Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Acadar unha comprensión global da economía no seu contexto socio-político e coñecer os fundamentos básicos da economía.
• Asimilar as categorías básicas da análise económica e aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.
• Asimilar as categorías básicas e a lóxica fundamental da análise económica da empresa e os mercados, e acadar unha comprensión global do sector privado da economía no seu contexto socio-político e xurídico.
• Familiarizarse coa contorna empresarial, tanto no que respecta ás súas formas organizativas e métodos de xestión, como no que incumbe á información contable.
• Facerse cunha competencia elemental no cálculo e resolución de problemas no ámbito da empresa e os mercados.
• Captar as relacións entre o económico e o xurídico e introducirse na aplicación da análise económica ao Dereito.
.
- Concepto e método de Economía Política.
- Introdución á historia do pensamento económico.
- O equilibrio do mercado e as elasticidades da oferta e da demanda. Excedentes do consumidor e do produtor.
- A empresa como oferente tipo: natureza e clases.
- Organización e xestión da empresa. Financiamento da empresa.
- Contabilidade da empresa. Introdución aos estados financeiros (balance, conta de perdas e ganancias, estado de fluxos de efectivo e estado de cambios no patrimonio neto).
- Teoría da produción e custos da empresa. Función de produción. Produtividades a curto prazo (lei dos rendementos decrecentes) e a longo prazo (rendementos de escala). Funcións de custos a curto e a longo prazo.
- Teoría da distribución: salarios, rendas e beneficios empresariais.
- Comportamento da empresa e da industria nos diversos tipos de mercado (de libre competencia, monopolio, oligopolio e competencia monopolista).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BEGG, D.; FISCHER, S. e DORNBUSCH, R. (2006): Economía, McGraw-Hill, Madrid, 8ª edición.
BRICKLEY, J. A.; SMITH, C. W. e ZIMMERMAN, J. L. (2005): Economía empresarial y arquitectura de la organización, McGraw-Hill, Madrid, 1ª edición.
CABRILLO, F., ALBERT R., e BIAZZI, R. (2011): Eco. Principios de Economía y Hacienda, Civitas-Thomson Reuters, Madrid.
GARCÍA CASTELLVÍ, A. (coord.) (2011):, Contabilidad Financiera, Ariel, Barcelona, 2ª edición.
KRUGMAN, P., WELLS, R., e GRADDY, K. (2015): Fundamentos de economía, Editorial Reverté, Barcelona, 3ª edición.
MANKIW, G. (2012): Principios de economía, Ediciones Paraninfo, Madrid, 6ª edición.
MANKIW, G. e TAYLOR (2017): Economía, Ediciones Paraninfo, Madrid, 6ª edición.
MOCHON MORCILLO, F. (2010): Principios de Economía, McGraw-Hill, Madrid, 4ª edición.
PARKIN, M (2014): Economía, Addison-Wesley, México, 11ª edición.
SAMUELSON, P. A. e NORDHAUS, W. D. (2019), Economía, McGraw-Hill, Madrid, 19ª edición.
TORRES LÓPEZ, J. (2011): Economía política, Ediciones Pirámide, Madrid, 3ª ed. 7ª imp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Será comunicada aos alumnos ao longo do curso polos profesores.
- Advertir os reducionismos e examinar críticamente tanto o funcionamento real como as representacións teóricas da empresa e os mercados, desde a ampla perspectiva que proporciona a Economía Política.
- Modelar ou representar diversos aspectos do comportamento do mundo dos negocios en termos de "equilibrio parcial".
- Manexar as funcións de oferta e demanda e as súas elasticidades.
- Comprender o organigrama funcional dunha empresa, e resolver algúns problemas típicos das súas principais áreas.
- Facer algúns asentos básicos da contabilidade da empresa e calcular o importe dunha masa patrimonial a partir da ecuación fundamental do patrimonio.
- Entender os estados financeiros dunha sociedade mercantil.
- Calcular e interpretar algunhas cocientes da contabilidade empresarial, especialmente aquelas que poidan ser de máis interese para o xurista.
- Elaborar a táboa de custos dunha empresa.
A docencia da materia organízase en catro partes:
1) Clase expositiva: concentran a aprendizaxe teórica e realízanse nun único grupo de docencia. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na asignatura, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio. Ó longo da clase se intercalan aspectos prácticos nos que se presentarán situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise mediante o emprego de estatísticas, datos, gráficos, artigos de xornais e revistas, ou páxinas de internet. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comproba-lo seu grado de seguemento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
2) Seminarios (clase interactiva): teñen como obxectivo profundizar nalgún aspecto de interese do temario da asignatura. Os estudantes se dividen en grupos de non máis de 50 alumnos, co fin de fomentar a participación e a comprensión dos asuntos analizados. Na elección dos temas a desenvolver primaranse os de máis actualidade dentro do programa. Utilizarase material complementario para que realicen a súa análise. Terán a obriga de realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
3) Titorias en grupos reducidos: nas mesmas realizarase un seguemento individualizado da aprendizaxe e comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán as dúbidas que os alumnos tiveran sobre os contidos explicados na asignatura. Os estudantes dividiranse en grupos máis reducidos (máximo de 5 alumnos), co fin de acadar un maior coñecemento do traballo que veñan realizando. A súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da asignatura: ó longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento complementario que considere de interese para o desenvolvemento do curso.
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da materia, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e alumnado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados polo profesor.
Recoméndase revisar os materiais dispoñibles na aula virtual de forma regular, e realizar os exercicios en tempo e forma por parte do alumnado.
CONSIDERACIONS XERAIS SOBRE A AVALIACION A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
-A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
-Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
-Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACION.
Aspectos a valorar Criterios Instrumento
1) Asistencia Realización das actividades presenciais. Partes de sinaturas.
2) Participación Participación activa na clase.
Participación activa no seminario. Observación e notas do profesor
3) Traballos Estrutura. Bibliografía empregada. Orixinalidade.
Presentación Traballos entregados
4) Aprendizaxe Coñecementos teóricos.Aplicación de coñecementos Exame final escrito
5) Outras Pertinencia e calidade Criterios ad hoc
A ponderación de cada item será comunicada en cada grupo polo profesorado responsable ao comezo do curso académico, dentro do seguinte marco:
Grupo A: avaliación continua 30 %, exame final 70 %
Grupo B: avaliación continua 30 %, exame final 70 %
Grupo C: avaliación continua 20 %, exame final 80%
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Aqueles alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% pola súa nota de exame.
O traballo persoal do alumno será de 90 horas a distribuír do seguinte xeito:
-Estudo individual ou en grupo: 60 horas.
-Preparación de presentacións orais, debates e similares: 12,5 horas
-Resolución de exercicios, supostos prácticos ou outros traballos: 17,5 horas
Ao tratarse dunha materia encadrada no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do grao, é de vital importancia que o alumno evite o "descoido inicial", buscando na asistencia a clase e na comunicación co profesor as orientacións e o apoio que precise. Aqueles alumnos considerados "de letras" deberán deixar ao carón a súa posible aversión ao razoamento numérico, e concienciarse de que o nivel de matemáticas necesario para superar esta materia non pasa de ser elemental. Respecto dos temas de contabilidade, outro aspecto básico é o de acadar desde o principio unha comprensión da lóxica fundamental do método da partida dobre, e mais das relacións entre as masas patrimoniais. De non facelo así, o alumno corre o risco de ver estrangulado o seu proceso de aprendizaxe e malgastar a maior parte dos seus esforzos.
En xeral, o carácter profundamente lóxico e sistemático da economía reduce o esforzo memorístico na aprendizaxe, pero esixe a cambio un maior esforzo de comprensión, polo que esta materia non é desde logo a mellor candidata para "deixala para última hora". A asistencia regular a clase, o traballo sostido no día a día, e a realización dos exercicios a medida que se van estudando os respectivos temas teóricos, constitúen pois pezas crave na preparación da materia. Outro tanto cabe dicir da consulta das dúbidas e dificultades ao profesor, ben nas propias clases, ben nas súas titorías.
Será comunicado por cada profesor na súa guia docente a organización das titorías para o estudantado.
Ó longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á súa disposición o material complementario que o profesor estime oportuno, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814669
- Correo electrónico
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Caamaño Alegre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Manuel Carnota Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- josemanuelcarnota.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego, Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego, Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán, Galego | Aula 1 |
18:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
13.01.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
13.01.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
11.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
11.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |