Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Recoñecer a intervención socioeducativa como unha actuación interdisciplinar, sistematizada e planificada dentro da Educación Social.
2. Xustificar a carga investigadora presente no deseño e planificación de programas de intervención socioeducativos.
3. Aplicar os coñecementos teóricos para o deseño e desenvolvemento dun proxecto de intervención socioeducativo a partir dos principios básicos que guían o noso exercicio profesional.
4. Entender a planificación como unha ferramenta ao servizo da calidade e mellora da intervención socioeducativa.
5. Coñecer os principais procedementos para planificar e deseñar programas de Educación Social.
Os temas do programa son os seguintes:
BLOQUE I: XUSTIFICACIÓN DA PLANIFICACIÓN
1.- Importancia e sentido da planificación: aspectos básicos e modelos de planificación nas actuacións socioeducativas.
BLOQUE II: ETAPAS DA PLANIFICACIÓN
3.- Etapas na planificación: fase diagnóstica, fase de deseño e fase de implementación do proxecto.
4.- Planificar e deseñar accións a partir da "Análise do contexto e diagnóstico de necesidades": priorizar finalidades e establecer obxectivos de intervención.
5.- Metodoloxía: selección de métodos, contidos e actividades adaptados ao proxecto e aos suxeitos implicados.
6.- Análise e xestión dos recursos necesarios e dos tempos de implementación.
7.- Os sistemas de avaliación e garantía da calidade dos proxectos. Establecemento de prazos e compromisos.
BLOQUE III: INNOVACIÓN DOCENTE
8.-Innovar para mellorar os procesos de intervención socioeducativa.
Bibliografía básica
-Feliz Murias, T. (2010). Deseño de programas de educación social. McGraw-Hill :Interamericana.
-Froufe, S. e Sánchez Castaño, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Amarú Edicións.
-Pérez-Campanero, M.P. (1991). Como detectar as necesidades de Intervención Socioeducativa. Narcea.
Bibliografía complementaria
Aguilar, M. J. e Andre-Egg, E. (1995). Como elaborar un proyecto: Guía para diseñar proyectos sociales e culturais. Lumen.
Aguilar, M. J., Fresno,J. M. e Andre-Egg, E. (2001). Como elaborar proyectos para a Unión Europea. CCS.
Álvarez, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Barbosa, E. F. e Moura, D. G. (2013). Proyectos educativos y sociales. Planificación, gestión, seguimiento y evaluación. Narcea.
Fantova, F. (2011). La gestión de organizaciones no lucrativas. Editorial CCS. 3ª edición.
García Herrero, G. e Ramírez, J. M. (2006). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Siglo XXI.
González, A. P., Medina, A. y Da Torre, S. (1995). Didáctica general: modelos y estrategias para la intervención social. Universitas.
Marchioni, M. (2007). Planificación social y organización de la comunidad. Ed. Popular.
Moreno, M. D. (2000). Gestión de la calidad y diseño de organizaciones. Prentice Hall.
Pérez Serrano, G. (2000). Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Narcea.
Vilar, J. e Riberas, G. (2002). Diseño de proyectos sociales. Fundación Pere Tarrés.
Planes e Programas Europeos, Nacionais, Autonómicos ou locais relacionados cos diferentes ámbitos de actuación dos educadores sociais.
Lexislación vixente.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN AS QUE CONTRIBUE A MATERIA.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisión.
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostibilidade.
CE2.4 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursossocioeducativos que posibilite un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS.
1. Posuír unha visión global dos procesos de intervención socioeducativa: a súa filosofía, as súas enfoques, as súas ferramentas conceptuais e operativas.
2. Realizar as operacións precisas para a construción dun plan de intervención adecuado ao contexto e aos suxeitos aos que vaia destinado.
3. Saber analizar e valorar proxectos socioeducativos xa deseñados e implementados.
4. Saber empregar diversos modelos (tecnolóxicos e comunicacionais) na análise de plans e/ou accións socioeducativas.
5. Coñecer e aplicar as bases teóricas e instrumentales da innovación e a dinamización nos procesos de intervención socioeducativa
O proceso de ensino terá un carácter continuo, formativo, activo e participativo, para favorecer unha aprendizaxe integral. Durante o tempo lectivo proporase unha serie de actividades integradas nos distintos tipos de sesións:
a) Presentación da materia e explicación do programa.
b) Asistencia e participación na aula.
c) Clases expositivas: presentación, explicación dos temas.
d) Clases interactivas: Actividades prácticas –individuais e grupais-.
e) Titorías de traballo no curso
f) Realización dunha proba-exame.
A Aula Virtual da materia será un recurso para facilitar a comunicación, o acceso a recursos para un adecuado desenvolvemento da mesma e a entrega, de ser o caso, das prácticas realizadas.
Contémplase unha posible práctica/saída de campo en colaboración con otras materias do curso ou do semestre, segundo a dispoñibilidade de recursos e os acordos con entidades externas.
A avaliación será:
. Asistencia a clase nun 80% (1pto)
. Realización de actividades grupais e individuais (5 ptos)
. Realización do exame (4 ptos)
Se algún alumno/a está exento da parte expositiva comunicaráselle ao profesor para que determine un novo criterio de puntuación nese apartado.
Para obtener una valoración positiva na materia, haberá que ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
A participación e a asistencia ás sesións expositivas e interactivas considéranse fundamentais para sacar o máximo rendemento da materia. A non asistencia ás mesmas debe ser sempre xustificada e acreditada debidamente.
Os/as alumno/as non presentados na convocatoria anterior (2022-23), ou que non superaran a materia, serán avaliados no curso 2023-24 atendendo aos criterios do programa da materia do curso precedente.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquer traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno ou da alumna na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non será empregado para varias materias excepto nas actividades programadas de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliacion do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
XUÑO
O estudantado que suspenda o exame en xaneiro poderá repetilo na segunda oportunidade na convocatoria de xuño. O/a estudante que non obtivera a metade da puntuación asignada a esta parte, realizará as prácticas que se lle indiquen e fará a entrega nas datas do exame de xuño.
EXENCIÓN, DISPENSA e outras casuísticas
O alumnado con exención de docencia ou dispensa oficial nas sesións expositivas, deberá ter unha titoría co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesión da exención (comunicada ao profesorado da materia). Nestes casos, o exame final a realizar por este alumnado terá unha parte extraordinaria. Outros casos xustificados-acreditados, serán tratados como o alumnado con exención da docencia, salvo que se vexa afectada a parte práctica, que sería recuperada de xeito individual.
O alumnado que conte con dispensa para as aulas interactivas, debe acordar co equipo docente as prácticas a entregar, que serán moi similares ás elaboradas na aula.
Actividades presenciais (58 horas):
- Clases expositivas: 24 horas
- Sesións interactivas: 24 horas
- Titorías e avaliación: 10 horas
Traballo personal do/a estudante (92 horas):
- Estudo: 30 horas
- Realización de traballos prácticos: 50 horas
- Titorías e avaliación: 12 horas.
Para alcanzar os propósitos formativos desta materia os e as estudantes deben asistir e participar de xeito continuado, ter adquiridas competencias básicas relacionadas coa capacidade de análise da contorna social e cultural, así como as de manexo e análise de normativa referida aos diferentes ámbitos e perfiles de traballo do Educador/educadora Social. Ademais, o rendemento na materia mellora se son capaces de navegar con destreza pola rede, a biblioteca e a plataforma virtual empregada pola USC.
Quen cursa esta materia xa cursou anteriormente outras necesarias para abordar as temáticas que trataremos aquí. Así pois, partindo de devanditos coñecementos, a esíxencia principal desta materia será manexarse de xeito preciso nos conceptos e na nomenclatura propios da disciplina e chegar a desenvolver algunhas competencias básicas vinculadas ao deseño e planificación da intervención socioeducativa dos e das futuros educadores e educadoras sociais.
ENTREGA DOS TRABALLOS: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos individuais ou de grupo que se realicen para a materia e sexan entregados en papel, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de espiral.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula como nos traballos académicos encomendados. Na seguinte ligazón pode consultarse a Guía de linguaxe non sexista da USC.
https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidad.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO: é imprescindible que o alumnado utilice necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
PROTECCIÓN DE DATOS: aplicarase a normativa vixente na USC
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO DO TELÉFONO MÓBIL: queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Maria Isabel Novoa Perez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- mariaisabel.novoa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Isabel Novoa Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- mariaisabel.novoa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_02 (M - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 (A - L) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |