Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
• Coñecer as teorías e os modelos socioeducativos actuais sobre a comunidade e o seu desenvolvemento nos contextos rurais e urbanos.
• Entender o desenvolvemento comunitario considerando de forma integrada as dimensións cultural, social, política e económica, atendendo a criterios de complexidade e sostenibilidade.
• Deseñar plans, programas e proxectos socioeducativos de intervención comunitaria, adaptados a contextos rurais e urbanos.
• Identificar os roles profesionais da educadora e do educador social no deseño e aplicación de programas de acción socioeducativa en contextos rurais e urbanos.
Os contidos desta materia concrétanse nos seguintes temas:
1.Desenvolvemento comunitario
1.1. O concepto de comunidade
1.2. Teorías e modelos de desenvolvemento comunitario
1.3. As dinámicas participativas nos procesos de desenvolvemento das comunidades
2. Escenarios para o desenvolvemento comunitario
2.1. Contextos rurais: caracterización, potencialidades e limitacións. Desenvolvemento rural integrado
2.2.Contextos urbanos: caracterización, potencialidades e limitacións. Cidades educadoras
3.Plans, programas, proxectos e recursos para o desenvolvemento comunitario
3.1. Deseño e aplicación de plans, programas e proxectos de desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos
3.2.O uso de recursos e estratexias educativas en proxectos de desenvolvemento comunitario
3.3.Manexo e xestión de bases de datos educativas para o desenvolvemento comunitario
4.Rol profesional da educadora e do educador social nos procesos de desenvolvemento comunitario
Bibliografía básica:
Caride, J.A.; Pereira, O. e Vargas, G. (2007): Educaçâo e desenvolvimento comunitário local: perspectivas pedagógicas e sociais da sustentabilidade. Profedições.
Planas, A., Pineda, P., Gil, E. e Sánchez, L. (2014). La metodología de la evaluación participativa de planes y acciones comunitarias: tres experiencias de evaluación participativa en Catalunya. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 24, 105-134.
Úcar, X. Llena, A. (coord., 2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó.
Bibliografía complementaria:
Ahedo, I. et al (coord., 2023). Participación investigación acción y desarrollo comunitario: retos, oportunidades y esperanzas. Prisma Social: revista de investigación social, 43.
Alcántara, A. (2019). Servicios públicos, motores de la acción comunitaria. Estudio exploratorio de 4 casos. Ajuntament de Barcelona.
Ander-Egg, E. (2006): La problemática del desarrollo de la comunidad. Lumen.
Aveiga, V.I., Menéndez, F.G., Calderón, D.C. (2020). Liderazgo comunitario como eje de desarrollo social participativo. Sinapsis: La revista científica del ITSUP, vol.1, nº extra 16
Bejarano, M.T., Martínez, I. e Pereyra, I. (2021). Educación rural en el desarrollo comunitario. En F.J. del Pozo (coord.). Intervención educativa en contextos sociales: educación social especializada y comunitaria (167-181). Universidad del Norte.
Caballo, M.B., Gradaílle, R. e Silva, A. (2017). Derecho a la educación. movilización estudiantil y desarrollo comunitario: la experiencia de escuelas ocupadas de Porto Alegre (Brasil). Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 89 (31.2), 117-129.
Gradaílle, R. e Caballo, M.B. (2016). Las buenas prácticas como recurso para la acción comunitaria: criterios de identificación y búsqueda. Contextos educativos. Revista de educación, 19, 75-88.
Gutiérrez, I. Y López, I. (2020). Mapeo comunitario en Educación Social: una experiencia de participación ciudadana a través de las TIC (pp. 644-653). En Roig, R. (coord.). La docencia en la Enseñanza Superior. Nuevas aportaciones desde la investigación e innovación educativas. Octaedro.
Heras i Trias, P. (coord, 2008): La Acción política desde la comunidad: análisis y propuestas. Graó.
Marchioni, M. (2001): Comunidad, participación y desarrollo: teoría y metodología de la intervención comunitaria. Popular.
Montesinos, J. (2020). La acción ciudadana transforma la casa-taller March en museo comunitario. Boletín del Instituto Andaluz del Patriminio Histórico, año nº 28, nº 99, 31-33.
Padrós, A. (2020). La mejora de los procesos de participación en sus dimensiones participativa y comunitaria desde la Educación Social. Una evaluación del proceso de participación de la situación de los jóvenes en el barrio de Verdum (Barcelona). Revista de Educación Social, Nº. 30, 2020 , págs. 169-203.
Núñez, H.; Crespo, E.; Úcar, X. e Llena, A. (2014). Enfoques de evaluación orientados a la participación en los procesos de acción comunitaria. Pedagogía social: revista interuniversitaria, Nº. 24, 79-103.
Pindado, F. (2000): La Participación ciudadana en la vida de las ciudades. Ediciones del Serbal.
Rivas, A., Rodríguez-Martín, A. y Forteza, D. (2021). Inclusión, justicia social y desarrollo comunitario. Prisma social, 33, 1-3.
Vera, J., Ruíz, C. y Merino, E.S. (2020). Conocimiento pedagógico y desarrollo comunitario: ejemplificando posibilidades de transferencia (169-188). En Santos, M. (ed.).La transferencia de conocimiento en educación: un desafío estratégico. Narcea.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CB1 Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación ós suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participa.
CG4 Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CT4 Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
CE2.3 Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc., que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Competencias específicas da materia:
• Ser competente no dominio dos referentes teóricos e conceptuais sobre a comunidade e o seu desenvolvemento nos contextos rurais e urbanos.
• Comprensión da complexidade da realidade sociocultural, política, económica, educativa, etc. dos procesos de desenvolvemento comunitario.
• Ser capaz de deseñar plans, proxectos e programas socioeducativos para potenciar o desenvolvemento das realidades sociais.
• Identificar problemas e oportunidades dos contextos rurais e urbanos para o logro de mellores condicións de vida desde unha perspectiva educativa e comunitaria.
• Coñecer e valorar o rol dos profesionais da Educación Social no deseño, planificación, implementación e avaliación dos proxectos de acción comunitaria.
A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os procesos de desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
* Prevese o desenvolvemento dunha práctica de campo compartida con outras materias (visita, encontros con profesionais, etc.) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
A asistencia regular a clase é un requisito para a avaliación, que nesta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Deseño, en grupos de un máximo de catro persoas, dun proxecto socioeducativo para o desenvolvemento comunitario (o peso porcentual deste proxecto na avaliación será do 70%).
- Exame (30%)
Nota:
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
As persoas que non cumpran os requisitos de asistencia, con exención e/ou dispensa deberán, ademáis, dar resposta a unha -ou varias- cuestións a maiores no exame da materia.
No caso do alumnado con exención oficial de docencia, dispensa e/ou que non cumpran criterios de asistencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Un breve informe -a modo de recensión- dos artigos que conforman o dossier documental (20%)
- Elaboración do proxecto de desenvolvemento comunitario (40%)
- Realización do exame (40%).
Será obrigatoria a realización dun mínimo de tres titorías coas profesoras para o seguimiento dos taballos encomendados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos, estudo persoal,...
De cara a un maior aproveitamento da materia, fanse as seguintes recomendacións para o estudo:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose ós prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental.
Se as docentes da materia solicitan a entrega en papel, débense cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Belen Caballo Villar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rita Gradaille Pernas
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813817
- Correo electrónico
- rita.gradaille [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade