Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e comprensión dos sistemas rexistrais.
2. Utilización dos principais textos legais en vigor.
3. Análise e resolución de casos prácticos sobre a materia.
4. Desenvolvemento da capacidade crítica para estudar e valorar as normas legais.
T. 1. Publicidade xurídica e publicidade rexistral. Os Rexistros xurídicos e as súas clases. Os rexistros públicos substantivos no sistema xurídico español. Rexistros de persoas e rexistros de bens.
T. 2. O Rexistro Civil. Función e efectos. Organización. Tipos de rexistros. Procedemento rexistral. A publicidade do Rexistro Civil. Clases de asentos.
T. 3. Feitos e actos obxecto de inscrición. A inscrición de nacemento. Nacionalidade e veciñanza civil. O matrimonio no Rexistro Civil. A inscrición das defuncións. Especial referencia ao cambio de nome e á alteración dos apelidos no Rexistro Civil.
T. 4. O Rexistro da Propiedade: concepto e función. Sistemas rexistrais: o sistema rexistral español. A lexislación hipotecaria española. Rasgos fundamentais do sistema rexistral español: os denominados principios hipotecarios. Inscrición declarativa, constitutiva e obrigatoria. Inscrición e tradición.
T. 5. A organización dos Rexistros. Os libros do Rexistro. O Rexistrador da Propiedade e a Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública. A publicidade formal do Rexistro.
T. 6. A finca no Rexistro. A inmatriculación: concepto e procedementos. Modificacións na finca e rectificacións na súa descrición. A dobre inmatriculación.
T.7. Delimitación da materia inscribible: actos e dereitos que teñen acceso ao Rexistro. Títulos inscribibles. O titular rexistral.
T. 8. Clases de asentos. O asento de presentación. O asento de inscrición. As anotacións preventivas: especial estudo das de demanda e embargo. Outros asentos rexistrais: as notas marxinais. Cancelación e caducidade dos asentos rexistrais. Inexactitude e rectificación dos asentos.
T. 9. O procedemento rexistral e a súas fases. O principio de rogación. O principio de legalidade. A cualificación rexistral. A denegación da inscrición e recursos fronte a ela. A prioridade rexistral e o peche rexistral.
T. 10. O principio de tracto sucesivo. Falta de tracto sucesivo: causas e consecuencias no procedemento rexistral. Tracto abreviado. Modalidades do tracto. Reanudación do tracto sucesivo interrompido.
T. 11. O principio de lexitimación rexistral. A presunción de exactitude do Rexistro. As presuncións posesorias. A acción real rexistral. A chamada tercería rexistral.
T. 12. O principio de fe pública rexistral. Ámbito. Condicións da protección rexistral: o artigo 34 L.H. Supostos de suspensión da fe pública rexistral. Eficacia negativa da inscrición rexistral: o artigo 32 L.H.
T. 13. O Rexistro de bens mobles. Especial referencia á venda de bens mobles a prazos, a hipoteca mobiliaria e o peñor sen desprazamento. O Rexistro da Propiedade intelectual.
A bibliografía básica está composta polos principais manuais (sempre última edición) dispoñibles no mercado editorial español sobre Dereitos reais: DÍEZ-PICAZO e GULLÓN BALLESTEROS; ALBALADEJO; LACRUZ BERDEJO, Derecho inmobiliario registral.
Manuais especificos sobre inmobiliario rexistral: ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, Derecho inmobiliario registral, Comares, Granada, GÓMEZ GÁLLIGO y DEL POZO CARRASCOSA, Lecciones de derecho hipotecario, Marcial Pons, Madrid.
En relación á nova Lei do Rexistro Civil de 2011, COBACHO GÓMEZ, J. A., e LECIÑENA IBARRA, A., (dirs.), Comentarios a la Ley del Registro Civil, Aranzadi, 2012.
Como bibliografía complementaria pode consultarse: DÍEZ PICAZO, Fundamentos del Derecho Civil patrimonial, t. III, Cívitas, Madrid, 1995; PEÑA BERNALDO DE QUIRÓS, Derechos reales. Derecho hipotecario, 2 tomos, Centro de Estudios registrales; CHICO ORTIZ, Estudios sobre Derecho Hipotecario, Marcial Pons, Madrid; ROCA SASTRE y ROCA-SASTRE MUNCUNILL, Derecho Hipotecario, Bosch, Barcelona; GARCÍA GARCÍA, J.M., Derecho Inmobiliario Registral, Madrid, Civitas e Código de legislación inmobiliaria, hipotecaria y del Registro Mercantil, Thomson-Civitas, 2009 y La finca registral y el Catastro: inmatriculación, obra nueva, reanudación del tracto y restantes procedimientos de la Ley 13/2015, de 24 de junio, Civitas-Thomson Reuters, 2016.
1. Familiarizar aos alumnos cos principais sistemas rexistrais vixentes en España.
2. Dar a coñecer os principios e a terminoloxía propia do Dereito rexistral
3. Identificación, delimitación e interpretación da normativa e da xurisprudencia españolas sobre a materia.
4. Valoración crítica da materia propia do Dereito rexistral.
5. Exposición de problemas e presentación de conclusións.
O ensino inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario.
As clases expositivas e interactivas serán preferentemente presenciais, aínda que se poderán utilizar os recursos virtuais dispoñibles en casos puntuais.
Fomentarase a participación activa dos alumnos na actividade docente.
As titorías serán preferentemente virtuais, por correo electrónico ou por Teams.
A cualificación final será o resultado da suma:
- Participación en actividades docentes: 30%
- Exame final escrito tipo test: 70%
Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 3,5 sobre 7 no exame final.
En función das circunstancias da docencia, poderá optarse por un sistema de avaliación continua.
Os alumnos aos que se lles recoñeza exención de docencia serán avaliados no exame final (100% da nota).
Os criterios de avaliación serán de aplicación as dúas oportunidades de convocatoria.
Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
Traballo presencial do alumno
Clases expositivas (presentación e explicación dos temas): 18 horas
Clases interactivas (traballos con documentos: análise, síntese e discusión): 18 horas
Titorías: 2,25
Exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial do alumno: 40,25
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Procura, rexistro e preparación de material de apoio
(textos, imaxes, audio, etc): 12,25 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 72,25
1. Ter superada a materia de Dereitos Reais.
2. Asistencia regular ás aulas.
3. Participación activa dos alumnos na clase.
4. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia).
5. Estudo regular da materia.
6. Uso das titorías.
Materias relacionadas:
Introdución ao dereito civil
Dereito da persoa
Dereitos reais
Ana Diaz Martinez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814743
- Correo electrónico
- ana.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Belén Trigo García
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Julia Ammerman Yebra
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julia.ammerman [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
12.01.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |
24.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |