Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir rudimentos de economía ecolóxica. Dotar ao alumno dun coñecemento básico sobre as limitacións do desenvolvemento relacionadas coa base física da economía, e sobre os instrumentos que a economía ecolóxica achega para a análise da sustentabilidade
1. Ecosistemas: funcións económicas e clasificación de recursos
1.1. O concepto de ecosistema
1.2. Principais funcións económicas dos ecosistemas
1.3. Clasificación dos recursos
2. Críticas ao pensamento dominante
2.1. A economía neoclásica e a economía ecolóxica
2.2. A contabilidade macroeconómica e o medio ambiente: críticas ao PIB e á contabilidade nacional
3. A sustentabilidade: tipos, principios e instrumentos
3.1. Noción de sustentabilidade e revisións do concepto do desenvolvemento
3.2 Sustentabilidade feble e forte
3.3 Os principios rectores da sustentabilidade
3.4 Cómo asegurar e comprobar a sustentabilidade dun sistema: instrumentos de medición
4. O metabolismo socioeconómico: concepto, implicacións e técnicas de medición
4.1. Os fluxos de enerxía na economía: consumo endosomático e usos exosomáticos, e límites enerxéticos
4.2. Os fluxos de materiais na economía: límites dos materiais e desmaterialización absoluta ou relativa
4.3. O metabolismo socioeconómico
4.4. Contabilidade de fluxos de materiais e análise metabólica
4.5. Mochila ecolóxica (“Ecological rucksack”)
4.6. Contabilización das pegadas: Ecolóxica (“Ecological footprint”), Materiales (“Material footprint”), Carbono (“Carbon footprint”), Hídrica (“Water footprint”), etc
4.7. Outros
5. Base material e sistema enerxético actual: diagnose, retos e alternativas
5.1. Enerxía primaria: cambios e proxeccións
5.2. Consumo de enerxía primaria
5.3. Demanda de enerxía primaria
5.4. O sistema enerxético de 0 emisións
5.5. As implicacións enerxéticas da situación xeopolítica actual
5.6. O desenvolvemento da enerxía renovable por tipos
5.7. O caso particular de Galicia
5.8. A aplicación do principio “quen contamina paga”
IBLIOGRAFÍA BASICA :
Aguilera Klink, F. e Alcántara, V. (comp.) (1994): De la economía ambiental a la economía ecológica, Icaria-Fuhem, Barcelona-Madrid. https://www.fuhem.es/media/ecosocial/File/Actualidad/2011/LibroEA_EE.pdf
Bermejo, R. (2011): Manual para una economía sostenible. Catarata, Madrid
Carpintero Redondo, O. (2005): El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica (1955-2000). Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote). http://www.fcmanrique.org/recursos/publicacion/elmetabolismo.pdf
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988. http://www.ecominga.uqam.ca/PDF/BIBLIOGRAPHIE/GUIDE_LECTURE_1/CMMAD-Inf…
Gómez-Baggethun, E., de Groot, R. (2007): “Capital natural y funciones de los ecosistemas: explorando las bases ecológicas de la economía” en Ecosistemas, 16 (3): 4-14, setembro. https://www.revistaecosistemas.net/index.php/ecosistemas/article/view/88
Martínez Alier, Joan y Roca Jusmet, Jordi (2013): Economía Ecológica y Política Ambiental, México, FCE (3ª edición revisada y aumentada).
Naredo, J.M. (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico y social.
Spash C.L (2020): Fundamentos para una economía ecológica y social. Madrid. Catarata-Fuhem.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arenas, L, Naredo, J.M. y Reichman, J (2022): Bioeconomía para el siglo XXI. Editorial La Catarata
Bardi, U(.2022.): Antes del colapso. Editorial La Catarata
Carpintero Redondo, O. (1999): Entre la economía y la naturaleza. La controversia sobre la valoración monetaria del medio ambiente y la sustentabilidad del sistema económico, Catarata-Fundación 1ª de Mayo, Madrid
Chancel,L. ( 2022): Desigualdades insostenibles. Editorial La Catarata
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Costanza, R.; Perrings, C. e Cleveland, C.J. (eds.) (1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar , Cheltenham.
Daly, H. E. e Cobb,Jr, J.B. (1989): Para el bien común. Reorientando la economía hacia la comunidad, el ambiente y un futuro sostenible, FCE, México, 1993.
Daly, H. E.(1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar , Cheltenham
Jacobs, M. (1991) : La economia verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, L. M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, M.T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona
Martínez Alier, J. (1999): Introducción a la economía ecológica, Rubes, Barcelona
Martínez Alier, J. e Schlüpmann, K. (1991): La ecología y la economía, FCE, México.
Max-Neef, M.A. (1994): Desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones, Editorial Nordan-Comunidad – Icaria Editorial, Montevideo-Barcelona.
Naredo, J.M. (2015): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Parra, F. (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Valero, A. (dirs) (1999): Desarrollo económico y deterioro ecológico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid.
Nieto, . e Riechmann, J. (Coords) (2003): Sustentabilidad y Globalización. Flujos monetarios, de energía y de materiales, Editorial Germania, Alzira (Valencia)
• Passet, R. (1996): Principios de bioeconomía, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://fcmanrique.org/recursos/publicacion/4d3ed1b8principios%20de%20bi…
• Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celes
• Regueiro- Ferreira, R.M. and Doldán García,X.R. (2020): The Network of Dominant Owners of Wind Development in Galicia (Spain) (1995–2017): An Approach Using Power Structure Analysis.Energies, 13(22), 6080; https://doi.org/10.3390/en13226080
• Regueiro-Ferreira, R.M. and Alonso-Fernández, P. (2022): Ecological elasticity, decoupling, and dematerialization: insights from the EU-15 study (1970–2018). Ecological Indicators 140 (2022) 109010. https://doi.org/10.1016/j.ecolind.2022.109010
Competencias da titulacións ás que contribúe a materia:
1. Valoración de diferentes enfoques metodolóxicos e as súas aplicacións
2. Capacidade de análise e síntese a través do fomento de hábitos de reflexión e de razoamento lóxico
3. Resolución de problemas
4. Habilidades de comunicación e debate
5. Capacidade crítica e autocrítica
6. Habilidades de investigación
7. Contribuír á comprensión do sistema económico desde perspectivas interdisciplinares
8. Recoller e manexar información relevante de diversas fontes a un nivel avanzado
Competencias específicas da materia:
1. Comprensión sistemática e dominio dos instrumentos económicos e metodoloxías de investigación relacionadas co uso sustentábel dos recursos naturais
2. Adopción dun pensamento sistémico que lle permita ao alumnado contextualizar o coñecemento adquirido nun marco académico e socioeconómico máis amplo
3. Capacidade de trasladar e aplicar o coñecemento científico sobre recursos naturais e sustentabilidade ás diferentes problemáticas do desenvolvemento económico
Docencia presencial. As explicacións do profesorado acompañaranse de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. As titorías serán prioritariamente presenciais, aínda que cabe a posibilidade de concertar ocasionalmente titorías telemáticas.Estará dispoñible un aula virtual da materia
Haberá dúas opcións de avaliación a escoller polo alumnado no primeiro mes de clases:
Opción 1. Sistema de Avaliación Continua. Os criterios de avaliación basearanse en:
a) 5 % en relación á participación nas clases e nos debates que se formulen polo profesorado sobre diferentes temas.
b) 25 % en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesorado e que poderán ser expostos en clase. Terase en conta a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia.
c) 70% en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo das clases e nos textos recomendados para cada tema. O exame será presencial
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
Opción 2. Sistema de Avaliación Única. Basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia. Formará parte da materia obxecto de exame todo o material que se indique nas clases, tanto expositivas como interactivas, así como os textos ou outro material utilizado na avaliación continua da opción 1. Esta opción poderá ser elixida por todas as persoas que por calquera motivo non poidan asistir regularmente ás clases interactivas ou por aquelas que teñan dispensa de asistencia a clase. O exame será presencial
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Sistema de Avaliación continua:
- Traballos encomedados: Competencias Titulación (2, 3, 4, 5, 6, 8) Competencias Específicas (2, 3)
- Exame final: Competencias Titulación (1, 7) Competencias Específicas (1, 2, 3)
Sistema de Avaliación única: todas as competencias
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Na realización dos exercicios e traballos encomendados ou dos exames co obxecto de ser avaliados, deben seguirse certos estándares:
- Toda reprodución literal total ou parcial tomada dun libro, revista, publicación electrónica, páxina web, etc. debe citarse entre comiñas, referenciando correctamente a fonte de onde se tomou, de modo que se poida comprobar que a cita é correcta.
- Tamén deberá facerse dita referencia se é tomada a idea principal doutro texto aínda que baixo unha nova redacción.
- De non seguirse estas normas, considerarase que se está realizando un plaxio, é dicir, unha copia no substancial de obras alleas, facéndoas pasar como propias.
- Tamén se considerará plaxio se dita copia se fai doutro compañeiro ou compañeira, facéndose pasar como autor/a do documento, ou se entrega un documento que foi escrito por outra persoa, ou o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas 30 horas
Clases interactivas 15 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (90 horas)
Estudo autónomo individual ou en grupo 65 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 10 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 10 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar 5 horas
TITORIAS 12 horas
Avaliación 5 horas
- Coñecementos básicos sobre teorías do desenvolvemento económico, sobre o papel dos recursos naturais e o patrimonio natural e sobre as relacións económicas internacionais.
- Consulta da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesorado a lo longo do curso
- Consulta frecuente ás principais fontes estatísticas recomendadas polo profesorado con obxecto de familiarizarse co seu uso
Utilizarase o campus virtual para informacións xerais sobre a materia e para o depósito de materiais que se consideren de utilidade.
A lingua vehícular da materia para a impartición de clases e para diferentes materiais será o galego. Certos materiais que poden ser utilizados estarán noutros idiomas.
Xoan Ramon Doldan Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811569
- Correo electrónico
- xoan.doldan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
17.12.2024 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 01 |
17.12.2024 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_1 | Aula 01 |
17.12.2024 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_2 | Aula 01 |
28.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
28.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
28.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
04.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 08 |
04.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 08 |
04.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |