
-Adquira capacidade de análise (destreza na utilización dos datos) e síntese (extracción das características máis relevantes dos mesmos)
-Aprenda a aplicación práctica, análise crítico da idoneidade técnica e limitacións do estudo e obtención de conclusiones válidas.
Bloque 1: Técnicas cuantitativas de investigación social en Criminoloxía
--------------------------------------------------------------------------------
T1. Estimación de parámetros. (2 horas)
Amostra e Poboación. Estadísticos e parámetros. Estimación de parámetros. Estimación da media aritmética. Estimación da varianza. Estimación da proporción. Selección da amostra.
T2. Comprobación de hipóteses. (2 horas)
Concepto de comprobación de hipóteses. Hipótese nula. Hipótese alternativa. Nivel de significación. Nivel de confianza. Comprobación de hipóteses para a media aritmética. Comprobación de hipóteses para a proporción.
T3. Comparacións entre medias. (4 horas)
Conceto de comparación de medias. Dúas amostras independentes. Comprobación da hipótese de igualdade de varianzas. Varianzas iguais. Varianzas desiguais. Dúas amostras relacionadas.
T4. Tablas de continxencia. (2 horas)
Concepto de táboa de continxencia. Comprobación da hipótese de independencia nas táboas de continxencia. Corrección de Yates.
T5. Inferencia non paramétrica. (2 horas)
Obxectivos da inferencia non paramétrica. Proba de Mann-Whitney para dúas amostras independentes. Proba de Wilcoxon para dúas amostras relacionadas.
T6. Contraste de hipóteses en correlación e regresión. (2 horas)
Comprobación de hipóteses para o coeficiente de correlación de Pearson. Comprobación de hipóteses para os coeficientes de regresión.
Bloque 2: Técnicas cualitativas de investigación social en Criminoloxía
------------------------------------------------------------------------------
T7. Bases Conceptuais da Investigación Cualitativa.
Definicións preliminares. Diferencias coa investigación de tipo cuantitativo. Obxectivos e contextos de uso. Criterios de calidade nunha investigación cualitativa. Nesgos a ter en conta. Panorama xeral das principais técnicas cualitativas.
T8. Fases dunha Investigación Cualitativa
Preparatoria. Traballo de Campo. Analítica. Informativa. Estrutura básica dun informe de investigación científico baseado en metodoloxías cualitativas. Diferencias entre un proxecto de investigación e un informe de investigación.
T9. A Entrevista en Profundidade.
Orixes. Definición. Tipos. Pertinencia. Preparación: selección da mostra, elaboración do guión de tópicos, etc. Realización: rapport, formato das preguntas e outros aspectos. Traballo de campo. Transcrición. Codificación e categorización. Análise da información. Informe final.
T10. A Observación como Técnica de Investigación en Criminoloxía.
Cuestiones previas. Tipos de observación. Pertinencia e selección da mostra a observar. Rexistro de observacións: o diario de campo. Análise da información. Avaliación da súa fiabilidade.
T11. Outras técnicas: Grupos de discusión, Investigación documental, Técnicas biográficas.
Características básicas. Puntos fortes e débiles. Aspectos para ter en conta respecto aos seus contextos de uso, deseño, traballo de campo, análise e interpretación.
Bloque 3: Ética, investigación e Criminoloxía
-------------------------------------------------
T12. Ética, Investigación e Criminoloxía
Código deontolóxico do criminólogo en España. Deberes en relación coa información confidencial. Compromiso de confidencialidade e consentimento informado. O Informe criminolóxico. Outros aspectos.
Bibliografía básica
--------------------
-Arce, C. y Real, E. (2001). Introducción al Análisis Estadístico con SPSS para Windows. Barcelona: PPU.
-Corbetta, P. (2007). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Madrid: McGraw-Hill.
-Delgado, J. M. y Gutiérrez, J. (1995). Métodos y Técnicas Cualitativas de Investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis.
-Giner, C. A. (2016): Técnicas de Investigación Cualitativas y Cuantitativas en Criminología. Murcia. Iuris Universal Ediciones.
-Pardo, A. y Ruiz, M. A. (2009, recurso electrónico de 2014). Gestión de Datos con SPSS Statistics. Madrid: Síntesis.
-Pardo, A., Ruiz, M. A. y San Martín, R. (2009). Análisis de Datos en Ciencias Sociales y de la Salud I. Madrid: Síntesis.
-Valles. M. (2009). Técnicas Cualitativas de Investigación Social. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
-------------------------------
-Anguera, M.T.; Arnau, J.; Ato, M.; Martínez, M.R.; Pascual, J. y Vallejo, G. (1995). Métodos de Investigación en Psicología. Madrid: Síntesis.
-Botella, J., Suero, M. y Ximénez, C. (2012). Análisis de Datos en Psicología I. Madrid: Pirámide.
-Callejo, J.; del Val, C.; Gutiérrez, J. y Viedma, A. (2010). Introducción a las Técnicas de Investigación Social. Madrid: Ramón Areces.
-Davies P.; Francis, P. y Jupp, V. (2011). Doing Criminological Research. Londres: Sage.
-García, M.; Ibáñez, J. y Alvira, F. (2005): El Análisis de la Realidad Social. Métodos y Técnicas de Investigación. Madrid. Alianza.
-Guàrdia, J., Freixa, M., Però, M. y Turbany, J. (2008). Análisis de Datos en Psicología (2ª ed.). Madrid: Delta Publicaciones Universitarias.
-Hernández, R.; Fernández, C. y Baptista, P. (2006). Metodología de la Investigación. Madrid: McGraw-Hill.
-Howell, D. C. (2013). Statistical Methods for Psychology (8ª ed.). Nueva York: Cengage Learning.
-Murillo, F. J. y Martínez-Garrido, C. (2012, recurso electrónico de 2013). Análisis de Datos Cuantitativos con SPSS en Investigación Socioeducativa. Madrid: UAM Ediciones.
-Pardo, A. y San Martín, R. (1998). Análisis de Datos en Psicología II. Madrid: Pirámide.
-Pardo, A. y San Martín, R. (2010). Análisis de Datos en Ciencias Sociales y de la Salud II. Madrid: Síntesis.
-Pérez, F. J., Manzano, V. y Fazeli, H. (1999). Análisis de Datos en Psicología. Madrid: Pirámide.
-Pozo, F. (2013). Introduccion al Analisis de Datos Cuantitativos en Criminologia. Madrid: Tecnos.
-Roldán Barbero, H. (2009) Introducción a la Investigación Criminológica. Granada: Comares.
-Solanas, A., Salafranca, L., Fauguet, J. y Núñez, I. (2005). Estadística Descriptiva en Ciencias del Comportamiento. Madrid: Thomson.
-StatSoft, Inc. (2013). Electronic statistics textbook. Tulsa, OK: StatSoft. WEB: http://www.statsoft.com/textbook/.
Competencias xerais
-----------------------
CG1. Capacidade para colaborar cos demáis e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturales (CG interpersonal).
CG2. Capacidade para reflexionar de xeito crítico e constructivo e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente, tanto na comunicación oral como na escrita (CG instrumental).
CG3. Capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da Criminoloxía e para aplicar as estratexias axeitadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética (CG instrumental).
CG5. Capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a Criminoloxía como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, como nos aplicados (CG instrumental).
CG6. Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións relevantes (en particular a través da red informática), dentro da súa área de estudo (CG instrumental).
CG7. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta (CG instrumental).
CG8. Capacidade de análise e de síntese, para adquirir unha visión global dos problemas e para aplicar os coñecementos á práctica (CG instrumental).
CG9. Capacidade para tomar decisións e de adaptación a novas situacións (CG instrumental).
Competencias transversais
------------------------------
CT1. Aprendizaxe autónoma.
CT2. Adaptación a novas situacións.
CT3. Liderazgo.
CT4. Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CT5. Sensibilidade hacia temas da realidade social, económica e ambiental
CT6. Espíritu de superación.
Competencias específicas
-----------------------------
CE19. Capacidade para analizar, valorar e comunicar información empírica sobre o delito, o
delincuente, a vítima e os medios de control social, a través do análise tanto dos
distintos medios de comunicación social, como das estadísticas policiais e xudiciais nas
que apareza reflictida, así como das encuestas de victimización.
CE22. Conocer o procedimento de investigación científica, así como as súas fases ou etapas e
aplicalo ó ámbito da Criminoloxía.
CE23. Coñecer a terminoloxía científica propia da investigación.
CE24. Coñecer as técnicas de mostraxe.
CE25. Coñecer os procedimentos de recollida da información.
CE26. Ser capaces de planificar unha investigación.
CE27. Coñecer os fundamentos do proceso de datos e familiarizarse cos métodos estatísticos univariados e bivariados.
CE28. Seren capaces de elaborar un informe de investigación.
Parte cuantitativa
-------------------
Nas clases expositivas explicaránse os contidos fundamentais do programa, empregando tanto métodos tradicionais como audiovisuais, así como a Aula Virtual. As clases expositivas complementaránse coas clases interativas, nas que o/a aluno/a aprenderá a aplicar as diferentes técnicas adquiridas de xeito teórico a datos e contextos reais.
Os/as estudantes deberán entregar durante o curso académico dous traballos escritos (un por cada parte) de carácter empírico e sobor algún tema de interese criminolóxico. As actividades do trabajo inclúen:
a) Lecturas de materiais tanto básicos como complementarios.
b) Elaboración dun informe de investigación que será revisado en grupos de seminario.
c) Horas de estudo individual para a axeitada adquisición de competencias.
d) Rastreo e búsqueda de información en internet.
Parte cualitativa
------------------
A metodoloxía docente estará centrada na aprendizaxe dende a práctica a fin de que o alumno desenvolva axeitadamente as destrezas, habilidades e competencias xenerais e específicas propias desta parte da materia, así como para potenciar e prolongar os resultados da súa aprendizaxe.
Para isto recorrerase a unha serie de actividades baseadas na resolución de casos prácticos, role-playing dunha entrevista en profundidade no ámbito criminolóxico e elaboración dun proxecto de investigación baseado en técnicas cualitativas, podéndose complementar con exposicións orais de temas do programa, debates e outros recursos docentes.
Neste tipo de metodoloxía de ensinanza, está comprobado que o grao de implicación e interacción do alumno está directamente relacionado co resultado final de cada un dos traballos anteriormente descritos; a máis interacción co profesor, mellor resultado final. En consecuencia, a asistencia ás clases tanto teóricas como interactivas é obrigatoria. Na aula, o profesor comentará aspectos de carácter xeral necesarios para a correcta realización de cada unha das actividades, ademais de solucionar cantas dúbidas específicas vaian xurdíndolle ao alumno/grupo.
As competencias non teñen por que ser innatas no estudante. O obxectivo formativo é, por tanto, desenvolverllas a través de metodoloxías e recursos axeitados en contextos o máis parecidos á realidade, xa que a formación debe poñerse en relación coa complexidade que os alumnos se atoparán no seu futuro profesional. Con todo, se un estudante ten unha competencia innata, será desenvolvida mellor que outro que non a teña e, posiblemente, a cualificación a obter será tamén mellor. En consecuencia, dado que os ritmos de adquisición das competencias poden ser diferentes, terá unha especial importancia o seguimento e titorización individualizada dos estudantes a través da plataforma Microsoft Teams.
Parte cuantitativa
--------------------
Evaluación formativa
-----------------------
A evaluación formativa comprenderá neste curso os seguintes elementos:
- Por uhna banda, os exercicios que se formulan dentro de cada tema ou pequeno grupo de temas teñen como finalidade proporcionar o/ la estudante unha idea precisa sobor o nivel de coñecementos que se pretende exixir e sobor a propria situación ó respecto. Asemade, axudan a clarexar concetos e a correxir posibles erros na aprendizaxe.
- Por outra banda, realizaránse dous traballos de curso. O traballo cuantitrativo consistirá en dar resposta a varios interrogantes sobor a análise de datos dun exemplo e na elaboración do informe. O proceso será semellante ó seguido nas sesións interativas de laboratorio. Espérase que os alunos e alunas sexan capaces de levar a cabo estas tarefas de xeito autónomo, en grupos reducidos, e que despois presenten un informe individual do traballo efectuado. A realización e entrega deste informe terá lugar ó térmo da primeira parte da materia. Será voluntario, aínda que contribuirá á nota final do modo que indícase máis abaixo. O traballo da parte cualitativa especificaráse a principios do período docente.
Evaluación final
-----------------
Convocatoria ordinaria
-------------------------
O sistema de evaluación basaráse na valoración dos seguintes criterios e elementos:
Evaluación final:
------------------
-O 70% da calificación obteráse trala superación dun exame teórico-práctico sobor os contidos do programa da materia.
Evaluación formativa:
------------------------
-Un 20% procederá da evaluación dos dous traballos empíricos mencionados anteriormente.
-O 10% restante otorgaráse en función de dous controis sorpresa realizados en clase (evaluación continua).
Todos os alunos (incluidos aqueles que teñan dispensa de asistencia a clase) terán que presentarse ó exame na data oficial establecida polo Centro así como entregar o traballo empírico mencionado anteriormente.
Para superar a materia é necesario que o/a aluno/a alcance polo menos a cualificación de Aprobado (5). Si o/a aluno/a obtén unha cualificación global inferior a 5, deberá presentarse de novo ó exame da materia en algunha das convocatorias posteriores a súa disposición. A tales efetos, conservará a nota que obtivese previamente na evaluación formativa só ata o mes de Xullo, coincidindo coa segunda oportunidade oficial do mesmo curso académico.
O sistema de avaliación acolleráse á normativa de permanencia da USC (Art. 5, apartado 2), que especifica:
"A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a."
Convocatoria extraordinaria
-------------------------------
Os alunos que se presenten a unha convocatoria extraordinaria deberán contactar co coordinador da materia con alomenos tres semanas de antelación á data oficial do exame, co fin de completar de forma axeitada o 30% da nota correspondente á evaluación formativa. En caso contrario, o aluno/a será evaluado mediante un exame cun valor do 100% de la nota final en dita convocatoria extraordinaria.
Aqueles alunos/as que, por causa de forza maior, no poideran acceder á evaluación formativa e así o indiquen nas tres primeras semanas do semestre de acordo coa normativa vixente, serán evaluados nunha proba final alternativa de carácter teórico-práctico sobre todas as competencias da asignatura.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para alunos presenciais e para aqueles con dispensa de asistencia.
Parte Cualitativa
------------------
A avaliación da aprendizaxe alcanzada polo alumno nesta parte estará baseada na Modalidade de Avaliación Continua, consistente na entrega a través da Aula Virtual da materia dunha serie de Probas de Avaliación Continua (PECs) de carácter individual ou grupal, que servirán para valorar as destrezas e habilidades adquiridas con cada unha delas.
As características e prazos de entrega de cada unha destas PECs serán mencionados en clase e aparecerán recollidos nunha serie de documentos explicativos publicados con antelación suficiente na Aula Virtual, onde ademais dunha descrición pormenorizada da tarefa a realizar, aparecerán reflectidos outros aspectos relevantes tales como as competencias exercitadas, tempo estimado de dedicación por parte do alumno, bibliografía necesaria, etc.
A cualificación final desta parte da materia será o resultado de promediar as cualificacións obtidas nas distintas PECs entregadas, podendo establecerse factores de ponderación en función da importancia e a cantidade de esforzo que implique cada un deles. A non presentación dun traballo será cualificado como un cero, polo que é sumamente importante presentar todos eles.
Como resultado deste proceso, cada alumno obterá unha cualificación final provisional que será publicada na Aula Virtual con antelación suficiente á data oficial do exame.
Á convocatoria oficial do exame (Modalidade de Avaliación Final) deberán presentarse todos aqueles alumnos que, polas circunstancias que sexan, non asistiron a clase, teñan dispensa de asistencia ou non realizaron as diferentes PECs. Tamén poderán presentarse aqueles alumnos que desexen obter unha mellor cualificación que a obtida mediante o proceso de Avaliación Continua descrito anteriormente. Esta avaliación consistirá nunha proba cun formato clásico de exame teórico-práctico, composto por cinco preguntas de desenvolvemento coas que se avaliarán tódolos contidos relacionados con esta parte da materia que estean publicados na Aula Virtual, con especial énfase na súa axeitada adquisición e comprensión por parte do alumno.
Para superar o conxunto da materia será necesario que o alumno alcance polo menos a cualificación de Aprobado (5). Se obtén unha cualificación global inferior a 5, deberá presentarse de novo ao exame da materia en algunha das convocatorias posteriores á súa disposición, seguindo o esquema tradicional de avaliación final que acabamos de describir. O alumno que obteña polo menos un aprobado na 1ª oportunidade da convocatoria non poderá presentarse a subir nota na 2ª oportunidade.
Dacordo coa Normativa de Permanencia da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presente ou non supere os obxectivos propostos será de ‘suspenso’, salvo que non se realice ningunha actividade académica, en cuxo caso constará como ‘non presentado’.
O tempo de estudo e traballo persoal que deberá adicarse á materia é o seguinte:
Actividades formativas co seu contido en horas do aluno/a
---------------------------------------------------------------------
Traballo presencial na aula
--------------------------------
Docencia expositiva: 35 horas.
Docencia interactiva: 15 horas.
Titorías en grupo reducido: 5 horas.
Total horas de traballo presencial na aula: 55 horas.
Traballo persoal do aluno/a
--------------------------------
Estudo individual ou en grupo: 65 horas.
Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 20 horas.
Lectura de materiais bibliográficos: 10 horas.
Total horas traballo personal do aluno/a: 95 horas.
Para garantizar-lo éxito nesta materia, recoméndase:
-Ter aprobada a materia “Investigación científica en criminoloxía” impartida neste mismo grao.
-A asistencia continua ás clases tanto expositivas como interactivas. Procurar que non existan intermitencias na asistencia.
-A participación na dinámica das clases.
-Revisar os concetos vistos nas clases precedentes.
Os horarios de tutoría son dos profesores da materia son os seguintes:
-Eulogio Real Deus (horario de tutorías: Luns, Martes e Xoves, de 16:00h a 18:00h.)
-Eduardo Picón Prado (horario de tutorías: Martes e Mércores, de 10:00h a 13:00h.)
Os/as estudantes poderán realizar a maiores cualquera consulta que desexen acerca da materia durante o horario habitual de titorías. O horario de titorías propio de cada profesor da materia para o primeiro semestre comunicaráse a principios de curso, estará permanentemente exposto nos seus respetivos despachos:
Eulogio Real: despacho 67 (módulo A da Facultade de Psicoloxía, andar 2. E-mail: joseeulogio.real [at] usc.es (joseeulogio[dot]real[at]usc[dot]es))
--------------
Eduardo Picón: Despacho 12. Módulo B de Psicoloxía (a carón da fotocopiadora). E-mail: eduardo.picon [at] usc.es (eduardo[dot]picon[at]usc[dot]es)
----------------
Jose Eulogio Real Deus
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813913
- Correo electrónico
- joseeulogio.real [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Picon Prado
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813739
- Correo electrónico
- eduardo.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
13:00-14:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
20.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 1 |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |