Créditos ECTS Créditos ECTS: 0.4
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 7.5 Total: 7.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ó alumnado de novo ingreso a formación necesaria para abordar, con menor dificultade, as materias de “Matemáticas” que se imparten no grao de Economía (primeiro curso), intentado evitar as posibles carencias formativas que podan existir. Falamos dunha cultura matemática básica que quizás moitos deles xa debían ter, e que a experiencia demóstranos que non teñen.
Fortalecer no alumno os coñecementos matemáticos básicos que van precisar para afrontar o estudo doutras materias esenciais no grao de Economía (Microeconomía, Estatística Económica, Econometría, ...)
1. Lóxica matemática básica.
2. Números
2.1. Naturais
2.2. Enteiros
2.3. Racionais
2.4. Irracionais
2.5. Reais
3. Fraccións
4. Potencias
5. Logaritmos
6. Teorema de Pitagoras
7. Razóns trigonométricas
8. Operacións con conxuntos
9. O plano cartesiano
10. Áreas de polígonos
11. Ecuación da circunferencia e da elipse
12. Polinomios
13. Ecuacións
14. Ecuacións de segundo grao
15. Regra de Ruffini
16. Sistemas de ecuacións
17. Aplicacións entre conxuntos
18. Funcións de R en R
19. Vectores en Rn
20. Matrices
Gloria Jarne, Esperanza Minguillón, Trinidad Zabal. Curso Cero de Matemáticas para los Grados de ADE, Economía, FICO y MIM, Universidad de Zaragoza.
Ramos, A.M. y Rey, J.M. Matemáticas básicas para el acceso a la universidad.
Ediciones Pirámide (Grupo ANAYA), 2015.
Recursos electrónicos:
https://aragon3.unizar.es/
https://prometeo.matem.unam.mx/recursos/VariosNiveles/iCartesiLibri/pdf…
Básicas e Xerais:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CX5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
Transversais:
CT1 - Análise e síntese.
CT6 - Resolución de problemas.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
Específicas:
C1 - Elementos básicos de álxebra lineal e cálculo diferencial.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo a súa desempeño profesional
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
Dado o obxectivo do curso e o seu carácter de curso de nivelación, a
metodoloxía docente basearase en explicacións concretas e aplicadas de
conceptos básicos coa finalidade de que o alumnado adquira tanto unha
comprensión clara de ditos conceptos como as destrezas fundamentais para que
sexan capaz de manexalos e aplicalos. Ademais, procurarase en todo momento
que o alumnado comece a relacionalos co uso que teñen no estudo da
Economía.
De forma complementaria á docencia presencial na aula, haberá un espazo
virtual de apoio con contidos e recursos de autoavaliación que faciliten e reforcen
a aprendizaxe do alumnado, para o que se empregara ben o Campus Virtual da
USC, ou ben o Teams.
O seguimento e avaliación dos coñecementos e destrezas adquiridas farase
mediante probas e test incorporados na aula virtual de apoio.
O curso consta de 10 horas repartidas do seguinte xeito
• 7,5 horas de docencia presencial
• 2,5 horas de traballo autónomo
Será responsabilidade do alumno dedicar ó estudo da materia todo o tempo necesario para manexar con soltura todos os contidos da mesma.
Como en tódolos cursos de matemáticas, levar a materia ó dia de xeito que se poidan expor dúbidas e participar nas discusións que xurdan na clase, considérase fundamental.
Luciano Mendez Naya
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811520
- Correo electrónico
- luciano.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade