Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos da materia
Con esta materia preténdese contribuír a que os e as estudantes reflexionen sobre o proceso de construción da súa identidade profesional e se doten dos coñecementos e competencias que identifican e definen profesionalmente a Educación Social, tomando en consideración os contextos académicos, profesionais, sociais e laborais que singularizan a súa inserción e desempeño profesional.
Neste sentido, máis aló dos referentes institucionais nos que se concreta a súa formación inicial e continua e dos ámbitos nos que a Educación Social debe ser pensada e proxectada como profesión, a materia debe favorecer que coñezan e valoren o alcance ético e deontolóxico do seu quefacer profesional, así como das circunstancias que concorren nos diferentes contextos e axentes, persoas e colectivos que participan das súas prácticas.
De elo derívase que os obxectivos principais da materia se concreten en:
- Reflexionar estratexicamente sobre o proceso de construción da identidade profesional e de como se integran nesta aproximación compoñentes biográficas, formativas, corporativas, institucionais e sociais.
- Coñecer e facer uso dos referentes teóricos, históricos, comparados, éticos e deontolóxicos que toman como referencia seus procesos de formación (inicial e continua) e as prácticas profesionais dos educadores e das educadoras sociais.
- Coñecer e analizar criticamente as contornas e competencias sociais e laborais da Educación Social, así como as características diferenciais que as definen en función das necesidades e problemáticas persoais e sociais ás que se dan resposta no exercicio da profesión.
- Coñecer e facer uso dos recursos formativos e profesionalizadores (documentais, institucionais, metodolóxicos, técnicos, etc.) cos que mellorar as súas competencias e desempeño profesional como educadores e educadoras sociais, favorecendo unha adecuada transición entre a polivalencia da profesión e a súa especialización nun determinado ámbito da acción-intervención socioeducativa.
- Identificar as competencias socio-profesionais dos e das estudantes na súa condición de futuros educadores/as sociais, en distintas realidades e contextos institucionais (Administracións Públicas, Organizacións Cívicas, etc.), acordes coa ética profesional e o código deontolóxico ao que remiten as súas actuacións as asociacións e os colexios profesionais.
Contidos
Impartidos pola docente da área DOE:
1. Formación inicial e continua en Educación Social: conceptos clave, funcións e competencias profesionais dos educadores sociais.
2. A profesionalización: análise do perfil profesional do educador e da educadora social na actualidade (balance de competencias).
3. Os axentes da Educación Social: profesionalidade versus voluntariado.
4. Formación e inserción no mundo laboral: o acceso á profesión, desempeño e condicións de traballo (análise do traballo).
Impartidos polas docentes da área THE:
5. O educador e a educadora social como profesionais reflexivos: a construción da identidade profesional.
6. A Educación Social no contexto das profesións educativas e sociais: o problema da multiprofesionalidade e do traballo en equipo.
7. Estatuto socioprofesional, asociacións e colexios profesionais.
8. Ética profesional e código deontolóxico en Educación Social.
Bibliografía básica e complementaria
a) Básica:
Eslava Suanes, M.D. (2018). El perfil profesional del educador social y los ámbitos de intervención socioeducativa en España. Praxis Educare- Revista da Associação dos Profissionais Técnicos Superiores de Educação Social, 4, 14-26. https://www.researchgate.net/publication/309674335_El_perfil_profesiona…
Rial Sánchez A.F. (2010). La planificación y el diseño curricular por competencias: un reto para la educación del futuro. En Revista Electrónica de Desarrollo de Competencias (REDEC), 1 (5), 29-41.
Sánchez, S. (2014). Educador Social en Alaska. UOC.
Vilar, J. (2014). Cuestiones éticas en la Educación Social. Del compromiso político a la responsabilidad en la práctica profesional. UOC.
b) Complementaria:
Alberecici, A. e Serreri, P. (2005). Competencias y Formación en la Edad Adulta. El balance de competencias. Laertes Educación.
Álvarez Fernández, A. e Herrero-Martín, J. (2020). Un análisis para la mejora de la formación del educador social basada en su perfil competencial. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, (7)6, 131-153. https://www.raco.cat/index.php/EducacioSocial/article/download/371256/4…
Añaños, F. (Coord.) (2006). Educación Social: formación, realidad y retos. Grupo Editorial Universitario.
Benavent, E. e Martínez, O. (2022). Propuesta de construcción del concepto dignidad en el contexto de la Educación Social. RES, Revista de Educación Social, 34, 311-323. https://eduso.net/res/wp-content/uploads/2022/06/RES-34-miscelanea.-osc…
Caride, J. A. (2003). Otros ámbitos educativos: la Educación Social. Cuadernos de Pedagogía, 321, 47-76.
Marco, A. (2022). Apuntes sobre educación social y ética aplicada en la práctica profesional. Pedagogia i Treball Social. Revista de ciències socials aplicades. 11 (1) 30-43. https://revistes.udg.edu/pedagogia_i_treball_social/article/view/22760
Núñez, V. (Coord.). (2002). Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Gedisa.
Planella, J. (2009). Ser educador: entre Pedagogía y Nomadismo. Editorial UOC.
Riera, J. (1998). Concepto, formación y profesionalización de: el educador social, el trabajador social y el pedagogo social. Un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Nau Llibres.
Rodríguez, I. (2022). Identidad profesional y código deontológico en la Educación Social. RES, Revista de Educación Social, 35, 192-200. https://eduso.net/res/wp-content/uploads/2022/11/res-35.-VIII-Cong.-5et…
Roig Ibáñez, J. (1996). El Estudio del trabajo a través de la Historia. Díaz y Santos.
Romans, M., Petrus, A., e Trilla, J. (2000). De profesión educador(a) social. Paidós.
Rubio, D. (2022). Comisiones y comités de ética y deontología en la Educación Social. RES, Revista de Educación Social, 35, 201-208. https://eduso.net/res/wp-content/uploads/2022/11/res-35.-VIII-Cong.-5et…
Sáez, J. e García Molina, J. (2006). Pedagogía Social: Pensar la Educación Social como profesión. Alianza Editorial.
Úcar, X. (2022). Conocimiento, acción e investigación en educación social. Educació Social. Revista d’Intervenció Socioeducativa, 80, 131-153. https://redined.educacion.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/225009/Ar…
Vallés, J. (2009). Manual del Educador Social. Intervención en Servicios Sociales. Pirámide.
Complementariamente, como publicacións de edición periódica, recoméndase a consulta, entre outras, das seguintes revistas (dispoñibles na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, así como nas Web que se indican):
- Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, órgano de expresión científica da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social: http://www.sips-es.org
Na Web: http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
Recoméndanse especialmente os números: 9 (2002); 14 (2007); 15 (2008) y 16 (2009).
- Educación Social. Revista de Intervención socioeducativa.
Na Web: http://www2.peretarres.org/revistaeducaciosocial/
- Revista de Educación Social no Portal Web da Educación Social-EDUSO: www.eduso.net.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CX2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CX5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
CX6 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
TRANSVERSAIS
CT5 - Manter unha permanente actitude de formación, equidade e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
ESPECÍFICAS
CE1.6 - Identificar académica e profesionalmente aos educadores e ás educadoras sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.
CE2.6 - Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
Se trata de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individual e colectivo, e valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do alumnado.
A tal fin, proporanse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, se concretan en:
- Sesións expositivas por parte dos docentes e/ou do alumnado, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e aplicada- previamente determinados no programa.
- Realización dun traballo grupal (obrigatorio) consistente na elaboración dunha análise dun perfil profesional dun educador/a social en activo que permita coñecer como, a través do binomio da formación e das experiencias profesionalizadoras, vanse definindo os perfís profesionais dos nosos/as educadores/as sociais en diferentes realidades, contornas e colectivos nos que desenvolven a súa actividade profesional.
- Realización de distintas actividades individuais (obrigatorias) de implicación e participación continuada nos contidos da materia: seminarios temáticos, simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, realización dunha autobiografía, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, etc.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fora do aula, a partir da presentación anticipada de guións de traballos, titoriais, textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. tendo especial énfase no papel e perfil dos/as educadores/as sociais e na súa práctica profesional.
- Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do Curso.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, serán avaliadas de forma continua o longo da materia e curso. E como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polos docentes e os estudantes, aos recursos didácticos empregados e ás competencias e destrezas procuradas na mesma. Este proceso de avaliación trae consigo un seguimento por parte do equipo docente sobre os progresos e avances realizados cas entregas, pero non supón unha resposta/cualificación inmediata trala mesma, dependerá sempre da complexidade da actividade e dos tempos académicos. Nesta perspectiva prevese:
Elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Tamén se incluirá neste apartado, se fose o caso, calquera traballo que se acorde con outras materias do mesmo cuadrimestre. No seu conxunto representan o 70% da nota final da materia repartida nun 35% para o traballo grupal (obrigatorio- área DOE) e nun 35% para os restantes traballos diversificados (tamén obrigatorios- área THE).
Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas. O seu peso específico equivale a un máximo do 30% da nota final da materia.
Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra), o alumnado deberá ter realizadas en forma, entregadas en prazo e superadas todas as actividades de avaliación especificadas con anterioridade. A participación e asistencia ás sesións expositivas e interactivas considérase un aspecto de obrigado cumprimento para sacar o máximo rendemento da materia. A non asistencia as mesmas debe ser sempre xustificada e acreditada debidamente en tempo e forma.
Calquera tipo de circunstancia persoal que poida alterar o normal seguimento da materia por parte do alumnado, deberalle ser comunicada ao profesorado o máis axiña posible, pois de non facelo repercutirá na avaliación continua do rendemento académico. Por iso, a non asistencia xustificada, superando o 20% do total, conduce directamente á realización dunha proba final de exame cun valor do 100% sobre a nota da materia.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación para a convocatoria de Xullo. Sen embargo, aqueles/as estudantes que acadasen unha cualificación de suspenso nas mesmas, deberán volver a entregar ditas prácticas de novo e/ou reformuladas na convocatoria de Xullo.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores. Os/as alumnos/as repetidores/as ou non presentados en convocatorias anteriores, serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser sempre orixinais. Calquera traballo plaxiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programe de forma coordinada.
Os traballos entregaranse preferentemente a través do campus virtual.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, pero con criterios de suficiencia distintos. Así pois, o alumnado deberá realizar as actividades prácticas individualmente.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases Expositivas: 20 horas.
- Clases Interactivas: 20 horas.
- Titoría e Avaliación: 10 horas.
Traballo persoal do estudante (100 horas):
- Estudo: 40 horas.
- Realización de traballos prácticos: 44 horas.
- Titorías e Avaliación: 16 horas.
En función dos obxectivos e contidos da materia, é aconsellable un traballo continuado na mesma, procurando, desde o seu inicio, unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación.
En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e comprensiva do programa da materia nos seus diversos apartados, adendas e directrices sobrevidas neste curso académico.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, e reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia, nas sesións de aula e nas titorías.
- Tomar decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou poidan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción do traballo grupal e da memoria auto-avaliativa a presentar ao finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cabe destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, que, a modo de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da materia, e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
Na realización de todos os traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA), 7ª ed. APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
ACTIVIDADES DE CAMPO:
É posible que no desenvolvemento da materia se realice, de ser viable, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visita, encontros con profesionais, conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será realizado e valorado desde cada unha das materias participantes.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…)
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Ao respecto, pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
PROTECCIÓN DE DATOS e COMUNICACIÓN ACADÉMICA:
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es), na súa comunicación vía email co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Recomendamos a Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
EMPREGO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumando das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Pablo Angel Meira Cartea
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813747
- Correo electrónico
- pablo.meira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Mariño Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813833
- Correo electrónico
- raquel.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carmen Denebola Alvarez Seoane
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Kylyan Marc Bisquert I Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813809
- Correo electrónico
- kylyanmarc.bisquerti [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC